You are on page 1of 3

4º ESO HISTORIA Resumo Unidade 3

A UNIDADE 3: A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E OS CAMBIOS SOCIAIS

Chámase revolución industrial o proceso polo cal a humanidade pasou dunhas formas de vida
tradicionais baseadas na agricultura a outras fundamentadas na industria e a mecanización.
Para que se producise a revolución industrial tiveron que suceder no século XVIII tres cambios
previos: o crecemento da poboación, a expansión da agricultura e un cambio de mentalidade
económica,
é dicir, a difusión do liberalismo económico.
A primeira revolución industrial (1780-1860) A industrialización comezou en Inglaterra no
último terzo do século XVIII e despois estendeuse por toda Europa.
Desde finais do século XVIII, os obradoiros comezaron a ser substituídos por fábricas, en que os
obreiros utilizaban máquinas para traballar.
Estas máquinas funcionaban cunha nova fonte de enerxía, o vapor. Ademais, modificouse a
organización do traballo: cada obreiro especializouse nunha única tarefa do proceso produtivo
(división do traballo) e traballaba ao ritmo que lle impoñía a máquina.
A división do traballo aumentou a produtividade. Por iso, abaratáronse os custos de fabricación e os
prezos dos produtos diminuíron.
A industrialización iniciouse en Reino Unido por varias razóns:
• Contaba con man de obra suficiente e un amplo mercado para os seus produtos.
• Tiña xacementos de ferro e abundante carbón mineral, que foron utilizados como fonte de enerxía.
• A nova mentalidade liberal estaba moi estendida e era a base das leis que elaboraba o Parlamento.
A industrialización estendeuse na primeira metade do século XIX a Francia, Alemaña e Bélxica. No
resto dos países europeos só afectou a determinadas rexións, neste período.
Na primeira fase da industrialización destacaron dous sectores:
a industria téxtil e a siderurxia. A substitución do carbón vexetal polo carbón mineral (coque)
impulsou a construción de modernos altos fornos, en que se producía gran cantidade de ferro
refinado que se utilizaba para elaborar as máquinas e as ferramentas, e que comezou a usarse para
construír a rede de ferrocarril.
No século XIX desenvolveuse unha revolución dos transportes:
apareceron o barco de vapor e o ferrocarril. Os novos transportes, máis veloces e con maior
capacidade de carga, tiveron un forte impacto económico e social.
• Produciuse un forte crecemento do comercio, xa que se reduciron os tempos de travesía e os custos
de transporte.
• A economía mundial especializouse. Os países industrializados elaboraban produtos
manufacturados, que logo exportaban, e as colonias vendían materias primas aos países industriais.

EFECTOS SOCIAIS DA INDUSTRIALIZACIÓN

A revolución industrial acelerou o crecemento da poboación, debido á mellora da dieta e ao


aumento da riqueza, que influíron no descenso da mortalidade e o incremento da fecundidade.
Producíronse grandes migracións ás cidades e un intenso proceso de urbanización. Tamén se
produciron ondadas migratorias ás colonias de ultramar favorecidas pola revolución dos transportes.
Nesta época tamén se formou a sociedade de clases. As clases sociais diferéncianse pola súa
riqueza e non polos seus privilexios coma no Antigo Réxime. Pódense distinguir tres clases:
• A clase alta. Composta pola alta burguesía, que se converteu na dominante cando a aristocracia
perdeu a maior parte dos seus privilexios.
• A clase media. Consolidouse a pequena burguesía aínda escasa en número, formada por
funcionarios, profesionais liberais, pequenos propietarios, etc.
• A clase baixa. Formada por unha gran maioría de campesiños e por unha crecente clase obreira (o
proletariado industrial).

Profeosra: Mª Rosa Rodríguez Serantes Páxina 1 de 3


4º ESO HISTORIA Resumo Unidade 3

A SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Denomínase segunda revolución industrial ao conxunto de transformacións na economía mundial


sucedidas a partir de 1870.
Desenvolvéronse novas industrias, xurdiron distintas potencias industriais e modificouse a forma de
produción.
A partir de 1870 utilizáronse novas fontes de enerxía: a electricidade e o petróleo.
A industria téxtil perdeu o seu papel de liderado, que foi ocupado:
• Polo sector siderúrxico, capaz de producir grandes cantidades de aceiro a baixo prezo a partir da
invención do forno Bessemer.
• Pola industria eléctrica, que posibilitou o desenvolvemento dos transportes, a comunicación e a
iluminación eléctrica.
• Pola industria química, que utilizou diversas materias primas (petróleo, caucho…) para fabricar
novos produtos: artigos farmacéuticos e sintéticos (goma, tintes e colorantes artificiais), dinamita,
celuloide…
O petróleo utilizouse como combustible en dous novos medios de transporte: o automóbil, que se
inventou en 1885, e o avión (primeiro voo en 1903).
A industria británica, ligada ao vapor e ao carbón, perdeu a supremacía industrial e xurdiron novas
potencias industriais: Estados Unidos e Alemaña.
Naceron a grande empresa e a banca moderna.
Conforme avanzou a industrialización no século XIX, as fábricas foron crecendo de tamaño e a
empresa familiar non podía afrontar o volume de gastos que se demandaba. Por iso se crearon as
sociedades anónimas.
Nelas, o capital que require unha empresa fracciónase en distintas partes ou accións. Varias persoas
compran paquetes desas accións, converténdose en socios da empresa.
Os bancos convertéronse nun elemento clave da economía. Concedían diñeiro ás empresas
(préstamos) e pasaron a ser os intermediarios entre os particulares e as empresas: os clientes
gardaban os seus aforros no banco, e este investíaos na industria e outros negocios.
Co obxectivo de aumentar a produción, a finais do século XIX puxéronse en práctica novos sistemas
de traballo. O taylorismo, en que cada obreiro se especializaba nunha tarefa e recibía un salario
proporcional ao labor realizado; e o fordismo, que consistía na produción en serie.
Tamén se produciu un proceso de concentración empresarial: o cártel, o trust e o holding.

O PROCESO DE INDUSTRIALIZACIÓN NO CONTINENTE EUROPEO

O primeiro país en sumarse á nova forma de produción foi Bélxica grazas aos seus recursos naturais
e á iniciativa estatal no primeiro terzo do século XIX. Algo máis tardiamente, mediando o século
chegou a Francia e Alemaña. En España comezou no último terzo do século XIX e foi un proceso
superficial e moi localizado xeograficamente.

O PROCESO DE INDUSTRIALIZACIÓN EXTRAEUROPEO

A fins do século XIX os EEUU convertéronse nunha gran potencia industrial en base aos seus
recursos naturais, unha man de obra abundante e barata, amplo mercado interior e aplicación das
innovacións técnicas.
Xapón achegouse ao mundo occidental coa Revolución Meijí comezada en 1868 polo emperador
Mutsu-hito, iniciándose un proceso de industrialización por iniciativa estatal que levou a este pais a
convertirse en poucos anos nunha potencia industrial e económica de primeiro orde.

Profeosra: Mª Rosa Rodríguez Serantes Páxina 2 de 3


4º ESO HISTORIA Resumo Unidade 3

CONSECUENCIAS DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

1. Na demografía: o descenso na mortalidade unido ao crecemento da natalidade comportou


unha auténtica explosión demográfica e Europa pasou de ter 200 millóns de habitantes en 1800 a
400 en 1900. A poboación excedente no campo iniciou un éxodo rural que tivo como resultado o
intenso proceso de urbanización en Europa durante estas datas. Pero as cidades non abondaban para
absorber a toda a poboación campesiña sobrante, e déronse correntes migratorias dende Europa cara
a outros continentes: 60 millóns de europeos saíron ate 1924 con destino a América
(preferentemente), Australia e Nova Zelandia.

2. Na sociedade: os cambios económicos unidos á igualdade xurídica xurdida das revolucións


liberais, teñen como resultado a desaparición da sociedade estamental e a súa substitución por unha
sociedade de clases. Nesta nova sociedade, o criterio de diferenciación é o diñeiro e o prestixio da
actividade desenvolvida, non o nacemento. Trátase dunha sociedade na que é posible cambiar de
lugar. A burguesía industrial e financeira ocupará os postos mais elevados en detrimento da
aristocracia que perde poder; as clases medias integradas por pequenos comerciantes, profesionais
liberais, funcionarios ,etc... medran en número se ben son as clases baixas as máis numerosas,
compostas por campesiñado arrendatario e xornaleiros e os obreiros das fábricas ou proletariado.

3. Nacemento do movemento obreiro: conxunto de iniciativas colectivas levadas a cabo


polos traballadores das fábricas, ante as penosas condicións de vida e traballo que deben soportar.
As primeiras accións encádranse no ludismo que xurdiu en Inglaterra nos primeiros anos do século
XIX,e consistía en destruír a maquinaria á que os traballadores facían responsable da súa
precariedade. Este estadio foi pronto superado coa constitución dos primeiros sindicatos (trade
unions) que eran unha ampliación das sociedades de socorro mutuo (para apoiar aos traballadores
enfermos ou en paro) pero co obxectivo de demandar melloras laborais, recorrendo á folga como
recurso de presión.

O movemento obreiro tomou un novo rumbo grazas ao soporte ideolóxico proporcionado polo
marxismo e o anarquismo.

O marxismo (socialismo científico) foi enunciado por Marx e Engels por vez primeira no seu
“Manifesto comunista” (1848) onde propoñen destruír o capitalismo aproveitando a loita de clases
entre a burguesía (propietaria das fábricas) e o proletariado (obreiros); o proletariado debía
emprender unha revolución que conducise á superación da sociedade capitalista ate chegar á
sociedade comunista ,sen clases nin propiedade privada, pasando pola ditadura do proletariado como
fase intermedia. Tamén propón Marx a participación dos obreiros na política e a súa demanda de
dereitos políticos, creándose por toda Europa numerosos partidos socialistas no último terzo do
século XIX.

O anarquismo, teorizado por Proudhon e Bakunin, rexeitaba calquera forma de estado, non
acepta polo tanto a participación dos obreiros na loita política admitindo tan só a acción sindical, na
que priorizaban os métodos revolucionarios e violentos.
En 1864 naceu a Asociación Internacional de Traballadores (Primeira Internacional) ou AIT, que
pronto desapareceu polas disputas entre Marx e Bakunin.

En 1889, conmemorando o centenario da Revolución Francesa, os socialistas reúnen Internacional


Socialista (II Internacional), para coordinar os programas e actuacións das organizacións obreiras
de ideoloxía marxista. Esta organización creou algúns dos símbolos de identidade do movemento
obreiro: a festa do Primeiro de Maio e o himno da Internacional.
O movemento obreiro obtivo algunhas melloras coa fin do século XIX e comezos do XX: limitación do
traballo infantil, redución da xornada, descanso dominical, regulación do traballo feminino. Tamén foi
logrando o sufraxio universal masculino.

Profeosra: Mª Rosa Rodríguez Serantes Páxina 3 de 3

You might also like