You are on page 1of 6

ÉTICA

ÉTICA COMO DISCIPLINA FILOSÓFICA


Facemos continuamente valoracións da conducta das persoas e tamén é frecuente que pensemos nos motivos e
repercusións dos nosos actos. Aprobamos ou rexeitamos conductas. A ética é a disciplina que se ocupa de examinar a
partir de que criterio catalogamos as accións nun sentido ou outro. Se nos interrogmos sobre o ben é coa intención
práctica de aplicalo nas nosas vidas: queremos saber que é o ben para actuar correctamente.

CARÁCTER E CONCIENCIA MORAL


Desde a liberdade do ser humano, este faise a si mesmo. A diferenza da acción animal que se move polo instinto, o
comportamento humano defínese por ser aberto e libre, e esta condición fai ao humano responsable dos seus actos. Un
individuo que reflexiona, decide e actúa sobre unha situación é autor da acción polo que debe estar disposto a recibir o
recoñecemento un reprimenda de si mesmo e dos demais. Este carácter libre constitúe a base do carácter moral. A
liberdade posibilita que as accións se axusten ou non as costumes e normas da súa comunidade. Cando actúa de acordo
coas normas asumidas, é moral e actúa correctamente. Cando as salta na súa liberdade, é inmoral. Non pode ser amoral
e deixar de actuar dentro dese código normativo, polo que o ser humano é un ser moral, e este carácter está arraigado
en nós como especie. A selección natural favoreceu o éxito dos individuos máis sociais, o que deu paso á intuición
moral, unha especie de sexto sentido que permitía recoñecer comportamentos que favorecesen ao mantemento da
comunidade. Máis tarde, a linguaxe desenvolveu a capacidade racional, que fixou as primeiras normas morais,
concicionadas pola sociabilidade orixinal. Haidt considera que debían funcionar certos principios universais:(respecto
á vida, sentido da reprocidade, lealdade…). Segundo imos crecendo, tomamos conciencia da nosa maneira de ser e
pensar, desenvólvese a conciencia moral, que valora as nosas normas e accións e posibilita o progreso ou
desenvolvemento moral. Acolle normas da sociedade e sérvese delas para valorar cal é o comportamento correcto. Así
o ser humano é un suxeito moral xa que a moralidade e esencial e inevitable nel.

NORMAS MORAIS
O ser humano ten que desenvolverse en espazos con normas de comportamento expresadas con mandato. Podemos
definir a norma moral como valor ou precepto de conducta que a conciencia moral considera obrigatorio, así a
aceptamos porque recoñecemos o seu valor. As normas morais non pertencen ao ser (ámbito da natureza), senón ao
deber ser. Polo que a ética non é descritiva, senón normativa. A norma moral presupón a liberdade. A norma e a
obrigación xorden da liberdade que nos permite actala ou desentendernos. As normas morais posúen, polo tanto, dun
dobre carácter: liberdade e obrigatoriedade. Tamén teñen dobre dimensión:
-Social: código de normas dunha comunidade. Poden ser excplícitas en códigos legais ou implícitas (usos e costumes)
-Persoal: o suxeito moral recoñece a norma como súa. A conciencia moral asume e asimila estas normas.

VALORES MORAIS
As normas morais o son porque apelan a uns valores que as transcenden e lles dan sentido. Defínese valor como
cualidade que atribuímos a algo e que nos fai crear unha estimación positiva ou negativa do que valoramos. Teñen:
-Polaridade. A cada valor correspóndelle un valor negativo.
-Carácter ideal. Os valores, en tanto que fins ou obxectivos das normas, sinalan os nosos ideis, o que creemos valioso.
O absolutismo moral (Sócrates, Platón) consideraba que hai valores morais son absolutos que se recoñecen en todas as
culturas e épocas. Relativismo moral(sofistas): non existen valores absolutos ou universais.

DESENVOLVEMENTO MORAL
O carácter moral é un trazo biolóxico que se materializa e desenvolve de maneira particular en cada individuo, o
mesmo que sucede coa lingua. O desenvolvemento de ambas só se pode facer en sociedade. A conciencia moral vaise
formando como resultado da interacción entre os valores sociais e a maneira de ser e pensar de cada un.
J. Piaget, psicólogo especialista no estudo do nacemento e desenvolvemento da intelixencia, elaborou unha teoría do
desenvolvemento moral, que divide a conciencia moral en tres fases:
-Premoral: (5 primeiros anos) o neno non ten en consideración as normas.
-Heterónoma: (6-10) perspectiva dicotómica sobre o ben e o mal, sométense as normas por consideralas imposicións.
-Autónoma: (a partir dos 10) comprenden que as normas son preceptos acordados.
L. Kohlberg, discípulo de Piaget, aumentou a teoría desglosando en 6 estadios o proceso evolutivo da conciencia
moral. Apuntou que só o 5% dos adultos chega a madurez moral.
Preconvencional
1 As normas acátanse por obediencia e medo ao castigo.

2 As regras se asumen se favorecen os intereses. O bo é útil e beneficioso.


Convencional
3 Considéranse normas o que as persoas próximas esperan de nós.

4 Hai que acatar as normas que están establecidas socialmente para proporcionar un ben xeral. Maioritario
Postconvencional
5 Ten en conta a varidade de opinión e principios e só son lexítimas as normas que favorecen a maioría

6 As normas son escollidas libre e racionalmente, dado que responden a principios e valores universais

INTELIXENCIA EMOCIONAL
Importante: Teoría das Intelixencias múltiples, H.Gardner.
A teoría clásica considerara que a intelixencia era unha habilidade xeral que servía para resolver con eficacia
problemas. Gardner considera que a intelixencia está formada por sete habilidades semiautónomas que actúan nos
individuos coordinadamente, pero cada suxeito desenvolve unhas máis que outras:
-Intelixencia lingüística: relacionada coa capacidade verbal e lingua
-Lóxica e matemática: desenvolvemento abstracto, precisión e organización a través de pautas e consecuencias
-Espacial: integrar pensamentos, percibilos e ordenalos.
-Musical: habilidades musicais e ritmos.
-Cineástica: movemento corporal e reflexos.
-Interpersoal: capacidade de relacionarse e comunicarse con outras persoas
-Intrapersoal: coñecemento dun mesmo, procesos como a autoconfianza e a motivación.
A interpersoal e a intrapersoal están relacionadas coa adquisición da conciencia moral. D.Goleman serviuse destas
intelixencias para asentar a súa teoría da Intelixencia emocional. Desíganse a intelixencia emocional como capacidade
de entender, controlar e modificar os estados emocionais. Claves: autoconciencia, empatía, motivación, perseveranza,
control dos sentimentos e habilidade social. A intelixencia é a base práctica da ética, permite dominar emocións para
resolver conflictos de modo pacífico e fomenta a cmprensión dos comportamentos alleos. deriva a un benestar interior.

TEORÍAS ÉTICAS
Unha teoría ética é unha teoría filosófica que tenta fundamentar a moral, xustificar a súa validez e lexitimidade.
Consiste nunha serie de preceptos ou normas e de valores que xustifica. Xurden na Antiga Grecia e pódense agrupar
segundo consideren que a fundamentación das normas e valores é a procura da felicidade ou da xustiza.

ORIXE OCCIDENTAL DA ÉTICA


A reflexión ética iníciase cos sofistas (s.V, IVa.C.), grupo de mestres de retórica, oratoria e dialéctica. Un trazo común
foi o relativismo cultural e moral. Nas múltiples viaxes contemplaron que, en ocasións, no que nunhas polis estaba
ben, noutras era mal visto, así identificaron a moral como unha convención negando a existencia de principios morais
universais, afirmando que as sociedades establecían a moralidade segundo a interese. Destacou Protágoras de Abdera
que considerou que é o home quen establece que é xusto e que é bo.

INTELECTUALISMO SOCRÁTICO
Sócrates presenta a primeira teoría ética que defende a existencia de valores obxectivos e universais, polo que mantivo
que o obxectivo da filosofía era a procura, mediante a razón, das definicións dos conceptos éticos. Cría que cada
persoa podía escoitar a súa conciencia (daimon) deixando atrás o egoísmo. Segundo él, se unha persoa comprende o
ben, actuará ben, pois descobre que é o mellor. Afirma tamén que quen actúa mal faino por ignorancia. Este
coñecemento é imprescindible, desde o punto de vista socrático, para acadar a virtude, o que nos mellora moralmente e
levar a cabo accións boas porque sabemos que o son.
FELICIDADE
EUDEMONISMO. Aristóteles
Todos os seres tenden a un fin. A máxima felicidade do ser humano residirá na vida contemplativa, na razón, no
coñecemento da natureza e de Deus e na conducta moral prudente. A máis sabedoría, máis posibilidade de elección,
pero sempre recorrendo a á mediación da prudencia. O xusto medio se trata do exercicio da moderación, afinado pola
experiencia. Este punto medio pode variar entre persoas.

HEDONISMO. Epicuro de Samos


Do grego hedoné (pracer). Doutrinas que identifican o pracer co ben, concibe a felicidade no marco dunha vida
pracenteira. O epicureismo tamén identifica pracer e felicidade pero define o pracer como a mera ausencia de dor e
perturbacións. Esta serenidade (ataraxia) é o obxectivo para a felicidade. Segundo Epicuro, pódese alcanzar mediante
un cálculo exacto de praceres que teña en conta que un pracer hoxe pode ser unha dor mañá e viceversa. Así escolle
con sabidoría os praceres aparentes.

ESTOICISMO (Zenón de Citio, Séneca)


Corrente filosófica grecorromana iniciada por Zenón de Citio. Concibe o mundo gobernado por unha razón universal
que determina o destino inexorable que non pode controlar e mantén unha actitude de aceptación. Os estoicos
consideran que as persoas infelices o son polo seu desexo de que as cousas sexán distintas, dado que as paixóns
escurecen a razón. Así a virtude consiste na eliminación das paixóns. A felicidade só é posible na tranquilidade
conseguida na imperturbabilidade da alma. A aceptación reclamada era froito de crítica social e política non do
conformismo. Debemos coñecer o sentido para enfocar a nosa vida sen lamentar o inevitable.

UTILITARISMO (J. Bentham, Stuart Mill) Inglaterra s. XVIII-XIX


Vincula a felicidade ao pracer. A tese central é o principio de utilidade, segundo o cal o acto moralmente correcto é
aquel que proporciona maior pracer e felicidade a máis persoas. A principal diferenza co hedonismo é que o
utilitarismo transcende o ámbito persoal. O pracer é un ben común. O utilitarismo pretende vencer o egoísmo.
Bentham quixo fundar unha ética científica a partir do cálculo cunatitativo dos praceres e dores, creu que con esta
información podería encamiñar a felicidade. Mill falou de praceres inferiores e superiores e indentificou os superiores
como aqueles que promoven o desenvolvemento moral e intelectual do ser humano.

XUSTIZA
As teorías éticas da xustiza se centran na imparcialidade, que só é posible mediante o recoñecemento de determinados
principios morais abstractos e universais que adoitan garantir principios universalmente válidos.

ÉTICA DO DEBER OU ÉTICA FORMAL. Kant


Segundo Kant, as teorías hedonistas ou eudemonistas son códigos morais ou éticas materiais, pois nos din cal é o fin
que debería tentar lograr o ser humano e o camiño para acadalo. O obxectivo dunha xustiza universal debe
involucrarnos a todos, polo que se nos debe dicir como actuar para comportarnos correctamente, pero é a razón
humana a que debe dar a lei a si mesma, só así a lei será universal. A lei ditada pola razón exprésase mediante o
imperativo categórico que di que actues de maneira que che gustaría que actuase todo o mundo. Outra formulación do
imperativo categórico di que obres de tal maneira que sempre trates as persoas coma un fin e non un medio, e é o noso
deber sen esperar recompensa, e ahí estamos a ter un comportamento moral.

ÉTICA DO DIÁLOGO OU DIALÓTICA. J. Habermas


Se encadra no marco da teoría da razón comunicativa. Da énfase ao discurso formal que establece a determinación das
normas de validez ética. Habermas admite a universalidade da norma moral cando no ámbito da comunidade de
diálogo á que pertence o suxeito, os demais viven na igualdade, polo que toda a comunidade decide a universalización
da norma por consenso nunha situación ideal de diálogo que parte da igualdade e imparcialidade. Esta ética discursiva
defende a necesidade dun diálogo social para aceptar as decisións gobernamentais.

TEORÍA DA XUSTIZA E O VEO DA IGNORANCIA J.Rawls


Rawls, na súa obra Teoría da Xustiza optou por un recurso que denominou posición orixinal. Tratábase de expoñer
unha situación hipotética na que unha serie de persoas establecen normas de convivencia da súa sociedade pero sen
coñecer as características dos membros nin do lugar. Este descoñecemento chámase o veo da ignorancia, pretende
garantir a imparcialidade dos lexisladores. Se os que fan as leis non saben o papel que van desempeñar, mirarán por
que ninguén se vexa perxudicado, garantindo que todos tivesen un mínimo coñecido e respectado. Polo que se
garantirían dereitos básicos para todos, o que é unha auténtica ética de xustiza.

ANTROPOLOXÍA
REFLEXIÓN FILOSÓFICA SOBRE O SER HUMANO
As preguntas sobre a nosa especie veñen desde a Antigüidade. A bioloxía e a dimensión social son esenciais para a
reflexión filosófica.

ANTROPOLOXÍA
Anthropos (ser humano) e logos (coñecemento) É a disciplina específica que se encarga do estudo do ser humano.
Incorpora a nosa evolución biolóxica e o estudo das sociedades humanas. Os primeiros estudos médico-anatómicos
foron realizados por Hipócrates e Galeno. No aspecto cultural, Herodoto de Halicarnaso descubriu a organización e
costumes de diversos pobos. O desenvolvemento en occidente se verá impulsado polo descubrimento de América co
contraste das formas de vida, Co conde Buffon a antropoloxía alcanza a madurez. No s. XVIII. o ser humano foi
obxecto de estudo da ciencia natural grazas a clasificación de especies de Linneo, adquiriu a denominación de homo
sapiens. No XIX, Darwin sistematiza a antropoloxía como disciplina científica. A fundación da Sociedade de
Antropoloxía de París (por P. Broca) data o inicio da antropoloxía moderna.

DIVISIÓN DA ANTROPOLOXÍA
-Antropoloxía filosófica. Pretende definir os trazos esenciais do ser humano, acompaña a filosofía desde o seu orixe.
Consiste na reflexión a partir dos datos das ciencias sociais e das ideas filosóficas ao longo da historia.
-Antropoloxía científica. (s. XIX, alentada pola teoría da evolución) As súas teorías proceden da observación. Ocúpase
da dimensión biolóxica e da dimensión cultural.

ANTROPOLOXÍA FÍSICA
Estuda aspectos biolóxicos do ser humano. Estuda o ser humano como producto da evolución biolóxica, describe as
diferenzas físicas entre os seres humanos e o resto dos homínidos e distingue entre as variedades físicas dos grupos
étnicos.
*Etnografía: prácticas culturais dos distintos grupos sociais
ANTROPOLOXÍA CULTURAL
Estuda a orixe, desenvolvemento, estructura e características da cultura humana. Enténdese por cultura todo
comportamento aprendido no marco social. Estúdanse estruturas políticas, sociais e económicas, relacións de
parentesco, mitos, relixións e a produción técnica e artística.

HOMINIZACIÓN
Cando se quere explicar por que algo é como é, é recomendable comenzar pola orixe, polo desenvolvemento e a
evolución. As explicacións preevolucionistas e evolucionistas son respostas a antropoxénese.

EXPLICACIÓNS PREEVOLUCIONISTAS OU FIXISTAS


Os primeiros filósofos gregos crían que as únicas especies que se modifican son os individuos, e que o resto se
mantiñan constantes. A aparición das especies sería por xeración espontánea ou pola vontade divina. Así a teoría
creacionista sunstentouse na interpretación da Xénese: creación separada das especies vivas, creación do ser humano
por Deus. Estas concepcións partían dun suposto fixista (carácter inamovible das especies ao longo do tempo). No
s.XVII Linneo e Cuvier defenderon o creacionismo fixista, consideraban que a adaptabilidade dos individuos é
resultado dun deseño intelixente. Opuxéronse aos traballos que defendían unha visión evolucionista do acontecer
natural, como o de Lamark. Contradictorio foi que os estudos realizados foron a base da concepción evolucionista.

EXPLICACIÓNS EVOLUCIONISTAS
Darwin publica A orixe das especies, o que supuxo a quebra das teorías ficistas cuestionadas xa por Lamarck
(Filosofía zoolóxica). Darwin sentou as bases da evolución:
-As escecies transfórmanse de maneira continuada. Todas as especies proveñen doutras.
-A selección natural é o principio explicativo da evolución. Os individuos mellor adaptados sobreviven e transmiten as
súas características.
-O ser humano descende dos primates.
A publicación da obra tivo unha gran repercusión social e xerou moita polémica. A teoría non explicaba os
mecanismos que determinaban a transmisión das características, o que foi enmendado por Mendel, que formulou unha
teoría de herdanza por factores específicos, despois chamados xenes. As doutrinas mutacionistas explican os cambios
nas características a partir de alteracións no material xenético. A combinación da selección natural e das doutrinas
mutacionistas é a base das teorías sintéticas ou neodarwinistas, que achegan novos datos pero con lagoas xa que
segundo o rexistro fósil atopamos especies que se manteñen estables durante tempo e despois se transforman ou
desaparecen nun breve periodo. N.Eldredge e S.J. Gould presentan a teoría do equilibrio puntuado, que dá a entender
que a evolución avanza a saltos e que terá lugar unha macromutación positiva que podería resultar favorable en casos
excepcionais.
INFLUENCIAS DE DARWIN:
-Thomas Mathus. Estudou o crecemento e declive das poboacións humanas. Observou que crecían a un ritmo maior
que a produción de alimentos. Darwin elabora a noción de supervivencia do máis apto.
-G.Charles Lyell, sostivo que o planeta sufre poucos cambios en moito tempo. Darwin aplicouna afirmando que as
adaptacións do pasado acumulábanse ao longo do tempo.

EVOLUCIÓN DO SER HUMANO


A ciencia explicou como a partir dos primeiros organismos multicelulares se chega ao ser humano. Segundo os
espertos, a bifurcación da rama dos homínidos produciuse fai uns 5-10 millóns de anos. O homínido máis antigo foi o
Ardipithecus ramidus. Despois, aparece o Australopithecus afaresnsis que deu lugar a dúas liñas de evolución : unha
extiguida (Parantthropus aethiopicus) a outra desenvoca ao Homo habilis, na que se produce un aumento da
capacidade cranial e cambios culturais destacables, deu lugar ao Homo sapiens, antepasado directo da nosa especie
Homo sapiens sapiens. As teorías antropólogas e paleontolóxicas cambian e evolucionan e aínda descoñecemos onde e
como apareceu a nosa estpecie. A teoría da arca de Noé afirma que a nosa orixe está en África. Os humanos terían
emigrado desde alí ocupando outras partes do planeta.

PROCESO DE HOMINIZACIÓN
Cambios importantes que supuxeron a aparición do xénero homo:
-Posición ergueita. Os nosos antepasados caracterízanse pola marcha bípede, que provocou cambios anatómicos: perda
de prensión nos pés, cambios na curvatura da columna… permitiu a observación de maiores áreas e a liberación das
extremidades superiores.
-Liberación das extremidades superiores. As mans especializáronse en funcións de defensa e traballo, e a utilización e
fabricación de instrumentos que necesitou un desencolvemento cerebral.
-Desenvolvemento cerebral. O cerebro triplica o seu tamaño e faise máis complexo. Se descoñecen as causas do
aumento, pero moitos cren que a liberación das mans foi un estímulo Fixo posible:
●A cacidade técnica. Capacidade de fabricar e utilizar instrumentos para satisfacer as necesidades, sostificouse.
●A capacidade simbólica. Crear e expresarse por medio de símbolos, signos que representan unha realidade.

APARICIÓN DA LINGUAXE ARTICULADA


A capacidade simbólica é responsable da linguaxe articulada (capacidade cognitiva máis asombrosa) como vehículo
de comunicación. Grazas á linguaxe, o ser humano é capaz de realizar xeneralizacións e referirerse ás realidades, ás
emocións ou a realidades máis complexas. A linguaxe supón unha diferenza cuantitativa. Existen diversas teorías
sobre a orixe. Suponse que deriva dunha primeira linguaxe xestual.

HIUMANIZACIÓN
Aparición das primeiras especies que se poden considerar propiamente humanas.

CULTURA COMO FACTOR HUMANIZADOR


A nosa dimensión cultural está formada por todo aquilo adquirido socialmente. A cultura é o conxunto de
informacións adquiridas a través da aprendizaxe social, que se da por asimilación, por ensino ou por imitación. Así,
tamén os animais poderían ter algún tipo de cultura, xa que son capaces de transmitirse conductas adquiridas
socialmente, pero aínda que sexa social, a forma de aprendizaxe é a imitación. No ser humano existe a transmisión a
través da lingua, condición necesaria para o desenvolvemento da cultura. A lingua permite a transmisión e asimilación
de novas conductas, coñecementos… Así, os contidos culturais hérdanse, polo que podemos afirmar que a linguaxe é a
causa do carácter acumulativo da información cultural na que destaca o dinamismo, variedade e riqueza.. Polo que a
cultura humana é o conxunto de de informacións adqueridas socialmente e transmitidas pola linguaxe. O ser humano,
grazas a cultura pode modificar o seu medio, ten un valor adaptativo. Houbo unha significativa evolución cultural.

CONTIDOS FUNDAMENTAIS DA CULTURA HUMANA


Jesús Mosterín enumera tres tipos básicos de informacion distinguibles na cultura humana:
-Descritiva: explican e representan a realidade, permiten comprender o funcionamento e as características da contorna,
agrúpanse segundo o grao de certeza.
-Práctica: proporcionan pautas para a acción, ensinan a realizar tarefas de forma eficaz, capacitan o desenvolvemento
de técnicas de modificación da contorna.
-Valorativa: orixinan atracción ou rexeitamento, permiten valorar o que nos rodea como bens desexables ou o
contrario, posibilitan a posesión de normas, prexuízos e valoracións.

DIVERSIDADE CULTURAL
Existen moitas culturas que conviven no noso planeta, xa que o ser humano posúe certa liberdade e intelixencia para
determinar a súa conducta. Por isto os pobos crearon a súa forma de vida adaptada ás condicións ambientais e ás
propias creacións culturais. O illamento e a falta de contacto favoreceron a diversidade e a diferenciación.
*Multiculturalidade: dase cando nun territorio conflúen distintas culturas, que se conservaron
debido ao illamento das persoas establecidas nos lugares
POSTURAS ANTE A DIVERSIDADE CULTURAL
Etnocentrismo. Actitude que xulga e valora a cultura de outros desde a súa propia. Desde a seguridade de que a súa é
a mellor, despreza e criica elementos culturais. Viuse no imperialismo e na colonización. Actitudes:
●Racismo: consideración de que hai grupos que polas súas características raciais son superiores a outros. Os avances
da bioloxía debilitaron o concepto de raza.
●Xenofobia: actitude de desprezo e rexeitamento cara o estranxeiro. Prodúcese a miudo polo medo ou ignorancia
●Aporofobia: Actitude de discrimación a persoas pobres sen recursos.
Relativismo cultural. Baséase na crenza de que toda cultura ten valor en sí mesma e que non se pode comparar as
características. O inconveniente é que adoita servir para a pasividade ante actos inxustos ou inhumanos.
Interculturalismo. Recoñece a pluralidade como un feito enriquecedor que axuda a entender o mundo e a nós mesmos.
Considera desexable a convivencia harmoniosa das distintas formas de vida. Aposta pola tolerancia.

COVERXENCIA CULTURAL. GLOBALIZACIÓN


Na actualidade, as novas tecnoloxías borran distancias e acaban co illamento, estamos nun momento de converxencia
cultural. Esta proximidade produce o contaxio cultural, o coñecemento doutros elementos culturais fai que os
adoptemos se nos son útiles. A asimilación fai máis parecidas as culturas humanas. Hai detractores que consideran que
a globalización esconde un proxecto homoxeniador, pois supón a expansión do capitalismo. Iso comporta que os
países máis pobres corren o risco de perder as súas peculiaridades culturais.

You might also like