You are on page 1of 1

Estrutura comparativa (PÁX.

67)

Cando a partícula comparativa CA vai seguida de artigo determinado O, A, OS ou AS, pode


contraer ou non; calquera das dúas formas é correcta. Polo tanto, podemos escribir:
- Este edificio é máis alto ca o / có outro.
- A lancha nova é máis rápida ca a / cá vella.
- Este festival foi máis espectacular ca os /cós de anos anteriores.
- Gústanme máis as carballeiras ca as / cás praias.

A contracción da partícula comparativa CA NON se realiza nos seguintes casos:


1. Se o artigo xa forma parte doutra contracción: Gústalle máis ás galegas ca ás americanas.
2. Co artigo indeterminado: un(s), unha (s): Vai máis rápida ca unha lebre.
3. Cando vai seguida da preposición a: A ti resúltache máis doado ca a min.

EXERCICIOS
1. Completa coas formas do comparativo que se indican entre parénteses.
1) A túa moto ten _____________cilindrada________a miña. (igualdade)
2) Os carballos dan ____________sombra _____________os eucaliptos. (superioridade)
3) Fala_______come. (superioridade)
4) Hoxe estudei _______________tempo____________ti. (superioridade)
5) Esta comida está __________________salgada________________a túa. (inferioridade)
6) A froita da casa é ________saborosa _________a do supermercado. (superioridade)
7) A froita non é ________barata ____________pensas.(igualdade)
8) Comprei unha tixola ___________lixeira _____________estoutra. (superioridade)
9) É __________simpático _____________pensan eles. (superioridade)
10) Resulta ____________divertido ____________útil. (igualdade)
11) A situación non é_____________crítica ______________parece (igualdade).
12) El resulta ___________simpático______________é realmente (inferioridade).
13) Miña curmá é __________tímida ________o teu irmán (superioridade).
14) Eles son ____________responsables ____________vós (inferioridade).
15) Elas comen___________rápido ____________vós. (igualdade).
16) Este verán foi __________caloroso ___________o do ano pasado (superioridade).
17) Resultaron ser ______________calados ________aqueles. (inferioridade).
18) Están menos___________cansos____________din (inferioridade).
19) Lucía é ______________alta_____________min (igualdade).
20) Esta árbore parece____________grande ______________aquela (igualdade).
21) Ese rapaz é ______________listo__________vós pensades.
22) Gústame ______________cantar ___________bailar. (igualdade)

You might also like