You are on page 1of 1

SIR ISAAC

NEWTON
Isaac Newton naceu de forma prematura o 4 de xaneiro
de 1643 polo calendario Gregoriano ( 25 de decembro
polo caledario Juliano) no seo dunha familia campesiña
en Woolsthorpe Manor, unha pequena aldea do condado
de Lincolnshire, Inglaterra.

Tivo unha infancia complicada. Tres meses antes do seu


nacemento o seu pai morreu e aos tres anos a súa nai
deixouno a cargo dos seus avós ante a negativa do seu
novo marido a criar un fillastro. Newton non regresaría
á súa aldea natal ata a morte do seu padrasto en 1653.

Durante a súa infancia e mocidade foi un neno introvertido, de poucas amizades e con pouco
interese polos seus estudos, aínda que non falto de intelixencia, curiosidade e imaxinación.

Aos 12 anos comezou a cursar os seus estudos elementais na escola primaria de Grantham. En
1661, aos 18 anos de idade, ingresou no Trinity College da Universidade de Cambridge para estudar
matemáticas baixo a tutela de Isaac Barrow. Tras a súa gradación (catro anos máis tarde), Newton
acabaría dedicándose por completo ao estudo das matemáticas e a filosofía natural realizando
descubrimentos transcendentais no campo do cálculo (co desenvolvemento do cálculo integral e
diferencial, entre outros achados), a física (describindo as leis que explican o movemento dos
corpos macroscópicos) e a óptica (coa súa teoría das cores).

De todos os seus estudos e descubrimentos, destaca a súa obra "Principios matemáticos da filosofía
natural" ( Philosophiae Naturalis Principia Mathematica), publicada en 1687, na que sentou as bases
da física moderna e a enxeñería a través das súas leis do movemento e a teoría da gravidade,
marcando un antes e un despois na historia da ciencia (hoxe en día segue sendo amplamente
considerada como a obra máis influente da historia da física).

Finalmente, tras unha longa vida envorcada ao desenvolvemento da ciencia e a comprensión do


universo, Newton falecería o 31 de marzo de 1727 (84 anos) en Londres tras unha disfunción renal
mentres durmía. Oito días máis tarde, o 8 de abril de 1727, recibiu a honra de ser o primeiro
científico enterrado na Abadía de Westminster.

You might also like