You are on page 1of 2

Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos

A función básica dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha
comunidade. Dependendo do ámbito de uso dunha lingua, a función comunicativa concrétase ou non
noutras funcións máis específicas, coma por exemplo:

- A relación entre os individuos dunha familia (función familiar)


- A articulación do pensamento no individuo (función de identidade)
- A posibilidade de comunicación no mundo do traballo (función laboral)

En Galicia estas funcións compiten por desenvolvelas dúas linguas: o galego e o castelán.

En efecto, a coexistencia de dúas linguas nunha sociedade conleva case sempre, coma no caso do galego, que
boa parte dos falantes dominen os dous códigos (bilingüismo), pero tamén unha certa desigualdade nos usos
que se fan de ambas as linguas: unha das linguas -a dominante- vai ocupando progresivamente os ámbitos da
outra -a dominada- e provocando a súa substitución. A esta lingua dominada ou recesiva (que vai perdendo
usos) chámaselle tamén Lingua Minorizada e é empregada unicamente nos ámbitos socioculturais máis
baixos e ignorada ou desprezada nos máis elevados, dos que foi desprazada pola Lingua Dominante.

Un dos moitos obstáculos no camiño da normalización é a vixencia de determinados estereotipos e


prexuízos lingüísticos que pretenden transmitir a idea de que a lingua minorizada (o galego no noso caso)
non é tan válida para o desenvolvemento como a hexemónica, polo que non ten futuro. Podemos agrupar
este tipo de prexuízos dependendo do ámbito no se que centre:

 Prexuízos relacionados coa falta de utilidade do galego.

o O galego íllanos do exterior. O galego permítenos a comunicación co mundo lusófono (Brasil e antigas
colonias portuguesas), é dicir, cuns 250 millóns de persoas.

o O galego non xera riqueza: a lingua xa é en si una fonte de riqueza e progreso para os países que a
saben poner en valor (empresas de tradución, asociación empresariais tipo Galicia Calidade, Camiño de
Santiago. TurGalicia, Eixo Atlántico…)

o O galego non é válido para a escrita: este prexuízo ten que ver coa ausencia de literatura galega nos
Séculos Escuros. A produción literaria en galego na Idade Media, nos séculos XIX e XX e a actualidade
anula esta idea.

o O galego non serve para expresar os conceptos matemáticos, informáticos ou científicos. Calquera
idioma medianamente empregado serve para estes ámbitos, como exemplo temos a Facultade de
Matemáticas en Santiago que hai moito tempo está galeguizada, así coma a cantidade de páxinas web
existentes nesta lingua.

o O que hai que aprender é inglés e non galego. Aprender o inglés non ten que ver con falar galego, non
se opoñen, ademais os falantes bilingües aprenden mellor unha terceira lingua.

o o galego non ten sentido no mundo actual globalizado e con Internet . No mundo globalizado
cómpre ter unha identidade propia e a Internet axuda á difusión do galego

 Prexuízos que asocian o galego coa pobreza e o atraso.

o O galego é una lingua rural: é verdade que o galego se conservou básicamente no mundo rural, pero
tamén o é que estivo e segue estando presente nas ciudades (universidades, dministración, empresas…).
o O galego é lingua de pobres e ignorantes: algunas persoas foxen do galego para fuxir do propio
pasado e da ignoracia e pobreza con que este idioma era identificado, esta fuxida está baseado
nun autoodio á lingua e ao pob . Na actualidade o galego asóciase á intelectualidade, á cultura…

 Prexuízos que asocian o non emprego do galego como sinal de cortesía en determinados
contextos

o Non se debe falar en galego a unha persoa que se dirixe a nós en castelán . O comportamento
de cambiar de lingua cando outra persoa se dirixe a nós en castelán sería válido se galego e
castelán tivesen unha presenza e consideración social semellantes e, en consecuencia, os
castelán falantes tamén cambiasen de idioma cando o seu interlocutor se dirixe a eles en
galego; como non ocorre isto, na práctica este proceder implica a ocultación case total da lingua
galega e a súa supeditación a outro idioma.

 Prexuízos relacionados coa imposición do galego

Este grupo de prexuízos é relativamente novo e aparece cando se comezan a tomar as primeiras
medidas normalizadoras. 

o O galego impúxose por unha minoría política intolerante: A Lei de normalización lingüística e o
Plan xeral de Normalización da lingua galega foron aprobados no Parlamento galego por unanimidade.
Máis bem á inversa: é o castelán o que se impuxo pola forza, chegando a ridiculizar e mesmo asasinar por
defender o galego. A situación contraria non ocorreu nunca.

o O galego normativo é unha lingua artificial:Todas as linguas foron creadas a partir de construccións
de ideas , é dicir , combinando elementos xa existentes , o galego está baseado tanto no galego literario
como no popular , parecéndose máis a este que ao propio castelán.

o Imposición do galego no sistema educativo: Como calquera lingua propia dun pobo ten dereito a
que sexa estuda e formar parte do currículo académico coa súa propia carga lectiva.

o O castelán tamén é lingua propia de Galicia: O castelán chega a Galicia imposto polos cargos
públicos casteláns cando os postos dirixentes no noso país foron ocupados por persoas de fóra. Impúxose
por presión, non por desexo dos galegos de que así fose, nunha terra da que non era lingua propia.
Defender que o castelán tamén é lingua propia de Galicia porque hai galegos que o falan implicaría que o
galego tamén é lingua propia en Arxentina, Suíza ou Madrid. A lingua propia de Galicia, a natural e
autóctona é o galego. O castelán veu de fóra e, de feito, cando nos queremos diferenciar como pobo
singular e marcar identidade recorremos ao galego.

 O galego como marca ideolóxica

o O galego só o falan os nacionalistas ou os profesores de galego. O galego é unha lingua marcada


politicamente; pola contra,o castelán é unha lingua neutra: asóciase o galego como lingua dunha
ideoloxía política e, en consecuencia, o falante que non quere ser identificado con ela opta pola
teoricamente lingua neutra que é o castelán. Xa dende hai tempo hai moitos políticos que empregan
acotío o galego e o seu ideario político está moi lonxe do nocionalismo .

Vencer estes prexuízos é tarefa indispensable para que o proceso de normalización da lingua galega teña
éxito. De non existir poderiamos falar dun Bilingüismo Harmónico entre as dúas linguas, unha convivencia
pacífica na que cada quen fale o que lle apeteza e domine ben os dous idiomas. Esta solución pode hoxe
darse en determinados falantes mais aínda semella utópica no conxunto da sociedade na que seguen
vixentes os citados prexuízos lingüísticos.

You might also like