You are on page 1of 24

O IMPRESIONISMO

Debemos situar os pintores do estilo artístico impresionista no último tercio do século XIX,
nun contexto dominado polo triunfo pleno, na economía e na política, dos ideais liberais dos
burgueses. Estes ideais plasmáronse na segunda fase da revolución industrial e no auxe do
colonialismo imperialista europeo. É un período de cambios ós que se une a aparición desta nova
postura estética.

O Impresionismo foi a culminación dunha evolución da arte: Captar a luz mediante uns
toques cromáticos soltos, foi a ambición de tódolos grandes mestres: Piero della Francesca,
Leonardo, Tiziano, Velázquez, Hals, Rembrandt, etc. … pero serán sobre todo os paisaxistas
ingleses Turner e Constable (preocupados pola captación do vento, do sol, da chuvia) os
antecedentes máis directos do Impresionismo.

A súa aparición veuse favorecida polas circunstancias históricas, científicas e filosóficas do


último cuarto do XIX: O Positivismo, os avances das ciencias físicas e da técnica fotográfica
crearon nos pintores a necesidade de defender o verismo fronte a realidade … o pintor vese
comprometido a busca da verdade visual.

Os primeiros cadros impresionistas foron mal acollidos polos xurados, autoridades


académicas, tradicionalistas, que eran os encargados de aceptar ou rexeitar as obras para as
exposicións e evidentemente rexeitaban aquelas que se saían da arte oficial.

Os impresionistas (Manet, Monet, Degas, Renoir) son realmente os que rompen coa pintura
tradicional e o punto de partida da pintura do XX.

O Impresionismo é unha arte esencialmente pictórica. Todos os impresionistas son pintores


que dedican moito tempo a estudiar a técnica pictórica: moitos viaxaron a Inglaterra en 1870 para
coñecer a pintura de Turner e Constable e tamén traballaron xuntos nas beiras do Sena. Formaron
un grupo compacto, pero mantendo cada un a súa personalidade.

Todos eles manteñen unhas mesmas características:


 Defenden a arte pola arte, impórtalles como se pinta e non o que se pinta… calquera tema é
válido, pero rexeitan os temas con mensaxe (relixiosos, políticos, sociais) e mostran clara
preferencia polas paisaxes, tanto rurais como urbanas.
 Consideran a luz como o elemento central da pintura, para eles sen luz os obxectos e a cor non
existen… só se ven na medida en que a luz incide sobre eles.
 Sofren o grande impacto da fotografía e apaixónanse cos novos descubrimentos sobre as cores:
Existen tres cores primarias (amarelo, vermello e azul ) e tres complementarias (violeta, verde e
laranxa), que o pintor emprega sen mesturar e debe ser a retina dos espectador a que os fusione.
 Mostran preferencia polas cores puras e negan o negro, pintan con tonalidades complementarias
as sombras e fan que desaparezan os contrastes de claroescuro e o debuxo.
 Buscan plasmar non só a realidade senón a súa propia fugacidade ou mutabilidade.
 Pintan a aparencia das cousas, tal como as ven… acaban por crear series de aparencias
sucesivas do mesmo tema.
 Tecnicamente usan unha pincelada solta e lixeira de mancha pastosa e grosa, todos coinciden
nunha técnica xustaposta de cores claras … pintan con manchas ou puntos de cores disolvendo
as formas (é o espectador o que ten que fundir as cores e reconstruír os obxectos na súa retina).

1
 Gustan de traballar ó aire libre, polo tanto foxen ós exteriores tanto campestres coma urbanos
… a atracción pola pintura ó aire libre levounos a coincidir en distintos lugares: beiras do Sena,
costas normandas, Agenteuil…

Todos están unidos por un desprezo común pola arte oficial, as regras académicas e o estilo
vixente, pero cada un encamiñarase por vías diferentes:

A Edouard Manet (1832-1883)

Considerado como precursor dos impresionistas, que o admiraban profundamente, pero el


sostivo o seu propio estilo, sen identificarse plenamente co impresionismo. Tiña unha sólida
formación cultural e pictórica xa que coñecía a pintura de Tiziano, Tintoretto, Velázquez, Goya…
por ser un estudioso dos museos. Logrou revolucionar o panorama pictórico francés e aportou á
pintura a reducción máxima do claroescuro..

•Dejeneur sur l´herbe (Almorzo campestre) (1863)

Este cadro provocou un grande escándalo e foi rexeitado polo Salón oficial por indecente,
curiosamente está inspirado nun tema clásico: Concerto campestre de Giorgone, onde aparecía
representada unha muller espida entre dous homes vestidos.
Manet ofrece unha visión da luz e da composición diferente, a luz non é un raio que ilumina os
corpos senón que a luz se representa con mancha tonal clara (corpo feminino) que contrasta coas
zonas en sombra (tons escuros das figuras masculinas). As figuras, preséntanse como zonas planas
de cor, sen claroscuros como xustaposición brutal de manchas negras e brancas(o feito de colocar
as figuras espidas e vestidas e para marcar contrastes de branco e negro) .
A composición estructúrase en torno ás figuras, que aparecen presentadas en escorzo e ubicadas
nunha paisaxe cunha estructura perspectivista, con telóns laterais arbóreos.
Manet neste cadro liberaliza o tema, xa que non pretende mostrar ningún contido, ideolóxico,
moral, etc.
O que non se lle perdoa a Manet é pasar un tema clásico á época, transformar ás divindades en
parisinos de vacacións e, o concerto campestre nun almorzo. O rexeitamento era tanto polo tema
como polas fortes contrastes de cor e a pincelada grosa.

B. Claude Monet (1840-1926)

Claude Monet é a figura de maior relevo dentro do Impresionismo. Á inversa de Manet,


Monet frecuentou pouco os museos e era máis ben amante da vida parisiense, do aire libre... era
máis intuitivo e menos teórico que os restantes pintores impresionistas.

• Soleil levant (Impression) (1872)

O título (Impresión), que os críticos que a rexeitaron deron a esta obra, acabou por servir
para designar ó movemento impresionista.
Monet trata de plasmar non o que sabe que hai, senón o que ve, por iso non realiza liñas, senón que
emprega manchas; opta por superpor distintas tonalidades para tentar transmitir a aparencia veraz
da realidade que contempla. Monet acada unha grande luminosidade empregando cores claras e
ricas.
Este pintor neste cadro, e ó longo de toda a súa obra (sobre todo nas series da catedral de
Rouen e dos Nenúfares), ten unha verdadeira obsesión por lograr interpretar con fidelidade os
cambios nas nubes, na auga, na luz; e os propios efectos da luz sobre a auga...sen dúbida, como se

2
percibe neste cadro da súa primeira época, a auga será a que mellor mostre que todo é efémero e
cambiante.
Podemos considerar este cadro como impresionista e a Monet como a figura central do
impresionismo non figurativo, tomando como referencia o feito da temática paisaxístico-mariña, a
desaparición dos contornos, a xustaposición de cores e a predominancia da luz.

• Catedral de Rouen

Na serie da “Catedral de Rouen” aparecen plasmadas as sucesivas aparencias dun mesmo


tema ó longo das diferentes horas e días.
Monet observou as vibracións da superficie do edificio ó recibir a luz; para Monet todo se
transforma baixo as distintas condición lumínicas, incluso a pedra. O que lle importa realmente a
Monet é a atmosfera, o que está entre o pintor e o obxecto.
O pintor presta atención preferente ós matices de luz ,as formas parecen disolverse nun rebumbio
de cores que incluso parecen anunciar a abstracción. . A pincelada é unha superposición de toques
de cor
Pretende mostrar o cambiante da atmosfera e a mutabilidade dos obxectos considerados
como máis inmutables.
Nesta serie o motivo cede o seu posto á luz e a cor, Monet consegue negar a importancia do
tema utilizándoo só como soporte para expresar eses efectos lumínicos, desintegrando os contornos
e masas… na serie dos “Nenúfares” chegará a disolución da forma en función da cor e da luz e
consegue unha difuminación total, os últimos cadros, dos corenta e oito da serie, xa están próximos
á abstracción….

C. Edgar Degas (1834-1917)

Degas garda certo paralelismo con Manet, pois é de familia da alta burguesía e viviu nun
ambiente culto ligado a arte. A pesar de convivir cos Impresionistas, non se chegou a considerar
integrante deste movemento pictórico, pois presenta unha clara oposición a pintar ó exterior e
valora o debuxo e a liña, como Renoir representa un impresionismo figurativo coa presencia
especial da figura feminina.

•Fin de arabesco 1878

Degas, neste cadro trata de representar un paso de ballet. Recolle un instante dun
movemento individual dunha bailarina.
É un retrato cun enfoque novo e atrevido, influído polas estampas xaponesas e a fotografía. Logra
plasmar o instantáneo, o xesto momentáneo … aproveitando os seus amplos coñecementos sobre a
técnica fotográfica, para captar os instantes efémeros
A escena está captada posiblemente desde o foso da orquestra, pois era o lugar elixido por
Degas para observar, nos ensaios, as distintas posturas e movementos das bailarinas da ópera de
París.
Esta composición é novidosa, pois o pintor acota o espacio e a escena semella prolongarse
máis aló do cadro.
Técnicamente percíbese o dominio do debuxo e a liña sobre a cor … cabe considerar que
Degas era máis debuxante que colorista.
É unha escena que se desenvolve nun espacio interior, na que a luz é claramente artificial e
tende a aplanar a figura.
Degas defendeu o credo impresionista, pero representa como Renoir, un impresionismo
figurativo centrado na figura feminina. Podemos consideralo impresionista polo interese pola
captación do instantáneo e a tendencia a pintar o contemporáneo, pero difire dos restantes
3
impresionistas en manter un interese preferente pola figura humana, o movemento, os interiores e a
luz artificial.

D. Jean Auguste Renoir (1841-1919)

Renoir foi un pintor que buscou no pasado, nos grandes mestres como Tiziano, Rubens,
Delacroix os referentes para aprender a pintar e, así como eles, ten o desexo de seducir pola beleza
das súas modelos cunha factura chea de colorido e gusto pola vida, alegría de vivir. Gústalle a luz e
a claridade nos cadros, luz de día e emprega case que sempre as horas do medio día. Emprega unha
pincelada pastosa e curta. Foi grande admirador do realista Courbet e ó contrario que os
impresionistas vai preferir como motivo a figura humana, optando por pintar mulleres e escenas
populares en merendeiros.

• Desnudo ó sol

O motivo é o torso dunha figura feminina exposta a pleno sol do mediodía.


Renoir pinta unha muller espida, de rostro redondeado e carnoso con meixelas sonrosadas. Crea un
novo tipo de beleza feminina relacionado con Rubens e Rafael pero totalmente contemporáneo
A composición está dominada polo corpo espido en primeiro plano, en posición central e cos
ombros marcando a diagonal. Recortada sobre un fondo indefinido.
Técnicamente apréciase unha pincelada pastosa e curta.
A cor é cálida, rica e vibrante.
Todo o cadro está bañado por unha grande claridade que procede de luz natural, que enche de
reflexos a tersa pel da muller… Renoir tiña especial preferencia pola luz do mediodía, que permitía
a ausencia de sombras.
A figura transmite optimismo e alegría, transpira ganas de vivir e hedonismo.
Renoir, ó igual que Rubens ou Rafael, tratará de plasmar o seu ideal de beleza feminina.
Como queda claro no “Desnudo ó sol”, Renoir substitúe o tema paisaxístico dos impresionistas pola
figura humana, o que nos permite consideralo, xunto a Degas, como un impresionista figurativo

O POSTIMPRESIONISMO

Denomínanse Postimpresionistas a aqueles pintores que rexeitan o Impresionismo,


criticando sobre todo a destrucción das formas: Mentres que os impresionistas centraban a súa
atención en pintar a aparencia das cousas, os postimpresionistas pintan a existencia, reconstruíndo
as formas.

O Postimpresionismo supón a recuperación da importancia do debuxo, a preocupación por


analizar as formas e a expresividade dos obxectos e seres sobre os que incide a luz… polo tanto
rompen coa premisa impresionista de conceder á luz a posición central e dominante na pintura.

O Postimpresionismo abríu as portas a varios camiños de experimentación que darán lugar a


distintas tendencias artísticas, que arrancan de tres grandes pintores, que inician a ruptura coas teses
impresionistas: Cezanne, Van Gogh, Gauguin. Non son pintores que formen grupo, pero todos
eles contribuirán decisivamente ás transformacións da arte do XX.

Paul Cezanne (1839-1906)

Cezanne fixo da pintura o obxectivo da súa vida, fórmase no Impresionismo pero pronto vai
criticar o carácter efémero do representado nesta pintura.
4
A súa obra caracterízase por:
 Inspirarse na propia realidade: paisaxes, figuras femininas, retratos, bodegóns, etc; pero estes
motivos non os entende como algo a imitar ou copiar, senón como un incentivo para crear un
substitutivo plástico da realidade; estes obxectos transfórmanse, non nunha imaxe aparente,
senón en toda unha nova construcción.
 Empregar cores puras: brancos, vermellos, marelos, azuis, verdes (combinando tons cálidos con
fríos) e unhas pinceladas de técnica metódica.
 Ter como obxectivo central a multiplicidade de puntos de vista e non a luz.
 Poñer a xeometría ó servicio da pintura, interpretando a natureza como cilindros, esferas, conos,
etc. Pero non pretende que os obxectos reproducidos se reduzan a formas xeométricas, senón
que o proceso de creación debe guiarse polo principio de saber identificar e tratar estas formas
da natureza… plasmar os aspectos non cambiantes da realidade.
 Usar a cor, cunha pincelada ampla e case prismática, para construír os volumes, as masas, a luz,
a perspectiva e o espacio.

Para Cezanne a pintura era un traballo continuo e solitario de investigación. Aínda as súas
primeiras exposicións non tiveron éxito e a súa pintura a penas foi comprendida, salvo por Matisse,
cabe consideralo como o pai da pintura moderna, posto que partindo do Impresionismo recupera o
interese pola forma, o volume e a xeometría, e libera á pintura da perspectiva tradicional que será
clave en movementos como o Cubismo.
O seu xeito de traballar a cor construíndo a forma, será fundamental para artistas posteriores.

•Xogadores de cartas (1890)

O cadro representa a dous campesiños sentados a unha mesa xogando ás cartas.


O tema non é habitual na súa pintura, pero resulta unha homenaxe a Courbet (o seu mestre). Aínda
que pinta varios cadros nos que emprega como modelos a campesiños, este cadro está lonxe de ser
unha escena de xénero a pesar de representar a vida cotiá, Cezanne non busca plasmar a vida cotiá,
senón unha solución a un problema de composición, usando persoas en vez de mazás ou xerras…
porque a Cezanne o que lle interesa son as formas e a cor.
Cezanne representa a figura da esquerda definida pola forma cilíndrica do sombreiro e da manga,
en actitude de espera e a figura da dereita realízaa en tons máis claros e formas máis onduladas,
prestando atención á xogada.
O centro da composición é a mesa, onde se atopan as diagonais dos brazos dobrados e as miradas
dos xogadores.
En canto á cor a mesa está feita en tons laranxa, que ó reflexarse nas chaquetas une o azul frío e
opaco, do xogador da esquerda. co gris descolorido, do da dereita.
O fondo do cadro, que semella a terraza cuberta dun café, é escuro cuns escasos toques de cor clara.
A luz que ilumina a escena é artificial e os seus reflexos aprécianse no mantel, na botella e na pipa.
Todo o cadro reflexa melancolía e austeridade.
Este cadro podemos consideralo un exemplo do sentido constructivo de Cezanne a través da
xeometrización das formas en el apréciase a súa preferencia pola cor e as formas en detrimento da
importancia do tema.

Gauguin (1848-1903)

Gauguin, como Cezanne, dedícase de cheo á pintura e trata de recuperar a forma, pero elixe
un camiño diferente.

5
Nun principio séntese atraído polo impresionismo pero moi pronto tras sentirse atraído polas
civilizacións primitivas e pouco coñecidas en Occidente ó viaxar á Bretaña francesa e á Martinica
(ambientes exóticos) centra a súa pintura en exaltar a cor e exaltar as formas.
Opta por abandonar o impresionismo, xa que non lle interesa unha arte que plasma só o que ten
ante si, el busca unha pintura que exprese sensacións interiores, ocultas e misteriosas e polo tanto
opta por inspirarse nunha natureza e unha sociedade non contaminada pola industria e o progreso
… Consideraba que a pintura debía ser a expresión da vida interior do ser humano, xa que o home
ten experiencias que os sentidos non poden captar e nin o realismo nin o impresionismo poden
pintar.
Usa composicións sinxelas con figuras en primeiro plano e fondos pechados, buscando chegar á
sinxeleza do primitivo.
A súa obra está influída polo impacto de Boticelli, as estampas xaponesas e as vidreiras medievais.
Podemos considerar a Gauguin inspirador de movementos posteriores como o Fauvismo.

• Visión despois do sermón (1888)

Representa a dobre escena dunhas aldeás ó regreso da misa de domingo e o contido do


sermón que escoitaron.
As aldeás van pensando no que oíran no sermón, polo tanto Gauguin funde o real e o irreal, trata de
expresar a vivencia interior que está máis alá dos sentidos buscando a síntese de significados
múltiples.

O pintor fai que as sensacións e o recordo, que o sermón produciu na imaxinación das
aldeás, se materialice no mesmo plano pictórico: dota de realidade simultánea tanto á presencia das
campesiñas como a loita do anxo con Jacob.

A composición é singular, pois o tema central queda desprazado e ubicado nun primeiro
plano, quedando as figuras das mulleres cortadas, e o secundario situado nun segundo plano
separado por unha ampla franxa curva sobre a diagonal.

Para lograr a fusión, Gauguin, recorre a:


- Empregar cores puras, planas e vivas, separadas por perfís escuros que realzan os contornos que
recordan as vidreiras ou cloisonné medievales.
- Dispor as cores en grandes superficies coma se fose un esmalte.
- Usar a cor de forma arbitraria como no caso do prado vermello … son cores irreais.
- Crear imaxes moi planas.
- Renunciar á perspectiva aérea e incluso case á lineal…a súa concepción do espacio é
totalmente nova para suxerir profundidade recorre ós planos e as distintas cores.
Gauguin concibe este cadro máis como creación que como representación
“A visión despois do sermón” pertence a primeira etapa da súa obra, na que decide retirarse
primeiro á Bretaña e logo á Martinica en busca do primitivo e de atopar resposta ás verdades
eternas. É o cadro manifesto da nova pintura creada por Gauguin:a liberdade coa que aplica a cor e
o primitivismo das súas formas inflúen sobre os xoves pintores que inician o fauvismo e o
expresionismo.
Cabería considerar a Gauguin como un simbolista, por abstraer a natureza e transformala na súa
mente, pero tamén como un inxenuísta polo uso que fai do primitivo.

Vicent van Gogh (1853-1890)

6
É un holandés de vida curta e tráxica, un home atormentado e inadaptado á sociedade, que
decide dedicarse á pintura coa intensidade e a forza dun neurótico. Durante os dez anos que dedicou
a pintar realizou gran de cantidade de obras.
A súa obra caracterízase por ser a busca persoal dun home por atopar na arte a resposta ó
interrogante da vida, da sociedade e da ausencia do amor.
En Amberes, tras coñecer a obra de Rembrandt e Hals comezará a practicar unha pintura
comprometida coa miseria de mineiros e campesiños. Ó chegar a París busca o ambiente xa
inexistente, dos pintores realistas … para acabar aceptando as teses dos Impresionistas, quedará
fascinado polas estampas xaponesas. E inclinarase polos azuis, amarelos e cores planas,
abandonando as tonalidades. Abandona París e viaxa a Arles (Provenza francesa), en busca da luz e
do sol, coa pretensión de crear un taller de pintores dedicados a investigar, na que fracasa. Dedícase
a pintar unha variada temática (rios, pontes, mariñas) cunha luz e cor intensas.

Ó final da súa curta e tráxica vida alternará períodos de fortes crises con outros de calma e
tranquilidade e tras permanecer recluído no psiquiátrico de Saint-Remy, terminará por suicidarse en
Auvers.

Realizará retratos e autorretratos nos que vai mostrando os seus avances na pintura e a
evolución da súa enfermidade, as pinceladas faranse cada vez máis tortuosas.

A súa obra pódese resumir como unha grande investigación da cor e da súa aplicación.
Para pintar sempre parte da observación da natureza e expresa nas figuras humanas, na paisaxe e
nos detalles interiores das vivendas a forza da súa propia vida… parte da realidade pero ó pasala
polo seu filtro alónxase dela.
Van Gogh coincide con Gauguin na súa conexión co simbolismo, nas malas relacións familiares e
na inadaptación social, no alonxamento da sociedade industrial, na busca da luz do sur e na
exaltación da cor. .. Ambos pintores servirán de referencia Fauvistas e Expresionistas.

•A habitación de Van Gogh en Arlés (1889)

O cadro trata de representar, mediante a simplificación, a habitación do autor en Arlés.


Esta obra realizouna Van Gogh no psiquiátrico de Saint-Remy (xa a fixera con anterioridade pero
no hospital repetiuna de memoria).
Pretendía reproducir o seu dormitorio e obter a sensación de tranquilidade … plasmar un desexo de
refuxio, de fogar, de estabilidade. O resultado foi totalmente diferente, posto que esta imaxe xera
nerviosismo e tensión.
Van Gogh intenta introducirnos no espacio do cadro, un espacio aberrante cun punto de
fuga moi alto e próximo ó espectador, parece que os obxectos viven no cadro e se levantan no
espacio. O acurtamento dos obxectos, o chan en pendente cara ó espectador e os mobles ladeados
crean un espacio claustrofóbico que produce no espectador inquietude
Mantén a liña negra para bordear algúns obxectos por influxo xaponés.
A cor transmite o que lle chega a el do obxecto ou o seu estado de ánimo.
Nesta obra Van Gogh emprega certos símbolos como a cor amarela (símbolo do absoluto), a
cadeira (a ausencia do ser querido e a soidade), tan claves na súa pintura como os da ponte
(amizade), o do trigo (humanidade) ou o do ciprés (morte).
Aínda que pinta o que ve, neste recordo da súa habitación de Arles e nas súas restantes obras
mostra sempre o berro dun rexeitado pola sociedade e o espectador participa desa angustia.
Van Gogh coincide con Gauguin na súa conexión co simbolismo, nas malas relacións familiares e
na inadaptación social, no alonxamento da sociedade industrial, na busca da luz do sur e na
exaltación da cor. .. Ambos pintores servirán de referencia Fauvistas e Expresionistas.

7
A ARQUITECTURA DO SÉCULO XX; WRIGHT, LE CORBUSIER. MIES VAN DER ROHE.

No século XX aparece unha nova linguaxe arquitectónica que se apoia nunhas premisas establecidas
xa no XIX; estas son:
• Profundos cambios sociais orixinados pola Revolución Industrial; as cidades crecen e é necesario
ordenalas así como hai preocupación por construír vivendas dignas.
•Novas necesidades constructivas para reunir á xente: pavillóns de exposicións, almacéns, oficinas, etc.
•A revolución estética feita pola Art-Nouveau. que racha coa tradición.

Esto lévanos a idea do novo concepto de beleza: a funcionalidade, si o edificio está


harmonicamente distribuído no seu interior, si a luz está matizada convenientemente, si é habitable é belo.
Agora os arquitectos están desligados do pasado e manexarán os volumes con absoluta liberdade,
desaparecen entablamentos, columnas, arcos cegos, etc.

O Funcionalismo ou Racionalismo será a corrente de maior transcendencia; está rexido polo


principio de que a forma segue á función . Desenvolvese no período de entreguerras.
Caracterízase por:
- Simplicidade das formas, gusto polos volumes elementais, como o cubo o cilindro o cono e a esfera.
- Uso de materiais modernos (formigón armado) que permite a realización da planta libre e fabricar en serie,
o que abarata os custos.
- Elementos decorativos desaparecen en favor da homoxeneidade das liñas; como moito xógase coas cores.
- Novos espacios internos
- Edificios representativos son vivendas sociais, rañaceos, edificios industriais, teatros, salas de concertos e
estadios.
O Funcionalismo non se orixina nun lugar único e é un traballo común de diversas persoas en
distintas nacións; está relacionado co cubismo, co neoplasticismo, co constructivismo ruso etc; o seu centro
principal foi a Bauhaus.
A Bauhaus foi fundada por Gropius en Weimar como centro pedagóxico e experimental de
arquitectura e deseño. Alí traballaron: Klee,Kandisnsky, etc. É un centro marcadamente social xa que está
posto en funcionamento por un goberno socialdemócrata de esquerdas e desaparecerá cando acceda ó poder
o nacionalsocialismo. Baseábase no principio de colaboración mestre-alumno para acadar solucións entre
arte deseño e producción industrial. Era como o lugar onde a sociedade constrúe para si, onde se estudian
teoría e práctica xuntas.

En 1925 a Bauhaus trasladouse a Dessau e optan pola arquitectura racionalista sendo dirixida por
arquitectos importantes como Rohe. En 1930 entra en decadencia e despois é clausurada en 1933 pero
exercerá unha gran influencia ó emigrar os seus compoñentes fóra de Alemaña.
En 1930 o estilo racionalista xa está definido e ten un gran corpo teórico que se difunde con
ensaios, artigos de revistas especializadas, exposicións e os CIAM (congresos de arquitectos modernos)

8
Le Courbusier (1887-1965)

É o máximo representante do racionalismo arquitectónico. Ademais de arquitecto foi urbanista,


teórico e fixo que a arquitectura fora un dos grandes temas do noso século. Natural de Suíza, desenvolveu a
súa actividade en Francia onde se converteu no máis internacional dos arquitectos contemporáneos.
Escribe en 1950 O Modulor que é un estudio sobre proporcións de base humana pero diferentes ás
renacentistas; facilitaba as tarefas de industrialización na construcción

A súa obra supuxo unha renovación formal baseada na perfección estética; reduce os volumes a
formas simples e defende o espacio libre.

En 1926 publicou “Os cinco puntos dunha nova arquitectura” onde quedan exposto os principios da
súa arquitectura, onde emprega como material o formigón armado:

a) pilotes para soster a casa: illa a casa do chan, elimínanse humidades e prolóngase a natureza.
b) teitos-xardín
c) planta libre: o sistema de piares e a ausencia de muros de carga permite que cada piso poida ser
distribuído de xeito diferente.
d) ventás alongadas: xa que o muro non ten función sustentante
e) fachada libre
Entre 1914-30 proxecta diferentes tipos de vivendas entre as que destaca:
 Villa Saboya (1929-31).

Nela aparecen tódolos elementos que definen a arquitectura racionalista: casa sobre pilotes,
ventás lonxitudinais ó longo da fachada, planta libre e cuberta plana.
Debaixo da casa podes circular e así non se obstaculiza o movemento; a natureza non se detén
senón que penetra na casa.
O edificio é un paralelepípedo de formigón illado do chan cos pilotes; o corpo superior está
alixeirado cas ventás horizontais continuas; o teito é terraza; a planta baixa permite e facilita a vida
diaria, xa que pódese entrar co coche na mesma casa. O teito serve ademais como solarium
• Igrexa de Ronchamp (1950)

Obra da época final onde Le Courbusier xoga máis coas curvas, bóvedas e alabeados que
parecen máis expresivos que racionalistas; nesta época prefire o artístico por encima do práctico
que fora o que caracterizara o principio a súa obra; agora traballa cos xogos de luces e sombras e
efectos plásticos. Vén sendo unha escultura ó aire libre. No interior logra un ambiente intimista
gracias á luz; esta obra abre camiño á arquitectura organicista.
No interior permite albergar a unhas duascentas persoas e no exterior tamén se aproveita cun
espacio amplo; a cuberta a modo de concha.

O seu traballo como urbanista refléxase en numerosos proxectos realizados ou simplemente


proxectados ó longo da súa vida: Xeneve, París, Barcelona,Bos Aires, Marsella, Rio, Brasilia, Chandigard,
etc.
Nos seus proxectos urbanísticos estructura as cidades en función da vida moderna: circulación,
esparexemento, vivendas; o tipo de vivenda constrúese en vertical cunha gradación desde o centro (rañaceos)
cara á periferia (vivendas unifamiliares); emprega planos ortogonais que faciliten a circulación.
Unha das súas obras principais é Unidade de Habitación en Marsella, 1952; son dezasete pisos con máis de
trescentas vivendas para máis de mil habitantes que residirían nun edificio único. Combina espacio habitable
e espacio para o esparexemento nas terrazas. Busca nel potenciar o sentido da cooperación e o entendemento
social para contrarrestar o illamento das grandes cidades.

9
A arquitectura orgánica: Frank Lloyd Wright (1868-1959)

No ano 1933 hai un súbito paro da arquitectura racionalista; a crise provocada polos sistemas
totalitarios europeos e a II guerra Mundial deteñen a actividade constructora; será en América onde continúe
a actividade constructiva. Aquí desenvolverase unha arquitectura nova, moderna e menos intelectual ca
europea: a Arquitectura orgánica

É unha arquitectura que satisfai as necesidades humanas e concibida como un organismo que ten
vida propia, integrada nun ambiente natural e que ten en conta as necesidades dos que a van ocupar.

O arquitecto ha de ter en conta a acústica, a harmonía de cores, os materiais máis adecuados para
que a vida sexa o máis agradable posible.

Wright é o definidor desta corrente; de orixe norteamericana. Wright é discípulo de Sullivan;


comeza a súa actividade con vivendas unifamiliares nos arredores de Chicago onde buscaba ante todo a
comodidade do hábitat interno.
•Casa da Cascada (1936)
Desde 1916 e tras viaxar a Xapón,séntese influído pola arte xaponesa e isto plásmase no seu
desexo de integrar arquitectura e natureza; neste edificio aparece a mesma roca no piso inferior; a
casa proxéctase de dentro cara a fóra de tal xeito que o volume non sexa unha camisa de forza.
Respecta as desigualdades do terreo e imponse a asimetría.
Usa nos interiores os materiais en estado natural: a madeira, a rocha, o ladrillo tosco, deste xeito
sentirémonos máis próximos á natureza.
Emprega aleiros voadizos moi amplos tomados das casas xaponesas e así a luz solar non penetra
non interior directamente senón despois de reflexarse no chan (iluminación indirecta).
A casa está asentada sobre a cascada onde o rumor da auga permite estar máis en contacto con esa
natureza. Estimula o goze da natureza.
•Museo Guggenheim (1956)
Na súa época de madurez traballa coa curva; recibiu o encargo de facer un museo de arte
actual no cal as obras estiveran ben iluminadas e orientadas, así como que fora fácil o acceso dos
visitantes. Empregou un sistema de rampla helicoidal: os visitantes soben en ascensor ata a parte
superior e logo van descendendo comodamente a pé polas ramplas vendo as obras. A luz procede
dunha gran cúpula central. Mostra unha concepción do espacio aberto, suave, sen límites.

10
AS VANGARDAS DO SÉCULO XX

1: O Fauvismo. O Expresionismo.A Abstracción


2: O Cubismo e as súas consecuencias: Picasso
3: Dadá e Surrealismo

Nos primeiros anos do século XX os acontecementos socio-políticos derivados da Primeira


Guerra Mundial van provocar nos artistas un sentimento de ira, de frustración e a necesidade de
expresar cunha nova linguaxe os drásticos cambios de mentalidades e costumes xerados polos
avances tecnolóxico-científicos.
Na arte xurden numerosas tendencias e movementos artísticos (os ismos), que se suceden con
rapidez paralela ó mundo da industria, da economía, da sociedade.
Os avances da fotografía, que permite captar de xeito preciso a realidade, liberando á pintura desa
obriga, o que permite ós pintores experimentar un novo xeito de expresión.
A pintura sufre unha grande transformación rompendo co establecido desde o Renacemento sobre
perspectiva, composición, representación figurativa, etc (algo que xa se empezara a idear co
postimpresionismo).
Van xurdir o Fauvismo, o expresionismo, a Abstracción, o Cubismo, o Dadaísmo e o Surrealismo

1: O Fauvismo. O Expresionismo. A Abstracción.

a) O Fauvismo.

O Fauvismo é o primeiro movemento artístico revolucionario do século XX., que xunto co


Cubismo supuxo unha forte ruptura con respecto á pintura tradicional.
Aparece en París, entre 1905 e 1910, entre un pequeno grupo de pintores, que se caracterizaban
pola violencia e intensidade da cor (fauve=feras)
Os fauvistas teñen como precedente directo ós postimpresionistas: de Van Gogh recollen a
intensidade das cores, a técnica expresiva de aplicar a cor sobre o lenzo, as distorsións e
deformacións da perspectiva e das figuras; de Gauguin toman o uso de grandes masas de cor plana
e contrastada aplicada de xeito arbitrario, etc.
As características que identifican ós fauvistas son:
 Ter unha actitude de rexeitamento da pintura tradicional.
 Considerar a cor como a protagonista do cadro (empregan unha cor violenta, estridente e
intensa).
 Empregar grandes masas de cor pura e contrastada (verdes, vermellos, etc).
 Usar de xeito arbitrario a cor (consideraban que o cadro non tiña que reproducir fielmente a
realidade)
 Usar pincelada rica en pasta (imitando a Van Gogh).
 Dar certo protagonismo á liña (as liñas acaban sendo ás veces grosas).
 Facer unha pintura figurativa (pero bastante antinatural, xa que defenden autonomía do cadro
fronte á realidade).
 Pintar temáticas moi variadas (espidos, paisaxes, interiores, etc).
 Crear imaxes planas (non empregan o claroscuro para definir os volumes).
 Mostrar total desinterese pola perspectiva (crean espacios distorsionados).
Entre os pintores fauvistas cabe destacar a Matisse.

11
Henri Matisse (1869-1954)

Matisse sentiuse atraído pola luz e a cor do Mediterráneo e do norte de África, coñeceu a
través de exposicións e viaxes o mundo islámico e sentiu grande atracción por el e por todo o
mundo oriental .
A forma de pintar de Matisse pasou polo impresionismo, o postimpresionismo, o puntillismo e o
cubismo, pero mantivo sempre o gusto pola cor intensa… incluso cando se separou do grupo dos
fauves. Entre os temas preferidos de Matisse cabe destacar o seu interese pola figura feminina
relaxada.
Matisse defendía a teoría da ruptura con toda a pintura anterior e o predominio absoluto da cor e as
liñas grosas… pintar xogando con cores primarias e complementarias, provocando fortes
contrastes.

• Gran interior vermello (1948)

No cadro titulado “Gran interior vermello”, Matisse busca representar un espacio interior
como se se tratase de plasmar unha natureza morta… pinta unha sala con mesa, cadeiras e cadros na
parede, todo bañado de cor vermella.
O elemento clave do cadro é a forza da cor vermella, posto que a Matisse o que lle interesa é lograr
a expresión a través da cor.
Matisse esquécese da perspectiva e intenta intensificar as formas, pero sobre todo resaltar o
binomio liña-cor, sempre presente en todas as súas obras.
A súa técnica caracterízase por empregar grandes superficies de cor plana, pura e intensa; procurar
que as cores estean contrastadas entre si de forma violenta; prescindir do claroscuro, da perspectiva
e do volume… mostrando preferencia pola liña ondulante (arabesco). Rompendo deste xeito cos
elementos claves da pintura tradicional.
Como debuxante optou claramente por dar forma con liñas grosas e como pintor mostrouse
apaixonado polas grandes explosións cromáticas, aplicando as cores en grandes superficies… no
caso deste cadro decídese por dar protagonismo ó vermello.
Matisse, sendo o pintor máis destacado da pintura fauvista, irá evolucionando a través de diversas
fases polas estéticas impresionista, postimprtesionista, puntillista, cubista …. Ó remate da súa vida
tende á simplificación e a crear con recortables de papel a modo de collage
Nesta obra Representa un interior, a maneira dunha natureza morta, onde atopamos as
características típicas do fauvismo: cores fortes, con predominio do vermello, cores planas, e liñas
ondulantes (arabescos).

b) O Expresionismo

O termo expresionismo pode ser aplicado a pintores de distintas épocas que a través dos
seus cadros tentaban expresar os seus sentimentos; sen embargo non será ata comezos do século
XX cando apareza como un movemento artístico, que vai aglutinar a distintos creadores en clara
oposición ó Impresionismo.
Este movemento ten a súa orixe en Alemaña e esténdese entre 1905 e 1933. Garda relación coas
causas que provocaron a Primeira Guerra Mundial e estivo ligado á filosofía de Nietszche e a teoría
da Psicoanálise de Freud.
Os seus antecedentes poden encontrarse en Goya (pinturas negras) e en Van Gogh (liñas retortas e
aplicación violenta da cor).
O Expresionismo é un berro de rebeldía contra unha sociedade hipócrita e inxusta … de tentar
trasladar ó cadro aquilo que o pintor sinte… o expoñente máis claro da angustia contemporánea.

12
Os pintores do movemento expresionista podemos caracterizalos por: rexeitar as formas agradables,
usar distorsións e aplicar cores discordantes de forma moi violenta.
Se ben no expresionismo alemán é imprescindible falar de Kandinsky, o pintor impulsor do
movemento expresionista é o noruegués Eduard Munch. Munch foi un home obsesionado pola
enfermidade, a morte, a soidade e a angustia do ser humano; tiña unha visión pesimista do mundo e
do der humano. Na súa obra cabe destacar “O grito”

•O grito (1893)
Munch representa un home no medio dunha paisaxe…
As formas están simplificadas ó máximo e o rostro desaparece quedando como unha caveira.
A natureza oscila e cúrvase facéndose sinuosa igual que o personaxe central.
Pero Munch non busca coas curvas sinuosas e as grandes manchas de cor representar a beleza,
senón destruír as formas, deformar a realidade e expresar a angustia.
O personaxe central berra e o seu berro transmítese a toda a Natureza; ese berro transmite a soidade
do ser humano ante a vida e a morte... o pintor reflexa nesta obra a angustia, a soidade, a
incomunicación.
Tecnicamente apréciase, ademais dun desprezo pola perspectiva, o emprego da curva sinuosa e do
colorido arbitrario aplicado de xeito violento en grandes manchas de cor pura.
Este cadro é o manifesto do expresionismo e a obra mestra de Munch.
Tódolos elementos plásticos, (a cor, o debuxo) quedan subordinados á expresión, posto que Munch
opta por unha clara falta de realismo, a irracionalidade das cores e o dominio absoluto da súa
subxectividade.

c) A Abstracción

No seo do expresionismo alemán nace un movemento de rexeitamento da pintura figurativa,


para facer valer a nova linguaxe pictórica da abstracción. Este movemento estará ligado a
Kandinsky e a Mondrian:

1. Kandisnsky (1866-1944).

Kandinsky foi o creador do expresionismo alemán desde o grupo “O Xinete Azul”,


caracterizado por practicar un expresionismo menos feroz, violento e destructivo que Munch.
Kandinsky será o pintor que inicie o camiño da abstracción, deixará de facer cadros figurativos e
comezará a pintar cadros abstractos: prescinde de todo tipo de representación figurativa e fai o
cadro usando simplemente liñas e cores.
Para Kandinsky o cadro non ten que ser un duplicado da realidade senón unha realidade en si
mesmo.

•O arco negro (1912)

Este cadro é un conxunto de liñas e cores, polo tanto estamos ante un cadro de temática non
figurativa… responde á linguaxe da abstracción.
“O arco negro” é un exemplo do inicio da abstracción posto que desaparece todo elemento
figurativo e o cadro caracterízase polo dinamismo intrínseco das liñas e a vitalidade cromática.
Este cadro, como os restantes obras que agrupamos no movemento abstracto, deixa de poder ser
considerado como un duplicado da realidade e debemos tomalo como unha realidade autónoma en
si mesmo: non trata de representar ningunha realidade, nin tan sequera facer referencia a algo
existente ó marxe do propio cadro.

13
Kandinsky busca conmover ó espectador recorrendo a unha composición dominada pola
combinación harmónica de liñas e cores, rompendo con todo principio de perspectiva e do valor
estético da luz.
Kandinsky é abstracto, pero aínda así sempre intenta darlle un sentido espiritual ás súas obras. Para
acadar esta espiritualidade fai que a súa pintura se asemelle á música de tal xeito que os seus
cadros, mediante a harmonía de liña e cor provocan o efecto emocional da música. Moitos dos seus
cadros titúlanse Improvisación, Composición, igual que na linguaxe musical.

2. Mondrian(1872-1944).

Piet Mondrian está considerado como o representante do movemento pictórico do


Neoplasticismo, por defender unha plástica nova caracterizada pola simplicidade e a importancia
da forma e da cor (antiexpresionista). Mondrian busca a esencia das cousas e rexeita toda
incorporación de sentimento ou paixón á pintura. Coincide con Kandinsky no seu rexeitamento da
pintura figurativa pero, dentro da abstracción, opta por unha linguaxe diferente. O neoplasticismo é
unha pintura abstracta reducida a superficies de cores encaixadas en redes de trazos negros.
Intentan construír un novo entorno de claridade e orde desde unha linguaxe abstracta de formas
puras e simples.

•Táboa número 1

Este cadro representa unha rede de liñas.


Estamos ante unha composición harmónica pero estrictamente xeométrica.
Tecnicamente percíbese un acabado tal que practicamente non se distinguen as pinceladas, o cadro
é totalmente homoxéneo. A superficie do cadro aparece totalmente lisa e mate.
O elemento clave é a liña negra ancha e uniforme, que Mondrian dispón como unha rede ortogonal.
Mondrian mostra unha clara inclinación preferente polas cores primarias (vermello, azul, amarelo).
Os seus cadros caracterízanse por cores planas, vivas e puras.
Este cadro desprende unha sensación de pulcritude, simplicidade, claridade e orde… sensación que
abarca a toda a pintura de Mondrian.
Polo tanto a “táboa número 1”é un cadro non figurativo, que debemos incluír na corrente pictórica
abstracta e relacionar co Neoplasticismo. Estamos ante unha arte de formas puras e simples que ten
como idea central a claridade, a harmonía e a orde.

2 O Cubismo e as súas consecuencias: Picasso

O Cubismo é a vangarda máis revolucionaria de comezos do século XX.


A súa orixe hai que buscala en París no ano 1907: neste ano faise unha exposición sobre Cezanne
(antecedente do cubismo) e Picasso pinta As señoritas de Avignon ( primeiro manifesto cubista).
O termo cubista acuñárono en 1908 os críticos dunha exposición de Braque, ó que acusaron de
pintar con formas cúbicas.
As influencias máis claras do cubismo son a valoración do xeométrico que fai Cezanne, a estética
das esculturas ibéricas da arte española e as formas das máscaras africanas .
As características que definen a pintura cubista son:
- Descompor a realidade en formas xeométricas, os cubistas consideran que todo o existente é
susceptible de ser representado xeometricamente.
- Introducir a visión simultánea no cadro, representan non o que vemos senón como sabemos que
son as cousas (representa as cousas de xeito integral: de perfil, de fronte, por detrás, por diante,
por arriba, por abaixo, por dentro e por fora,… todos os puntos de vista ó mesmo tempo:
rompen co punto de vista único).

14
- Interpretar de xeito persoal e orixinal todos os elementos que constitúen a pintura: a forma, o
espacio, a cor, a técnica...
- Concibir a pintura como unha actividade intelectual e científica.
- Prescindir da perspectiva e do movemento por consideralos elementos artificiosos da pintura, en
clara ruptura coa pintura tradicional.
- Buscar a representación da esencia de obxectos e persoas e non a súa aparencia
(antiimpresionistas).
- Dar preferencia á liña e a forma sobre a cor e prescindir totalmente da luz (mostrando aprecio
pola pintura de Cezanne e rexeitando así ós pintores fauves e impresionistas)
- Preferir as cores apagadas, como as ocres as pardas, as grises …

O cubismo está considerado como un dos momentos máis importantes da historia da arte
despois do Renacemento. Representa a destrucción dos principios espaciais tradicionais e a
creación dunha nova forma de concibir o cadro e o espacio. Pretende conseguir unha orde plástica
que supere a nebulosa lumínica do impresionismo, a anarquía cromática do fauvismo e as
esaxeracións expresivas do expresionismo.

Entre os pintores cubistas ( como Picasso, Braque ou Juan Gris) podemos distinguir certas fases:
- Un Cubismo cezanniano (1907-09) no que domina a busca de formas esenciais a base de liñas
e formas angulosas.
- Un cubismo analítico (1910-12) na que domina a destrucción das formas, ata o punto de non
recoñecer o que se representa sendo case abstracción, e a preferencia polas cores apagadas:
ocres, grises…
- Un cubismo sintético (1912-13) caracterizado por manter a visión simultánea, pero
recoñecéndose as formas, as figuras e os obxectos; por empregar cores claras. Na fase sintética
téndese a introducir o collage (anacos de papel, teas, xornais) na composición … isto supón un
xesto revolucionario, pois implica unha revisión total do feito artístico e un cambio completo
no método de traballar dos pintores; posto que, en vez de representar a realidade, están a
introducir a realidade no cadro mesmo…o cadro pasa así a ter realmente tres dimensións.

Pablo Ruíz Piccasso (1881-1973)

Picasso romperá coa tradición artística que existía desde o Renacemento. Nace en Málaga e,
tras vivir uns anos da súa infancia en A Coruña, no ano 1895 trasládase xunto coa súa familia a
Barcelona (onde frecuentará os ambientes intelectuais modernistas cataláns que o marcarán) e
acaba por trasladarse a París, onde contactará coa intelectualidade europea e cambiará radicalmente
a súa forma de pintar.
Picasso vai mostrar sempre unha grande tendencia a asimilar todo aquilo que coñece e, partindo
dunha base estética postimpresionista e expresionista, acabará por experimentar ata converterse nun
xenio da pintura.
A obra pictórica de Picasso estará influída por as tallas das máscaras africanas, as esculturas
ibéricas e a arte exipcia.
Na obra pictórica de Picasso podemos distinguir varios períodos:

1. Período previo á Primeira Guerra Mundial, a obra de Picasso vai pasar por tres etapas:
A. Etapa Azul (1901-1905)

15
Nos seus comezos Picasso aborda temáticas de carácter social utilizando a estética realista,
impresionista ou expresionista... Inflúe nel o expresionismo, pero sen embargo Picasso non retorce
as formas senón que as alonga como recordando ó Greco.
Desde a morte dun amigo en 1901 tende a empregar de forma reiterada a cor azul (Período Azul).
Polo tanto nos cadros deste período van predominar as tonalidades azuis e unha visión amarga da
vida, carente de rebeldía. Os temas que trata son o frío, a fame, a soidade, a pobreza....
B. Etapa Rosa (1905-1906)
En París cambia tanto a tonalidade da cor (preferencia polo rosa) como a temática dos seus cadros,
representa a nenos e a xentes do circo, mostrando a dureza da súa vida, cun certo contido
melancólico aínda que transpirando optimismo e dignidade. A preocupación de Picasso polos
desfavorecidos está en relación coa pintura de Van Gogh e Toulouse-Lautrec.
• O saltimbanqui
Picasso representa a un personaxe do circo, nunha actitude que reflexa unha indiferencia sosegada
ou certa tristeza altiva.
Reflexa unha vida de farándula e aplausos, aínda que mostrando preferentemente o lado duro da
vida do artista ambulante ou nómade.
Os rasgos da figura contrastan coas formas angulosas e escuálidas e os xestos desesperanzados das
figuras do período azul.
“O saltimbanqui” pertence ó período rosa pero, aínda que abandona o cromatismo azul, segue a
manter o compromiso e solidariedade cos humildes e desherdados (reflexo do aprecio de Picasso
pola obra de Van Gogh e Toulouse-Lautrec).
A opción polos personaxes marxinais (saltimbanquis, arlequíns,…) está en relación coa súa propia
sensación de artista que renuncia ós convencionalismos e á vida burguesa sedentaria e ordenada.
Polo tanto o período rosa ven a significar a superación do pesimismo amargo do seu período azul.
C. Etapa cubista (1907-1919)
Picasso recolle as influencias da escultura negra africana, da escultura ibérica e das obras de
Cezanne e dá un xiro na súa creación artística. Plantexa unha nova maneira de plasmar a realidade a
través da xeometrización das formas, da introducción de múltiples puntos de vista simultáneos
superpostos no mesmo cadro e da incorporación da técnica do collage.
Dentro do período cubista cabe distinguir:
 Unha fase inicial de cubismo cezanniano, no que aínda pinta cadros nos que se poden
distinguir as formas. Destaca “As señoritas de Avignon”.

 “As señoritas de Avignon” (Cubismo cezanniano).


Neste cadro Picasso representa a cinco prostitutas no interior dun burdel da rúa Avignon de
Barcelona.
O fondo do cadro parece estar feito de vidros rotos, xa que son superficies triangulares que parecen
translúcidas.
As figuras están violentamente xeometrizadas, construídas a base de triángulos con agudos
esquinamentos.
Estamos ante un cadro moi elaborado, para o que Picasso realizou numerosos debuxos
preparatorios.
Tecnicamente apréciase unha clara diferencia entre as tres mulleres da esquerda e as dúas da
dereita: nas figuras da esquerda percíbese unha clara influencia de Cezanne (aínda recoñecemos as
formas)e nas da dereita domina a influencia das máscaras africanas e da escultura ibérica (rasgos
deformes e angulosos).
A representación espacial aínda ten algo de convencional, pois o espacio queda definido polo
bodegón da mesa e os cortinaxes. Pero xa Picasso renuncia a ilusión da terceira dimensión (carecen
de sentido conceptos como diante-detrás, perfil-fronte) e rompe co concepto de profundidade ó
prescindir do artificio da perspectiva e colocar todos os elementos no mesmo plano.

16
A introducción da visión simultánea apréciase claramente na figura da dereita, que ten o corpo de
costas e o rostro de fronte, o nariz, a boca e un ollo de perfil e o outro ollo e as orellas de fronte.
Polo tanto con “As señoritas de Avignon” Picasso rompe coa tradición pictórica occidental
imperante desde o Renacemento.
Este cadro está considerado como o emblema e o inicio do cubismo.

2. Período de entreguerras (1919-1935), no que primeiro abandona parcialmente o cubismo


para optar por unha estética máis clásica e máis tarde experimenta coa representación do
onírico, combinando estética surrealista e cubista. Nesta fase sobresae “ Os tres músicos”

3.
 “Os tres músicos” (1921).
Os tres personaxes da Comedia da Arte (Arlequín con frauta, Pierrot con guitarra e O Malo con
partitura) está representados en posición sentada, hierática e frontal, detrás dunha mesa baixo a que
asoma unha especie de can fantasmagórico.
As formas son esquemáticas, desproporcionadas e xeometrizadas, pero as figuras resultan
facilmente recoñecibles.
As figuras parecen feitas a base de papeis recortados e pegados simulando un collage, pero en
realidade non o son.
A linguaxe pictórica está simplificada ó dispor unha composición en friso frontal e prescindir da
ilusión de profundidade.
A representación do espacio resulta orixinal, pois logra a sensación de ambiente recorrendo a pintar
os ángulos de tonalidades diversas e a dar unidade á composición coa cor azul do fondo.
Emprega cores vivas e ricas, optando por cores primarias que fai destacar sobre o fondo neutro.
Desde 1913 Picasso simultánea obras cubistas con outras moi clásicas, experimenta con todos os
estilos e salta dun estilo a outro sen querer encasillarse en ningún… nin sequera no seu propio (esa
é unha das grandezas deste xenio).
Este cadro supón a culminación do cubismo sintético, pero ó mesmo tempo a simbiose de cubismo
e figuración.

4. Período bélico (1936-1945), a creación pictórica de Picasso vese moi afectada polo pesimismo
e o compromiso cos movementos antifascistas. Os seus cadros convértense nun alegato a favor
da liberdade e contra a barbarie da guerra. Debemos resaltar como cadro emblemático “O
Guernica”
 “O Guernica” (1937)

Picasso realiza esta obra, en plena Guerra civil (1936-39), por encargo do goberno da II
República española, para ser exposto no pavillón de España da Feira Universal de París.
O tema acaba sendo o bombardeo da cidade vasca de Guernica pola Lexión cóndor alemana (en
apoio do bando de Franco).

É un cadro mural de grandes dimensións tecnicamente moi elaborado, posto que o pintor
chegou a realizar 45 debuxos preparatorios antes de decidirse pola composición definitiva.
A composición está organizada a modo de tríptico e todas as figuras parecen fuxir do bombardeo
correndo cara a esquerda do cadro: a escena da parte dereita está centrada nunha muller que grita
ante un incendio, a escena central xira en torno á muller que porta unha lámpada e a escena da
esquerda está dominada pola muller que sostén un neno morto en brazos. Picasso encadra os grupos
en compartimentos triangulares en clara liña cubista.

17
A nivel técnico podemos considerar “O Guernica” como un cadro cheo de renuncias
intencionais, posto que Picasso prescinde da cor, renuncia á beleza formal e despreza os conceptos
tradicionais de espacio e luz.

Con respecto ó espacio cabe afirmar que domina a planitude (aínda que certos elementos
está tratados en perspectiva) e a ambigüidade de aparentar ó meso tempo que as escenas suceden no
interior, no exterior, e ante un telón teatral.

No referente á beleza formal, estamos ante figuras angulosas e arestadas … un conxunto de


liñas quebradas e corpos desmembrados, polo tanto ante a imaxe da destrucción allea a toda beleza.
Na omisión da cor (pinta todos os obxectos con brancos e negros) apréciase a contradicción da
inclusión de certos matices de gris.

“O Guernica” é un berro desesperado de denuncia contra o acto cruel de aniquilar a persoas


inocentes (era o primeiro bombardeo na historia contra un obxectivo civil)… podemos relacionalo
co dramatismo das imaxes de “Os desastres da guerra” de Goya.

Simbolicamente cabe consideralo un cadro hermético, cargado de simboloxía de difícil


interpretación. Pois se ben existen uns símbolos claros como a pomba gritando (a paz ferida)e o
soldado caído-muller desesperada-neno morto (víctimas da guerra); aparecen outros máis ambiguos
como a asociación ferradura-soldado caído (sorte-morte) ou rosa-puñal (esperanza-desesperación);
algúns resultan claramente contradictorios como o touro (imaxe heroica do pobo
español/brutalidade) e o cabalo (símbolo do fascismo/liberdade ferida)… Picasso fomentou a
incerteza sobre a interpretación dos símbolos para acentuar a sensación de caos reflexada no cadro.

En “O Guernica” apréciase a combinación de múltiples estilos pictóricos:


 A temática do bombardeo sitúanos ante un cadro realista.
 A representación da angustia, a dor e a barbarie, fainos pensar nun cadro expresionista.
 O tratamento das formas, a composición e o espacio, déixanos claro que é unha obra cubista.
 O caos e o ambiente de pesadelo, levaríanos a afirmar que Picasso pintou un cadro surrealista.
Polo tanto cabe concluír que Picasso neste cadro deixa clara a súa aposta pola liberdade, a súa
preocupación polos que sofren e a súa paixón por experimentar con múltiples estilos e incluso
facelos coincidir xuntos nun mesmo cadro.

5. Período da segunda posguerra e guerra fría ( a partir de 1945), coincidindo con obras de
renovado optimismo e fondo lirismo, Picasso crea cadros expresionistas ou elabora grandes
reflexións pictóricas sobre obras mestras do pasado. Sobre todas as creacións despuntan as súas
variacións sobre “As Meninas”

 “As Meninas”

Na etapa da segunda posguerra, durante os anos 50 e 60, Picasso vai pintar un grande número
de variacións sobre o cadro “As Meninas” de Velázquez.
As variacións poden recoller o cadro completo ou simples fragmentos, pero sempre tende a manter
os personaxes principais.

Picasso no seu traballo creativo sobre esta obra de Velázquez non ten ningún reparo en
reducir ou alterar a obra ó seu enteiro capricho.

18
Entre as reduccións máis relevantes cabe destacar a desaparición da tridimensionalidade, a
eliminación dos efectos de luz e a xeometrización das anatomías dos personaxes.

No referente ás alteracións, poden considerarse como máis relevantes o axigantamento da


figura de Velázquez, o enorme tamaño da cruz de Santiago que este leva no peito, a excesiva
presencia dos ganchos do teito e a desproporción das figuras das meninas.
Picasso pretende simultaneamente render unha homenaxe ó xenio artístico de Velázquez; realizar a
traducción dunha escena, pintada con linguaxe barroca á nova linguaxe do seu tempo (carente de
convencionalismo e de corrección ou harmonía formal); facer unha sátira da vaidade e servilismo
de Velázquez e lanzar unha proclama crítica contra todo absolutismo.

Como símbolos claves Picasso opta por centrarse na cruz que Velázquez porta no peito,
criticando así o seu servilismo para alcanzar esa distinción de nobreza, e por representar os ganchos
das lámpadas como se fosen ganchos dunha carnicería, querendo quizais poñer de manifesto que
está despedazando ou sometendo a tortura a obra de Velázquez.
Nos corenta cadros que Picasso pinta, tomando como referente o cadro de “As Meninas”, sobresae
por un lado o carácter libre e irreverente do pintor e polo outro a súa enorme paixón pola
experimentación e por esgotar todas as posibilidades que pode ofrecer un mesmo tema.

Picasso está considerado como un dos grandes xenios da pintura e sobre todo como o
grande renovador da linguaxe pictórica do século XX, unha das súas grandezas é a de atreverse a
experimentar con todos os estilos mostrando sempre un grande entusiasmo creador.

21-3. Dadaísmo e Surrealismo

O Dadaísmo foi un movemento internacional literario e artístico, que xurde en plena


Primeira Guerra Mundial.. Ten dous focos orixinarios: Suíza, a onde acudirán, fuxindo desta, un
grupo de artistas descontentos e a cidade de Nova Iorque onde Marcel Duchamp, Man Ray e
Francis Picabia fundaron en un grupo similar.

O movemento Dadá (1915-1922) foi máis unha actitude que un estilo e caracterizouse pola
provocación constante contra o modo de vida burgués e as súas contradiccións, postas de manifesto
na absurda guerra que se vivía e por dar máis importancia ó xesto que a propia obra… Os dadaístas
propoñíanse destruír os diversos modos de arte establecida; burlábanse dos obxectos artísticos que
foran venerados durante séculos; usaban obxectos de uso cotián e expoñíanos presentándoos como
obxectos artísticos, calquera obxecto vulgar cun pequenos cambios ou sacado do seu contexto podía
ser chamado obra de arte e lograr a atención do espectador.

Polo tanto o dadaísmo é unha das vangardas máis radicais, pos supón toda unha mutación na
arte contemporánea, posto que abandonan as preocupacións estéticas tradicionais e crean unha
corrente de gran liberdade creadora: presentan os collages, recorren á pinto-escultura e expoñen
obxectos atopados ou prefabricados (os ready-made). Os pintores dadás introducen o irracional e o
inconsciente na arte.
Moitos dos artistas dadaístas acaban por evolucionar cara á tendencia surrealista. Como o máis
xenuíno dadaísta podemos destacar a Marcel Duchamp(1887-1968).

• “A fonte”: (1917) Marcel Duchamp

No ano 1917 intenta Duchamp presentar, nunha exposición na cidade de Nova Iorque, o
seu primeiro ready-made. A obra presentada é un urinario elevado á categoría de fonte.

19
Duchamp escollerá un obxecto que estaba xa fabricado en serie e simplemente o asina co
pseudónimo R.Mutt, de tal forma que para poder lelo había que inverter o urinario aparecendo a
imaxe dunha fonte. Os organizadores da exposición negáronse a expoñer tal obra de arte.
A pretensión de Duchamp era provocar o escándalo, pero tamén facer posible que o
espectador tivera a oportunidade de mirar as imaxes dun xeito diferente… obrigar ó observador a
poñer en tela de xuízo as realidades aceptadas e a recoñecer o papel do azar e da imaxinación. No
fondo Duchamp buscaba desmitificar a arte.
Ó pouco de acabar a Guerra, mentres Duchamp renuncia a toda actividade
artística(seguindo o principio de que Dadá debía destruír a Dadá), moitos dos artistas dadaístas
comprométense co surrealismo.
Podemos considerar a Duchamp como o antecedente da Pop Art e da Arte Conceptual da segunda
metade do sáculo XX.

Surrealismo

O surrealismo naceu da necesidade de empezar a construír a partir das ruínas de Dadá.


As relacións entre Dadá e Surrealismo son evidentes, os mesmos autores que formaban parte dos
círculos dadaístas militan agora no Surrealismo, en torno ó liderato de André Breton (autor do
Manifesto Surrealista de 1924).
Pero mentres o movemento Dadá baseaba a súa liberdade na negación constante, o Surrealismo
pasa da negación a afirmación: intenta darlle ó home un concepto de liberdade positivamente
realizable.
O surrealismo defende a existencia dunha liberdade individual por influencia de Freud:
teórico da liberdade individual e dunha liberdade social por influencia de Marx: teórico da liberade
social.
Polo tanto, fronte ó rexeitamento que fan os dadaístas, de toda arte e ciencia, os surrealistas van
caracterizarse pola busca experimental e científica da obra de arte, tomando como referente, sobre
todo, os estudios de Freud sobre o inconsciente e o mundo dos soños. O Surrealismo trata de
plasmar o mundo do inconsciente, do onírico, do máxico e do absurdo... agora os soños van ter
tratamento de realidade paralela á cotiá
O elemento primordial da pintura surrealista vai ser a imaxinación (soen introducir, nos seus
cadros, máquinas fantásticas, elementos anatómicos illados, seres inanimados como animados,
perspectivas baleiras, temáticas eróticas e incluso explicitamente sexuais).
O medio de expresión para pintar será o automatismo psíquico: a man debe poder expresar de xeito
libre e sen intervención da razón todo o que o artista ten no seu subconsciente..
Cada autor interpretou á súa maneira este método, aínda que cabe distinguir dúas tendencias
globais:
1. Pintura surrealista figurativa: asociacións absurdas e estrañas de obxectos e figuras con
formas máis ou menos académicas ( Dalí).
2. -Pintura surrealista abstracta: formas inventadas dispostas en espacios imaxinarios ( Miró).

•Presaxio da guerra civil (1936): Dalí (1904-1989)

Neste cadro Dalí recorre ós seus temas obsesivos: ás imaxes dobradas e simbólicas
(asociadas ó sexo, á morte e ó tempo), ás formas alongadas que se descompoñen, ás distorsións e
ós espacios baleiros … á desmembración alucinada dun monstro humano.
A composición rompe co sentido do equilibrio e está dotada dunha perspectiva espacial ilimitada.
O debuxo está moi coidado e trazado con grande corrección.
A cor resulta discordante, luminosa e brillante.
A luz é transparente e limpa, con influencias do Renacemento e do Barroco.

20
É unha obra da súa etapa surrealista, na que domina a linguaxe onírica, a desmembración do corpo
humano e a ruptura co concepto tradicional de espacio.
O propio título “Presaxio da Guerra Civil” garda paralelismo co carácter visionario do tema e co
ambiente de pesadelo que se reflexa no cadro … o cadro reflexa un mundo alucinado cheo de
distorsión, desmesura e irracionalidade.
Dalí, como se pode constatar neste cadro, foi un pintor cun grande dominio do debuxo e da pintura
figurativa. Chegou a dominar todas as novas linguaxes: fauvismo, cubismo, futurismo,
expresionismo, surrealismo… pero, tras ser expulsado do movemento surrealista en 1939 pola súa
actitude política conservadora, tende a unha estética máis barroca e a un sentido do espacio e da
composición máis clásicos.

 “O Carnaval do Arlequín” (1924). Joan Miró (1893-1983)

Este é un dos primeiros cadros surrealistas de Miró e unha das súas obras máis representativas.
Todas as formas están distribuídas nos estreitos límites dunha habitación e teñen un tratamento a
modo de signos, pero mantendo certo carácter figurativo, que desaparecerá en obras posteriores.
A arte de Miró é o resultado dun proceso de simplificación da pintura, tende a reducila ós seus
elementos esenciais: liña-cor-composición.
Na composición existen dúas realidades opostas: un home de elegantes bigotes e longa pipa, que
mira con expresión triste ou amarga ó espectador e unha enorme cantidade de animais, bestas e
organismos despregados en baile alegre e desenfreado… Miró tivo a intención de representar as
alucinacións producidas pola fame (o Arlequín triste imaxina todo aquilo que o podería alegrar).
Nesta composición sobresae ademais a posición de dúas grandes liñas onduladas (branca-
negra)entrecruzadas creando a unión home-muller.
A técnica empregada é o automatismo psíquico, que propón a creación sen intervención da razón.
Miró a través do automatismo acadou a absoluta espontaneidade… ata o punto de poder ser
considerado o máis surrealista entre os surrealistas.
O espacio resulta estrañamente invertido, por efecto da perspectiva da ventá aberta á noite.
As cores, aplicadas de forma plana son vivas e preferentemente vermellas, marelas e azuis.
Miró pinta cunha linguaxe precisa e minuciosa a realidade que xurde do soño, enchendo os seus
cadros de estrelas, lúas, signos, animais e filamentos cheos de lirismo … esta linguaxe imaxinativa
recorda a pintura de O Bosco, ó que el tanto admiraba.
O cadro carece dun simbolismo específico, máis ben é a expresión da brillante e fantástica
imaxinación de Miró.
Miró iníciase no modernismo, será un grande coñecedor das vangardas e, tras pasar por unha etapa
fauvista, derivará logo cara unha esquematización surrealista de automatismo psíquico puro.

Escultura da primeira metade do século XX:

•O profeta (1933): Pablo Gargallo(1881-1934)


“O Profeta” é unha escultura feita con chapa (recortada, furada e alabeada), Gargallo é un grande
forxador que domina totalmente a técnica do ferro (o seu material preferido).
O tema é a figura humana dun profeta no acto de lanzar a súa proclama, en clara actitude
expresionista.
A composición ten unha grande forza e está dominada polo dinamismo e a expresividade dos xestos
… Gargallo concibe a escultura para que sexa apreciada desde múltiples puntos de vista en clara
influencia cubista.
Gargallo busca facer chegar ó espectador a forma e ás súas sombras, pero sobre todo permitirlle:
ver o volume interno da figura, sentir o vertixe de asomarse ó interior onde nace a mensaxe
espiritual do profeta… asomarse ó fondo das súas entrañas.

21
Esta obra ten unha forte carga de expresionismo, pois o espectador queda impresionado polo vigor
que desprende e chega a sentir a expresión do xesto da súa boca como se en realidade o estivese
escoitando.
Pablo Gargallo, xunto con Xulio González, está considerado como un dos grandes representantes
da escultura cubista. Influído polo cubismo de Picasso, desde 1925, comeza a compoñer as súas
esculturas mediante planos recortados montados con posterioridade, usando perfís curvos como
elemento expresivo.

A ARTE DESPOIS DE 1945

O Expresionismo abstracto. O Pop Art. O Hiperrealismo


Rematada a II Guerra Mundial péchase o ciclo das vangardas históricas; desde 1945 a arte é continuadora de
tendencias, revitalizadora dalgunha delas e fai novas aportacións relacionadas coa sociedade tecnolòxica,
industrializada e consumista. A arte adquire valor de cambio e é atesourada por individuos anónimos. Hai
gran liberdade creadora e de acción de xeito que se suceden con gran rapidez a aparición de estilos e
artistas.

Expresionismo Abstracto

Trala Guerra o centro artístico trasládase a Nova York xa que o florecemento artístico do mundo
americano é o gran fenómeno artístico do noso século. América está influída polos emigrantes europeos
procedentes de Alemaña, Rusia, etc. Dous emigrantes, Gorky e de Kooning, son claves nos inicios da
abstracción en América; precisamente de Kooning converte o expresionismo europeo en expresionismo
abstracto.
Entre os expresionistas abstractos destaca Pollock, influído polo anterior. Desde 1940 compón
grandes lenzos en forma continua, con gran rapidez, cortándoos ó seu gusto. O tema sempre é abstracto e o
interese está na pintura en si. A súa técnica consiste en salpicar sobre un lenzo branco colocado no chan
chorros de pintura. É unha pintura de acción, de rapidez de acción.
En Europa, trala reconstrucción, xorde a tendencia Informalista paralela ó expresionismo abstracto
norteamericano. Estamos nun ambiente de postguerra e influídos polo existencialismo, o cal provoca unha
situación de tristeza.
As obras informalistas non soen ter ningunha relación co mundo real e son máis abstractas que as propias
abstractas.; son o resultado dunha elaboración moi persoal do artista e difíciles de captar polo espectador.
En España xorden os grupos máis significativos da nosa vangarda; en Barcelona aparece o grupo
Dau al Set integrado por artistas como Tàpies, ou Cuixart ;e en Madrid outro grupo chamado el Paso (1950-
60), no que estaba Saura, Millares, etc.
O primeiro grupo adopta unha postura dobre: surrealista e existencialista; pero quen define o estilo e
Antoni Tàpies que desenvolve desde 1950 a pintura matérica usando materiais diversos (papel, cartón,
fío,cordel,etc) en composicións con escasos elementos figurativos e con gammas cromáticas escuras.
Fronte ó informalismo xorden tamén nos sesenta novas tendencias abstractas de formas xeométricas simples
máis claras que os escurantistas informalistas. Un exemplo disto é a obra do grupo Equipo 57.
Nos anos seguintes aparecen novos pintores abstractos que realizan pintura en grandes formatos non
rectangulares, usando cores brillantes, planos e ordenados (ART OP) ; deles derivará o Cinetismo tanto en
pintura como en escultura: a relación imaxe-fondo produce sensación de movemento. Destacan como artistas
cinéticos Vasarely que prefire liñas ondulantes e cores deslumantes.
A obra cinética podía estar composta por móbiles, que se axitan con correntes de aire; ás veces o espectador
debía contribuír a ese movemento e polo tanto participar na arte.
Neofiguración

Dubuffet e Francis Bacon son os artistas representativos desta tendencia; recorren de novo á figuración.

22
Bacon ( 1909) representa na súa obra esta figuración; ten series dedicadas a Inocencio X de Velázquez, a
quen recrea cunha cor e pincelada barroca pero cunha acción e xesto contemporáneo. Os seus retratos
preséntansenos como vistos a través dun cristal deformante; hai carga expresionista nos seus cadros
 Retrato de Henrietta Morales

POP ART

É a reacción contra o expresionismo abstracto; e arranca dos anos 50 en Inglaterra e EEUU; en


Norteamérica tivo moita forza. Habería que relacionala co dadaísmo e a súa desmitificación da arte, así
como co cubismo e o futurismo. Caracterízase por creacións que se inspiran en imaxes de obxectos cotiáns
con técnicas de cine, publicidade, revistas e cómics. Os artistas pretenden reflexar a vida urbana, manterse ó
día e converter a arte na vida mesma; tamén se fai unha crítica á sociedade de consumo. O POP ART estaba
cheo de cousas super- reais que bombardean a nosa vida
Destaca Andy Warhol (1930-1987) que escolle unha persoa (Marilyn Monroe) ou un obxecto familiar e
multiplícao con diferencias de impresión leves. Colle a imaxe de Marilyn e distorsiónaa. Outro autor
significativo é Lichtenstein.
 Sopa Campbell’s

HIPERREALISMO

É unha das últimas tendencias; o Hiperrealismo é de orixe americana e foi estendido por Europa en
torno ós anos sesenta e setenta. Supón unha volta ó retrato realista e á pintura da paisaxe. Usan a fotografía
como referencia pero o acabado faino a pintura. Un exemplo de autor hiperrealista é o español Antonio
López.

ULTIMAS TENDENCIAS

Desde os anos 70 temos novas tendencias na arte, influída polos acontecementos políticos (maio
francés) e económicos (crise do 73); o trazo máis significativo da arte actual pode ser o eclecticismo, a
pluralidade de estilos.
Temos tendencias como o Minimal Art, Land Art, Arte Povera, Body Art,etc que aparecen como oposición á
comercialización da obra artística.
Minimal art: arte mínimo relacionado con experimentos pictóricos e escultóricos de base xeométrica e
formas elementais
Arte Povera: Usa materiais pobres e non de orixe industrial.
Land art: Realízase en escenarios naturais modificándoos
Escultura
Desde mediados de século asistimos á etapa de madurez de grandes escultores contemporáneos como Henry
Moore (1898-1986). Evoluciona da figuración á no figuración. Un dos temas preferidos é a figura feminina
recostada que comeza a representar desde 1929: é unha muller vital, nai, fonte de vida e terra fecunda; ten
influencia da escultura prehistórica, maya, etc. Tamén se inspiraba en formas que lle suxiren ósos, pedras
que recollía; fascínao o baleiro, as formas envolventes e escavar volumes sólidos para revelar formas
internas. Soen ser obras de pequeno tamaño pero mostran monumentalidade.
• Figura recostada (1929)

Desde os 60 hai escultura cinética representada por Alexander Calder.

23
24

You might also like