You are on page 1of 3

FORMAS MUSICAIS NO BARROCO

FORMAS MUSICAIS VOCAIS PROFANAS


ÓPERA: É unha forma musical dramática e representada que consta de varios números musicais unidos por recitativos; así
inclúe arias, coros, pezas instrumentales e en moitas ocasiones ballets. Xorde en Italia a finais do século XVI.

No Barroco a ópera é un espectáculo teatral de argumento mitológico ou histórico. As orquestas adoitan ser pequenas e as
partes orquestales ter pouca importancia. A posta en escena é espectacular e gusta o antinatural e o artificio escénico así como a
voz dos castrati. No século XVIII prodúcese a separación entre a ópera seria (de argumento baseado na mitología ou a historia)
e a buffa (máis curta, de argumento cotián e personaxes correntes).

RECITATIVO: Forma vocal de estilo declamatorio, é dicir, que o texto cos seus acentos e prosodia predominan sobre a melodía;
adoita preceder ao aria e utilízase para que avance a acción.Conforme ao tipo de acompañamiento distínguense dous tipos de
recitativos, un anterior no tempo ao outro:

- recitativo secco: con acompañamiento do baixo continuo, típico no barroco

- recitativo accompagnato: con acompañamiento de toda a orquesta, máis frecuente no clasicismo

OBERTURA: Forma musical instrumental para orquesta que antecede unha obra máis grande como pode ser unha ópera ou un
oratorio. No Barroco e Clasicismo compoñíanse segundo o modelo italiano ou o francés. É unha forma ternaria:

- obertura italiana (con tres seccións, a primeira rápida, a segunda lenta e a terceira rápida de novo)

- obertura francesa :tamén tres seccións

- lenta con ritmo de doble puntillo

- rápida de estilo fugado (imitativo)

- lenta en estilo similar al inicio


Obertura francesa da traxedia lírica (ópera) de J.B. Lully: Atys

ARIA: Forma vocal para solista e orquesta na que a melodía predomina sobre o texto. O aria adoita expresar sentimentos e nelas a
acción teatral detense; son pezas destinadas ao lucimiento das calidades vocales do cantante. Segundo a súa estrutura distínguense
catro tipos de arias:

- estrófica: consta dunha única parte que se repite. Atende ao esquema A,A,A... P.e "Vin ricorda" do "Orfeo" de Monteverdi.

- en dúas seccións: consta de dous partes A e B. Por exemplo.: Aria da raíña da noite da Flauta Máxica de Mozart.

- da capo: consta de dous partes e repetición desde o principio con ornamentos. É típica do barroco e responde ao esquema A,
B, A ´, sendo esta repetición o momento en que o cantante improvisa ornamentaciones virtuosísticas para deleite do público.

Aria de Haendel con forma Da Capo. Na repetición de A o solista (un castrado con frecuencia) adoitaba improvisar.

- dal segno: é unha variante da anterior, que en lugar de repetir toda a sección A, repítese só a partir do signo, que afai a omitir a
introdución instrumental.

Segundo a súa dificultade distínguense dous tipos:

- cantábile: prima a melodía

- de bravura: prima a dificultade técnica. P.e a aria da raíña da noite de "A flauta máxica" de Mozart.

ARIOSO: O arioso é unha forma musical para voz solista que ocupa unha posición intermedia entre o recitativo (mais
narrativo) e o aria (mais musical). Apareció ao inicio do século XVII xunto coa ópera. E empregado tamén na cantata e o
oratorio, en todas as formas musicais onde hai un relato o acción dramática.
O arioso parécese ao recitativo pola súa estructura libre e as súas inflexións melódicas, próximas á palabra, e parécese á aria
polas súas características melódicas. As frases son mais cantadas cas do recitativo. A diferencia da aria, a nivel estructural,
habitualmente non hai ningunha repetición ni se distingue un tema con claridade.

O arioso pode constituir un número independiente o servir como paso entre recitativo e aria o preludiar un aria.

Arioso da ópera Serse de Haendel. Os primeiros 50 segundos en arioso conducen a unha introducción da orquesta e a aria:

COMEDIA-BALLET: Forma musical dramática, que mestura diálogos falados e cantados, así como música e danza nunha
acción única. Baséase en sucesos contemporáneos mostrando personaxes da vida cotiá, con carácter a miúdo satírico e cómico;
o matrimonio era, a miúdo, o tema central. O xénero foi creado por Moliere, xunto con Lully e o bailarín e coreógrafo
Beauchamp, quen adoitaban participar activamente nas representacións. Coa morte de Lully en 1687, foi perdendo forza ata
desaparecer.

MARCHA PARA LA CEREMONIA DE LOS TURCOS de la comedia-ballet El burgués gentilhombre de Moliere y Lully

BALLET DE COUR: É unha forma musical escénica relacionada coa ópera barroca francesa. Consiste nun prólogo (opcional)
seguido de varios actos (ou entrées) nos que cada unha representaba un argumento con personaxes propios, aínda que
relacionados por un tema común. Remataba cun Gran ballet a modo de apoteose final. Diferénciase da traxedia lírica (nome da
ópera francesa do XVII) en que a danza ten un maior peso no desenvolvemento da acción. É unha forma aberta. Inclúe poesía,
ballet, música vocal e instrumental, escenografía...Aparece a finais do século XVI na corte de Francia.

FORMAS MUSICAIS VOCAIS RELIXIOSAS


CANTATA: É unha forma vocal do Barroco; é unha forma dramática e non representada que contén os mesmos elementos do
oratorio pero é máis breve. O término cantata significa etimológicamente música para cantar, en contraposición á sonata
(música para soar). Inicialmente xorde como forma musical profana para ser interpretada nos salóns da aristocracia, pero
posteriormente os compositores da igrexa protestante convertérona nun xénero relixioso utilizando textos dos Evanxelios,
salmos e outros temas relixiosos. Son famosas as cantatas de J.S.Bach.

ORATORIO: É unha forma vocal relixiosa e dramática, pero sen representación escénica. Xorde no Barroco e consta de arias,
coros, interludios e recitativos e os textos son extraídos da Biblia. Existe a figura do narrador que explica a acción mediante o
recitativo e adoitan representarse en lugares de culto, aínda que tamén en auditorios públicos. O oratorio orixinouse en 1600 en
Roma, no marco do oratorio (lugar de oración) da orde de San Felipe Neri. Os grandes compositores deste xénero son G. F.
Haendel cuxo oratorio máis coñecido é O Mesías e J. S. Bach co seu Oratorio de Nadal.

PAIXÓN: É unha forma vocal relixiosa e dramática, sen representación escénica; xorde no Barroco e consta de arias, coros,
interludios e recitativos. Realmente é un oratorio que trata exclusivamente da paixón e morte de Jesucristo, con textos extraídos
dos Evanxelios. O narrador é o evanxelista que relata os acontecementos mediante recitativos. O compositor máis importante é
Bach, coa Paixón segundo San Mateo e a Paixón segundo San Xoan.

FORMAS MUSICAIS INSTRUMENTAIS


CONCERTO: Forma instrumental que xorde no barroco para orquesta que consta de tres movementos de tempos

contrastantes, xeralmente allegro-lento-allegro, que enfronta un solista ou grupo de solistas en diálogo co resto da orquesta.

Os movementos rápidos (1º e 3º) adoitan ter a estrutura de forma con ritornello na que o ritornello (estribillo) interpretado pola
orquesta reaparece total ou parcialmente entre as intervencións solísticas.

O movemento lento central (2º) ten como protagonista ao solista ou solistas, mentres a orquesta pasa a un segundo plano. Pode
tener diferente estructura: A B, ABA, AAB....

O concerto aparece e consegue o seu esplendor no Barroco.


Hai tres tipos de concerto:

- Concerto grosso: alterna fragmentos nos que intervén toda a orquesta (tutti ou ripieno) con fragmentos executados por un
pequeno grupo de solistas (concertino). P.e. "Os concertos de Brandenburgo" de Bach.

Concerto grosso para frauta, violín, oboe e trompeta

- Concerto a só ou solista: alterna fragmentos nos que intervén toda a orquesta (tutti) con fragmentos executados por un
solista. P.e. "As catro estaciones" de Vivaldi.

Durante o Barroco, tanto o concertino como o solista están acompañados polo baixo continuo.

Terceiro movemento do Verán de Vivaldi


- Concerto ripieno: Sólo participa a orquesta, sin solistas.Vivaldi, Concerto ripieno en sol menor.

FUGA: É unha forma musical instrumental polifónica para 3 ou 4 voces, baseada na técnica da imitación; é o exemplo máis
puro de contrapunto imitativo, cunha estrutura complexa que basicamente consiste na reaparición dun tema ou melodía
principal, chamado suxeito, nas distintas voces, acompañado doutros temas secundarios. Desenvólvese nun só movemento e
normalmente era para instrumentos de teclado. Provén do ricercare renacentista (adaptación a instrumentos do motete vocal
renacentista). Son famosas as fugas de Johann Sebastian Bach.

SUITE DE DANZAS: Forma instrumental con orixe no Renacemento e apoxeo no Barroco, na que se alternan entre catro e
seis movementos de danza de ritmos binario e ternario e tempos contrastantes. Pode estar composta ben para instrumento
solista, como o clave, ou ben para orquesta de cámara. Todas as danzas están na mesma tonalidade e poden comenzar cun
preludio de introducción. A forma máis habitual é:

ALLEMANDE (ALEMANDA) COURANTE (CORRENTE) ZARABANDA AIR MENUET GIGA

Cada unha destas danzas teñen estrutura binaria.Mischa Maisky plays Bach Cello Suite No.1 in G

You might also like