You are on page 1of 3

A hidrosfera terrestre

A auga da Terra
A auga da Terra distribúese en:
– 97% auga salgada
– 3% auga doce, da cal:
Xeo dos glaciares: 79%
Augas subterráneas: 20%
Augas superficiais: 1%

Propiedades da auga
• Moi bo disolvente: disolve osíxeno e sales.
• Absorbe gran cantidade de calor: regula a temperatura nas zonas costeiras.
• A súa dilatación é anómala: o xeo flota na auga e poden vivir animales debaixo
del.
• É unha substancia adherente: molla.

Encóntrase en...
OCÉANOS: salgada, con gases disoltos e a súa temperatura varía coa
profundidade.
CONTINENTES: dulce (pouca cantidade de sales disoltas). Está en lagos, ríos,
torrentes e regatos, augas subterráneas , pantanos e glaciares.

Movementos da auga dos océanos


A auga dos océanos presenta tres tipos de movementos:
• Ondada.- Ondas debidas ao vento. Mestura a masa de auga, erosiona os acantilados e
transporta materiais.
• Correntes.- Desprazamentos de masas de auga debidos a ventos dominantes, e a diferenzas
de salinidade e temperatura.
• Mareas.- Ascensos e descensos da auga producidos pola atracción da Lúa e , en menor
medida do Sol.

A auga dos continentes


Pode presentarse en diferentes formas:
- Lagos: acumulacións de auga que ocupan depresións de terreo.
- Ríos: cursos de auga permanente.
- Torrentes e regatos: cursos de auga que permanecen secos parte do ano.
- Augas subterráneas: acumulacións de auga que empapa as rochas do subsolo.
- Zonas pantanosas, marismas e zonas húmidas: lugares en que o terreo permanece enchar_
cado todo o ano.
- Glaciares: Acumulacións de xeo.
O ciclo da auga
Procesos:
• Evaporación: paso de auga líquida a gas. A auga pasa da hidrosfera á atmosfera.
• Condensación: É o paso de vapor de auga a auga líquida, que forma o orballo e as nubes,
que forma o orballo e as nubes, que poden producir precipitacións.
• Escorremento: pode ser superficial se o movemento da auga ocorre pola superficie
terrestre, formando ríos e regatos, ou subterránea se o fai baixo a superficie.
• Infiltración: É a penetración no subsolo da auga da superficie.

Medidas de aforro da auga


– Ducharnos en vez de bañarnos e pechar a billa
– Utilizar a lavalouza e a lavadora despois de enchelas ben
– Instalar dispositivos de aforro

Planta potabilizadora (comparar con esquema libro)


Esquema planta depuradora (ver esquema libro)

You might also like