You are on page 1of 2

“Cómo

é que as historias fan xeografías: circulación e contexto nunha


perspectiva global” – Arjun Appadurai

Do que se fala principalmente neste texto do antropólogo hindú Arjun Appadurai
é do impacto que tivo o efecto da globalización e do uso de Internet en canto ó
movemento das mercaderías.
O que comenta nas páxinas do texto é do impacto que tivo Internet tanto de
maneira positiva coma negativa, levando ao tráfico ilegal de armas, de órganos ou
mesmo de drogas.
En comparación a cómo se movía o mundo no pasado, Internet supuxo un gran
avance en canto á velocidade no movemento de todo tipo de mercaderías. Pero
non todos os países se moven á mesma velocidade nin todos os países están
conectados de maneira igualitaria.
Isto débese ás diferentes causas políticas, ideolóxicas, relixiosas ou económicas,
entre outras, polo que resulta imposible que por exemplo un filme de Estados
Unidos se mova con facilidade nas salas de exhibición chinesas ou iraquíes.
Por esta razón fálase no texto de que existe un mundo no que o movemento das
mercaderías está dividido en dous:
1-Onde existe un tráfico intenso debido ao libre mercado de capital, de bens e de
servizos, así como do poder das corporacións.
2-E por outro lado un tráfico débil debido principalmente a unha cuestión de
prexuízos culturais e das diferentes políticas que existen.
Pero a pesares de que se asocien os bloqueos de certo tráfico de mercaderías a
aqueles países onde o tráfico é débil, cabe dicir que nos países onde o tráfico é
intenso debido a ese “libre mercado” tamén hai bloqueos.
Por exemplo se unha persoa que se atopa fóra dos Estados Unidos e intenta
visionar un capítulo dunha serie emitida por calquera canle en aberto dese país a
través da súa páxina web, resulta imposible debido aos filtros rexionais que
establecen a través da rede, bloqueando os contidos. Podemos falar entón de “libre
mercado”? Ou é debido a esa globalización que existe nas grellas televisivas e nos
cinemas do mundo occidental onde a maioría dos contidos son norteamericanos,
buscando tan só beneficiarse a través das formas tradicionais?
A esta última cuestión poderíamos respostar que si, segundo Appadurai, xa que
segundo o autor “tódalas modernidades xorden da tensión entre o tráfico denso e
o tráfico lento”.
Por outra banda cabe destacar como o autor analiza como inflúe a globalización
nas sociedades en canto a creación de opinión propia, tendo en conta a utilización
de Internet. Por exemplo, como as minorías (inmigrantes, nenos, refuxiados,
prisioneiros políticos, cidadáns débiles ou mulleres) logran ter voz a través do
órgano das Nacións Unidas, así como da voz que lles outorgan os medios de
comunicación dalgúns países a través das informacións e das imaxes que se nos
ofrecen, podendo comprobar as diferenzas culturais na política (por exemplo os
partidos de dereitas son máis reacios que os de esquerdas á hora de acoller
inmigrantes), así como conectar todo isto cos dereitos humanos esenciais e
fundamentais.
Simbólicamente, a xeopolítica nace cando o mapa comeza a percibirse como unha
formalización do espazo para a dominación do espazo.


Nos múltiples casos nos que hoxe se utiliza este término, trátase en realidade, de
rivalidades de poder sobre territorios e sobre as personas que os habitan.
Nestos choques entre forzas políticas, cada unha destas utiliza medios diversos e,
en particular, argumentos que demostren as razóns para unha dominación
xustificada e moralmente lexítima.
A libre expansión das forzas do mercado non só ocasionou un debilitamento
progresivo das estructuras e os poderes territoriais fixos, senón tamén
transformou significativamente as formas culturais tradicionais.
A idea dun mundo xerarquizado baséase no desenmascaramento dese “mito da
unidade”.
En conclusión a todo isto, non existe unha unidade espacial dende un punto de
vista estratéxico, senón que hai diferentes escenarios nun mundo esencialmente
dividido.

You might also like