You are on page 1of 4

Verbos (páx.

122-124; Ximnasio dos verbos)

1. Diérese nos verbos

Úsase sobre o i na 1ª e 2ª persoas do copretérito dos verbos que rematan


en –AER (caer, decaer, recaer, traer, atraer, contraer, distraer, extraer), -
AÍR (saír, sobresaír), -OER (roer, corroer, doer, moer, remoer) e –OÍR (oír).
Indica que o i forma sílaba en por si: caïamos (ca-ï-a-mos), saïades (sa-ï-a-
des). Deste xeito, distínguense das formas do presente de subxuntivo, en
que o i forma ditongo: caiamos (ca-ia-mos) / caidades (ca-ia-des). Tamén
se usa nos verbos en –UÍR, mais neste caso non coinciden ambas as
formas verbais: constituïamos/constituamos. Ex.: Saïamos (copretérito)
cando ti entrabas no colexio./ É posible que mañá saiamos (presente
subxuntivo) por Vigo.

2. Uso do antepretérito de indicativo (collera)


e do pretérito de subxuntivo (collese)

3. Infinitivo conxugado (flexionado, persoal)

O infinitivo admite en galego flexión de número


e persoa para marcar a concordancia co suxeito.

Empregarase especialmente nos seguintes


casos:

1. Cando o suxeito non está expreso: Convencino para facermos unha


viaxe xuntos.
2. Cando ese suxeito é distinto do do verbo principal: Marchardes con este
temporal non é boa idea.
3. Cando o infinitivo vai introducido por preposición: Ao oíren o timbre,
calaron. [Martín, podes usar o infinitivo conxugado substituíndo o nexo temporal “cando”: Cando
cheguen a Vigo, verán as luces Caballero > Ao chegaren a Vigo, verán as luces de Caballero]

4. Futuro de subxuntivo
É un tempo verbal que indica una acción eventual no futuro.

O uso do futuro de subxuntivo (FS) era habitual na época medieval. Moitos


escritores do século XIX aínda o empregaban con certa frecuencia, pero a

1
partir de aí a decadencia do futuro de subxuntivo non parou ata a actualidade. Este tempo verbal de
futuro está desaparecendo da fala actual; foi substituído por outros tempos do subxuntivo (presente) e
polo presente de indicativo. Así e todo, consérvase na linguaxe administrativa e xurídica, no refraneiro e
no cancioneiro popular. Debemos potenciar o seu uso, polo menos en rexistros formais, para
mellorarmos a calidade da lingua.

É un tempo verbal que indica una acción eventual no futuro:

Se/Cando fores a Santiago, come cabra. Se/Cando comeres cabra, bebe viño tinto

Este tempo úsase en oracións subordinadas temporais (cando ...), locativas (onde...), modais (como,
segundo, conforme...), condicionais (se...) e de relativo (quen, os que...). Nunca se usa en oracións
simples nin nas principais das compostas.

INFINITIVO CONXUGADO FUTURO DE SUBXUNTIVO

Verbo regular Verbo regular

comer comer

comeres comeres

comer comer

comermos comermos

comerdes comerdes

comeren comeren

Verbo irregular Verbo irregular

ser for

seres fores

ser for

sermos formos

serdes fordes

seren foren

Fórmase a partir do infinitivo Fórmase sobre a raíz do pretérito, por iso nos verbos
invariable irregulares é diferente do infinitivo conxugado.

Nos verbos regulares coincide co infinitivo conxugado.

A forma máis fácil de formalo é a partir do


pluscuamperfecto (–ra: soubera): ao quitarlle o –a final, xa

2
nos sae a 1ª persoa do futuro de subxuntivo.

Moitas veces depende dunha Sempre depende dunha conxunción ou locución


preposición e nunca dunha conxuntiva: se, cando…
conxunción.
Se o souberes, chámame
De o saberes, chámame

Repara nos tempos verbais destas oracións:

Se tivese diñeiro, compraba un barco. Se tiver diñeiro, compro/comprarei un barco.


(moi difícil, case imposible) (é posible no futuro)

Cando teño diñeiro, gasto todo. Cando tiver diñeiro, gastarei todo

Se teño diñeiro, gasto todo. Se tiver diñeiro, gastarei todo.

Nos exemplos da dereita, estamos a referirnos claramente a una acción eventual, posible ou
probable, no futuro. No entanto, nos da esquerda, referímonos a una acción irreal no primeiro
caso; no segundo e no terceiro trátase dunha acción que pode acontecer no futuro, mais
tamén no pasado e no presente.

Repara na concordancia verbal das seguintes oracións:

Se é necesario, realízase.

Se fose necesario, realizaríase.

Se for necesario, realizarase / realízase.

Lembra teres en conta o valor eventual de futuro porque o FS non se pode empregar con valor
irreal (1), nin de pasado (2) nin atemporal (3):

(1) Se fose eu, habíame de oír (NUNCA *se for eu…)


(2) Onte díxenlle que se deitase, cando estivese canso (NUNCA *cando estiver…)
(3) Se vou todos os meses á feira, é porque é o que se fai aquí (NUNCA *se for…)

3
5. Perífrases verbais
Son unidades complexas
formadas por dous
elementos: un verbo en
forma persoal, chamado
verbo auxiliar, e un verbo en
forma nominal (inf., xer. ou
part.), chamado verbo
auxiliado. Entre ambos pode
aparecer un elemento de
enlace: unha preposición ou
a conxunción que.

You might also like