You are on page 1of 8

PROGRAMACIÓN ANUAL DO XXX NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Nome do centro - CURSO 20XX- 20XX

ÍNDICE:

• 1.- Introdución e contextualización ............................................................................................ páx

• 2.- Contribución ó desenvolvemento das Competencias Clave ................................................. páx

• 3.- Concreción dos obxectivos para o curso .............................................................................. páx

• 4.- Concreción para cada estándar: ......................................................................................... páx

▪ Temporalización

▪ Grao mínimo de consecución para superar a materia

▪ Procedementos e instrumentos de avaliación

▪ Competencias clave de cada estándar

• 5.- Concrecións metodolóxicas ................................................................................................... páx

• 6.- Materiais e recursos didácticos .............................................................................................. páx

• 7.- Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado .................................... páx

• 8.- Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente ........................ páx

• 9.- Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar

como consecuencia dos seus resultados .................................................................................... páx

• 10.- Medidas de atención á diversidade ....................................................................................... páx

• 11.- Concreción dos elementos transversais que se traballan no curso ..................................... páx

• 12.- Actividades extraescolares e complementarias ..................................................................... páx

• 13.- Aplicacións dos plans e proxectos do centro ........................................................................ páx

• 14.- Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en

en relación cos resultados académicos e procesos de mellora ................................................... páx

Modelo de Prográmame (recursoseducativos.net) páxina 1


PROGRAMACIÓN ANUAL DO XXX NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Nome do centro - CURSO 20XX- 20XX

1.- INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

Neste punto poderían incluírse, entre outros, os seguintes datos:


• Indicar que está baseada no esquema indicado na resolución do 27 de xullo de 2015 (DOG
29/07/2015) no seu artigo 13, que se ben é de secundaria é a recomendación feita por parte da
inspección ata que non exista unha resolución similar para primaria.
• poden indicarse as referencias lexislativas nas que se fundamente a programación.
• número de alumnos
• datos lingüísticos (lingua materna predominante, idioma vehicular maioritario do centro e contorno)
• análise dos resultados académicos do grupo no curso anterior
• profesorado que imparte docencia na aula
• outros datos relevantes ó respecto da estrutura do grupo de alumnos

Modelo de Prográmame (recursoseducativos.net) páxina 2


PROGRAMACIÓN ANUAL DO XXX NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Nome do centro - CURSO 20XX- 20XX

2.- CONTRIBUCIÓN Ó DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE

Pódese indicar que a distribución de competencias por estándar está reflectido no punto 4 da programación.
Poden tamén indicarse cales dos procesos de cada competencia estarán máis presentes en cada área (especialmente no caso de especialistas)

Pegar aquí, para cada competencia clave, a seguinte táboa (programación e currículo > xerar):
Perfil competencial do cartafol, escollendo a opción de incluír os procesos e nivel de logro (e rúbrica de ser o caso)

Modelo de Prográmame (recursoseducativos.net) páxina 3


PROGRAMACIÓN ANUAL DO XXX NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Nome do centro - CURSO 20XX- 20XX

3.- CONCRECIÓN DOS OBXECTIVOS PARA CADA O CURSO

• Concretar os obxectivos xerais de etapa do currículo para o nivel correspondente e para cada unha das
áreas/materias.

Modelo de Prográmame (recursoseducativos.net) páxina 4


PROGRAMACIÓN ANUAL DO XXX NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Nome do centro - CURSO 20XX- 20XX

4.- CONCRECIÓN PARA CADA ESTÁNDAR:


Temporalización, grao mínimo de consecución para superar a materia, procedementos e instrumentos de avaliación e
competencias clave para cada estándar.

Pegar aquí, para cada área/materia, unha das dúas táboas xeradas en prográmame (programación e currículo > xerar):
Lista de distribución de estándares por trimestres, ponderación e instrumentos de avaliación (MODELO SEN AGRUPAR)
Lista de distribución de estándares por trimestres, ponderación e instrumentos de avaliación (MODELO AGRUPADO)

Modelo de Prográmame (recursoseducativos.net) páxina 5


PROGRAMACIÓN ANUAL DO XXX NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Nome do centro - CURSO 20XX- 20XX

5.- CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS

• Concretar as indicacións metodolóxicas establecidas no currículo para o nivel e áreas/materias. Debe


terse en conta que o currículo establece claramente como debe ser a metodoloxía a empregar nas
aulas, polo que neste apartado do que se trata é de establecer como se “aplicarán” na aula, de forma
práctica, estes principios metodolóxicos de obrigado cumprimento.
• Debe terse en conta que a concreción desta metodoloxía debe partir dos estándares de aprendizaxe e
non dos contidos.
• Pode indicarse unha lista das tarefas integradas que se levarán a cabo na aula, que
posteriormente se planificarán nas respectivas Unidades Didácticas Integradas, así como a
temporalización na que se ten previsto que se desenvolvan.
• Poden conseguirse estas listaxes en UDI > XERAR > lista de estándares avaliados e
traballados (parte inferior do documento xerado) e calendario de distribución de UDI do cartafol)
• Estas UDI non se inclúen nesta programación xa que estas formarán parte da programación de aula

6.- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

• Indicar que recursos didácticos, tanto persoais como materiais, se van empregar, se ben quedarán tamén
reflectidos con máis detalle nas respectivas UDI.
• Indicar os libros de texto e similares, de ser o caso.

7.- CRITERIOS SOBRE A AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO


ALUMNADO

Podes incluír nos criterios de cualificación das áreas, a imaxe do gráfico que podes xerar en
programación e currículo > xerar > modelo agrupado ou sen agrupar > descargar gráfico png.

• Indicar cales son os criterios de cualificación que serán os que permitan asignar unha nota ó alumnado.
Deben ser criterios claros e obxectivos.
• Indicar que porcentaxe de peso se asigna ós diferentes procedementos e instrumentos que se
empregarán, para obter unha nota para cada alumno.
• Deberemos incluír criterios para a avaliación das competencias clave, a partir das indicacións feitas no
punto 2 da programación. No caso de indicar rúbricas pode establecerse de que xeito se reflectirán os

Modelo de Prográmame (recursoseducativos.net) páxina 6


PROGRAMACIÓN ANUAL DO XXX NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Nome do centro - CURSO 20XX- 20XX

resultados na cualificación final.


• En todo caso a para cualificación das competencias clave pode ser interesante partir dos procesos de
cada competencia e os niveis de logro (e rúbricas) establecidos para cada un deles.

8.- INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA


DOCENTE

• Establecer unha serie de indicadores a través dos cales poidamos avaliar a práctica docente.
• Indicar que instrumentos e procedementos empregaremos para avaliar estes indicadores.
• Poderemos establecer algún procedemento para o control da evolución da temporalización prevista dos
diferentes estándares e a posible modificación segundo os resultados obtidos.
• Poderemos establecer mecanismos para valorar cales son as causas das posibles desviacións e problemas
atopados con respecto á planificación inicial.

9.- DESEÑO DA AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS INDIVIDUAIS OU COLECTIVAS QUE


SE POIDAN ADOPTAR COMO CONSECUENCIA DOS SEUS RESULTADOS

• Establecer de que xeito se levará a cabo a avaliación inicial, con que instrumentos e procedementos, así como
o momento no que se levará a cabo a mesma.
• Sería recomendable que existise un acordo de centro dos diferentes instrumentos que se poden empregar
para levar a cabo esta avaliación inicial.

10.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

• Establecer de que xeito se atenderá a diversidade na aula nas diferentes materias/áreas, entendendo como tal
non só alumnado con NEAE ou NEE senón o feito de atender a cada alumno segundo as súas características
persoais.
• Non se debe indicar se existe ou non algunha ACS na aula ou que algún alumno precise de apoio, xa que son
datos confidenciais e as programacións teñen que ser públicas, polo que non deberían incluír estes datos.

11.- CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS QUE SE TRABALLARÁN NO


CURSO

• Indicar como se concretarán na aula os elementos transversais establecidos no currículo (artigo 11) (non

Modelo de Prográmame (recursoseducativos.net) páxina 7


PROGRAMACIÓN ANUAL DO XXX NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Nome do centro - CURSO 20XX- 20XX

confundir cos temas transversais da LOXSE ou os valores da LOE).


• Estes elementos transversais, a traballar a través das diferentes áreas, poden indicarse citando os estándares
concretos das diferentes áreas relacionados con estes elementos transversais.
• O currículo fala exactamente, entre outras, de “ A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a
comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e da comunicación, o emprendemento, e a educación
cívica e constitucional traballaranse en todas as materias, sen prexuízo do seu tratamento especíco nalgunhas
das materias de cada etapa. “

12.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

• Non se trata de establecer só unha listaxe de actividades a realizar xunto coa súa temporalización, senón que
debería incluír o que se traballará con cada unha delas, que estándares serán os afectados, como se avaliará,
etc.
• Se estas actividades estivesen planificadas en UDI podería facerse referencia a que dita planificación está
presente nas correspondentes UDI, onde se establecen os estándares e demais elementos prescritivos.

13.- APLICACIÓN DOS PLANS E PROXECTOS DE CENTRO

• Indicaremos de que xeito se aplican e concretan os diferentes plans e proxectos do centro na aula: proxecto
lingüístico, plan para a introdución das TIC, plan lector.

14.- MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN, MODIFICACIÓN DAS


PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS EN RELACIÓN COS RESULTADOS ACADÉMICOS E
PROCESOS DE MELLORA

• Indicaremos mecanismos concretos evitando xeneralidades, para a revisión e avaliación da programación.


• Indicaremos de que xeito se levará a cabo a modificación da programación cando sexa necesario.
• Sería interesante que este tipo de mecanismos fosen consensuados a nivel centro e existise unha serie de
ferramentas acordadas para levar a cabo esta revisión.

Modelo de Prográmame (recursoseducativos.net) páxina 8

You might also like