Fom802207 1 3

You might also like

You are on page 1of 3

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela


www.edu.xunta.es

ACTA NÚMERO 3 DA MESA DE CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE DIVERSA MAQUINARIA E


FERRAMENTA: MAQUINARIA AGRÍCOLA E FORESTAL, TORNOS, FRESADORAS, ADESTRADORES,
MÁQUINAS DE PREGADO E CORTE DE METAIS E MADEIRA, ESTACIÓNS DE ROBOTS, CENTROS DE
MECANIZADO ,FORNOS DE CONVENCIÓN, FRIGORÍFICO, ARMARIO SECADORIO, TERMOSELADORA PARA
ENVASADO,EQUIPOS DE INFRAVERMELLOS, AUTOCLAVES, DIVERSOS EQUIPOS PARA TALLERES
DENTAIS E SANITARIOS E DIVERSO EQUIPAMENTO PARA A REALIZACIÓN DE DIFERENTES ACTIVIDADES
DEPORTIVAS: BARRANQUISMO, SENDEIRISMO, NATACIÓN, IOGA, ETC. OS ANTERIORES EQUIPAMENTOS
VAN DESTINADOS OS TALLERES DOS CICLOS FORMATIVOS DAS SEGUINTES FAMILIAS PROFESIONAIS:
INDUSTRIAS ALIMENTARIAS, INSTALACIÓN E MANTEMENTO, MADEIRA, MOBLE E CORTIZA, MARÍTIMO-
PESQUEIRA, SANIDADE, TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS, ACTIVIDADES FÍSICAS E
DEPORTIVAS, AGRARIA, ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA, FABRICACIÓN MECÁNICA E ENERXÍA E AUGA
QUE SE IMPARTEN NOS DISTINTOS CENTROS EDUCATIVOS QUE DEPENDEN DA CONSELLERÍA. (Expte:
ED-09/21 SU), TRAMITADA POLO PROCEDEMENTO ABERTO, SUXEITA A REGULACIÓN HARMONIZADA.
TRAMITACIÓN ORDINARIA

Lugar: sesión virtual por videoconferencia


Data: 27.08.2010
Hora de comezo: 10.00 horas
Hora de remate: 11.30 horas

ASISTENTES

- Ana Pais López, xefa de servizo técnico-xurídico da Área de Educación, presidenta


- Augusto Rodriguez Jorda, interventor delegado, vogal
- Lorena Otero López, asesora xurídica, vogal
- Susana Castro Barral, subdirectora xeral de centros, vogal
- María Jesús López López, subdirectora xeral de construcións e equipamento, vogal
- Mª Paz Lorenzo Codesido, xefa de servizo de contratación, área educación, secretaria

ORDE DO DÍA

Apertura do arquivo electrónico correspondente ao sobre nº 2 “Criterios cuxa cuantificación dependa dun
xuízo de valor” que presentaron os licitadores, a través do SILEX, para participar no procedemento para a
contratación da subministración mencionada con anterioridade, publicada no SILEX e na Plataforma de
Contratación o día 28 de xuño de 2021.

DELIBERACIÓNS

Iníciase o acto público, o presidente dá lectura ao anuncio da contratación, relata a actuación levada a cabo
na reunión anterior da Mesa de Contratación.

Ao acto asistiu o representante da empresa HITRAF, SA, admitida na licitación.

Seguidamente, unha vez identificados os membros da Mesa encargados de desencriptar e recompoñer as


ofertas, procédese en primeiro lugar ao descifrado das mesmas, e a continuación á apertura dos sobres
Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

electrónicos nº 2 “Criterios cuxa cuantificación dependa dun xuízo de valor” das empresas admitidas na
licitación.
Comprobase que a documentación presentada polos licitadores é conforme aos requirimentos formais
CVE: U6SyzbTXv1

establecidos no prego.
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
www.edu.xunta.es

Logo do exame da proposición técnica, achegada pola empresa EL SECRETARIO, SL, obsérvase que
por erro achegou a oferta técnica do lote 22 no lote 21, tal como indica o certificado de presentación de
ofertas emitido polo Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SÍLEX), aínda que no DEUC xa
declaraba que viña ao lote 22.

ACORDOS

Logo de analizar a documentación achegada, a Mesa de Contratación acordou, por unanimidade

Primeiro: admitir á empresa EL SECRETARIO, SL no lote 22.

Segundo: que continúen no procedemento os seguintes licitadores que achegan a documentación


correctamente

 AGRICOLA CASAL, SL Lotes: 1 e 2


 HRE HIDRAULIC, SL Lotes: 3, 25 e 26
 ALECOP, S. COOP Lotes 3, 10, 23, 25 e 26
 FESTO AUTOMATION, SAU Lotes: 3, 23, 25 e 28
 EL SECRETARIO, SL Lotes: 4, 19 e 22
 DISTRIBUCIONES GENERALES MRC, SL Lotes: 6 e 10
 ELÍAS JADRAQUE, SA Lotes: 9, 10, 11, 12, 14, 23 e 24
 DAVID AROCA CUATRECASAS Lotes: 10 e 12
 ENRIEL, SL Lotes: 10, 11 e 14
 PROYECTOS INDUSTRIALES HNOS ANTUNEZ, SL (PIHA SL) Lotes: 11, 12, 14, 23 e 24
 HITRAF, SA Lotes: 17
 SOCIVI TÉCNICO, SLU Lotes: 20
 INSTALACIONES Y MANTENIMIENTOS MAGAR SL Lotes: 20
 VILA MOURIN, SL Lotes: 23
 COMERCIAL HOSPITALARIA GRUPO-3, SL Lotes: 29, 30, 31 e 32
 IZASA SCIENTIFIC, SLU Lotes: 29
 GALLEGA DE MATERIAL CIENTIFICO, SA Lotes: 31
 TECNOLOGÍA PARA DIAGNOSTICO E INVESTIGACIÓN, SA Lotes 32
 GUMERSINDO GARCÍA LA CORUÑA, SA Lotes: 10 e 12
 ROBOTPLUS, SL Lotes: 28
 GSI DOTACIÓN INDUSTRIAL, SL Lotes 11 e 14
 RINODRILL TECHNOLOGIES, SL Lotes 11 e 14

As empresas “GSI DOTACIÓN INDUSTRIAL, SL” e RINODRILL TECHNOLOGIES, SL.” forman grupo de
empresas para os efectos da valoración económica, procedendo á aplicación do réxime de baixas
desproporcionadas previsto no artigo 86 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se
aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Terceiro: Solicitarlle aos asesores técnicos da Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento, que
examinen e redacten o informe de valoración das proposicións dos licitadores en relación coa
documentación técnica.

Cuarto: Propor ao órgano de contratación a declaración de deserto do lote 21.


Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

Sen máis asuntos que tratar, a presidenta remata a sesión e eu redacto esta acta como secretaria, para
os efectos de dar fe dos acordos adoptados colexiadamente pola Mesa de Contratación.
CVE: U6SyzbTXv1
Asinado por: LORENZO CODESIDO, MARIA PAZ Asinado por: PAIS LÓPEZ, ANA
CVE: U6SyzbTXv1 Cargo: Xefa do Servizo de Contratación, Área Educación Cargo: Xefa do Servizo Técnico-Xurídico, Área
Verificación: https://sede.xunta.gal/cve Data e hora: 27/08/2021 14:09:03 Educación
Data e hora: 27/08/2021 14:11:10

A presidenta
Ana Pais López
www.edu.xunta.es

A secretaria
15781 Santiago de Compostela

Mª Paz Lorenzo Codesido


Edificio Administrativo San Caetano, s/n

You might also like