You are on page 1of 9

5 RISCOS ESPECÍFICOS E A SÚA PREVENCIÓN

1. Plan de evacuación en centros docentes...............................................................2


2. Traballo en oficinas................................................................................................4
3. Estrés laboral.........................................................................................................6
4. Manipulación manual de cargas.............................................................................8
Riscos específicos e a súa prevención

1. Plan de evacuación en centros docentes

Os centros escolares están obrigados a dispoñer dun plan de emerxencias que


permita facer fronte a unha situación perigosa e axude a que as persoas e os bens
sufran o menor dano posible.

A parte do plan de emerxencia que fai referencia á evacuación, é dicir, á saída


organizada das persoas dun edificio, é o plan de evacuación.

A continuación, trataremos as normas básicas que hai que ter en conta na súa
implantación, así como a actuación que debe ter o persoal do centro escolar a este
respecto.

c> Xefe/a de emerxencia: será a persoa que ocupe a dirección da escola ou un


membro do equipo. Decidirá accións e activará o plan de evacuación, e actuará
como interlocutor coas axudas externas (bombeiros, policía, etc.). Disporá
dunha listaxe do persoal e será informada de todas as incidencias.

c> Xefe/a de planta: será o profesor ou profesora que ocupe a aula máis
afastada da saída dunha planta do edificio. Debe asegurarse de que no quede
ninguén nas dependencias e de que as portas e ventás quedan pechadas.

c> Profesorado: deberá manter o alumnado en orde, comprobar que pode


realizarse a evacuación, pechar portas e ventás da aula, contar os seus alumnos no
punto de encontro e informar o xefe de emerxencia.
Curso de capacitación para o desenvolvemento de funcións de nivel básico

c> Alumnado: os estudantes que estean fóra da súa aula deben incorporarse á
que estea máis próxima. Sairán da clase sen correr, nin volver cara a atrás, e sen
coller os seus obxectos persoais. Seguirán o profesor que actúe como guía e
presentaranse no punto de encontro.

c> Responsable de persoas con discapacidade: hai que ter en conta as


persoas con mobilidade reducida asignándolles unha ou varias persoas
responsables que lles axuden a saír do edificio (poden ser compañeiros da mesma
clase).

c> Responsable de alarma e bombeiros: asígnase unha persoa que


non sexa responsable directa do alumnado e que se encontre preto do sistema de
alarma para poder activalo de forma rápida.

c> Responsable de desconectar as instalacións: esta persoa bloqueará o


ascensor e o montacargas, comprobará previamente que estean baleiros e pechará a
chave xeral do gas e a corrente eléctrica.

c> Responsable de abrir e pechar as portas do edificio: igual que nos casos
anteriores, esta función asignaráselle a unha persoa que non teña unha
responsabilidade directa co alumnado no momento da emerxencia.

c> Persoal de cociña: asegurarán o seu espazo de traballo pechando o


gas e desconectando todos os electrodomésticos. Seguirán as instrucións do xefe
de emerxencia e informarano das incidencias.
Riscos específicos e a súa prevención

2. Traballo en oficinas

Tradicionalmente asociouse o traballo en oficinas á idea de comodidade e á


ausencia de riscos laborais. Non obstante, nada máis lonxe da realidade
atendendo ao que é a concepción moderna de saúde. Hoxe en día, nas oficinas
prodúcense, ademais dos accidentes clásicos de seguridade (golpes, caídas,
incendios, etc.) outro tipo de problemas, quizais máis ocultos pero non por iso
menos importantes, que teñen que ver moito cunhas formulacións correctas do que
é a ergonomía do posto de traballo (mobiliario, iluminación, ruído...) e tamén coa
organización (horarios, repartición de responsabilidades, comunicación, etc.).
Referímonos ás dores musculares, ás alerxias, ás alteracións da vista, ao estrés ou á
fatiga física e mental.

A continuación, describimos un conxunto de normas básicas, de aplicación xeral, que


poden previr moitos dos riscos laborais que se producen nas oficinas.

…...………….…..
4
Curso de capacitación para o desenvolvemento de funcións de nivel básico

…...….………...
5
Riscos específicos e a súa prevención

3. Estrés laboral

O estrés no traballo aparece cando as esixencias do ámbito laboral superan a


capacidade das persoas para facerlles fronte ou mantelas baixo control. Non é unha
enfermidade pero, se se sofre dunha forma intensa e continuada, pode provocar
problemas de saúde física e mental: ansiedade, depresión, enfermidades cardíacas,
gastrointestinais e musculoesqueléticas. Actualmente, o estrés identifícase como un
dos riscos laborais emerxentes máis importantes. Estudos realizados na Unión

Europea suxiren que entre o 50% e o 60% do total dos días laborais perdidos están

vinculado ao estrés.

Moitos destes traballos coinciden en que o estrés se debe a un desaxuste


entre os individuos e as condicións de traballo (inseguridade laboral, tipo de
contratación, horarios, etc.) , a tarefa (escaseza ou excesivo traballo, monotonía,
ciclos de traballo breves ou sen sentido, prazos axustados de entrega, presión
no tempo de execución, etc.) e a organización da empresa (ambigüidades na
definición de funcións, pouco apoio na resolución de problemas, ausencia de
sistemas de comunicación e participación, etc.) . As medidas preventivas que
presentamos a continuación refírense a causas relacionadas coa tarefa e coa
organización do traballo, sen afondar noutros xeradores de estrés. Convén
destacar que as intervencións formuladas son cambios sinxelos que afectan a
organización do traballo e que o éxito da súa implantación depende, en boa
medida, da iniciativa, a participación e o compromiso de todas persoas que integran
a empresa.

…...………….…..
6
Curso de capacitación para o desenvolvemento de funcións de nivel básico

…...….………...
7
Riscos específicos e a súa prevención

4. Manipulación manual de cargas

O levantamento, manexo e transporte de cargas está asociado a unha alta


incidencia de alteracións da saúde que afectan ás costas. No ámbito da empresa, a
información e o adestramento das persoas nas técnicas da manutención de cargas é
un dos aspectos fundamentais da prevención da dor de costas. A continuación
enuméranse unha serie de medidas preventivas que poden axudar a evitar estes
problemas e que se poden aplicar tanto en traballos específicos de manipulación
de cargas coma noutras actividades (construción, carpintería, mecánica, etc.) nas que
o movemento e o transporte de cargas forma parte da práctica habitual do traballo.
Non obstante, non hai que esquecer que estas recomendacións son xerais e que,
como indica a Lei de prevención de riscos laborais, o empresario ten a obriga de
avaliar cada situación concreta de traballo e tomar as medidas necesarias para
traballar de forma segura.

…...………….…..
8
Curso de capacitación para o desenvolvemento de funcións de nivel básico

…...….………...
9

You might also like