You are on page 1of 2

A fortaleza da monarquía

mayo 07, 2020


A monarquía que, ó longo de séculos, os españois captaron intelectualmente coma forma
natural e, en certa maneira sagrada, de goberno, e á que se sentiron vitalmente unidos,
era un poder enteiramente persoal, coma persoal é a autoridade que Deus instaurou na
familia, e na sociedade sobrenatural que é a Igrexa. En canto poder destinado a manter a
xustiza, a paz e o equilibrio na sociedade, debía ter a independencia e a forza suficiente
para exercer as súas elevadas funcións de maneira eficaz, sen verse obrigado a dobrar o
xeonllo fronte a ningún outro poder meramente humano para cumplilas.

Dixen que a monarquía tradicional a de ter fortaleza e independencia por non dicir que a
de ser absoluta, con palabras que hoxe volvéronse case ofensivas. O rei que é
verdadeiramente tal ten unhas funcións que lle son propias, sobre as cales ten un poder
supremo e nese sentido —só nese sentido— seu poder é absoluto respeito de calquera
outra potestade exclusivamente humana. Así entendido, o poder do rei non se pode
confundir co que se arrogaron os reis da época absolutista que, se bem non pretendían
verse libres da lei de Deus, si se situaban por riba da autoridade da Igrexa, ademais de
extender, en principio, o seu dominio a calquera ámbito da vida social. A forza, ou
absoluta independencia, que ha de ter a monarquía refírese só ás altas funcións que o
monarca a de desempeñar, sen que haxa unha potestade superior que as limite, feita
excepción do poder eclesiástico, a cuxa ensinanza e autoridade debe someterse da
maneira que no seu momento vimos. Entre as súas funcións de dirección suprema da
sociedade cóntanse as que son de índole común, como a dirección política xeral no
interior, a administración de xustiza, o mando militar e, en fin, a armonización e
coordinación da sociedade. Funcións xerais que se completan con outras particulares
respeito de cada um dos dominios da coroa —reinos, condados e señoríos— conforme á
concepción federativa e foral da coroa española, da que logo falaremos. Limitadas, dende
arriba, pola moral católica e a autoridade que deben recoñecer á Igrexa e, dende abaixo,
polos poderes inferiores historicamente establecidos en cada um dos reinos, o poder a de
ser real, con todo, independente e libre no exercicio das súas funcións.

Esta monarquía de poder forte, aínda que acotado, nada ten que ver coas pretendidas
monarquías constitucionais nin coas outras ocurrencias similares do liberalismo. O
carlismo, que sempre foi inimigo de ficcións, enganos e apariencias, desprezou
constantemente eses enxendros contraditorios que son os monarcas que reinan, mais
non gobernan. Esas monarquías fraudulentas, procedentes con frecuencia de
usurpacións, que se manteñen artificiosamente coma ardid simbólico de continuidades
inexistentes para sosego dos poderosos e sedución dos débiles; esas monarquías, por
cómodas que resulten para os seus beneficiarios, nunca as tivo o carlismo por
verdadeiras monarquías, dado que a monarquía é unha forma de goberno que non pode
ser exercida por quen non goberna. Educados para «as apariencias», os monarcas
constitucionais teñen funcións case domésticas, case de bondadosa avoíña algo tocada
da cabeza; redúcense ó hábil manexo de tesoiras para cortar cintas inaugurais, ó control
facial, para bicar nenos alleos sem poñer cara de noxo e para atender a todos sen dicir
nunca nada con substancia, mantendo o idéntico sorriso beatífico, por graves que sexan
as ofensas e desplantes que reciban. Os monarcas constitucionais, coa súa conciencia
cargada de concesións e omisións, cando non de traizóns, son incapaces de recibir a leal
adhesión por parte de ninguén e, por iso, sempre teñen a maleta feita. Quen moveu un
dedo cando Alfonso, chamado XIII, fuxiu para se poñer a salvo no exilio? Mesmo os
contados partidarios desa dinastía usurpadora, que coma José María Pemán se
empeñaron en ver no 14 de abril un acto de xenerosidade monárquica, desprezaban a
monarquía que converte uma forma de goberno en “forma estética, ceremonial ou
representación».

La sociedad tradicional y sus enemigos, de José Miguel Gambra, 1ª ed. 2019, cap. VIII,
págs. 205, 206 y 207.
https://www.carlismogalicia.com/2020/05/a-fortaleza-da-monarquia.html?
fbclid=IwAR0YcdpR8bag_m0Ld7aIeCPPHVZiZDtf3zPy9KKjUJ0o5wLNvv_toS_GLjo

You might also like