You are on page 1of 8

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 24/06/10 15:22 Página 82

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 24/06/10 15:22 Página 83

TEMAS DO NOSO TEMPO

Lingua, sociedade e política


Presente e porvir do galego
HENRIQUE MONTEAGUDO

A
mediados do pasado mes de abril, os Henrique Monteagudo é profesor de Sociolingüística Galega na
medios de comunicación difundiron os Universidade de Santiago de Compostela, secretario do Consello
resultados da enquisa do Instituto Galego da Cultura Galega e codirector de GRIAL.
de Estatística sobre ‘Condicións de vida das
familias’, en que se recollen datos sobre coñece-
mento e uso do idioma galego correspondentes a
2008 (IGE-08), datos que, ao seren comparables
cos que o mesmo IGE recolleu en 2003 (IGE- O descenso do uso do galego e
03), permiten facer unha idea da evolución da incremento do bilingüismo substitutorio
situación social do idioma nese lustro1. Sen
entrar nunha análise demorada deses datos nin Comparando os resultados da enquisa de 2008
afondar nos moitos matices que ofrecen (o que coa de 2003 (gráfico nº1), salta á vista que o gale-
sería descabido neste lugar), cómpre chamar a go pasa de ser a lingua da comunicación oral dia-
atención sobre tres aspectos relevantes: 1) O de- ria (sumando as respostas ‘só galego’ e ‘máis gale-
valo do galego como lingua habitual e o abalo do go’) do 61% da poboación (2003) ao 57%
bilingüismo substitutorio, 2) O incremento do bi- (2008), o que implica unha perda porcentual de
lingüismo inicial, 3) O aumento da presenza do aproximadamente un punto por ano, aínda que
galego no sistema educativo. debe terse en conta que máis da metade desa
En todo o que vén a seguir, debera terse en perda do galego poden atribuírse ao incremento
conta que os datos se refiren á poboación resi- da poboación inmigrante. Na franxa de idade
dente en Galicia, por tanto non inclúen os emi- máis nova (de 5 a 14 anos), a caída é un pouco
grantes galegos que residen fóra do noso país, menos acusada, do 40 ao 36% aproximadamen-
pero si a poboación inmigrante, que se incre- te, sendo que dos catro puntos porcentuais de
mentou notablemente nos últimos anos: segun-
do datos do Padrón municipal de habitantes, en
2003, os nados fóra de Galicia representaban o Agradezo vivamente ao amigo Antón Reixa as súas estimulantes ideas, os
9,6% da poboación residente en Galicia; en diálogos multimedia e as barís achegas para este artigo.
2008 supuñan o 12% da mesma2. Na faixa etaria Como complemento deste, pode consultarse o que redactamos para a
de 30 a 49 anos, o incremento deixouse sentir Fundación 10 de marzo: “A ofensiva da dereita contra o galego.
con máis forza, pois a porcentaxe de poboación Discursos, estratexias e programas político-lingüísticos”, accesible en
nada fóra de Galicia pasou do 13,5% ao 17,5%, www.f10m.org/index/artcls.php?id=138.
cun incremento de catro puntos porcentuais.
Feita esta importante observación, nas páxinas 1 Os resultados pódense consultar en rede na páxina do IGE, que tamén
seguintes procederemos a revisar sumariamente ofrece resumos: www.ige.eu/web/index.jsp?idioma=gl
estes tres aspectos, tratando de tirar algunhas 2 Nótese que a efectos da presente análise consideraremos poboación
conclusións xerais cara á política lingüística, par- inmigrante a residente en Galicia pero nacida fóra dela, tanto noutras
ticularmente a referida ao ensino. comunidades autónomas coma no estranxeiro.

Cartel da campaña “En galego, chegarás moi alto”,


do Concello de Ferrol, 1998 
01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 29/06/10 9:20 Página 84

Gráfico nº1. Evolución da lingua habitual 1992 > 2003 > 2008 Gráfico nº2. Lingua habitual por idade, 2008

perda, aproximadamente 2,6% poden atribuírse galego tenden a facerse bilingües con predominio
ao abalo da poboación inmigrante (gráfico nº2). do castelán; os procesos na dirección inversa pare-
A franxa en que se rexistra unha menor caída é na cen moito menos frecuentes. De feito, en 2003 o
mocidade: no grupo entre 15 e 29 anos pásase do balance dos cambios de lingua habitual aínda
45% en 2003 ao 43% en 2008, e esta perda de resultaba lixeiramente favorable ao galego, men-
dous puntos porcentuais pode achacarse practi- tres que en 2008 resulta claramente favorable ao
camente na súa integridade ao incremento da castelán: das persoas maiores de 16 anos que afir-
inmigración (que nesa faixa foi de +2,6%); e o maban ter mudado de lingua, na primeira enqui-
maior descenso dáse na franxa seguinte, de 30 a sa (IGE-03) o 53% fixérano cara a incrementar o
49 anos, con oito puntos de caída: do 57% ao uso do galego, mentres que, contrariamente, na
49% (pero a metade desa caída pode deberse ao segunda (IGE-08) o 58% afirma telo feito cara a
incremento da poboación inmigrante, que nesa aumentar o uso do castelán.
franxa atinxe o +4%). Analizando máis polo miúdo eses procesos de
Por outra banda, é de notar o rechamante cambio de lingua habitual, constátase que en
incremento das porcentaxes de persoas que se 2003, o 18% da poboación maior de 16 anos
declaran bilingües na súa fala cotiá: en 2003, declaraba mudara os seus hábitos lingüísticos a
constituían o 37% do conxunto da poboación, a favor do monolingüismo en galego, fronte ao
partes practicamente iguais con predominio do 14% que o fixera cara ao monolingüismo en cas-
galego (18%) e do castelán (19%), mentres que telán; cun saldo lixeiramente favorable ao pri-
en 2008 constitúen a metade da poboación, meiro, como se ve. Ese balance favorable ao cam-
sumando o 27% dos bilingües con predominio bio cara ao galego rexistrábase en todas e cada
do galego e o 23% con predominio do castelán. unha das faixas etarias, incluíndo a cohorte de 16
Pero, como se deduce das cifras que acabamos de a 29 anos (19% cara ao galego fronte ao 15,5%
dar, o bilingüismo medra significativamente máis cara ao castelán). En 2008, a balanza aparece
entre os/as galegofalantes ca entre os/as castelan- bruscamente inclinada no sentido contrario: só o
falantes; ademais, o monolingüismo en castelán 11% do conxunto da poboación declara ter
mantense nunha porcentaxe por volta do 20%, mudado cara ao uso do galego (monolingüismo),
mentres que o monolingüismo en galego cae un mentres que o 20% afirma que mudou cara ao uso
13%. Así como o incremento dos bilingües difi- do castelán. Na cohorte máis nova (16 a 29 anos),
cilmente pode atribuírse ao efecto da inmigra- o desequilibrio é abrumador: 7% mudou cara ao
ción, este debe terse en conta á hora de interpre- monolingüismo en galego, fronte ao 23% cara
tar o último dato, isto é, o mantemento do ao monolingüismo en castelán.
monolingüismo en castelán. Significativamente, entre os factores que influí-
O devandito parece apuntar ao mantemento ron neses cambios de hábitos lingüísticos, a de-
dunha pauta de bilingüismo asimétrico e substi- cisión persoal pesaba máis en 2003 ca en 2008,
tutorio: os monolingües en galego tenden a facer- mentres que as razóns de traballo pesan moito
se bilingües, e os bilingües con predominio do máis en 2008 do que pesaban en 2003, especial-

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 29/06/10 9:20 Página 85

Gráfico nº3. Evolución da lingua inicial 1992 > 2003 > 2008 Gráfico nº4. Lingua inicial por idade, 2008

mente no grupo de 30 a 49 anos, que precisa- pois, nas vilas grandes e nas cidades pequenas. É
mente é unha idade plenamente laboral. Na aí onde se deben concentrar os esforzos da políti-
cohorte máis nova (16 a 29 anos) detéctase o ca lingüística, e nela deben xogar un papel prin-
mesmo fenómeno, pero dáse a peculiaridade de cipalísimo os centros educativos.
que tamén pesan moito os cambios de residen-
cia, que ao menos nalgúns casos poden relacio- Incremento do bilingüismo inicial
narse coa realización de estudos. Reforzar o uso
do galego no ámbito laboral e profesional debe A porcentaxe de persoas que declaran ter aprendi-
constituír, por tanto, un obxectivo prioritario das do a falar simultaneamente nas dúas linguas pasa do
políticas públicas, especialmente para frear a 16% (2003) ao 23% (2008) (gráfico nº 3). Ao
perda do seu uso nos/as falantes que se incorpo- mesmo tempo, o galego cae como lingua inicial
ran á actividade profesional ou ao mercado labo- (isto é, aquela en que se aprendeu a falar) en case
ral. O mesmo se podería afirmar, mutatis mutan- cinco puntos porcentuais no conxunto da poboa-
dis, das universidades e outros centros de ensino ción, do 52% ao 47%. No grupo de poboación
superiores. máis nova, de 5 a 14 anos, a perda é máis brusca,
Con respecto a ese proceso de substitución pois pasamos do 32% ao 25%, o que non se pode
lingüística do galego polo castelán, que como explicar soamente por un aumento da poboación
vemos os resultados de IGE-08 mostran non só inmigrante (pois nesta faixa o incremento desta foi
activo senón puxante, tamén é interesante obser- de 2,6%) (gráfico nº 4). A primeira vista, este des-
var os resultados en relación co hábitat. Nos censo confirma o prognóstico máis ben sombrío a
municipios máis urbanos (máis de 50.000 habi- que apunta o dato recollido ao comezo do apartado
tantes), a situación é relativamente estable, cunha anterior. Porén, debe terse en conta que tamén o
escasa presenza do galego —en conxunto, só un castelán cae, e nunha porcentaxe similar ao galego
terzo da poboación urbana declara falar habitual- se ben que un pouco máis reducida (tres puntos, do
mente só galego ou máis galego. Por outra banda, 30% ao 27% no conxunto da pobación).
nos municipios de menor tamaño (menos de Dalgún xeito, a caída do galego como lingua
10.000 habitantes e de 10.000 a 20.000 habitan- inicial podería vir compensada polo devandito
tes), onde o galego é aínda lingua maioritaria, incremento dos bilingües iniciais, un incremento
salienta o devalo do monolingüismo en galego e o que é especialmente significativo entre os máis
correlativo abalo do bilingüismo predominante- novos, pois na faixa entre 5 e 14 anos de idade
mente en galego. Pero onde se dá unha perda pásase do 20% de 2003 ao 34% de 2008. Se
máis acusada do uso do galego é nos municipios sumamos as porcentaxes correspondentes ao
intermedios, de 20 a 50.000 habitantes, onde o galego como lingua inicial coas de bilingüismo
uso do idioma do país baixa en oito puntos por- inicial, pasamos do 68% de falantes iniciais do
centuais (do 60% ao 52%, sempre sumando gale- galego en 2003 ao 70% en 2008, e na franxa eta-
go con máis galego). Hoxe por hoxe, onde está o ria máis nova, pasamos do 53% de falantes ini-
punto quente da batalla de futuro do galego é, ciais de galego en 2003 ao 59% en 2008 (nos

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 24/06/10 15:22 Página 86

dous casos, a pesar do incremento da poboación nía. Paradoxalmente, si existen algunhas previsións
inmigrante). Este dato pode ser esperanzador, neste sentido, ao abeiro de programas europeos, na
sempre que os bilingües iniciais manteñan o uso comunidade de Estremadura. A cidadanía futura
do galego e non acaben tendo como lingua habi- de Galicia sería, sen dúbida, máis libre e capacita-
tual só ou preferentemente o castelán. Neste da se rematase o período obrigatorio de ensino
aspecto, as políticas lingüísticas, e particularmen- sendo plenamente competente en galego, portu-
te a política lingüística no ensino, revélase como gués, castelán e, por que non?, en inglés.
un factor de crucial importancia.

Aumento da presenza do galego no Política lingüística, discursos públicos e


sistema educativo evolución da situación social do idioma
Outro resultado relevante é o notable aumento Resulta moi significativo constatar que nunha
da presenza do galego no sistema educativo, que comparanza dos dous inquéritos, de 2003 a 2008,
pasa de menos do 39% en 2003 ao 61% en 2008 entre os resultados máis rechamantes se atopan os
(aínda máis significativamente, arredor do 72% referidos ao incremento do bilingüismo, tanto na
de escolares entre 5 e 16 anos viñan recibindo o lingua inicial canto na lingua habitual. Así e todo,
seu ensino maioritariamente en galego), o cal dá non parece verosímil que unhas mudanzas tan
un bo índice do progreso que experimentou o notables coma as que expresan esas enquisas sexan
uso da lingua do país nos centros durante os anos reflexo exacto de cambios na realidade social: como
pasados, e concretamente, do positivo impacto explicar que o monolingüismo en galego perdese
na situación do galego no ensino que tivo a polí- 13 puntos porcentuais, do 43% en 2003 ao 30%
tica lingüística impulsada polo goberno de coali- en 2008? Ou que o bilingüismo inicial aumentase
ción PSdG/BNG, pois ao noso entender o fenó- do 16% en 2003 ao 23% en 2008? Damos por
meno de abalo do bilingüismo inicial na franxa feito, loxicamente, que as dúas enquisas que esta-
etaria máis nova que sinalamos no parágrafo mos a comparar son igualmente merecentes de
anterior (14 puntos porcentuais, do 20% ao confianza, pois foron realizados polo mesmo orga-
34%), é inseparable desta progresiva galeguiza- nismo —unha entidade oficial e especializada na
ción do ensino. Esa franxa etaria é especialmente recolla de datos estatísticos, como é o Instituto
relevante para a formación da conciencia e a Galego de Estatística—, cun cuestionario practica-
capacitación lingüística dos individuos. Das mente idéntico e, ata onde sabemos, cuns procede-
actuais previsións lexislativas para o galego no mos moi similares.
ensino resulta especialmente negativo (ademais Independentemente da incidencia de factores
de alegal ou mesmo ilegal, segundo o informe do que deben ser pescudados en profundidade, pois
Consello Consultivo de Galicia3) deixar en mans escapan a unha análise rápida como a que se pre-
dos proxenitores a decisión sobre a utilización do tende ofrecer nas presentes liñas (tales como o
galego na etapa do ensino infantil. estudo máis pormenorizado do impacto do nota-
Non menos grave resulta a mestura da regula- ble incremento da poboación inmigrante), con
ción do galego no ensino coa referida ao inglés, todas as cautelas, coidamos que ao menos unha
como inicialmente se pretendía coas ‘Bases para o parte desas avultadas discrepancias poden deberse
decreto do plurilingüismo’, e finalmente non se á influencia de factores actitudinais nas respostas
descartou de todo no decreto recentemente apro- dos informantes, uns factores que puideron incre-
bado. Igualmente perversa tanto para a recupera- mentar o seu efecto na mesma medida que a cues-
ción do galego como para a solución do endémico tión da lingua gañou en visibilidade e se viu sobre-
fracaso do ensino de linguas estranxeiras no siste- cargada de tensión política por causa da campaña
ma educativo español. Non cabe dúbida de que a contra o decreto 127 emprendida polo Partido
recuperación do galego ten que ver cun alto senti- Popular a partir do ano 2007. Sendo así, habería
do da diversidade cultural e lingüística. A compe- que reflexionar sobre as razóns da mudanza de
tencia en inglés ben pode fomentar a superación percepcións que puideron inclinar as respostas dos
das estreitas pautas de competencia dos monolin- e das informantes máis a favor do monolingüismo
gües en castelán, tan afeitos e preguiceiros ao acce- na enquisa de 2003, e máis a favor do bilingüismo
der nunha soa lingua aos contidos de coñecemen- na de 2008 —admitindo, por suposto, que debeu
to universal. Pero non ten ningún sentido que a de producirse unha mudanza real no sentido que
superación desa limitación (as carencias na apren- indican os inquéritos, pero moi probablemente
dizaxe do inglés) vaia en contra dos niveis de nunhas dimensións máis modestas do que os
implantación do galego. resultados suxiren.
Porén, bótase en falta a ausencia de elementos A título de hipótese tentativa, non resulta
curriculares que vinculen os estudantes coa lusofo- inverosímil que en 2003 primase unha certa sen-

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 24/06/10 15:22 Página 87

sación de esgotamento da política lingüística do En definitiva, independentemente das inter-


fraguismo (presidida polo seu lema do ‘bilingüis- pretacións e das hipóteses explicativas, unha con-
mo harmónico’) e de necesidade dun impulso clusión xeral que podemos tirar da análise da
máis decidido á lingua galega. Pola contra, en evolución do galego entre 2003 e 2008 (que
2008 puido prevalecer a percepción de que se poderiamos validar botando man dos resultados
estaba xestando un indesexable conflito lingüísti- do Mapa sociolingüístico de Galicia realizado pola
co de dimensións e intensidade descoñecidas en Real Academia Galega en 1992) é que, sen entrar
Galicia. En tales condicións, nesa ocasión se ten- en sofisticados cálculos estatísticos, as tendencias
deu a preferir opcións de resposta máis concilia- sinaladas nos apartados 1 e 2 indicados ao come-
doras, que subliñan máis a cohesión da socieda- zo do presente artigo nos colocan nun horizonte
de galega arredor do bilingüismo, ca non a súa de pouco máis de seis décadas de vitalidade para
polarización arredor do monolingüismo, sexa o idioma do país. Xa que logo, queda pouco
este en galego ou en castelán. tempo para reverter unha deriva que nos leva á
En consecuencia, aventuramos unha inter- previsible desaparición do galego contra finais do
pretación que asume que os datos si reflicten século XXI. Estamos, sen dubida, nun momento
unha caída real do galego como lingua inicial e crucial.
como lingua habitual, pero que sobre todo Se a sociedade galega non obriga a unha pro-
expresan unha reacción social non tanto contra a funda rectificación da política lingüística do
política lingüística do goberno de coalición actual goberno galego, apoiada polo Partido
PsdG-BNG, canto ao clima de crispación lin- Popular que o sostén e dirixida polo seu presi-
güística alimentado polo Partido Popular, por dente, Alberto Núñez Feijoo, e se estes conse-
movementos como Galicia Bilingüe e por impor- guen impoñer as súas políticas de deslexitima-
tantes medios de comunicación social. Ante ción, desoficialización e desprotección do galego,
unha percepción de crecente polarización social o declive do noso idioma será imparable. No
en relación coa lingua, unha parte significativa futuro a política lingüística de Núñez Feijoo e o
da cidadanía tendeu a dar preferencia a respostas seu goberno será xulgada, de certo, con extrema
percibidas como máis consensuais. severidade, pero ao cabo dun tempo non moi
O devandito non abona unha lectura super- longo xa non haberá moitas posibilidades de
ficial dos datos, máis se é feita en clave partidis- reversión dun proceso de desgaleguización que
ta, do tipo da que ofreceron algúns voceiros parece encamiñarse á súa recta final. O que nos
políticos, unha lectura que arrisca a aventurar indican os datos que acabamos de resumir é que
interpretacións precipitadas, cando non mani- o idioma galego precisa de políticas de protec-
puladas ou distorcidas, máis ben destinadas a ción máis eficaces cás tentadas ata a data, xusto o
confirmar consignas propagandísticas ou prexu- contrario do que vén propugnando o PP e facen-
ízos. O primeiro que debe saber calquera ana- do a Xunta desde que ese partido gañou as elec-
lista que se achega a este tipo de datos é que as cións.
políticas lingüísticas públicas teñen unhas posi- Esas políticas de protección deben gañar o
bilidades limitadas e só conseguen un impacto maior asenso social, e deben apoiarse de xeito par-
significativo no medio prazo, sempre a condi- ticular na ampla franxa de bilingües iniciais e
ción de que sexan eficaces, coherentes e perse- habituais, para conseguir que non abandonen o
verantes, xusto o contrario do que está empeña- galego. Hai que incrementar as ocasións de uso da
do en facer agora o Partido Popular desde a lingua galega, sobre todo para as xeracións máis
Xunta. Por parte, é un despropósito deducir dos novas, non só no sistema educativo, senón tamén
resultados do IGE-08 o fracaso de ou un rexei- no tempo de lecer; hai que crear redes sociais que
tamento cara á política lingüística do goberno funcionen en galego e reforzar as existentes.
de coalición PSdG-BNG: as caídas do galego Cómpre implementar as accións e políticas
como lingua inicial e como lingua habitual públicas para que o galego teña unha presenza
rexistradas no grupo de idade máis novo (de 5 a nos medios de comunicación que rache coa
14 anos) —que sería o que podería verse dalgún
xeito afectado polo decreto 127/2007, e tendo
en conta que a enquisa se realizou con só un 3 O decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia
ano de posterioridade a este— atinxen a indivi- (nº 79/2010, de 20 de maio) pode consultarse en rede no enderezo:
duos nacidos entre 1994 e 2003, isto é, en www.edu.xunta.es/web/node/155. O ditame do Consello Consultivo de
pleno período fraguista, durante o cal comeza- Galicia, 183/10, sobre o proxecto de decreto do plurilingüismo pode
ría a escolarización da gran maioría deles. Máis consultarse en: http://213.60.82.10/media/uploads/pdf/183-10.pdf.
ben, aqueles resultados poderían tomarse como Téñase en conta que a redacción do presente artigo é anterior tanto á
unha ilustración das insuficiencias da política emisión do ditame coma á aprobación do decreto.
lingüística dos gobernos de Manuel Fraga.

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 24/06/10 15:22 Página 88

abusiva hexemonía do castelán. Ben elocuentes mitirá frear a minorización progresiva, e final-
son os exemplos da enorme diferenza entre a mente a desaparición do galego.
oferta televisiva, radiofónica e de prensa escrita Pero este tipo de bilingüismo non pode fun-
en galego fronte a oferta en castelán. Os datos darse nunha actitude neutral dos poderes públi-
de uso do galego nestes medios nin sequera cos, no sentido de instalarse na inacción nos
reflicten nin son coherentes co nivel de uso do ambitos en que o galego se atopa en situación
idioma que rexistran as enquisas. É ben relevan- máis desaventaxada, mentres se fomenta un apa-
te o exemplo de Internet como constatación de rente equilibrio entre o galego e o castelán xusto
que cando o galego “debuta” nun medio simul- nos dominios en que a acción do estado pode ser
taneamente ao castelán e depende directamente máis eficaz (administracións públicas, sistema
da iniciativa libre dos individuos máis proacti- educativo), pois tal actitude en realidade validará
vos da comunidade acada moi altos niveis de a actual marxinación ou subordinación do galego
uso. Tamén é certo que canto máis avanza a nunha serie de dominios clave da vida social
sociedade do lecer e do coñecemento, máis (educación superior, medios de comunicación,
territorios cómpre ter galeguizados. A pesar de ámbito profesional, laboral, comercial e financei-
que, mal que ben, comezaba lentamente a ro, lecer e cultura de masas), e por tanto acom-
incrementarse a oferta audiovisual en galego, pañará a decadencia do idioma propio do país,
temos, nos últimos anos, carencias enormes de sen ningunha posibilidade de revertela.
galego no ámbito dos vídeoxogos, os produtos O bilingüismo restitutivo que propoñemos
audiovisuais máis desexados pola poboación. implicará a difusión da competencia comunicativa
Hai que activar todos os resortes da cidadanía (non só lingüística) en galego e castelán ao con-
galega para reverter o bilingüismo substitutorio, xunto da poboación, basicamente (pero non só) a
que constitúe unha estación de tránsito cara á des- través do medio educativo. Incentivará a motiva-
galeguización, e convertelo nun bilingüismo restitu- ción dos castelanfalantes para utilizar o galego, ao
torio, no camiño da recuperación da lingua. E iso menos en certos contextos laborais/profesionais e
só pode facerse construíndo un horizonte de expec- públicos (nomeadamente, os relacionados co
tativas positivo para o galego e atractivo para a emprego público e os servizos ao público). E bus-
maior parte da cidadanía e creando as condicións cará multiplicar as ocasións de uso da lingua do
para un bilingüismo equitativo, de maneira que o país, especialmente para os sectores de idade máis
uso do galego nas interaccións sociais máis impor- novos, incidindo non só no sistema educativo,
tantes (no medio educativo, laboral e profesional, senón tamén nas actividades de lecer. Deberá com-
no ámbito económico laboral, nos dominios públi- pletarse así o círculo virtuoso do que falan os espe-
cos) non implique ningún plus de estrés para os cialistas en procesos de recuperación de linguas:
seus e as súas falantes ou se vexa dificultado pola difundir a competencia no idioma, incrementar a
asociación a estigmas denigratorios (atraso social, motivación para utilizalo, e ampliar as ocasións de
mala educación, incultura, radicalismo político, usalo.
etc.) e para que o consumo de produtos culturais, Acabamos de aludir á difusión da competencia
comunicativos e de lecer en galego resulte natural e comunicativa nas dúas linguas. Entendemos por
doado. En definitiva, para que o desenvolvemento isto algo máis ca unha aprendizaxe formal destas,
da vida persoal, social, cultural e profesional en de tipo gramatical e centrada na lingua escrita.
galego non se vexa constantemente desincentivada Referímonos á consecución dunha capacidade
por múltiples atrancos de todo tipo. suficiente para desenvolver unha serie de activi-
dades fundamentais na vida diaria, e en parti-
cular a actividade profesional, nas dúas linguas
A xeito de conclusión. Que bilingüismo? oficiais do país. E para conseguir isto, o procede-
Por un bilingüismo de recuperación e mento máis axeitado nunha situación de forte
mantemento do galego desequilibrio no estatus social das dúas linguas é
o da inmersión (parcial, gradual ou total) na máis
Referímonos antes á renovación do proxecto e do desfavorecida, isto é, en galego.
discurso de defensa e promoción do galego, afir- Os estudos realizados sobre este tema nos
mando que debe dirixirse de forma preferente ás máis diversos contextos demostran de xeito
dúas amplas franxas de bilingües habituais, que rotundo que o uso preferente no sistema educa-
suman case a metade da poboación, e que debe tivo do idioma minoritario é o procedemento
ter como obxectivo reverter a pauta actualmente didáctico que garante mellores resultados (de
dominante de bilingüismo substitutivo ou desgale- feito, o único que pode ofrecelos satisfactorios)
guizador, por un bilingüismo restitutivo ou de para a obtención dunha competencia comuni-
recuperación, isto é, regaleguizador. Este segundo cativa eficiente nos dous idiomas, e resulta be-
tipo de bilingüismo é, de feito, o único que per- neficioso para os falantes de ambos os dous. Se

01 Presente e porvir do galego final2_Henrique Monteagudo 24/06/10 15:22 Página 89

O bilingüismo, unha noción que goza dun amplo consenso social, non pode seguir
abandonado na man dos sectores que se opoñen á normalización do galego, nin pode
seguir sendo menosprezado ou rexeitado por aqueloutros que a defenden. Ten que ser
reformulado como apoio dun novo discurso e proxecto público que concite unha
sólida maioría social en que se deben apoiar políticas eficaces de promoción da lingua

desexamos conseguir un auténtico bilingüismo güismo autenticamente equitativo, é incremen-


que sirva de marco para o mantemento e a recu- tar a presenza, visibilidade e utilidade do galego,
peración do galego (no canto do seu retroceso), non reducila. Deste xeito, tamén a totalidade do
a fórmula máis eficaz e idónea para o sistema sector castelanfalante da poboación acabará
educativo é a do uso preferente do galego. sendo bilingüe, pois sentirase motivada para
O tipo de bilingüismo que propugnamos aprender o galego e se lle ofrecerán ocasións
deberá tender a un tratamento equitativo (non un para usalo.
falsamente equilibrado) dos dous idiomas, o cal As políticas públicas de promoción da lingua
significa que aplicará políticas de acción afirmativa galega teñen que saber interpelar e implicar os
a favor do que se atopa claramente en situación sectores castelanfalantes de Galicia, que dun
máis desfavorable, o galego, unhas políticas que se xeito amplamente maioritario manteñen actitu-
apoian na consideración deste como idioma pro- des positivas cara ao galego e senten a necesida-
pio do país, tal como sinala o Estatuto de Auto- de da súa recuperación. Hai que procurar as fór-
nomía de Galicia, e que se dirixirán a manter e mulas axeitadas para fomentar esas actitudes
incrementar a súa vitalidade, e colocalo nun pé positivas, en vez de promover o rexeitamento
de igualdade co castelán. Para conseguir un tipo de cara ao galego, e o que resulta máis complexo,
bilingüismo restitutivo ou equitativo, que non apoiarse nesas actitudes favorables para facilitar
sirva de trámite transitorio cara á desaparición do a obtención de competencia comunicativa na
galego, é preciso que ao galego se lle outorgue lingua, e traducir esta nun uso efectivo do gale-
unha posición de preferencia nalgúns sectores, go ao menos nalgunhas interaccións sociais. As
como as administracións e medios de comunica- propostas maximalistas, do estilo do monolin-
ción públicos e o sistema educativo (ao menos, o güismo social (mesmo que este sexa contempla-
non universitario), que veña compensar a posi- do como horizonte final), ademais de carentes
ción subordinada en que se atopa noutros (nal- de realismo e de calquera posibilidade de realiza-
gúns dos cales, coma os medios de comunicación ción, alienan o apoio dun amplo sector social
privados, pola propia lóxica das cousas, dificil- que en troques ve con bos ollos políticas desti-
mente poderá equiparase co castelán). nadas a fortalecer o galego nun horizonte de
Tratarase, pois, da inversa do bilingüismo convivencia bilingüe.
substitutivo ou desgaleguizador que agora pre- O bilingüismo, unha noción que goza dun
domina, isto é, dun bilingüismo restitutivo ou amplo consenso social, non pode seguir abando-
regaleguizador. O sector galegofalante da poboa- nado na man dos sectores que se opoñen á norma-
ción xa é necesariamente bilingüe, pois a presen- lización do galego, nin pode, por tanto, seguir
za pervasiva do castelán na vida pública e nos sendo menosprezado ou rexeitado, cun efecto con-
medios de comunicación garante que é aprendi- traproducente, por aqueloutros que a defenden.
do por todos e asegura que todos deben usalo Ten que ser reformulado como apoio dun novo
nun ou outro contexto social. O mesmo non se discurso e proxecto público que concite unha sóli-
pode dicir do galego: hai espazos e medios da maioría social en que se deben apoiar políticas
sociais do noso país (o centro das maiores cida- eficaces de promoción da lingua do país ■
des, por caso) en que a súa presenza ambiental é
tan escasa, que resulta case unha lingua estran-
xeira para as persoas que se moven fundamental-
mente neses ámbitos. De aí a tentación para cer-
tos sectores privilexiados da sociedade galega de
pretender vivir en Galicia ignorando a existencia
do galego. Ao contrario, o único xeito de garan-
tir a igualdade entre os dous idiomas, e un bilin-


You might also like