You are on page 1of 3

Galego

Linguas hexemónica: son as que gozan dun gran prestixio social, determinado pola existencia
dun poder político-económico que as potencia.

Linguas minoritarias: son as usadas por comunidades lingüísticas pequenas en número.


Independentemente da consideración social que teñan, posúen comparativamente un
pequeno número de falantes.

Linguas minorizadas (minusvaloradas) : son aquelas que, sendo historicamente propias dun
pobo, están sometidas a condicións sociais tales que ven restrinxidas as súas funcións de uso. É
dicir, a súa presenza social (por exemplo, nos medios de comunicación) é menor da porcentaxe
que lle correspondería polo número de falantes.

Bilingüismo: situación de coexistencia de 2 linguas. Sempre hai unha que está por riba da
outra.

Diglosia: situación lingüística na que existe unha lingua A e unha B:

 A: para usos formais (medios de comunicación, ciencia, igrexa, ensino, burocracia,


xustiza, literatura, cultura, comercio...).
 B: para usos informais, uso diario.

A lusofonía

 Lusofonía: conxunto de países que teñen como lingua oficial o portugués.


 O galego e o portugués son 2 linguas moi semellantes debido a que teñen unha orixe
común.
 No territorio da antiga Gallaecia romana, nace en torno ao s.IX, un novo idioma: o
galego-portugués.
 No s.XII Portugal convértese en reino independente e Galicia queda supeditada ao
Reino de Castela.
 Mentres Galicia queda subordinada política e culturalmente a Castela e o castelán
comeza a introducirse nas clases dirixentes (nobreza e clero), Portugal inicia no s.XV a
súa expansión territorial por África, Asia e América.
 Lista de países: Portugal, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, São Tomé
e Príncipe, Timor e Brasil.
 Vantaxes do galego nestes países: facilitar a comunicación, facilitar o aceso ao
mercado laboral dos países lusófonos e difusión da literatura ao norte e ao sur do
Miño.

Os prexuízos lingüísticos

 No s.XVI Galicia quedou subordinada política e culturalmente a Castela.


 Penetración da lingua castelá que se converteu na lingua escrita e na única usada nos
usos formais.
 O galego, aínda sendo o idioma da meirande parte da poboación, quedou relegado aos
usos orais e coloquiais.
 Como consecuencia da desigual repartición de usos entre ambas linguas, na conciencia
dos falantes creáronse valoracións negativas cara o idioma galego.
 Prexuízos:
- A suposta falta de utilidade do galego.

2
- O galego asociado ao mundo rural, á pobreza, á ignorancia e ao atraso.
- O uso do galego como sinal de descortesía ou mala educación.
- A suposta imposición do galego.
- O galego como marca ideolóxica.
- O galego como lingua primitiva ou dialecto.
- O galego normativo como lingua artificial.
- O galego non é apto para a ciencia.

 O obxectivo deste prexuízos é debilitar a lingua galega e reforzar á castelá.


 Escusas para non empregala.
 Situacións de autoódio e desprezo pola propia lingua.

Vangarda

 O termo vangarda provén do francés avant garde , palabra procedente ao léxico


militar que designa a parte máis adiantada do exército, a ``primeira liña´´ de combate.
Con esta palabra defínese a actitude combativa destes movementos artísticos na
procura da modernización da arte.
 Características das vangardas:
- Actitude antisentimental.
- Defensa da total liberdade creativa e reivindicación da súa independencia e
orixinalidade.
- Defensa da arte pola arte: renuncia a calquera finalidade exterior ao propio
discurso artístico, procura da arte pura.
- Renovación da linguaxe literaria: cultivo do verso libre, eliminación dos signos de
puntuación, novas funcións de imaxes e metáforas...
 Que é un manifesto?: escrito onde unha persoa ou un grupo de persoas dá a
coñecer a súa opinión, ideoloxía, intencións...
 Características da Xeración do 25:
- Nos anos 20 e 30 xorde en Galicia un grupo de escritores.
- Nados a redor de 1900.
- Levan a cabo a renovación da poesía galega mediante a incorporación das
novidades vangardistas europeas.
- Manteñen estreitas relacións cos compoñentes das Irmandades da Fala e do
Grupo Nós.
- Participaron na creación do Seminario de Estudos Galegos e da formación do
Partido Galeguista.
 A poesía de vangarda en Galicia:

Vangarda matizada Tradición + innovación Hilozoísmo e


neotrobadorismo
Vangarda plena Vangarda Creacionismo

 Hilozoísmo: as denominacións hilozoísmo e animismo fan referencia ao tema:


personificación da paisaxe. Imaxinismo refírese á sucesión de imaxes gráficas.

2
 Características do hilozoísmo:

- Ten como tema principal do poema a natureza, que aparece humanizada a


animada mediante personificacións.
- Esta estética combina a tradición paisaxística procedente s.XIX coa riqueza das
imaxes e metáforas características da poesía de vangarda.
- A súa meta é a creación de imaxes nas que se reúnen elementos visuais e
auditivos, con predominio das cores fortes e vivas.
- Métrica sinxela.

 Neotrobadorismo: esta escola poética nace tras o descubrimento e difusión da


poesía medieval galego-portuguesa grazas á edición dos cancioneiros realizada por
José Joaquim Nunes.
 Características do neotrobadorismo:
- Introducen na poesía numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos da
lírica medieval: o tema amoroso, a ambientación espacial, o paralelismo, o refrán...
- Combinan os temas e técnicas dos cancioneiros medievais con atrevidas imaxes
vangardistas.
- Autores: Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro, Xosé María Álvarez Blázquez.

 Creacionismo:
 Ruptura coa tradición literaria galega.
 Aposta pola renovación temática formal.
 O prototipo de escritor creacionista é Manuel Antonio:
- ``De catro a catro´´ (referencia a súa xornada laboral)
- Compara a viaxe do barco coa súa viaxe interior.
- Terra: seguridade.
- Mar: incertidume.
- Vento: facilita a súa viaxe,.
- Ronsel (rastro que deixa o barco), popa: referencias ao pasado.
- Proa: avance da viaxe.
- Nós sos: refírese a el e máis aos seus pensamentos.
 O Manifesto ``Máis alá´´
 Necesidade de que literatura galega rompa coa tradición e busque novos camiños.
 Inspirándose nos movementos renovadores vangardistas.
 Cada autor amosa a súa independencia e orixinalidade.
 Compromiso coa lingua galega, afirmando o seu monolingüísmo.
 Di que os vellos escriben hoxe como se vivisen no antonte e que os devanceiros son os
que escribiron hai moitos anos.

You might also like