You are on page 1of 2

A prehistoria

È a primeira etapa da humanidade . Comezou hai una 5 millóns de anos e finalizou hai
uns 5.000 anos, cando as persoas inventaron a escritura, por que ata daquela non había
escritura.

A prehistoria é a etapa máis longa da historia humana.

A prehistoria divídese en tres etapas: o Paleolítico o Neolítico e a Idade Dos Metais.

- O Paleolítico comezou hai uns 5 millóns de anos, e vivían da caza e da


recolección.
- O Neolítico comezou hai uns 11.000 anos, e inventaron a agricultura e a
gandaría.
- A Idade Dos Metais comezou hai uns 7.000 anos. Nesa época comezaron a
realizar obxectos de metais
-
O estudo da prehistoria

Resulta moi difícil estudar como eran as persoas en épocas tan antigas. Conservan moi
poucos restos. Como non había escrituras temos que imaxinar como vivían.
Os restos duraron porque se converteron en fósiles, e dicir, petrificáronse. Os lugares
nos que aparecen estes fósiles chámanse
xacementos arqueolóxicos.
Os arqueólogos son os especialistas encargados en buscar, desenterrar e estudar restos
de materiais para descubrir como eran os nosos antepasados e como era a súa vida.
O proceso de hominización
Os primeiros seres humanos apareceron en África hai 5 millóns de anos . Desde entón
sufriron cambios que os levaron de seres con características parecidas as dos simios
ata especie que somos hoxe en día. A iso chamámoslle proceso de hominización.
- A marcha bípede. Poder camiñar sobre os pes. Esta postura fixo que as mans
quedasen libres.
- O desenvolvemento do dedo polgar opoñible , permite elaborar ferramentas.
- A aparición dun cerebro máis grande e complexo, fixo posible o xurdimento da
linguaxe
- Diminución de dentes e cambios na estrutura da cara , fixo que a fronte fose
plana.
Algunhas especies conviviron no tempo e outras extinguíronse.
A expansión do ser humano
Os primeiros seres humanos trasladábanse dun lugar a outro na procura de comida.
1.- Estendéronse África.
2.- Continuaron emigrando a Asia e Europa.
3.- Desde Asia partiron cara as illas de Oceanía.
4.- E finalmente chegaron a América , porque os xeos Asia con América , e foron
camiñando por en riba.
A vida no Paleolítico
O Paleolítico transcorreu desde a aparición do primeiro ser humanos , hai uns 5
millóns de anos , ata a invención de agricultura e da gandaría , hai una 11.000 anos.
As persoas organizábanse en tribo, alimentábanse da caza e da recolección , non
vivían nun sitio fixo e fabricaban ferramentas.
Unha vida nómade
As persoas eran nómades , e dicir, non vivían nun sitio fixo, e desprazábanse dun sitio
a outro en procura de alimento.
Establecíanse arredor dos lagos e nas beiras dos ríos . Alí había auga abundante ,
crecían máis vexetais e tamén máis fácil de cazar animais .
Nas zonas máis cálidas vivían ao aire libre. Pero o normal é que construísen chozas
con polas e follas ou con peles de animais . Algúns vivían en covas.

A tribo
Vivían en tribos duns 20 ou 40 membros compostas por persoas dun mesmo clan e
teñen sentimentos de cariño e solidariedade.
As nais e os pais alimentaban os seus fillos ensinábanlles.
Os anciáns eran considerados os máis sabios e dirixían a tribo.
As distintas tribos relacionábanse entre si, organizaban partidas de caza,
intercambiaban ferramentas.
As veces enfrontábanse para controlar un territorio

You might also like