You are on page 1of 1

Ola, 

     Aquí vai un pequeno resumo do que vimos onte na clase. 

     En primeiro lugar presentei varios recursos on line dos que imos botar man: 

-google: o portal da lingua/o galego...coñecelo/ Normas Ortográficas e


Morfolóxicas do Idioma Galego: Manual de referencia sobre a normativa actual
do galego. Pódese descargar ou consultar en liña

-google: o portal da lingua/o galego...aprendelo/clicas o nivel que che interese e


aparece un manual deseñado para ese nivel. Se mando traballo que estea aí,
xa non repartirei fotocopias, pois darásevos acceso aos ordenadores da aula,
para o que necesito os vosos DNI. Pódese descargar ou consultar en liña

-google: Proxecto artello/manuais xerais para o ensino da lingua galega:


aparecen catro manuais, dous de léxico e dous de ortografía. A ortografía
daremola na clase, o léxico non dá tempo, recoméndovos que vaiades, na
medida das vosas posibilidades, estudando léxico pola vosa conta. Como
vedes, de lado están os solucionarios. Se mando traballo que estea aí, xa non
repartirei fotocopias, pois darásevos acceso aos ordenadores da aula, para o
que necesito os vosos DNI. Estes manuais tamén se poden descargar ou
consultar en liña

-google: ogalego.eu: páxina moi interesante de exercicios con solucionario.


botarei man dela na clase e se alguén quere seguir practicando algo en
concreto pola súa parte, aquí atopará exercicios.  Se mando traballo que estea
aí, xa non repartirei fotocopias, pois darásevos acceso aos ordenadores da
aula, para o que necesito os vosos DNI.

-google: Celga guía para as persoas candidatas/guía: Guía moi completa sobre
diversos temas acerca dos Celgas; o máis importante de todo é que explica
como van ser as probas, que foi o que eu expliquei na clase. Recomendo ler,
cando menos, esa parte. 

     En segundo lugar comezamos xa con algo de teoría: o alfabeto. O único que
se indicou foi que as letras <y>, <j>, <w> e <k>, en galego só se usan en
extranxeirismos. Se se quere consultar algo máis sobre o tema: Normas
Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego.

     Un saúdo 

You might also like