You are on page 1of 2

LITERATURA GALEGO :

GALICIA NA GUERRA CIVIL E NA DITADURA (1936-1976)


● A GUERRA CIVIL:

Foi provocada por un golpe de estado contra a legaliade republicana promovido por parte do exército liderado
por Franco.

Consecuencias:

● Políticas: instauración dunha ditadura


● Sociais supresión de dereitos fundamentais conseguidos anteriormente.
● Económicas crise e evolución económica.

● A POSGUERRA: TEMPO DE REPRESIÓN.

A ideoloxía franquista era contraria á democracia e afectou especialmente ás organizacións de esquerda e


nacionais ademais a expresión cultural en linguas que non fosen a castelá.

As consecuencias para a vida cultural que se expresaba en galego foron:


● Clausuraron editoriais, revistas e xornais.
● Foron fusiladas persoas relacionadas co mundo da cultura; outros tiveron que marchar o exilio; outras
foron apartadas do seu traballo e outras optaron por dar o seu apoio ao réxime.

● A OPOSICIÓN AO FRANQUISMO.

No exterior, os intelectuais traballaron tanto o ámbito político como cultural (creación editoriais, xornais,
revistas…).

No interior, logo dunha década de silencio na posguerra máis dura, temos que diferenciar entre:
● Resistencia cultura
● Resistencia política.

LITERATURA DO EXILIO.

● O TRABALLO CULTURAL DOS EXILIADOS.


Salientan os seguintes nomes: Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor, Emilia Pita… Eles puxeron en marcha
numerosos iniciativas para manter viva a cultura galega:
● Edición de revistas culturais e literarias.
● Creación de canles para a publicación de libros galegos.
● Consolidación dun teatro galego.
● Extenso labor de divulgación da cultura galega entre a colectividade emigrante
● LUIS SEOANE: VIDA E OBRA

Fillo de emigrantes (Bos Aires 1910). A súa familia volveu a Galicia cando el tiña seis anos. Estudou Dereito
en Compostela.
A Guerra Civil obligouno a exiliarse a Bos Aires.
A poesía de Seoane ten como temas fundamentais a emigración e o exilio. Tenta darlles voz os migrantes
que tiveron que deixar Galicia. A súa poesía denuncia o social.

● EDUARDO BLANCO AMOR.

Naceu en Ourense en 189. Para fuxir do servicio militar emigrou a Bos Aires onde conseguiu traballo como
xornalista.
Pasou dúas longas etapas en España, como correspondente do diario arxentino La Nación.
Blanco Amor publicou: Romances Galegos e Poema en catro tempos.

● OBRA NARRATIVA BLANCO AMOR.

Trouxo á literatura galega novos temas e formas de narrar.


Ten duas novelas en castelan: La catedral y el niño e Los miedos).
E en galego: A esmorga ambientada nos arrabaldes de Ourense; Xente ao lonxe e os Biosbaros, contos.

NARRATIVA DE POSGUERRA.
● ALVARO CUNQUEIRO.
Naceu en 1911 en Mondoñedo. A súa vila natal achega un gran significado a súa obra xa que as accións a
obra desenvolvense alí.
Escribe Mar ao Norde, Poemas do sí e non, Cantiga nova que se chama riveira en poesía e Merlín e a familia,
as crónicas do sochante e se o vello simbad volvese as illas como novela.
Escribiu escola de menciñeiros, xente de aquí e acolá e os outros feirantes como libros de narración breves
con persoaxes reais e imaxinarios.

Usa a mestura entre a realidade e fantasía, narracions realistas con recursos da tradición oral popular,
ademais, destaca o humor.
O humor é esencial na obra de Cunqueiro. Está presente en novelas e nos libros de relatos breves, onde
tenta ofrecer unha visión do mundo rural.

● ANXEL FOLE

Naceu en Lugo en 1903. Cando comezou a Guerra Civil, Anxel xa estaba metido nos círculos culturais e
políticos ligados o partido galeguista.
Foi periodista e, paralelamente, narrador.
Os libros de Anxel son: A lus do candil, Terra Brava, Contos da néboa e Historia que ninguén cree.

You might also like