You are on page 1of 3

A atmosfera terrestre.

A atmosfera terrestre é a capa de aire que envolve a Terra.

Composición do aire
• 78% Nitróxeno (N ): Gas incoloro, inodoro e inerte.
• 21% Osíxeno (O ): Gas incoloro, oxida con facilidade e é
imprescindible paa a respiración de todos os seres vivos.
• 0,9% Argón (Ar): Gas inerte
• Ozono (O ): filtra as radiacións ultravioleta do Sol, dañinas para os
seres vivos.
• Dióxido de carbono (CO ): importante porque é necesario para que
as plantas realicen a fotosíntese e é o responsable do efecto
invernadoiro.

A estructura da atmosfera
• Ionosfera: capa máis externa, ata uns 500 Km de altitude. Nela
prodúcense as estrelas fugaces e as auroras boreales.
• Mesosfera: ten unha espesura duns 40 Km.
• Estratosfera: ten unha espesura de entre 35 a 40 Km. Contén a
ozonosfera.
• Troposfera: é a capa en contacto co chan, cunha espesura de 10 Km.
A presión atmosférica e o vento
A presión atmosférica é exercida polo aire e débese á atracción da gravidade.
Mídese en milibares e represéntase nos mapas con liñas curvas, chamadas
isobaras, que unen puntos coa mesma presión.
O aire desprázase desde zonas de maior presión atmosférica (anticiclóns) cara ás
de menor presión atmosférica (borrascas).

A humidade e as nubes
A humidade mídese en gramos de auga por cada kilogramo de aire seco, debido a:
- A evaporación
– A actividade dos seres vivos

As precipitacións (evaporación- saturación- condensación- precipitación)


As precipitacións de chuvia orixínanse cando o aire que contén moita humidade
arrefría.
As precipitacións de neve prodúcense cando a temperatura da atmosfera está
baixo cero.
A sarabia prodúcese cando a auga se conxela.

O estado da atmosfera. A metereoloxía


A metereoloxía estuda o comportamento da atmosfera.
Tempo metereolóxico é o estado da atmosfera nun momento e lugar determinados.
Instrumentos metereolóxicos:
Termómetro: mide a temperatura en ºC.
Barómetro: mide a presión atmosférica en mb ou en mm. de mercurio.
Higrómetro: mide a humidade atmosférica en %.
Pluviometro: mide o volume de auga caída por metro cuadrado.
Anemómetro: mide a velocidade do vento en Km/h.
Catavento: mide a dirección do vento.
As previsións meteorolóxicas e o clima
Clima: é o tempo meteorolóxico que caracteriza unha zona nun periodo de
tempo longo, para definilo utilízanse os valores das temperaturas e da
pluviosidade.
Represéntase mediante climogramas.

O impacto das actividades humanas. A contaminación


As actividades humanas emiten substancias a atmósfera que producen
diversos impactos:
- CO que produce efecto invernadoiro, causante do cambio climático.
- Gases CFC, que eliminan o ozono da estratosfera.
- Óxidos de xofre e nitróxeno, que causan chuvia ácida.
- Feluxe, que ensucia o aire e prexudida a saúde das persoas.

You might also like