You are on page 1of 3

Este fragmento de Na noite estrelecida pertence á segunda saga, “O cabaleiro do Santo Graal”.

Nesta segunda saga o seu


protagonista é Galahaz, cabaleiro da Táboa Redonda, que logo de abandonar o castelo de Artur, viaxa ata Galicia na procura do
Graal/Grial.
Neste fragmento Galahaz entra en Galicia, encóntrase cunha doncela que lle calza a espora e segue camiñando ata que un día
de Venres Santo chega ao Cebreiro.

ACTIVIDADES

▪A estrutura temática responde ás seguintes partes:


a) Galahaz abandona o castelo do rei Artur e viaxa ata Galicia.
b) Encontro coa doncela, que lle calza a espora.
c) Continúa a viaxe e chega ata O Cebreiro.
→Identifica os versos entre os que se sitúa cada parte.

▪Galahaz, o heroe, representa o perfecto cabaleiro cristián, entregado ao soño ideal de conseguir o Graal.
→Analiza cales son as grandes calidades do personaxe, tanto no plano físico como psicolóxico.
→Para conseguir o Graal debe manterse “puro e limpo de mal”. Cal é a tentación que evita nestes versos?

▪Fíxate agora na presentación de Galicia, que aparece descrita como unha terra de extraordinaria beleza, un auténtico paraíso.
A descrición baséase no tópico do locus amoenus (‘lugar pracenteiro’), que consiste na idealización da natureza como un lugar
propicio para o amor. Contén unha serie de elementos esenciais:
a) vexetación exuberante e frondosa;
b) auga (un regato, unha fonte...);
c) suave brisa do vento.
→Busca exemplos.

▪O poema combina dous tipos de versos: a) Verso simple de arte menor. b) Verso composto formado por dous hemistiquios
separados por unha cesura.
→Analiza metricamente a primeira e a última estrofas.

You might also like