You are on page 1of 8

Tema 1: A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO MUNDO

AORGANIZACIÓN POLÍTICA DO MUNDO


Na actualidade, o mundo está formado por máis de 200 Estados. Pero hai grandes diferenzas entre
eles.
Uns Estados son moi grandes, como Rusia, o país máis extenso do mundo, que ocupa unha superficie
maior ca a de Europa. No extremo oposto hai microestados cun territorio que abrangue só unha
cidade, por exemplo San Marino.
Uns Estados creáronse recentemente como Montenegro, que se fundou en 2006, mentres que
outros,
como Exipto, teñen unha historia de máis de 5.000 anos.
Pero, sobre todo, os Estados non son igual de poderosos. Estados Unidos é a primeira potencia.
Tamén destacan Xapón, China, Rusia e a UE. O resto de países teñen pouco poder.
Os Estados se relacionan entre eles, establecendo sistemas de cooperación, como a ONU e a Unión
Europea, pero tamén enfrentanse e teñen conflitos.

Página 1 de 8
Tema 1: A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO MUNDO

1. O ESTADO: DEFINICIÓN E COMPOÑENTES

O Estado é a unidade política e administrativa superior que rexe un territorio e todos os seus habitantes se
someten á súa autoridade.
Os Estados están formados por: Moitas veces se utilizan
indistintamente os termos Estado e
• O territorio. Todos os Estados teñen un territorio delimitado por
nación. Pero non son o mesmo.
fronteiras. Os Estados só poden actuar dentro desas fronteiras. Nación é o conxunto de cidadáns dun
• A poboación. A poboación que vive no territorio dun Estado é o Estado que teñen o sentimento de
conxunto dos cidadáns dese Estado. Eses cidadáns teñen unhas pertenza a un territorio e de compartir
uns trazos comúns: lingua, historia,
obrigas co Estado, e este recoñece uns dereitos aos seus cidadáns.
tradicións, etc., mentres que Estado é
• As institucións. Son os organismos de poder dun Estado. Entre a unidade política e administrativa
as institucións destacan o Parlamento, o Goberno, os xuíces, o superior.
exército e o corpo diplomático. Así hai nacións sen Estado, como os
kurdos; e Estados con varias nacións,
Ademais os Estados posúen uns símbolos que os identifican, como Reino Unido,formado por
como son os himnos, una bandeira, una capital e, moitas veces Inglaterra, Gales, Escocia e Irlanda do
una moeda. Norte.
Na actualidade, o mundo está formado por máis de 200 Estados.
Pero hai grandes diferenzas entre eles. Pero o seu número e o seu territorio variaron ao longo da historia;
pódese reducir ou ampliar como resultado, por exemplo dunha guerra, dun proceso de independencia ou dun
tratado internacional
AS FUNCIÓNS DO ESTADO
Os Estados desempeñan numerosas de funcións:
• Establecen relacións internacionais. Para facelo, fundan embaixadas e consulados noutros Estados,
forman parte de organismos internacionais.reúnense cos representantes doutros países para tratar
asuntos de interese común, como intercambios comerciais, tránsito de persoas, etc., e
• Garantiza a seguridade nacional. Manteñen a orde pública dentro do seu territorio e Defenden o seu
territorio e os seus cidadáns contra as agresións exteriores.
• Elaboran leis que regulan o funcionamento do propio Estado e os conflitos que poidan xurdir entre os
seus cidadáns, co fin de asegurar a convivencia.
• Regulan a economía e as relacións laborais. Crea normas para regular e para orientar a actividade
económica.
 Proporciona servizos básicos: educación, sanidade, transporte …
O ESTADO DE BENESTAR
O Estado proporciona uns servizos básicos á poboación co diñeiro dos impostos:
 Ofrece servizos públicos, como sanidade e educación gratuítos para todos.
 Concede subvencións e subsidios, a poboación necesitadas.
 Establece un sistema de pensións que permiten vivir dignamente á poboación xubilada o que non puido
traballar.
Cando un Estado cumpre todas as funcións e, ademais, intervén para que se reduzan as desigualdades sociais,
chámase Estado de benestar. Existe en países desenvolvidos, sobre todo nos europeos. Os demais Estados
non logran prestar os servizos máis básicos á maioría da poboación, porque carecen de recursos suficientes
para sufragar os gastos que estes requiren.
OS ESTADOS FRUSTRADOS
Son os que presentan un baleiro de poder que lles impide controlar o seu territorio e defender os seus
cidadáns de gurpos terroristas, paramilitares ou da delincuencia organizada. Estas circunstancias convértenos
en Estados inseguros para a poboación que vivie neles.
Actualmente, esímase que existen arredor de 40 países que son Estados frustrados
Página 2 de 8
Tema 1: A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO MUNDO

2. TIPOS DE ESTADO

A. OS ESTADOS SEGUNDO O SEU PODER POLÍTICO

 Nos ESTADOS DEMOCRÁTICOS O poder repártese ( SEPARACIÓN


DE PODERES) entre o Parlamento (poder lexislativo), que elabora
as leis; o Goberno (poder executivo), que aplica as leis; e os xuíces
(poder xudicial), que velan polo cumprimento das leis
Os cidadáns participan no goberno a través das eleccións nas que
elixen os seus representantes, que gobernan por eles durante un
tempo determinado. Todos os cidadáns teñen dereito a votar e
pódense presentar ás eleccións. Hai unha lei máxima, a
Constitución, aprobada polos cidadáns, onde se define a forma do
Estado e se regulan os dereitos e deberes dos cidadáns, e os
gobernantes deben respectala.
 Nas DITADURAS, unha persoa ou un grupo (exército, un partido
político, etc.) concentra todos os poderes do Estado. Os cidadáns
non participan no Goberno, e este impón as leis e non recoñece os
dereitos humanos. Ningunha institución defende os cidadáns
cando se vulneran os seus dereitos.
 As MONARQUÍAS teñen un rei como xefe do Estado, que posúe o
seu cargo por dereito de nacemento e que o transmite aos seus
fillos. Poden ser democráticas ou ditatoriais.
 As REPÚBLICAS teñen como xefe do Estado a un presidente. Se é
democrática, o presidente é elixido polos cidadáns.

B. ESTADOS SEGUNDO A RELIXIÓN

Segundo o papel que ten a relixión no Estado, pódense clasificar en Laicos, confesionais e teocráticos
 ESTADOS LAICOS hai separación entre o Estado e a Igrexa. As leis non dependen de doutrinas relixiosas e
os cidadáns poden profesar o credo que desexen, ou non profesar ningún.
 ESTADOS CONFESIONAIS existe unha relixión oficial que inspira as leis que goza de amplos privilexios.
Algúns son democracias, como Reino Unido, e neles está permitida a práctica doutras relixións.
Pero a maioría destes Estados confesionais son ditaduras e só se pode practicar a relixión oficial.
 TEOCRACIAS teñen unha relixión oficial cuns libros sagrados que son a lei. Os relixiosos ocupan e
condicionan as accións d o Goberno.

C. OS ESTADOS SEGUNDO A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL

Os Estados organízanse en unidades territoriais menores que poden ser rexións, Comunidades Autónomas,
municipios, etc. Segundo como se organizan as relacións estatais e as institucións rexionais, os Estados poden
ser centralizados e descentralizados.
 ESTADOS CENTRALIZADOS: a Administración central goberna todo o territorio do Estado.
 ESTADOS DESCENTRALIZADOS: O Estado central ten o máximo poder, pero delega algunhas
competencias nas institucións rexionais e locais. As rexións teñen as súas institucións propias: un
Parlamento, un Goberno e uns tribunais con amplos poderes.
Página 3 de 8
Tema 1: A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO MUNDO

3. A CCOPERACIÓN E OS CONFLITOS ENTRE OS ESTADOS

AS ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS

Os Estados relaciónanse entre si de forma pacífica. Para tratar cuestión de interese común. Adoptar decisión e
solucionar problemas, han creado organizacións internacionais.
Existen organizacións internacionais de alcance mundial, e outras que agrupan países dunha zona
determinada, como a UE(Unión Europea) ou a Liga Árabe.
Algunhas teñen obxectivos variados, como a ONU, e outras ocúpanse dunha sola materia, como a OTAN
(Organización do Tratado do Atlántico Norte), unha organización militar constituída por 28 Estados nun
sistema de defensa común.

A ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS (ONU)

O principal organismo internacional de mediación entre


A ONU ten diferentes órganos de goberno
Estados é a Organización das Nacións Unidas (ONU). Foi para desenvolver os seus obxectivos:
fundada en 1945, tras a II Guerra Mundial, cando os Estados  SECRETARIO XERAL. É nomeado
se deron conta de que era necesario crear unha institución pola Asemblea Xeral e actúa como
portavoz da comunidade
que resolvese os conflitos de forma pacífica. Na actualidade,
internacional.
fórmana 193 Estados.  ASEMBLEA XERAL. É o principal
A ONU ten tres obxectivos principais: órgano deliberativo de Nacións
• A defensa dos dereitos humanos. A ONU aprobou Unidas. Está composta por
representantes de todos os
importantes documentos, como a Declaración dos Dereitos
Estados membros.
Humanos, na dos Dereitos do Neno e na dos Dereitos da  CONSELLO DE SEGURIDADE. A súa
Muller. Todos os membros da ONU deben respectar os misión é manter a paz e a
dereitos que se recollen neles. seguridade. Está formado por 15
membros. Cinco países,
• O mantemento da paz. Emite resolucións de obrigado
permanentes, teñen dereito de
cumprimento obrigado para países involucrados en conflitos. veto
Ademais, organiza misións de paz coa intervención sobre o  (Estados Unidos, Rusia, Reino
terreo das forzas armadas de paz os Cascos azuis. Unido, Francia e China) e 10 non
permanentes renovados cada dous
• A cooperación internacional. Creou organismos co fin de anos. As súas decisión son de
axudar os países en diversos aspectos, por exemplo a FAO, obrigado cumprimento.
para a agricultura e a alimentación; a OMS, para a saúde, e  OUTRAS. Corte Internacional ,
UNICEF, para a infancia. Consello Económico e Social de
Xustiza.

A ONU ten algúns puntos débiles que dificultan a súa tarefa. Hai cinco Estados (Estados Unidos, China, Rusia
Reino Unido e Francia) que poden vetar as decisións, polo que polo que estas a moitas veces quedan limitadas
aos seus intereses. Ademais, a ONU non ten financiamento propio nin un exército propio, polo que depende
das achegas dos Estados.
Os membros da ONU están obrigados a resolver de maneira pacífica os conflitos que teñen entre si. Sen
embargo. Este compromiso rompeuse moitas veces.

Página 4 de 8
Tema 1: A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO MUNDO

4. UN EXEMPLO DE COOPERACIÓN A UE

UNIÓN ECONÓMICA AE COORDINACIÓN POLÍTICA.

Tras a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), retomouse a idea de


crear organización internacional
europea para fomentar a cooperación entre os países europeos con
dous obxectivos fundamentais:
• Consolidar a paz e evitar novas guerras en Europa.
• Competir economicamente coas superpotencias.
Os inicios da UE os atopamos 1957, cando seis países europeos
(Bélxica, a República Federal de Alemaña, Francia, Italia, Luxemburgo
e os Países Baixos) decidiron ampliar a cooperación entre eles,
asinaron o Tratado de Roma, polo que nacía a Comunidade
Económica Europea (CEE). Hoxe a UE está formada por 28 países.
España incorporouse en 1986.
Nos últimos tempos déronse pasos cara a una maior integración
económica e política:
- En 2002 entrou en circulación a moeda única, o euro,
Actualmente adoptaron o euro 19 países.
- Fortañeceuse o papel do Parlamento Europeo e recoñeceuse
a cidadanía europea e a libre circulación de cidadáns da UE
polos Estados membros.
- Tamén se crearon novos fondos e políticas de solidaridade
para as rexións menos desenvolvidas.
- Establecesuse una carta de dereitos fundamentais para
todos os cidadáns comunitarios, o Tratado de Lisboa (2009).

AS INSTITUCIÓNS DA UE

Os Estados membros delegan parte da súa soberanía nalgunhas


institucións independentes que representan os intereses da UE no
seu conxunto. En Bruselas, capital da UE, cada país ten a súa
representación permanente para defender os seus intereses.
As principais institucións da UE son:
 Parlamento Europeo representa aos cidadáns. Propón as leis
e aproba os ozamentos
 A Comisión Europea vela para que se apliquen os regulamentos e se utilicen ben os fondos da UE.
 Consello da UE é o órgano que toma as principais decisións.

OS SÍMBOLOS DA UE.

 A bandeira da UE está formada por un círculo de doce estrelas douradas sobre fondo azul.
 O himno oficial da UE é a Oda a la alegría, incluída na Novena Sinfonía de Beethoven.
 A moeda común é o euro e o seu símbolo é € .

Página 5 de 8
Tema 1: A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO MUNDO

5. O ESTADO ESPAÑOL

O SISTEMA POLÍTICO

A Constitución española de 1978 define España como un Estado social, porque o Estado intervén para lograr
unha sociedade máis xusta (o Estado corrixe os desequilibrios sociais); e democrático, porque os cidadáns
participan no goberno (os cidadáns elixen os seus representantes); e de dereito porque as leis rexen para
todos os españois e para as institucións e porque se recoñecen unha serie de dereitos aos cidadáns.

AS PRINCIPAIS INSTITUCIÓNS

As principais institucións do Estado son a Coroa, as Cortes Xerais, o Goberno e os tribunais e xulgados. A
capital de España é Madrid.

A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL.

O Estado español é descentralizado porque se organiza en municipios, provincias, Comunidades Autónomas e


Cidades Autónomas.
• Hai máis de 8.100 municipios. Gobérnanse polos Concellos, constituídos polos concelleiros e o alcalde.
• Os municipios agrúpanse en 50 provincias, administradas polas Deputacións provinciais. As illas teñen
ademais a súa administración propia: os cabidos Canarias e consellos en Baleares.
• As provincias agrúpanse en 17 Comunidades Autónomas e en dúas Cidades Autónomas, Ceuta e Melilla.
Cada Comunidade réxese por un Estatuto de Autonomía, que establece as competencias e as institucións
autonómicas.

Página 6 de 8
Tema 1: A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO MUNDO

6. AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS: CONTRASTES TERRITORIAIS

Entre as Comunidades Autónomas hai grandes diferenzas de distinto tipo:


 Desequilibrios territoriais. Unhas Comunidades teñen un extenso territorio, como Andalucía ou
Castela e León, mentres que outras son moi pequenas, como a Rioxa, Baleares.
 Desequilibrios demográficos. A poboación concéntrase na Comunidade de Madrid e nas rexións
costeiras e illas, mentres que amplas zonas do interior peninsular están case despoboadas.
 Desequilibrios económicos. Madrid, País Vasco, Navarra e Cataluña son as Comunidades cos ingresos
medios per cápita máis altos, mentres os habitantes de Andalucía, Estremadura, Castela -A Mancha e
Murcia rexistran os ingresos medios máis baixos.
 Desigualdades sociais. A renda dispoñible por habitante determina o nivel de vida da poboación e a
taxa de risco de pobreza relativa. Esta última é máis elevada nas rexións economicamente deprimidas
e onde a distribución da riqueza e máis desigual.
O principio de solidariedade, recollido na nosa Constitución, condiciona a actuación dos poderes públicos,
especialmente en materia económica e financeira, que debe dirixirse a reducir os desequilibrios entre as
Comunidades. Con este obxectivo tamén se crearon os Fondos de Compensación Internacional.

Página 7 de 8
Tema 1: A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO MUNDO

Página 8 de 8

You might also like