You are on page 1of 2

A) Tese: O galego é unha lingua apropiada para anunciar calquera produto.

A tese aparece recollida na conclusión do texto.

B) Argumentos:

1º parágrafo: En base a un estudo elaborado pola Universidade de Vigo o galego é a lingua


maioritaria no noso país.

2º parágrafo: Apoiándose en estudos feitos polo Consello da Cultura Galega o uso da lingua galega
nas actividades comerciais é positivo á hora de vender un produto.

3º parágrafo: Dun dos estudos dedúcese que os empresarios recoñecen que a lingua galega actúa
como elemento dinamizador das súas empresas.

C) Os argumentos empregados son argumentos de feito, están avalados por probas reais de estudos.

D) Estrutura do texto:

1. Desenvolvemento (parágrafo 1,2 e 3.)

2. Conclusión e tese (parágrafo último)

E) Conectores:

Actividade 2

a) A existencia de diferentes opcións políticas é positiva, dado que a xente pode elixir a que máis lle
guste

b) Xa se poden percibir os primeiros efectos do cambio climático, aínda que, queda moito por facer

c) En breve prohibirase o uso de bolsas de plástico, para que non se contamine tanto

d) O goberno probablemente prohibirá que se fume en todos os lugares públicos, para preservar a
saúde dos non fumadores.

e) A escolarización é obrigatoria ata os 16 anos, a pesar de que cada vez hai máis fracaso escolar.

f) As mulleres galegas cobran de media un 25% menos ca os homes, a pesar de que cada vez hai máis
mulleres en postos de traballo, e as veces de moita responsabilidade.

Actividade 3

ARGUMENTOS EN CONTRA DAS CENTRAIS NUCLEARES:

1. Fallos de seguridade poñendo en risco o medio e a saúde pública

2. Falta dun cemiterio nuclear

3. A enerxía nuclear é causa do lento progreso das renovables


4. Prodúcese máis electricidade da que se consume.

5. As únicas beneficiarias da continuidade das centrais son as empresas eléctricas que as construíron

5. Catro das oito centrais españolas están paradas sen que iso afecte aos prezos.

6. Falta medio século para que o uranio deixe de ser barato e doado de extraer.

7. En caso de pecharse as centrais, os traballadores poderían recolocarse noutras actividades


industrias.

ARGUMENTOS A FAVOR DAS CENTRAIS NUCLEARES:

1. Recoñecen a existencia de fallos pero negan que se puxera en perigo a seguridade dos cidadáns.

2. As centrais nucleares son instalacións industriais máis seguras.

3. Non hai riscos de explosións.

4. A tecnoloxía actual permite almacenar os residuos de forma segura.

5. Ante a excesiva dependencia de outras enerxías, a nuclear é hoxe a tecnoloxía máis segura e
limpa.

6. O peche das instalacións podería aumentar o prezo da electricidade.

7. As reservas de uranio en España son as segundas de Europa occidental, auguran que nun futuro
acabaríamos sendo competitivos no mercado.

8. É a mellor forma de desfacerse do plutonio militar, reaproveitandoo como combustible.

9. O seu peche poría en perigo miles de postos de traballo.

You might also like