You are on page 1of 12

IES SAN CLEMENTE_ CURSO 2021-2022

CULTURA AUDIOVISUAL I
A LINGUAXE AUDIOVISUAL I (1ª PARTE)
1ª AVALIACIÓN – 1ª QUINCENA
NESTA SESIÓN...
• Veremos a DIFERENZA entre TEMPO FÍLMICO e TEMPO REAL.
• E coñeceremos:
- As UNIDADES TEMPORAIS FÍLMICAS.
- Os RECURSOS PARA ALONGAR OU ACURTAR a duración do tempo real.
- Que é a CONTINUIDADE ou RACCORD.
A NARRACIÓN DA IMAXE EN MOVEMENTO.

RELATO AUDIOVISUAL

Desenvólvese no TEMPO FÍLMICO


TEMPO REAL
 REPRESENTACIÓN do tempo
real. O que tarda en ocurrir un
 Pode ser MANIPULADO acontecemento NA REALIDADE.
dependendo da situación.
Para estudar o TEMPO FÍLMICO é necesario coñecer…
AS UNIDADES TEMPORAIS FÍLMICAS.

PLANO É a UNIDADE MÍNIMA de narración.

• Pode ser FIXO OU EN MOVEMENTO.


• A súa DURACIÓN depende de:
- O tamaño. Os xerais adoitan durar máis.
- A acción. Os movementos de cámara poden alongalo sen interrupción.
- O ritmo. A máis duración, tranquilidade. A menos, angustia.
• PERMITE FRAGMENTAR A REALIDADE. Selección de imaxes que abrevian o relato.

TOMA É TODO O MATERIAL GRAVADO DENDE QUE A CÁMARA SE PON EN MARCHA ATA
QUE SE DETÉN.
Por tanto:

• Para conseguir un bo plano, normalmente necesítanse diferentes tomas.


• O plano definitivo será unha parte da toma.
Para estudar o TEMPO FÍLMICO é necesario coñecer…
AS UNIDADES TEMPORAIS FÍLMICAS.

PLANO É UN SÓ PLANO SEN CORTAR, de xeito que o O TEMPO REAL SEXA IGUAL QUE O
TEMPO FÍLMICO.
SECUENCIA
Supón un RETO para os directores de cine porque necesita:
• Unha boa planificación.
• O emprego de recursos técnicos complexos.

Son exemplos emblemáticos:


• “A soga” (1948) de Alfred Hitchcock.
https://www.youtube.com/watch?v=x7C6PDrn_00&ab_channel=PELISYESTRENOS
• “Sede de mal” (1958) de Orson Wells.
https://www.youtube.com/watch?v=JaJmdtGJ3vg&ab_channel=javifields
• “Son Cuba” (1964) de Mikhail Kalatozov.
https://www.youtube.com/watch?v=mkVMC82SWSw&ab_channel=FernandoIrigaray
Para estudar o TEMPO FÍLMICO é necesario coñecer…
AS UNIDADES TEMPORAIS FÍLMICAS.

ESCENA É o MATERIAL FILMADO que transcorre NUN MESMO:


• LUGAR.
• ESPAZO TEMPORAL.

Haberá cambio de escena cando:


• Os personaxes cambien de espazo físico.
• Se produza un salto temporal (aínda que sexa no mesmo lugar).

SECUENCIA É un CONXUNTO DE PLANOS QUE CONSTITÚEN UNHA UNIDADE


DRAMÁTICA.
AGRUPA UNHA OU VARIAS ESCENAS (conectadas entre si por unha mesma
idea).
RECURSOS PARA ALONGAR OU ACURTAR A DURACIÓN DO TEMPO REAL.

ELIPSE Mecanismo narrativo polo que só se representan os MOMENTOS MÁIS


SIGNIFICATIVOS dunha montaxe audiovisual.
AFORRA tanto TEMPO como se desexe. Así podemos facer que unha historia
de miles de anos transcorra nunha hora de película.

ELIPSE MÁIS LONGA DO MUNDO DO CINE: “2001: Odisea do espazo” (1968) de Stanley
Kubrick.
https://www.youtube.com/watch?v=KOQ1s7oDbiA&ab_channel=AcademiaMoreno

RETARDACIÓN ACELERACIÓN
“Cámara lenta”. “Cámara rápida”.
Conséguese rodando a maior velocidade Conséguese rodando a unha velocidade
de cámara e despois expoñendo estes menor da normal, polo que a sensación de
fotogramas a velocidade normal (24/s). movemento na proxección é máis rápida.
RECURSOS PARA ALONGAR OU ACURTAR A DURACIÓN DO TEMPO REAL.

CONXELADO REITERACIÓN ACCIÓN


DETENCIÓN DO TEMPO DA MONTAXE PARALELA
REAL. Sucesión de planos Intercálanse planos de
Para que o espectador ou expoñendo UNHA DÚAS ACCIÓNS QUE
espectadora centre a MESMA ACCIÓN DESDE TRANSCORREN EN
ATENCIÓN NALGÚN DIFERENTES PUNTOS DE DIFERENTES LUGARES NO
DETALLE. VISTA. MESMO MOMENTO.

Exemplo: cando cae un Exemplo: un incendio e os


soldado ferido. bombeiros que saen en
auxilio.
Para realizar cambios de plano, escena ou secuencia utilízanse os chamados SIGNOS DE PUNTUACIÓN ou
TRANSICIÓNS, que poden suxerir un PASO TEMPORAL MÁIS OU MENOS ACUSADO.

TRANSICIÓNS ENTRE PLANOS.

CORTE É a TRANSICIÓN MÁIS SINXELA.

Enlaza dunha maneira directa dúas situacións dunha mesma acción.

FUNDIDO DESVANÉCESE a primeira escena mentres que VAI APARECENDO a segunda.


ENCADEADO Dá a sensación dun PEQUENO SALTO TEMPORAL.

FUNDIDO OSCURECEMENTO GRADUAL da primeira escena ata deixar a PANTALLA EN


NEGRO.
EN NEGRO
Dá a sensación de MÁIS SALTO TEMPORAL QUE O ENCADEADO.
Para realizar cambios de plano, escena ou secuencia utilízanse os chamados SIGNOS DE PUNTUACIÓN ou
TRANSICIÓNS, que poden suxerir un PASO TEMPORAL MÁIS OU MENOS ACUSADO.

TRANSICIÓNS ENTRE PLANOS.

CORTINILLA Dan paso a unha NOVA IMAXE a través dunha determinada FIGURA
XEOMÉTRICA.

Dá a sensación dun SALTO TEMPORAL INDETERMINADO pero cunha


estreita CORRELACIÓN ENTRE AS DÚAS ESCENAS.

VARRIDO Consiste en pasar dunha imaxe a outra mediante unha PANORÁMICA MOI
RÁPIDA, creando na pantalla unha IMAXE BORROSA.

https://www.youtube.com/watch?v=825OiwPf3Gw&ab_channel=memovazquez
Cando se cambia dun plano a outro, entre ambos debe existir unha CONTINUIDADE ou…
RACCORD.
É MOI IMPORTANTE. Os erros de raccord PODEN ESTRAGAR UNHA HISTORIA AO NON FACELA CRIBLE.
Esta continuidade DEBE EXISTIR:

NO ESPAZO NO VESTIARIO E ESCENARIO.


Liñas virtuais, dirección dos personaxes, Hai que ASEGURARSE de que o vestiario
xesto e miradas. dos personaxes e a súa contorna NON
CAMBIEN SEN RAZÓN.

NA ILUMINACIÓN NA INTERPRETACIÓN
Que NON haxa CAMBIOS REPENTINOS DE Os actores e actrices deben coidar factores
TONALIDADE dentro dun mesmo espazo como o TON DA VOZ e a EXPRESIVIDADE
e secuencia. para QUE RESULTE NATURAL en cada
cambio de plano.

https://www.youtube.com/watch?v=f9oDJspw-mc&ab_channel=ZineM%C3%81S
NA PRÓXIMA SESIÓN...
veremos os DISTINTOS TIPOS DE PLANOS en función de:

• o ENCADRE en relación á FIGURA HUMANA.


• o ÁNGULO ou punto de vista en que se coloca a
CÁMARA en relación cun OBXECTO OU PERSONAXE.

You might also like