You are on page 1of 6

PLANIFICACIÓN FINANCEIRA

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA FINANCEIRA E CONTABILIDADE

DOCUMENTO DE TRABALLO
XESTIÓN DO FONDO DE ROTACIÓN E REESTRUTURACIÓNS

SUPOSTO 1: CASO DE CIRCULANTE

Supoña unha empresa que a 31 de decembro presenta a seguinte estrutura en miles de euros:

ACTIVO CORRENTE PASIVO CORRENTE


Existencias Mat. Prima ................ 20.000 Provedores..................... 100.000
Existencias Prod. Rematados ........ 50.000 Dividendos a pagar ........... 20.000
Clientes ..................................... 20.000 Impostos a pagar.............. 20.000
Tesouraría ................................. 10.000
TOTAL ................................... 100.000 TOTAL ......................... 140.000

Sábese:
a. O período medio de almacenamento para a materia prima é 10 días
b. O período medio de fabricación é 15 días
c. O período medio de almacén para o produto final é 5 días
d. O período medio de cobramento a clientes é 60 días
e. O período medio de pagamento a provedores é 90 días
f. Os impostos pagaránse aos seis meses
g. Os dividendos pagaranse, en termo medio, aos tres meses.

Pídese:
a. Valorar a situación real de solvencia da empresa
b. Cálculo de FRR, FRN e FRD. Asuma que a empresa vende anualmente 600 millóns de euros en
300 días operativos.

SUPOSTO 2: CASO DE CIRCULANTE

BALANCE A 31/12/200X

ACTIVO CORRENTE 2.650.000


DISPOÑIBLE 150.000
CLIENTES 1.000.000
EXISTENCIAS 1.500.000
ACTIVO NON CORRENTE NETO 10.000.000
TOTAL ACTIVO 12.650.000
PASIVO CORRENTE 4.000.000
PROVEEDORES 3.000.000
PASIVOS FINANCEIROS CP 1.000.000
FONDOS PROPIOS 8.650.000
TOTAL PASIVO 12.650.000
RESULTADOS A 31/12/200X %

VENDAS 50.000.000 100,00%


CUSTO DE VENDAS -37.500.000 -75,00%
EXISTENCIA INICIAL 10.000.000
COMPRAS 29.000.000
EXISTENCIA FINAL 1.500.000
MARXE COMERCIAL BRUTA 12.500.000 25,00%

-1-
PLANIFICACIÓN FINANCEIRA

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA FINANCEIRA E CONTABILIDADE

GASTOS DE ESTRUTURA -10.000.000 -20,00%


BAIT 2.500.000 5,00%
XUROS POR DÉBEDA -50.000 -0,10%
BAT 2.450.000 4,90%
IMPOSTO SOCS. -857.500 -1,72%
BDII 1.592.500 3,19%

SUPOSTO 3: CASO DE CIRCULANTE

BALANCE A 31/12/200X

ACTIVO CIRCULANTE 18.150.000


DISPOÑIBLE 150.000
CLIENTES 8.000.000
EXISTENCIAS 10.000.000
ACTIVO FIXO NETO 10.000.000
TOTAL ACTIVO 28.150.000
PASIVO CIRCULANTE 4.000.000
PROVEDORES 3.000.000
PASIVOS FINANCEIROS CP 1.000.000
FONDOS PROPIOS 24.150.000
TOTAL PASIVO 28.150.000
RESULTADOS A 31/12/200X %

VENDAS 50.000.000 100,00%


CUSTO DE VENDAS -37.500.000 -75,00%
EXISTENCIA INICIAL 10.000.000
COMPRAS 37.500.000
EXISTENCIA FINAL 10.000.000
MARXE COMERCIAL BRUTA 12.500.000 25,00%
GASTOS DE ESTRUTURA -10.000.000 -20,00%
BAIT 2.500.000 5,00%
XUROS POR DÉBEDA -50.000 -0,10%
BAT 2.450.000 4,90%
IMPOSTO SOCS. -857.500 -1,72%
BDII 1.592.500 3,19%

SUPOSTO 4: CASO DE CIRCULANTE

BALANCE A 31/12/200X

ACTIVO CIRCULANTE 3.650.000


DISPOÑIBLE 150.000
CLIENTES 1.000.000
EXISTENCIAS 2.500.000
ACTIVO FIXO NETO 10.000.000
TOTAL ACTIVO 13.650.000

-2-
PLANIFICACIÓN FINANCEIRA

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA FINANCEIRA E CONTABILIDADE

PASIVO CIRCULANTE 6.500.000


PROVEDORES 2.500.000
PASIVOS FINANCEIROS CP 4.000.000
FONDOS PROPIOS 7.150.000
TOTAL PASIVO 13.650.000
RESULTADOS A 31/12/200X %

VENDAS 50.000.000 100,00%


CUSTO DE VENDAS -37.500.000 -75,00%
EXISTENCIA INICIAL 10.000.000
COMPRAS 30.000.000
EXISTENCIA FINAL 2.500.000
MARXE COMERCIAL BRUTA 12.500.000 25,00%
GASTOS DE ESTRUTURA -10.000.000 -20,00%
BAIT 2.500.000 5,00%
XUROS POR DÉBEDA -200.000 -0,40%
BAT 2.300.000 4,60%
IMPOSTO SOCS. -805.000 -1,61%
BDII 1.495.000 2,99%

SUPOSTO 5: ALONGAMENTO DO PERIODO DE CRÉDITO A CLIENTES1


A empresa LARCESA estudia ofertar aos seus clientes un período de crédito superior ao actual. Para isto
quere realizar unha análise para avaliar a oportunidade desta decisión. Disponse da seguinte
información:
• As vendas actualmente ascenden ás 1000 UF de producto cun prezo de venda unitario dun millón.
• O período de crédito era 20 días e preténdese alongar até 30. Estímase que tal decisión
incrementará as vendas en 50 unidades.
• O financiamento do alongamento terá un custo medio de 10 %.
• O alongamento motivará unha política de cobramento máis estricta para evitar incrementos
importantes na morosidade. Vanse incrementar os custos de cobramento en aproximadamente dous
millóns.
• A porcentaxe de impagados pasará do 3% actual ao 5 %.
• Considérense estables as vendas durante todo o exercicio anual.
Con esta información determine:
1. Viabilidade do alongamento.
2. Se toda a información fica constante, calcule o nivel de incremento de vendas que fai viable esta
medida.
3. Se toda a información fica constante, calcule o nivel de incremento de impagados que fai inviable
esta medida.

SUPOSTO 6: CAOSA. OPERACIÓN ACORDEÓN2

O Balance de Situación de CAOSA a 31-12-1999 é o seguinte:

ACTIVO MILLÓNS PTS PASIVO MILLÓNS PTS

1
Extraído de Contreras, J.I.; Durbán, S.; Palacín, M.J.; Ruiz, R.J. (1997): Casos Prácticos de
Finanzas Corporativas, Mc Graw-Hill, Madrid, Caso 36, pp. 330 e ss.
2
Inspirado en Álamo, J.; Rodríguez, J.M. (1988): Política Económica de la Empresa.
Cuadernos de la Uned. CU 58, UNED, Madrid, pp. 18-22.

-3-
PLANIFICACIÓN FINANCEIRA

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA FINANCEIRA E CONTABILIDADE

Tesourería 425 Provedores 5.000


Efectos Comerciais a Cobrar 400 Efectos comerciais a pagar 8.500
Clientes 1.000 Pólizas de Crédito cp 12.000
Existencias 800 Total Pasivo Circulante 25.500
Total Activo Circulante 2.625 Reservas Lei Actualización 500
Edificios e outras construcións 5.000 Reserva Legal 1.900
Maquinaria 2.590 Reserva Estatutaria 700
Mobiliario 506 Reserva Voluntaria 452
Préstamos LP concedidos 13.769 Perdas Exercicio -14.062
Terreos e Bens Naturais 3.000 Capital Social 10.000
AAIM -2.500 Total Fondos Propios -510
Total Activo fixo 22.365
Total Activo 24.990 total Pasivo 24.990

O accionista maioritario de CAOSA, o Sr. “X”, estima que as perspectivas a prazo medio que ten a
Empresa son boas e está decidido a investir na mesma 6.000 millóns de pesetas. Para eso, o Sr. “X”
pensa propoñer na Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas, convocada ao efecto, a correspondente
reestruturación financeira de CAOSA.
O alumno debe facer dita proposta tendo en conta a seguinte información complementaria:
a) Os accionistas minoritarios, que posúen o 13% do Capital social non están dispostos a realizar
ningunha achega complementaria á Empresa e non se oporán á reestruturación que se acorde na Xunta
Xeral de Accionistas, malia que a mesma supoña a perda da súa condición de accionistas.
b) Soamente se pode dispoñer das Reservas:
• Actualización
• Voluntaria.
• Estatutaria
c) No caso de que se produza unha ampliación de capital -con o sen prima de emisión- esta debe ser
desembolsada na súa totalidade.
d) O investimento de “X” na operación debe ser de 6.000 millóns de pesetas.
e) O Capital social que resulte da reestruturación proposta debe coincidir co neto nese momento.
f) A operación de reestruturación en calquera das súas etapas, non pode supoñer para o Sr. “X” un trato
desfavorable respecto ao resto de accionistas, é dicir, estes non deben enriquecerse a costa da achega
complementaria do Sr. “X”.
g) Se se realiza unha ampliación de capital con prima de emisión, esta última debe destinarse a reducir
as perdas.
Pídese:
1. Proposta de reestruturación financeira.
2. Detalle da situación patrimonial de SEOSA unha vez realizada a reestructuración proposta, con
mención da porcentaxe de participación accionarial do Sr. “X”.

NOTA: Nos cálculos debe prescindirse dos gastos que poidan ocasionar as operacións de capital.
(Notaría, impostos,...)

SUPOSTO 7: AXB. OPERACIÓN ACORDEÓN3

O Presidente do Consello de Administración da Sociedade “AXB. S.A.” na súa reunión do 21-04-2000


propuxo aos restantes membros do devandito Órgano que se incluían no Orde do día da próxima Xunta
Xeral de Accionistas, entre outros, os dous puntos seguintes:

a) Redución do capital social para compensar perdas acumuladas.


b) Ampliación do capital social en 2.000 millóns de pesetas.

3
Inspirado en Álamo, J.; Rodríguez, J.M. (1988): Política Económica de la Empresa.
Cuadernos de la Uned. CU 58, UNED, Madrid, pp. 23-25.

-4-
PLANIFICACIÓN FINANCEIRA

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA FINANCEIRA E CONTABILIDADE

No debate que se produciu no seo do Consello puxéronse de manifesto dúas posicións:

A. Os representantes do actual socio maioritario, que posúe o 66% do capital social, exprésanse nos
seguintes termos:
1º Que a redución proposta -400 millóns de pesetas- se ben produciría un saneamento das perdas,
“AXB” non vén obrigada por imperativo legal, pois a 31-12-1999 o seu patrimonio neto
representa o 80% do capital social, polo que as perdas acumuladas (a Empresa non ten reservas)
non deixan á Empresa incursa no artigo 163 da Lei de Sociedades Anónimas.
2º Que os acordos a tomar deben estar orientados segundo estes dous criterios: que nas operacións
a realizar, todos os accionistas reciban igual trato e que se tenda a que a participación accionarial
do socio maioritario pase do 66 ao 51 %, para o cal renunciará ao seu dereito de subscrición a
favor dos restantes accionistas na parte que corresponda nas operacións de ampliación de capital.
(Hai un acordo subscrito o 30-06-1999 entre os accionistas para levar a cabo a reducción de
participación neste senso).
B. Os socios minoritarios, que pretenden que a súa participación pase do actual 34 ao 49%, son
entidades financeiras que aseguran estar en disposición de tomar nas próximas ampliacións a parte a
que renuncie o socio maioritario. Así mesmo apoian a proposta do Presidente do Consello.

Rematado o debate, o Consello toma os seguintes acordos:


1º Ampliar o capital social en 2.000 millóns de pesetas.
Os accionistas comprométense a cumprir o seu compromiso para que despois da ampliación o
maioritario posúa o 51 % do capital social e os restantes o 49 %.
2º Que, unha vez ultimada a ampliación de capital, se reduza este por unha cantidade igual ás
perdas acumuladas a 31-12-1999 .

Cos datos anteriores determínese:

1º Importe en millóns de pesetas que o socio maioritario terá que desembolsar na ampliación
de capital.
2º A súa opinión fundada sobre a diferencia para os dous grupos de accionistas entre a
proposta de reducción de capital do Presidente do Consello. Se existe ou non existe
diferencia debe expresarse numericamente en relación ca asunción das perdas.

(*) As garantías que a favor dos acredores establece o artigo anterior no nserán obrigatorias cando a
redución do capital teña por única finalidade reestablecer o equilibrio entre o capital e o patrimonio da
sociedade diminuído consecuencias de perdas.

APÉNDICE: Ley Sociedades Anónimas. Ley 1564/1989


Artículo 163 Modalidades de la reducción.
1. La reducción del capital puede tener por finalidad la devolución de aportaciones, la
condonación de dividendos pasivos, la constitución o el incrementó de la reserva legal o de
reservas voluntarias o el restablecimiento del equilibrio entre el capital y el patrimonio de la
sociedad disminuido por consecuencia de pérdidas. La reducción del capital tendrá carácter
obligatorio para la sociedad cuando las pérdidas hayan disminuido su haber por debajo de las
dos terceras partes de la cifra del capital y hubiere transcurrido un ejercicio social sin haberse
recuperado el patrimonio.
2. La reducción podrá realizarse mediante la disminución del valor nominal de las acciones, su
amortización o su agrupación para canjearlas.

Artículo 169 Reducción y aumento del capital simultáneos.


1. El acuerdo de reducción del capital social a cero o por debajo de la cifra mínima legal sólo
podrá adoptarse cuando simultáneamente se acuerde la transformación de la sociedad o el
aumento de su capital hasta una cantidad igual o superior a la mencionada cifra mínima.
En todo caso habrá de respetarse el derecho de suscripción preferente de los accionistas.
2. La eficacia del acuerdo de reducción quedará condicionada, en su caso, a la ejecución del
acuerdo de aumento del capital.

-5-
PLANIFICACIÓN FINANCEIRA

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA FINANCEIRA E CONTABILIDADE

3. La inscripción del acuerdo de reducción en el Registro Mercantil no podrá practicarse a no ser


que simultáneamente se presente a inscripción el acuerdo de transformación o de aumento del
capital, así como, en este último caso, su ejecución.

Artículo 260 Causas de la disolución.


1. La sociedad anónima se disolverá:
1. Por acuerdo de la junta general, adoptado con arreglo al artículo 103.
2. Por cumplimiento del término fijado en los estatutos.
3. Por la conclusión de la empresa que constituya su objeto o la imposibilidad manifiesta de
realizar el fin social o por la paralización de los órganos sociales, de modo que resulte imposible
su funcionamiento.
4. Por consecuencia de pérdidas que dejen reducido el patrimonio a una cantidad inferior a la
mitad del capital social, a no ser que éste se aumente o se reduzca en la medida suficiente.
5. Por reducción del capital social por debajo del mínimo legal.
6. Por la fusión o escisión total de la sociedad.
7. Por cualquier otra causa establecida en los estatutos.
2. La quiebra de la sociedad determinará su disolución cuando se acuerde expresamente como
consecuencia de la resolución judicial que la declare.

-6-

You might also like