You are on page 1of 1

POSIBLES PREGUNTAS SOBRE A LITERATURA DE VANGARDAS

LINGUA GALEGA E LITERATURA 4º ESO


1. Sinala os principais promotores dos seguintes ismos:
Cubismo, futurismo, creacionismo, surrealismo, saudosismo e dadaísmo.
2. Que é un caligrama?
3. Con que tendencia vangardista se relaciona?
4. Enumera os ismos da literatura galega.
5. Nomea tres revistas da época das vangardas.
6. Que é o neotrobadorismo?
7. Con que obra se inicia a corrente neotrobadorista?
8. Quen é o seu autor?
9. Cal é o seu ano de publicación?
10. Con que títulos Álvaro Cunqueiro participa no neotrobadorismo? Sinala tamén o ano.
11. Como se chama o ismo que se caracteriza pola paisaxe personificada e a riqueza de imaxes
visuais e auditivas?
12. Que autor é o seu máximo representante?
13. Indica un título deste autor.
14. O manifesto ¡Máis Alá!
15. Quen redacta o manifesto ¡Máis Alá!?
16. En que ano se redacta?
17. Os poemas “Intencións” e “Adeus”, a que obra poética os asocias?
18. Con que movemento vangardista podemos ligar a Manuel Antonio?
19. Sinala 5 características vangardistas que podemos observar nos poemas de Manuel Antonio.
20. Estrutura de De catro a catro.
21. Explica por que De catro a catro presenta unha tripla orixinalidade: lingüística, temática e
formal.
22. En De catro a catro é fundamental a simboloxía. Indica que representa:
◦ o mar = ◦ o barco = ◦ a terra = ◦ o vento =
23. Menciona outros dous títulos do autor de De catro a catro.
24. Escribe o título da peza teatral de Rafael Dieste publicada en 1927.
25. Como se titula o libro de relatos que publica en 1926?
26. Por que é importante o “Limiar” desta obra de 1926?
27. Enumera 5 características que posúen os relatos de Rafael Dieste.
28. Que temas combina Rafael Dieste no seu libro de relatos de 1926?
29. Quen é o autor do relato “Sobre a morte de Bieito”?
30. En que obra se encadra?

You might also like