You are on page 1of 1

COMO VENDER FUME CUNHA SENTENZA QUE NON É FIRME

En primeiro lugar débese aclarar que a implantación da carreira profesional ten o seu fundamento no
artigo 16 do EBEP, para o persoal funcionario de carreira e no artigo 19 para o persoal laboral, que
sinala que esta se regulará no Estatuto dos Traballadores e nos convenios colectivos. De igual forma
se regula para o persoal estatutario fixo, no suposto do SERGAS (como así o asinou, por certo a CIG...
só para estatutarios fixos).
DE ONDE SAE O AGRAVIO?
Para poder xudicializar un “agravio” hai que ter base e ser “coherentes”. O dereito xerase a partir dun
acordo que implanta a carreira profesional para o persoal funcionario de carreira e laboral fixo na Xunta
de Galicia. Sen ese acordo seguiríamos no mesmo punto morto desde o ano 2007, como estamos
noutras materias cando a acción sindical non obedece a lóxicas da busca de melloras de recuperación
de salario, emprego e dereitos. Nesa inacción coa sobreactuación ciguiera tan propia do seu modus
operandi...
Neste caso aproveitando as circunstancias dun acordo estatal, UGT e CCOO foron quen de negociar
a implantación da carreira profesional no ano 2019, e na xuntanza da
Comisión de Persoal do 23 de xullo dese mesmo ano, aprobar, co voto en
contra da CIG, unha mellora do Acordo de concertación, para estender o
percibo do complemento de carreira ao persoal laboral temporal e
funcionario interino, mellora do Acordo que a Administración nunca chegou
a publicar en DOG, a pesar das reiteradas esixencias, tanto de CCOO
como de UGT para que este se puxese en práctica.
PARABÉNS o tempo que pide NEGOCIAR OU FACER RECLAMACIÓNS INDIVIDUAIS?
Do anterior dedúcese que non hai unha aplicación directa da sentenza e o que hai é, ou ben volver a
negociar ou ben ir a reclamacións individuais do persoal interino e temporal, é dicir... que expliquen os
parabéns e que dean as grazas porque alguén foi quen de xerar un dereito que as Administracións
impiden a súa aplicación o persoal non fixo.
Para quen son os parabéns …ou témonos que felicitar de volver a entrar nunha vía morta….PARA
MAL???????
Os parabéns en todo caso deberán ser para os que arriscaron e negociaron a posta en marcha do
dereito á carreira profesional para o persoal funcionario de carreira e laboral fixo, que terminará
estendéndose a todo o demais persoal
A CIG espera que "isto sirva de acicate para sacar a CC.OO., UGT e á Xunta do limbo de inacción”.
No limbo da inacción habería que mirar quen está, porque a única acción de negociación e acordo
que aportou a CIG nos últimos anos foi en materia do teletraballo coa Xunta ..e deixa moito que
desexar, non se atopa ningunha outra medida de mellora retributiva, de emprego, ou de condicións
de traballo de aplicación xeral no emprego público de Galicia á que tivese contribuído.

You might also like