You are on page 1of 3

La explosión del periodismo – Ignacio Ramonet

Durante moito tempo o papel que exerceron os xornalistas era trascendental para a
sociedade, xa que eran considerados coma aquelas persoas que contaban todo o que estaba a
suceder ó redor do mundo creando unha opinión pública e uns intereses no público sobre os
diferentes temas e noticias que trataban dende un procedemento verídico.
Pero coa revolución tecnolóxica, o xornalismo non evolucionou á mesma velocidade, polo que
os xornalistas acabáronse vendo corrompidos por toda esta gran transformación do medio no
cal desenvolven o seu traballo.

Este exemplar de Ramonet (un xornalista español residente no país galo) trata na súa
gran parte o papel que tivo Internet no sector da información (centrándose nalgúns capítulos en
casos concretos coma o de Wikileaks), así coma o papel que profesan as grandes
multinacionais propietarias da meirande parte dos medios de comunicación.

Centrándonos no caso da aparición de Internet, o xornalismo sofre unha infinidade de


cambios á hora de traballar. O mundo comeza a estar conectado entre sí, polo que as
inversións que realizan as empresas de comunicación á hora de xerar información comezan a
baixar ininterrompidamente. Algún dos arquetipos nas formas de traballo que seguen a maior
parte destas compañías actualmente é o peche das corresponsalías nos diferentes países,
sendo reemplazadas pola adquisición da información por parte das axencias de noticias ou con
xornalistas freelance, cos cales establecen uns acordos económicos que saen máis rentables e
máis beneficiosos que manter unha corresponsalía (deste xeito, prescíndese da contratación
de xornalistas e de reporteiros gráficos, así como se aparta a producción propia da
información). Isto leva a que unha parte das informacións que aparecen nas diferentes páxinas
dos xornais, ou mesmo nas páxinas web de noticias, son un copia e pega das informacións
desas axencias de noticias.

Todo isto conleva a todos os intereses económicos que teñen os donos das empresas
de comunicación, que tan só pensan en facturar e ingresar diñeiro por parte dos anunciantes,
sen importarlles a calidade das informacións, así coma comprobar os medios e as fontes que
constatan que un suceso sexa verídico ou non, acarreando a unha espectacularización da
noticia. Unha espectacularización que se basea en titulares que poidan resultar proveitosos
para a audiencia, pero que quedan relegados hacia unha escala perniciosa e intrascendente,
repercutindo na calidade final do producto informativo.
A precariedade laboral e a separación inexistente entre o poder e os medios reducen de tal
xeito o valor efectivo do xornalista.
A continuación analizaremos a diferencia entre feitos e opinión, a falta de imparcialidade de nos
medios de comunicación e a manipulación e a censura que exerce o poder a través dos medios
de información.

A aparición dos diferentes xéneros xornalísticos vincúlase á evolución histórica


establecéndose unha correspondencia entre os xéneros básicos do xornalismo e as distintas
etapas na historia da humanidade.

• A primeira etapa coincidiría co xornalismo informativo (ata a I Guerra Mundial).


• A segunda etapa coincide co xornalismo interpretativo ou Idade de Ouro (comeza nos
anos 20).
• A terceira etapa, co xornalismo de opinión (comeza nos anos 50).
Pero hoxe en día, a diferenciación entre opinión e feitos é cada vez menor, ata tal punto
coma que as opinións son consideradas como sagradas e merecen un respeto mentres que os
feitos están para sustentalas, simplemente. Secomasí, tamén se confirma que a opinión sen
feitos non existe.
Os medios de comunicación teñen unha suficiencia inmensa para seleccionar os temas que
interesan á xente. O que importa nos medios de comunicación non é a realidade senón o que
se di do que é a realidade. Esta realidade xerada é máis potente que a propia realidade, e a
primeira é a asumida polo público como a verdadeira. Pero, crear realidade non é máis que
unha maneira singular de falseala.
Os informadores xogan co intelecto do espectador, amosando opinións como se se
tratase de feitos verídicos e contrastables. O peor de todo é que o espectador os acepta como
se estes feitos foron certos.

Isto débese a que o publico deixou que os medios de comunicación e os profesionais que
traballan neles, sexan a súa principal ventá cara o mundo exterior.

Desta maneira, algúns informadores transformáronse en referentes morais, carga


totalmente excesiva xa que non é bo converter asuntos públicos en principios a seguir. Hai que
ter en conta, que eses paradigmas moitas veces non son máis que persoas que venden as
súas opinións ou as da cadea de televisión, e que moitas veces non están nin formados neste
ámbito laboral.

Deste xeito, podemos falar de intrusismo, é dicir, o exercicio de actividades profesionais


por persoas non acreditadas para iso. Son moitos os individuos que son conscientes da
importancia de seren protagonistas activos en lugar de espectadores pasivos.
E é moito máis rendible para unha cadea de televisión reunir nun plató a seis persoas
dispostas a discutir sobre a vida sentimental de terceiros, sen probas irrefutables, nas que o
único discurso está baseado nas opinións e consideracións persoais de cada individuo a
debater.

Desta casualidade, promóvese unha televisión, neste caso, que fomente programas
como o reality en vez de aproveitar todo o seu potencial educador e cultural. Isto dá lugar a un
proceso de retroalimentación permanente, onde as supostas revelacións xornalísticas de
alcoba no magazine matinal nivelan o camiño aos insultos no programa vespertino e culminan
no bullicio do show nocturno. Un modelo de televisión rentable para as grandes casas dos
medios de comunicación, coma por exemplo é o caso de Mediaset con Telecinco e a súa
programación chea de prensa amarela.

Por outro lado, e debido á velocidade e ó apremio á hora de publicar noticias, tamén se
instaurou o reinado dos pensadores rápidos, capaces de reaccionar con axilidade cando
estoupa un acontecemento. Sen embargo, a maioría das veces, elabóranse verdades
absolutas a partir duns poucos conceptos claros e ben estruturados. Todas estas afirmacións
deixan entrever que ter présa por publicar un feito e ser o primeiro en facelo nesa competición
absurda polas audiencias, moitas veces está relacionado coa perda de obxectividade e
imparcialidade que tanto divulga o xornalismo.

O xornalismo atravesa unha crise de credibilidade acentuada por unha serie de


escándalos relacionados coa publicación de falsidades. Esa exuberancia de noticias
apresuradas e case sempre prescindibles somérxenos nun apagamento informativo continuo.
Así, o proceso que converte o material xornalístico nun produto é cada vez máis superficial e
uniforme. A similitude das noticias baséase nun dos fundamentos da profesión: observar ao
rival. Saber que información posúe e que vai publicar, xa que un pequeno matiz de colleita
propia engadido a unha información coñecida por todos é considerado como unha vitoria ante o
competidor.

Pero é precisamente esta loita por ser os primeiros en dar a coñecer un feito, ou
proporcionar datos novos que os diferencien dos demais medios, o que fai que os profesionais
da información, cada vez máis, deixen a obxectividade a un lado e introduzan valoracións ou,
incluso que inventen feitos desde unha redacción ou unha habitación de hotel.

Os xornalistas entenden a obxectividade coma o tratamento adecuado dunha dun


suceso que ampara aos coñecedores da información dos posibles riscos. A palabra
“obxectividade” estaba a virar sinónimo desta noción de “práctica honesta” e asumíase cada
vez máis a xeito de principio director do traballo informativo.

Por outra banda, a imparcialidade diferenza a información e a expresión de opinión. A


información debe estar libre de opinión para que se trate dunha verdade absoluta.
Ao parecer xa se esqueceron estas máximas e os informadores son simples
subordinados do poder, sendo este, dono e señor das novas, controlando o que se publica e o
que non; facendo, deste xeito, que o que non se publique será como se non existise.

O cuarto poder atópase hoxe en día sometido a un poder maior: o poder do Estado. Isto
débese a que os medios de comunicación cederon terreo fronte ás presións políticas e
económicas. O oficio é un combate permanente entre os intentos do profesional por manter a
súa autonomía e os das clases dirixentes por converter á prensa na súa tribuna de expresión
pública. As máis famosas exclusivas son o resultado dunha dura carreira de obstáculos postos
polo poder. O xornalista móvese entre dúas augas: os intereses da súa empresa e o poder
político e económico. A miúdo, estas dúas correntes conforman unha soa nunha especie de
«concubinato», segundo o escritor portugués José Saramago.

Hoxe en día, o xornalista, en vez de plantar cara ao poder e situarse diante del,
colócase ao seu carón. Así, os medios están a converterse en plataformas de difusión de
símbolos, ideas e imaxes políticas.

En conclusión, o xornalismo actual precisa un cambio radical para volver a ser aquela
profesión na que se denunciaban os feitos e se procuraba a verdade en vez de ser un cómplice
máis nesa tapadeira ao servizo do poder.

You might also like