You are on page 1of 1

MÉTRICA DOS POEMAS.

ARTE MAIOR: miden máis de 8 sílabas. Tipos de versos segundo o nº sílabas: eneasílabos (9 sílabas),
decasílabos (10 sílabas), hendecasílabos (11 sílabas), dodecasílabos (12 sílabas),
tridecasílabos (13 sílabas) ou alexandrinos (14 sílabas).

ARTE MENOR: miden 8 ou menos sílabas. Tipos de versos segundo o nº sílabas: bisílabos (2
sílabas), trisílabos (3 sílabas), tetrasílabos (4 sílabas), pentasílabos (5 sílabas), hexasílabos (6
sílabas), heptasílabos (7 sílabas) ou octosílabos (8 sílabas). 

Temos que ter en conta:

 Se a palabra final do verso é aguda, contaremos unha sílaba máis no dito verso.
 Se a palabra final do verso é esdrúxula, contaremos unha sílaba menos.
 Cando, no interior do verso, unha palabra remata por vogal e a seguinte tamén comeza
por vogal ou por hache prodúcese o que chamamos sinalefa, que é a unión das dúas sílabas,
contándose como unha soa:

You might also like