You are on page 1of 2

As ideas principais da Unidade “Medio Ambiente e Humanidade” son:

1. Definimos Medio Ambiente como o conxunto de interaccións entre o medio


natural e o medio social, polo que o seu estudo debe realizarse de forma global
ou sistémica para comprender o seu funcionamento coma un todo, e de forma
interdisciplinar para abarcar toda a súa complexidade.

2. Os estudios sistémicos baseánse na Teoría de Sistemas, definindo sistema


como un conxunto de partes que interaccionan e teñen un funcionamento
global diferente ao das partes por separado. Son sistemas naturais dende os
átomos ata o Universo, dende unha célula ata a Terra. Normalmente un
sistema está composto por sistemas menores denominados subsistemas.

3. Os sistemas poden ser abertos, pechados ou illados segundo intercambien


materia e enerxía, so enerxía ou non haxa intercambios co ámbito. A Terra
considérase un sistema pechado.

4. Os estudos sistémicos poden abordarse dende dúas perspectivas


complementarias: caixa negra, so entradas e saídas, e caixa branca,
observando o seu interior. Como exemplo de ambos métodos veremos o
estudo do clima terrestre.

5. As relacións entre os compoñentes dun sistema son as relacións causais, que


se dividen en abertas ou pechadas (bucles de realimentación). A súa vez,
poden ser positivas ou negativas.

6. Os bucles de realimentación positivos reflexan a capacidade dos sistemas para


crecer ou decrecer de forma explosiva ou colapsar, mentres que os bucles
negativos son estabilizadores ou reguladores.

7. Para comprender os cambios acaecidos no planeta, introducimos á división do


tempo xeolóxico (eóns e eras) e sinalamos os acontementos xeolóxicos e
biolóxicos máis relevantes da historia da Terra. A unidade do tempo en
xeoloxía é o millón de anos (Ma).

8. Así mesmo, daremos unha visión das tres fases da historia humana en relación
co medio natural (sociedade recolectora, agrícola e industrial) destacando o
modo de vida, tecnoloxía, fontes de enerxía e impactos ambientais de cada
etapa, valorando como o paso da sociedade recolectora, á agrícola e industrial,
fai aumentar considerablemente a magnitude dos impactos ambientais.

9. A problemática global actual constitúe unha crise ambiental, e para a súa


solución presentamos tres propostas de desenvolvemento: modelo de
expansión contínua, que prima o crecemento económico; ultraconservacionista,
que propón o crecemento cero; e o desenvolmento sostible, co obxetivo de
conciliar economía e conservación, e coa tripla dimensión da sostenibilidade
económica, ecolóxica e social.

10. Definimos risco natural, os seus tipos e os seus factores (perigosidade,


exposición e vulnerabilidade), así como a planificación para afrontalos
mediante a predición e a prevención, que contempla dous tipos de medidas:
estruturais, que supoñen modificacións ou construcións, e as non estruturais,
de tipo lexislativo e educativo.

1
11. Definimos impacto e os clasificamos segun o seu alcance e o subsistema
terrestre máis afectado.

12. Definimos recurso natural e reserva. Clasificamos os recursos segundo a súa


natureza e a súa capacidade de renovación en non renovables, renovables e
potencialmente renovables

13. Definimos resíduo e comentamos a súas diferentes denominacións.

14. Finalmente estudiamos as principais fontes de información ambiental baseadas


nas novas tecnoloxías: teledetección, sistemas de posicionamento global,
modelos informáticos de simulación ambiental e sistemas de información
xeográfica ou SIX. En cada caso comentamos en que consisten e as súas
aplicacións en ciencias ambientais.

You might also like