You are on page 1of 5

A regueifa

Que é?
É unha improvisación oral cantada en forma de
d i á l o g o . Tr a d i c i o n a l m e n t e , a r e g u e i f a e s t a b a
relacionada directamente cos casamentos, pois eran
ocasións festivas nas que poder divertirse improvisando
en verso. De feito, se buscamos no dicionario a palabra
"regueifa", atopamos tamén que se trataba dun "Molete
de pan adornado con ovo, azucre, caramelo etc., con que
se obsequiaba aos invitados a unha voda e aos veciños
dos noivos".

Na Galiza hai máis formas de improvisación oral relacionadas cos casamentos


como o Brindo, as Loias, as Cencerradas... segundo a zona xeográ ca nas que se
realicen. Pero tamén hai outras formas improvisadas que se empregaban no
Entroido como as Bombas ou os Atranques do Ulla...

Na actualidade, tod@s coñecedes a improvisación moderna dos/das rapeiros/as e


as súas famosas batallas. Pois ben, algo semellante xa estaba inventado dende
había séculos en terras galegas: as regueifas.

Como se fai unha regueifa?


As regueifas compóñense de estrofas de catro versos octosilábicos nas que riman
os pares, quedando libres os impares (a rima pode ser asonante, pero
preferibelmente consonante). Deben intervir cando menos dúas persoas que,
noutras épocas, cantaban a capela. Nos últimos tempos adoita facerse con
acompañamento instrumental e con público.

Tradicionalmente as regueifas comezaban cun breve saúdo ao público, unha


presentación e os/as participantes interviñan por quendas até que unha das dúas
persoas que regueifasen quedase sen argumentos ou folgos. Vaia, ata que
houbese gañador/a da batalla.

Un recurso moi empregado tamén na regueifa é comezar a primeira copla coa


última copla da anterior (que se coñece como Leixaprén ou Regueifas

fi
Encadeadas ). Este recurso dános un pouquiño de tempo para pensar nos
seguintes versos cando improvisamos.
Velaquí un exemplo deste recurso:

Estamos hoxe na clase


regueifando con paciencia
aprendendo a improvisar
e facelo con conciencia.

E facelo con conciencia


pois somos ecoloxistas
a regueifa é inclusiva
con bases ben feministas

Pinto de Herbón e o Caruncho

As melodías

Dixemos que os versos destes tipos de improvisación deben ser octosílabos, mais
non imos andar contando polos dedos. É moito máis sinxelo: abonda con aprender
unha melodía. Por exemplo, esta que nos canta Luís o Caruncho, quen nos dá
neste vídeo as claves para regueifar:

https://www.youtube.com/watch?v=OVesfR76mHM

A Alba María, outra famosa regueifeira, cántanos tamén a melodía da regueifa


neste vídeo:

https://youtu.be/dlFcVinHnsU (Aqui o obradoiro enteiro https://youtu.be/20d2PfEVrno)

Tamén podemos escoitar a mesma melodía nestoutro vídeo, da canción Danza ,


do grupo Habelas Hainas :

https://youtu.be/qcAKXlzjugY

Unha vez que temos a melodía na cabeciña, encherémola con palabras. Iso si,
lembrade as rimas no segundo e no cuarto verso de cada estrofa!

Breve historia da regueifa


A improvisación cantada en verso é un fenómeno que existe en moitos pobos do
mundo. Improvisar foi algo xeralizado por todo o planeta até o século XIX. A nosa
especie transmitiu e construiu a cultura oral de forma prioritaria até hai
relativamente pouco tempo.

Foise perdendo polas mudanzas do sistema de comunicación. Mais na historia do


homo sapiens a escritura só leva pouco máis do 5% de existencia. Ou sexa, nós,
como especie, estamos preparad@s para aprender a improvisar, xémolo durante
centos e centos de anos. Agora sorpréndenos ouvir improvisar porque se perdeu
a memoria da súa cotidianeidade. Mais estamos a impulsar agora, entre moita
xente, o proceso de recuperar na escola esta habilidade que antes se aprendía na
casa, na rúa, entre amigas e amigos.

Aquí vai un esquema con varios lugares no mundo onde se fai repentismo. E como
se chaman as diferentes formas de improviso e as persoas que repentizan:

Galiza: repente, improviso, desafío, regueifa, brindo / repentista, regueifeira,


brindeira...
Brasil: pajada, embolada, repentismo / pajador, violeiro, repentista...
Portugal: canto ao desafío e desgarrada no Minho, despique en Madeira
Euskal Herria: bertso / bertsolari
Países Cataláns: corranda, glosa
Curdistán: dengbej
Canarias: punto canario / verseador
Cuba: punto cubano, décima / decimeira, trobeira

Hoxe en día, diferentes organismos e institucións están tentando revivir e


revitalizar a regueifa para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua
galega. É o caso dos proxectos Enreguéifate e Regueifesta (https://
enregueifate.gal) que cada ano que pasa están a ter máis éxito.

fi
O noso nome artístico
Antes de poñernos a regueifar, imos escoller o noso nome artístico como
regueifeir@s. Ten que ser un nome que resulte simpático, sonoro e doado de
lembrar. Aquí tedes exemplos de nomes artísticos de improvisadores ou
repentistas da nosa terra:

Co lugar de procedencia: Josinho da Teixeira, Suso de Xornes...


Co alcume: Luís o Caruncho, As Garotas da Ribeira....
Alcume e lugar de procedencia: Pinto de Herbón, A Rexoubeira de Bergantiños, O
Ribeira de Louzarela...
Con diminutivo: Silvinha.
Nome e apelidos: Sara Marchena, Benito Lobariñas,
Nome: Alba María.
Outras formas: Lara do Lar.

Pensa e escribe no recadro o teu nome artístico como regueifeir@:

E agora, a regueifar!!!
Tendo en conta todos os consellos dos que falamos, cadaquén vai
compoñer unha copla na que se presente co seu novo nome artístico,
incluíndo unhas características de nitorias (lugar de procedencia, carácter,
a ccións etc).

Polo medio de cada presentación regueifeira cantaremos o retrouso "Ai, la,


la, la ra la la lai la..." acompañando o ritmo coas mans e/ou cos pés.
fi
fi

Escribe aquí as túas primeiras coplas non improvisadas 😉

You might also like