You are on page 1of 2

“Medios”

– Michael Herzfeld

Un dos temas que trata en profundidade Michael Herzfeld neste artigo é que
chama a atención que haxa unha diversidade de productores de cultura.
Isto é, xeralmente falásenos de productores dos medios de comunicación, pero
eses productores dos que se nos falan non son os mesmos. Hai escritores,
guionistas, financeiros, políticos ou mesmo showrunners (un termo que se
emprega bastante na actualidade á hora de asociar a un productor dunha serie
televisiva). Polo tanto resulta bastante disperso englobar a todos estos tipos de
traballadores dentro da categoría xeral de productores. Polo que deberíamos
preguntarnos cales son os productores das industrias culturais na actualidade, que
principalmente son os grandes conglomerados os que teñen maior peso á hora de
producir cultura. Por poñer un exemplo dentro da industria cinematográfica en
España, á hora de levar a cabo un filme e rentabilizalo ao máximo, contamos con 3
productoras que son Atresmedia Cine, Telecinco Cinema e RTVE, que dependen
principalmente das canles de televisión, e producen cinema por obligacións
lexislativas. Sen embargo, as produccións das majors estadouniudenses son as que
abarcan a maioría das exhibicións nas salas de cine.
Polo que podemos deducir a raíz deste exemplo algo que di Herzfeld neste texto:
“os representantes dos medios de comunicación converten a cultura en
mercadería, polo que non sempre leva ó mantemento da cultura local”. Isto é,
estanse adoptando costumes norteamericanos na maioría dos países da redonda
por todo o que vemos en televisión, cine ou Internet, e perdendo ou deixando de
lado outras costumes e outros aspectos das culturas locais.
Á hora de falar da creación dunha serie para televisión, dunha película ou mesmo
dun libro, cabe destacar que todo isto conleva certos procesos nos cales hai unha
serie de opinións e discusións que fan que esas ideas sexan modificadas moitas
veces para intentar que chegue esa obra “perfecta” a un público de maneira
masiva. Algúns procesos que se poden levar a cabo son, por pór un exemplo, os
famosos pretest, que son estudos que levan a cabo as canles de televisión á hora de
probar unha serie ou un programa novo, no cal participa xente totalmente
anónima mentres destaca os aspectos máis atractivos do programa e apunta os
cambios que levarían a cabo nos outros que resultan menos chamativos para a
audiencia.
O que comenta Herzfeld neste texto é que pode que o realismo non sexa o que
máis lle interese ao público, senón que prefiren relatos fantasiosos.
Por exemplo, en televisión triunfa a ficción fronte á información, xa que a xente
prefire ver un conflicto ficticio que se resolva grazas ao traballo duns guionistas,
que ver a realidade dos conflictos que están a pasar nun mundo cheo de crises
económicas e guerras.
Nas páxinas finais fálase de cómo resulta importante tomar en serio o pracer, que
ten unha parte importante na vida.
O que resulta máis interesante é que se nos pregunta de onde vén o pracer no uso
de Internet. É aquí cando nos di que o pracer non vén do uso, senón do feito de
saber cousas certas.
O pracer no caso de moita xente non é ter unha información certa, pode oscilar
entre a busca de información e atención e o movemento despreocupado de
entretemento.
Á hora de falar das comunidades imaxinadas o que se nos di é que durante moito
tempo na socioloxía houbo un contraste entre as nocións de comunidade e
sociedade.
Cando fala de comunidade refírese a un grupo humano onde as relacións sociais
danse cara a cara.
Por sociedade refírese a espazos amplos nos que as comunicacións entre os
individuos se dan por relación por anonimidade, senón multifuncional, as formas
de relación son distintas.
Nas sociedades modernas era moi importante unha certa familiaridade que a xente
tiña con certos lugares e personaxes que non eran resultado dunha relación cara a
cara.
Isto dase por efecto dos medios de comunicación, como resultado do seu
funcionamento diario.
Herzfeld fala de comunidade no sentido de que a forma de relación establece un
vínculo no que o emotivo é importante, pero imaxinada porque non é resultado da
relación cara a cara.
Di que os medios teñen unha importancia tanto estética como política.
En conclusión, os medios son capaces de calquera cousa con tal de satisfacer os
gustos do público con tal de beneficiarse económicamente.

You might also like