You are on page 1of 4

PRIMEIRA E SEGUNDA FASE:

Estamos ante unha paisaxe da costa galega, polo que vemos, dominada pola cor verde dos
seus árbores e arbustos, polo azul do mar e gris do ceo. Podemos ver unha gran cantidade
de cantís, o cal faime pensar que é dificultoso o acceso ás labores de pesca, agricultura e
gandeiria por ser moi escarpados. Non vexo a presenza de accesos de comunicación, nin
edificacións na paisaxe. Polo tanto a interacción do home é case inexistente.

TERCEIRA FASE:
Polas condicións orográficas desta paisaxe é complicado que se poidan asentar vías de
comunicación, ou calquera tipo de edificaciós ou actividade humana.
Non se observa tipo algún de actividade industrial, nin de pesca, agricultura ou gandeiria.
De feito, non parece existir interés algún por ocupar este eido. Parece que ao igual que na
segunda paisaxe, parece existir unha preocupación por preservala. As beiras dos cantis
indicannos que teñen un importante castigo polo mar e o vento.

CUARTA FASE:
Esta zona da costa galega, na cal predominan os cantís, con gran presenza de arbores é
praderías, podemos dicir que é pola súa orografía unha zona da costa Ártabra.
Diante de nos temos unha paisaxe rural, na cal parece que a presenza do home é
inexistente.
PRIMEIRA E SEGUNDA FASE:
Paisaxe do interior galego, no cal predomina a cor marrón da terra e zonas verdes.
Podese observar que o seu relevo é chairo, xa que nos encontramos no val dun río. Nos
límites naturais deste érguense algunhas serras.
Existe a presenza de estradas ou accesos de comunicación, urbanizacións e zonas
agrarias. Hai unha gran presenza humana en toda a paisaxe. Esta zona vese atravesada
por varias estradas, o cal indica que esta ben comunicado con outras poboacións.

TERCEIRA FASE:
Nesta paisaxe podemos observar como, polas súas condicións orográficas, é de fácil
modificación para o home, isto vese nas diversas vías de comunicación, edificacións...
O feito de encontrarse preto dunha zona de auga, posibilita o obter auga corrente, auga
para rega e demais.
Dende outro punto de vista, é importante coidalo e preservar o río, xa que é unha reserva
de auga potable e dende logo é o hábitat para distintas formas de vida. Vese actividade
relacionada coa agricultura e gandeiria.
É un espazo que está ocupado en gran parte polo home, existe a presenza de espazos
verdes, pero a meirande parte son de cultivo.

CUARTA FASE:
Estamos diante dunha paisaxe urbana, na cal a presenza do home é importante.
Esta zona do interior galego, no cal predominan zonas de cultivo alternando con vivendas,
con escasa presenza de zonas verdes, podemos dicir grazas a vista aérea que é Monforte
de Lemos. Esto podemos dicilo pola presenza do castelo e o Monasterio de Monforte.
PRIMEIRA E SEGUNDA FASE:
Nesta paisaxe do interior galego, podemos observar que esta marcada pola presenza de
cores verdes, marróns e grises (procedentes dunha gran zona industrial e de unha
importante cantería). Nos laterais da paisaxe podemos observar a presenza de dúas
autoestradas e unha estrada xeral, isto indicanos que as poboacios colindantes estan ben
comunicadas con outras poboacións da contorna. Ademáis tamén existe unha importante
zona industrial e de canteiría.
O seu relevo é predominantemente chairo, nela observamos unha zona máis verde na cal
parece acharse unha zona pantanosa. En toda a paisaxe observase unha gran presenza da
man do home, podemos ver que a ambos lados da zona industrial extendense zonas rurais.

TERCEIRA FASE:
Polas súas condicións orográficas vese que é de fácil acceso, polo tanto tamén e fácil a
súa modificación pola man do home. A importante canteira e a zona industrial, indica a
presenza de riqueza tanto de recursos vexetais como minerais, isto fai que sexa posible a
creación de moitos postos de traballo para a xente da contorna.
Podemos ver que existe unha gran cantidade de zona verde, o cal pode pode indicar a
existencia dun parque natural, e o intento de coidar ese habitat. Non vemos tipo algún de
actividade relacionada coa agricultura ou gandeiria.
Contrasta a existencia dun gran espazo da man do home, e outro no cal se ve que súa
presenza e inexistente.

CUARTA FASE:
Cremos estar diante dunha paisaxe rural, na cal hai unha forte presencia industrial, cunha
importante presenza do home.
Nesta zona do interior galego, vemos que a presencia de zonas industriais alternando con
zonas verdes é predominante.
PRIMEIRA E SEGUNDA FASE:
Estamos nunha paisaxe do costa galega, a cal esta dominada por cores azuis (mar e ceo).
Vemos que todo o seu relevo é chairo, salvo dúas zonas verdes que observamos no
horizonte, as cales aparentan illas. Podemos tamén ver a presenza dunha estrada ao carón
do mar e unha zona urbana o fondo da imaxe, o cal indica que toda a zona esta ben
comunicada.

Tamén vemos persoas na praia, o cal indicanos que pode ser unha zona de ocio. Podemos
observar gran presenza da interacción home - natureza en toda a paisaxe.

TERCEIRA FASE:
Esta paisaxe polas súas condicións orográficas é de fácil acceso, o cal fai que sexa sinxela
a a súa modificación pola man do home.
Como podemos observar, o feito de que a xente que está na fotografía, este a desfrutar da
praia, indica que o sector preferente é o dos servicios. Ademáis vemos o fondo un pequeno
porto deportivo.
Non observamos ningún tipo de actividade relacionada coa agricultura, gandeiria ou
industria. En toda a imaxen se observa que o espazo está ocupado polo home.

CUARTA FASE:
Ista paisaxe pertence a costa urbana, na cal a presenza do home é importante.
Estamos ante unha zona da costa galega, na cal se ven zonas naturais con outras de ocio.
Podemos dicir, grazas a señal urbana que aparece, que esta foto procede dunha zona preto
de Baiona.

Rafael Ferro Parga

ANÁLISE PAISAXE GALEGA

You might also like