You are on page 1of 4

RECENSIÓN ARTIGO

Na primeira parte do artigo, cítase que a revolución tecnolóxica é un medio de conexión entre
ordenadores de todo o mundo e que aparece nunha sociedade de información ou redes tamén
denominada sociedade pos-industrial. Eu creo que é unha parte dela pero non a única. De
certo, o proceso tal como se nos di, asóciase coa aparición da globalización e a unha
interacción a nivel mundial de factores económicos, políticos e socioculturais. Polo tanto,
considero que outros factores tamén a fixeron evolucionar e con elo incrementouse a
transferencia de información.

Tal como nomean, estes procesos, xunto coa xeografía, comézanse a estudar na área de
Ciencias Sociais. Desta forma, conseguiuse que a xeografía sexa un dos factores que máis
evolucionase. Neste caso, a aparición de Internet é transcendental, de feito fai que a nivel
escolar, sexa unha ferramenta didáctica imprescindible e cun gran abanico de posibilidades.
Considero que isto tal como se cita, inflúe moitísimo na nosa sociedade e polo tanto no noso
xeito de abordalos contidos da materia.

O feito de ser un medio que se está a actualizar diariamente, fai que autores como Martín e
García, cheguen a mesma conclusión ca min, que, coa gran cantidade de información que hai
na rede, resulta complicado estar o día.

Analízase nesta primeira parte do artigo, a xeografía que se ensina nas aulas. Se ben, esta
debería encamiñarse cara unha ensinanza, na cal se facilite que o alumnado sexa capaz de
elaborar o seu propio coñecemento dun xeito crítico. Deberíase encamiñar de forma que se
poidan traballar os diversos factores que se tratan ao longo do currículo. Pero non só os
relacionados coa distribución da poboación ou coa natureza das actividades económicas, se
non un abanico máis grande de posibilidades. Porque imos a deixar outros aspectos
relacionados coa liberdade individual e social dos individuos no tinteiro?
Creo que é moi interesante cambiar a metodoloxía, pero claro, isto require esforzo e traballo,
non só polo docente senón tamén polos referentes que elaboran o currículo. E para isto teríase
que investigar. O cal o pode que non sexa interesante... Pero, para quen?

Continuase o longo do texto, e en concreto a partir do segundo e terceiro punto, a facer unha
crítica do currículo aplicado as ciencias sociais na Educación Primaria da comunidade
autónoma de Galicia baseado nos contidos que se abarcan dende primeiro a sexto.

Segundo a reflexión do autor, cando se fai a crítica, céntrase única e exclusivamente no


obxectivo do Decreto 105/2014 do 4 de setembro que regula o currículo de educación
primaria para a comunidade autónoma de Galicia para as Ciencias Sociais , que é “contribuír
o desenvolvemento persoal e social do alumnado, acercándolle os recursos necesarios, para
integrarse e participar de forma activa na sociedade na que vive”.

O longo desta primeira parte, describe o feito da pouca presenza da xeografía humana,
mentres que a xeografía física abrangue un gran espazo. Se ben na segunda se abarca un 40%
da materia, no caso da xeografía humana é inexistente. Se temos en conta que no segundo
bloque “O mundo que nos rodea”, e no terceiro continua coa mesma liña. Considero que
segundo este análise, existe unha desproporción moi importante á hora de abordar os
contidos, dándolle máis importancia a situar un punto nun mapa que as relacións humanas
coa contorna. Opino que está maneira de abordar o temario é un erro importante, onde está
presente deste xeito a competencia social e cívica?

Isto observase en todo o currículo de primaria. Como pode ser que a xeografía humana sexa a
gran ausente da área de Ciencias Sociais?

Despois de analizar a metodoloxía de traballo, tal como cita Lestegás (2012), considero que a
elaboración da ensinanza desta área a partir dunha metodoloxía transmisiva é un erro. A
aprendizaxe, se non se realiza a través de actividades significativas para o alumnado,
convertese en coñecemento baleiro. Non perdura.
No segundo punto abórdase a organización curricular, tal como se nos di, o temario está mal
enfocado. Non é lóxico que a meirande parte dos temas de cursos consecutivos sexan
idénticos, non se observa unha evolución neles.

Como é posible que os contidos abarcados en primeiro de primaria, sexan exactamente os


mesmos que en sexto cunha mínima evolución? Acaso, non é máis efectivo traballar nunha
primeira etapa unha serie de factores en profundidade ata rematar con eles? É un erro facer
isto para poder profundizar pouco a pouco e curso a curso en contidos diferentes? Deste xeito
o alumnado poderá construir un coñecemento que parta da contorna e dos factores que o
modifiquem, sexan culturais, físicos, sociais, etc

Por que non se deseña un bloque temático para poder abordar a comprensión e
características dos diferentes grupos sociais? Por que non se incluen temas sobre os espazos
rurais e os seus cambios nas últimas décadas? Por que non se estuda a orixe e os cambios que
levaron a evolucionar as cidades? Encontrámonos coa seguinte resposta, habería que
actualizar os contidos do material que usa o docente. O cal fai que haxa que invertir, e isto
acarrea un problema.

Eu considero que tal como se cita no texto o feito de traballar a partir da observación, de
experimentar, da interacción co medio e co resto do alumnado é positivo. Deste xeito, o noso
alumnado, será capaz de construir a súa propia aprendizaxe, críticamente e non basado nun
mero método transmisivo.

Pero, tal como se nos mostra no artígo máis adiante, nas diferentes táboas, observase que o
propio currículo avoga por unha metodoloxía transmisiva. Nesta, o menos importante é unha
aprendizaxe crítica. Polo que vexo, o tipo de formación que está presente na área de Ciencias
Sociais, non busca precisamente un coñecemento basado nesta metodoloxía.

É curioso que cando se plantea traballar na área de Ciencias Sociais, teñan dentro do
currículo unha gran importancia dúas competencias clave como son “aprender a aprender” e
“competencía social e cívica”, e despois no libro de texto case non estén presentes.

Deste xeito, que tipo de aprendizaxe cremos que vai a ter o noso alumnado?
Tal como vemos nos contidos curriculares faise a pregunta: Os conceptos demográficos que
se traballan en sexto curso, son os básicos os que se fai alusión en quinto? Por que non se fai
referencia a eles tamén neste curso? Por que no se traballa a cuestión do envellecemento
demográfico, a baixa natalidade, etc. dende os primeiros cursos da educación primaria?

Se partimos destas preguntas, dámonos conta da mala distribución dos diversos contidos.
Tal como plantexei antes, se se fai unha evolución no traballo destes, por que repetimos o
mesmo unha e outra vez? Non sería máis importante profundizar no tema, ou ben, se se da
por terminado este, cambiar de tema no curso seguinte? Por que facer un curso cun contido,
e no seguinte unha continuación sen case profundidade? Cal é o motivo polo que traballamos
deste xeito as ciencias sociais? Por que a lei educativa permite este baremo a hora de abarcar
os contidos?

A continuación, no artigo fálase de como se realizan no libro de texto os estudios da


cartografía. Neste caso, vese que non todo o que se usa é negativo, algún aspecto positivo
dentro da forma de traballar existe, de feito, sen o uso de mapas, a elaboración desta rama
non nos daría unha referencia real da xeografía e das súas connotacións espaciais (Macía,
Rodríguez y Ar- mas, 2016).

Despois de analizar todo o redactado, cheguei a conclusión de que se non se fai unha
adaptación curricular dentro do temario, vai ser complicado que o noso alumnado teña un
referente real da sociedade na cal se desenvolve.

RAFAEL FERRO PARGA

You might also like