You are on page 1of 3

a

Enroma
convivían perfectamente harmonizados.
0 sistema abovedado empregábase naquelas construcións que acollían un gran volume
de persoas no seu interior, xa que permitían cubrir cun mínimo de soportes un espazo
moito maior ca no caso da arquitectura alintelada. Pola contra, o lintel mantíñase
naqueles edificios que non requirían un espazo tan amplo.
0 sistema abovedado baséase no esquema de arco (Roma só empregaba o de medio
punto) e na forma en que este descarga o seu peso.
As vantaxes do emprego da bóveda para cubrir grandes espazos son evidentes, pero
presenta problemas que é necesario resolver, tales como o contrarresto das presións laterais
e a eliminación da maior cantidade posible do peso da cuberta. Estes problemas
resolveunos a arquitectura romana levantando grosos muros para absorber as presións,
como ocorre no Panteón de Roma, e empregando como material construtivo para as
bóvedas o ladrillo e a argamasa (mestura de area, cal e auga), en substitución da pedra,
moito máis pesada.
Noutro tipo de edificios combináronse ambos os dous sistemas construtivos: é o caso dos
teatros e dos anfiteatros, que se enfrontaban a dous problemas principais: a
necesidade de albergar unha gran cantidade de persoas e, ao mesmo tempo, permitir
que todo o público puidese admirar o espectáculo. A solución empregada consistiu en
combinar o arco co lintel e aproveitar as vantaxes que se derivan da dita combinación.
0 sistema alintelado permitía crear plantas superpostas, pero o peso que tiñan que
resistir era moi elevado, o que obrigaba a multiplicar o número de soportes. Isto
dificultaba o tráfico fluído dos espectadores e incrementaba o risco de derrubamento.
Ao combinar o lintel coa bóveda, púidose dirixir o peso das plantas cara a puntos
concretos (os arranques das bóvedas), que

se reforzaban convenientemente. Deste xeito deixábase libre o espazo para que


circulase a gran masa de espectadores. Conseguiuse así un sistema sólido e
altamente funcional, que nada ten que lles envexar aos sistemas que na actualidade
se empregan neste tipo de edificios, como poden ser os grandes estadios de fútbol.
Os arquitectos-enxeñeiros romanos seguiron empregando a combinación de arco-
lintel en moitas das súas construcións e chegaron, mesmo, a con vertelo nun
sistema decorativo, o denominado esquema de arco de triunfo, que lles permitiu
alixeirar a monotonía dalgúns exteriores. O exteriordo Coliseo volve servir de
exemplo desta disposición dos elementos arquitectónicos, que rompen coa
austeridade decorativa e xogan co efecto estético conseguido polo ritmo que os
elementos xeran (ver ilustración na marxe dereita).

Ao aplicaren o sistema alintelado nos seus edificios, os romanos emprega-


ron as ordes construtivas gregas, se ben líes imprimiron o seu carácter prác-
tico. Así, aumentaban ou diminuían o grosor e a altura das columnas se-
gundo fosen as necesidades do edificio, co que rompían coa idea de
proporción grega. Crearon, así mesmo, dúas ordes novas que resultaron dos
cambios introducidos nas ordes gregas e que puxeron novamente de mani-
festo o seu carácter eminentemente funcional e práctico: a orde toscana e a
urde composta.
A orde toscana é unha orde dórica con base. A orde composta é unha mestura
dos capiteis xónico e corintio gregos, de tal xeito que se unen nun mesmo
conxunto a elegancia do corintio e a maior resistencia do xónico. Sobre as
follas de acanto superpuxeron o capitel de volutas, co que
aumentaron así a base de sustentación do novo capitel e dotárono dunha
maior resistencia.

Diferentes opus empregados nos edificios


a
Respecto aos materiais empregados polos romanos nas súas construcións, é
necesario destacar que non utilizaron só a pedra de cantaría, xa que o per-
piaño é difícil de manexar e moi pesado para as cubertas abovedadas. Nestes
casos Roma usou materiais menos pesados, tales como o ladrillo e a ar-
gamasa. Desenvolveron unha gran variedade de ladrillos, que utilizaban
segundo o tipo de construción: para cada necesidade, un tipo de ladrillo, e
para cada obra unha forma de dispoñer ou alternar os diferentes materiais
(opus ou aparellos).
Con estes tres elementos construtivos (cubertas, soportes e opus), os romanos
levantaron unha gran variedade de edíficíos onde predominaban a fun-
cionalidade e o carácter práctico sobre a decoración. Pero este fincapé na
utilidade da obra non implica a ausencia de estética, senón unha diferente
percepción dela: en lugar de buscala nas proporcións ou na decoración en-
gadida, buscábana na valoración dos materiais empregados e na conxun-
ción harmónica dos propios elementos construtivos. O enxeñeiro, pois, pre-
valecía sobre o arquitecto.

Diferentes opus empregados nos edificios


.

You might also like