You are on page 1of 1

A Carolina - Letra

A saia da Carolina ten un lagarto pintado.


Cando a Carolina baila, o lagarto dálle ó rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches.
Bailei con meu amor.
Bailei con meu amor.
Bailei con meu amor.
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.

A Carolina é unha tola que todo fai ó revés.


Éspese pola cabeza e díspese polos pés.

¿Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.
Dime con quen bailaches.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel.

O señor cura non baila porque ten unha coroa.


Baile señor cura baile, que Dios todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.
Dime con quen bailaches.
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.

No curro da Carolina non entra carro pechado.


Na máis entra Carolina, co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.
Dime con quen bailaches.
Bailei con meu amor.

Co teu amor Carolina, non volvas a bailar,


porque che levanta a saia
ié moi mala de baixar.

Co teu amor Carolina, non volvas a bailar,


porque che levanta a saia
ié moi mala de baixar.

Co teu amor Carolina, non volvas a bailar,


porque che levanta a saia
ié moi mala de baixar.

You might also like