You are on page 1of 2

PROTOCOLO DE SEGURIDADE PARA ALUMNADO

Facultade de Formación do Profesorado

Dada a situación sanitaria que vivimos, a actividade presencial nos centros


educativos ten que estar garantida pola posta en marcha de todas aquelas medidas que
contribúan a minimizar o risco de contaxio.
Por este motivo, as normas que se expoñen a continuación son de OBRIGADO
CUMPRIMENTO. Non respectalas supoñerá unha infracción sanitaria falta grave.

NORMAS:
1) O persoal da USC, o alumnado e o persoal alleo con autorización para acceder non
deberá acceder aos centros e instalacións da USC nos seguintes supostos:
- Presentar sintomatoloxía compatible coa COVID.
- Estar en illamento domiciliario por diagnóstico por COVID-19
- Estar en período de corentena domiciliaria por manter un contacto estreito
con algunha persoa diagnosticada de COVID-19.
2) Obrigado o uso de máscara en todo momento.
3) Non se permite que o alumnado permaneza non edificio cando non teña actividade
lectiva presencial ou unha titoría concertada (agás na biblioteca e cafetería).
4) Ao entrar na Facultade, todo o alumnado deberá utilizar xel hidroalcohólico, que
poderá atopar nun dispensador no vestíbulo (planta baixa). Ademais, en cada aula
haberá dispensadores que é obrigatorio utilizar á entrada e á saída.
5) A entrada ao centro será unicamente pola porta esquerda (principal). A saída será
exclusivamente pola porta dereita (decanato).
6) A entrada e saída á cafetería será pola porta dereita (decanato).
7) A entrada e saída ás aulas de plástica, música e espazo de traballo en grupo (nestes
momentos destinado a docencia) será exclusivamente pola porta da esquerda
(principal).
8) Para evitar aglomeracións recoméndase entrar uns 10 minutos antes do inicio da
sesión, sempre e cando estea valeira a aula. Non pode haber agrupamentos do
alumnado nos que non se manteña a distancia de seguridade, nin na entrada nin en
calquera dependencia do Centro.
9) Cada alumno/a dirixirase á aula que lle corresponda en función do seu grupo de
traballo. Á hora de inicio de cada clase o alumnado deberá estar xa sentado non seu
posto numerado e ter previamente limpado o mesmo. Aínda que as aulas están
desinfectadas, para maior seguridade, cada alumno limpará o seu posto previamente a
sentarse nel.
10) A cada alumno asignaráselle un posto na aula, numerado, que será estable para
todas as sesións presenciais que se realicen nesa aula.
11) As clases finalizarán 15 minutos antes do contemplado no horario para proceder á
ventilación da aula. O alumnado deberá proceder á limpeza do posto ocupado antes de
abandonalo. Unha vez remate, deberá dirixirse, no caso de ter outra sesión presencial,
á aula oportuna, podendo entrar cando o alumnado da sesión anterior a deixe valeira,
procedendo a facer o indicado no Punto 9.
12) Débese transitar sempre no sentido que indican as frechas. No caso de coincidir
varias persoas, débese gardar coa precedente e posterior unha distancia mínima de 1,5
metros.
13) O alumnado poderá utilizar os postos reservados na Biblioteca da facultade. So
poderá utilizar a biblioteca Intercentros no horario e días permitidos.
14) No corredor das aulas das plantas 1ª e 2ª estará delimitado e debidamente indicado
o sentido da circulación.
15) Os fluxos do alumnado en cambios de aulas será garantindo sempre a distancia de
seguridade. Nos cambios de aula deberase permanecer fora da mesma ata que estea
valeira e poda entrar. Seguidamente procederá a seguir coas indicacións dos puntos 9,
10 e 11.
16) Titorías: As titorías serán preferentemente virtuais. Se alguén necesita unha titoría
presencial, sempre de forma individual, deberá ser con cita previa para evitar
aglomeracións perigosas nas portas dos despachos. Os datos do alumno terán que ser
rexistrados exclusivamente a efectos sanitarios.
17) Se alguén presenta síntomas compatibles coa Covid-19 estando na facultade deberá
comunicarllo ao docente presente na aula, e iniciará o protocolo establecido.
18) Por regra xeral e debido ás actuais circunstancias sanitarias e ás limitacións de
espazos nas aulas, OS CAMBIOS DE GRUPO NON ESTÁN PERMITIDOS, agás en
circunstancias excepcionais.

Máis información: https://www.usc.gal/gl/usc/covid19

You might also like