You are on page 1of 1

OBRADOIRO FUNDACIÓN ABANCA CON OUSMAN UMAR

“VIAJE AL PAÍS DE LOS BLANCOS”

A partir do Obradoiro do 9 de novembro, podemos reflexionar co noso alumnado sobre a situación que

Ousman Umar contou nesta xornada. Está é unha guía de cuestións para ir guiando o debate na hora de

titoría, ou ben o podedes facer de maneira individual e logo concluir en conxunto. Por suposto, como

decidades que funciona mellor co voso grupo.

1. Cal é a idea principal que quere transmitir Ousman Umar?

2. Que sabías antes de ver a conferencia sobre a inmigración ao noso país?

3. A partir desta actividade cambiou a túa perspectiva con respeto ao que pensabas? Pon exemplos.

4. Cales foron as maiores dificultades que se atopou Ousman Umar na súa traxectoria?

5. Cales foron os seus motivos para irse do seu país?

6. Que coñecía el de Europa?

7. Cambiou a súa opinión ao chegar aquí. Cales foron os motivos?

8. Que deixa atrás unha persoa cando emigra?

9. Que te levarías ti, se estiveses nesta situación?

10. Cres que os dereitos humanos se estaban respetando no país onde residia Ousman Umar?

11. Recomendarías esta historia a algunha persoa? Escribe dúas razóns.

You might also like