You are on page 1of 7

REINOS INFERIORES MÍNIMOS

MONERAS: organismos unicelulares procarióticos (células sen núcleo definido, ADN circular localizado no nucleoide,
sen orgánulos membranosos, ribosomas de menor tamaño que os eucarióticos e parede celular de péptidoglicano).
Presentan reprodución asexual por bipartición sen mitose nin meiose (1 so cromosoma bacteriano), poden presentar
fenómenos parasexuais qe permiten o intercambio de material xenético Mediante as técnicas de bioloxía molecular se
separaron dous grupos:
Arqueobacterias (Dominio Archaea): procariotas primitivos de ambientes extremos: halófilos, metanóxenos e termófilos
(Thermus aquaticus.produce a enzima da PCR). As arqueobacterias se diferencian das eubacterias pola composición
das paredes celulares, o metabolismo e o hábitat.A comparación das secuencias dos ARN ribosómicos mostra que as
arqueobacterias poden estar máis relacionadas cos eucariotas que coas bacterias
Eubacterias (Dominio Bacteria). As bacterias verdadeiras presentan unha gran diversidade e inclúen a maior parte dos
procariotas. Nelas están presentes todos os tipos de nutrición e metabolismo. Aínda que coñecemos moitas
enfermidades causadas por bacterias,a maioría non son patóxenas e exercen una acción benéfica para moitos seres
vivos. A súa presencia é indispensable para o equilibrio ecolóxico da Tierra. Destacan as cianobacterias, filo de
bacterias que realiza a fotosíntese osixénica (primeiros osixenadores da atmósfera) e tódalas bacterias
quimiosintéticas que permiten a incorporación dos elementos químicos aos ciclos de materia dos ecosistemas.

PROTOCTISTAS: Este reino, considerado como un “caixón de sastre”, inclúe un conxunto de organismos formados por
células eucarióticas que non poden incluírse en ningún outro reino. Moitos son unicelulares e outros pluricelulares, pero
nunca presentan tecidos verdadeiros. A súa nutrición é variada. Algúns son fotosintéticos,en tanto que outros son
heterótrofos. A súa reprodución pode ser tanto sexual como asexual.
Algúns protoctistas son móbiles e desprázanse mediante flaxelos, cilios ou pseudópodos. En principio foron dividido en 2
grandes grupos:
Protozoos. Eucariotas unicelulares sen parede celular. Heterótrofos. Hainos de vida libre, predominantes en augas doces
e salgadas que se desprazan mediante cilios (paramecios), ou pseudópodos (amebas). Outros carecen de estruturas
locomotoras, neste grupo destacan as formas parásitas como as especies do xénero Plasmodium (malaria).

Algas: Son protoctistas fotoautótrofos con clorofila normalmente acompañada doutros pigmentos como os carotenoides
(carotenos e xantofilas) A maioría unicelulares (diatomeas, moitas algas verdes e vermellas) en xeral con parede celular
de celulosa. As especies pluricelulares como as Laminarias teñen organización corporal de tipo Talo (sen tecidos)

Existe un terceiro grupo de protoctistas: se trata de protoctistas que gardan algún parecido cos fungos: mixomicetos
(mofos mucilacinosos, sen parede celular) e oomicetos, con parede celular sen quitina.

FUNGI:

Neste reino inclúense organismos que presentan células eucarióticas, poden ser tanto unicelulares (lévedos) como
pluricelulares (mofos,cogumelos) pero non presentan tecidos verdadeiros. As súas células posúen unha parede celular
formada por quitina, un polisacárido que tamén aparece no exoesqueleto dos artrópodos. Igual que os animais acumulan
glicóxeno como material de reserva. Nunca presentan cilios, flaxelos ou pseudópodos. Nos fungos pluricelulares, o talo
denominado micelio está formado por filamentos celulares chamados hifas que poden ser tabicadas (con tabiques entre
as células) ou cenocíticas (sen tabiques, con aspectos dunha célula plurinucleada xigante.O tipo de reprodución máis
frecuente é a asexual mediante esporas asexuais (mitose). Tamén presentan reprodución sexual por fusión de células ou
hifas de individuos diferentes seguida da formación de esporas sexuais (meiose).
Os fungos desempeñan un papel ecolóxico importante como descompoñedores de materia orgánica (saprófitos). Son
tamén parásitos de moitos tipos de organismos, particularmente plantas, nas cales frecuentemente causan enfermidades
graves e importantes perdas á agricultura. Por outra banda, son de gran utilidade na industria da fabricación de viños,
queixos, pan, medicamentos, produtos biotecnolóxicos e no control biolóxico de pragas e enfermidades (Penicillium,
produtor de antibióticos).
Ademais os fungos participan en dous tipos de simbiose que teñen gran importancia ecolóxica: os liques e as micorrizas.
Os liques son simbioses entre fungos e algas ou as veces cianobacterias. As micorrizas son asociacións entre fungos
que habitan no solo e raíces de plantas. Nas micorrizas o fungo facilita a captación de minerais polas raíces da planta
que a súa vez proporcionan moléculas orgánicas ao fungo. Pénsase que desempeñaron un papel crave en posibilitar ás
plantas a súa transición a terra.
REINOS SUPERIORES MÍNIMOS
REINO PLANTAS (PLANTAE OU METAFITAS: 265.000 sp aprox.)
Organismos eucariotas con parede celular celulósica, pluricelulares, fotosintéticos, que almacenan amidón como
polisacárido de reserva e presentan tecidos, que a súa vez van a constituír órganos especializados.. Reprodución,
fundamentalmente sexual con alternancia de xeracións, aínda que tamén e frecuente a reprodución asexual a partir de
fragmentos da planta. A reprodución sexual, ao igual que nos animais se desenvolve en 3 fases: formación dos
gametos (gametoxénese), fecundación e desenvolvemento embrionario. Nesta última fase o cigoto en división
chamado embrión sofre divisións sucesivas, por mitose, e procesos de diferenciación celular para dar orixe a un novo
individuo.No seu ciclo de vida (diplohaplonte) altérnanse dúas xeracións, unha diploide (2n), o esporofito que produce
esporas en esporanxios por meiose, as cales ao xerminar dan lugar a unha xeración haploide (n), o gametofito que
produce gametos por mitose: masculinos (anterozoides) e femininos (oosferas).

EVOLUCION.-Crese que as primeiras plantas foron o resultado da evolución dalgún grupo de algas verdes que
desenvolveron mecanismos para adaptarse ao medio terrestre: redución progresiva do tamaño do gametofito ata quedar
protexido na flor do esporofito, aparición das raíces que fixan a planta ao solo e permiten a absorción de auga e
nutrientes, desenvolvemento de tecidos de sustentación endurecidos que compensen a maior acción da gravidade fora
da auga e permiten cas plantas acaden grandes tamaños. desenvolvemento dun sistema vascular complexo (xilema e
floema) que comunica a parte aérea da planta coa que se fixa ao sustrato, aparición dunha cutícula protectora
formada por unha substancia lipídica impermeabilizante (cutina) que impide a desecación das partes aéreas das plantas,
desenvolvemento dos estomas, estruturas epidérmicas que controlan a transpiración e o intercambio de gases nas
partes aéreas.

CLASIFICACIÓN.-As plantas clasifícanse en divisións, equivalentes aos filos animais, que se agrupan en conxuntos máis
amplos utilizando 3 criterios básicos: presenza de tecidos condutores, presenza de sementes (estruturas constituídas
polo embrión material de reserva e cubertas protectoras), número de cotiledóns (follas embrionarias)
NON VASCULARES OU BRIOFITAS
Sen tecidos condutores e organización corporal tipo talo sen verdadeiras raíces,talos e follas. O
gametofito é a xeración predominante
20.000 ESPECIES: 3 DIVISIÓNS
Pequenas plantas de hábitats húmidos que tapizan o solo troncos da árbores e as rochas. Absorben auga
por difusión a través de todo o seu corpo, carecen de cutícula polo que son moi sensibles á
deshidratación. Ademais son dependentes da auga para a reprodución xa que os gametos masculinos,
móbiles, deben nadar para encontrarse co gameto feminino. Xunto cos liques, son importantes
formadores do solo e reguladores da humidade ambiental xa que reteñen o exceso de auga e a liberan
lentamente, proporcionando un sustrato no que poden xerminar as sementes das plantas vasculares.
Tamén proporcionan un microambiente protector a moitos artrópodos e microorganismos. Musgos
(brións) con gametofitos filiformes con aspecto de arbustillos e hepáticas con gametofito laminar.
VASCULARES OU CORMOFITAS
Con tecidos condutores: xilema e floema. Con corpo vexetativo (encargado da nutrición) chamado
cormo, con raíz, talo e follas
SEN SEMENTES PTERIDOFITAS: 3 DIVISIÓNS
Son as plantas vasculares máis primitivas, carecen de flores, non producen sementes e se propagan
mediante esporas sexuais ou meiosporas. Aínda dependen da auga para a fecundación polo que son
típicas de ambientes húmidos e sombríos. O esporofito, fase dominante do seu ciclo vital, ten unha
estrutura cormo sinxela, con raíz, talo subterráneo (rizoma) e follas (frondes). O gametofito, pequeno e
de corta vida é independente do esporofito: Fieitos (esporanxios no envés das follas). Equisetos ou
colas de cabalo, con esporanxios agrupados no extremo de ramas fértiles.
CON SEMENTES: ESPERMATOFITAS
Posúen un cormo complexo e producen flores e sementes.que dispersan as plantas. Nelas predomina
a xeración esporofitica, quedando o gametofito(n) reducido a unha estrutura de pequeno tamaño e corta
vida, completamente dependente do esporófito, Son as plantas mellor adaptadas ao medio terrestre, xa
que non dependen da auga para a fecundación.
XIMNOSPERMAS (800 sp. aprox.)
Teñen flores primitivas, sen ovario. pouco vistosas (sen cáliz nin corola), unisexuais (femininas ou
masculinas) agrupadas normalmente en conos. Producen sementes pero non froitos. Son plantas
leñosas, arbóreas ou arbustivas, que poden ser monoicas, con flores masculinas e femininas na
mesma planta, ou dioicas, con flores masculinas e femininas en plantas separadas Coníferofitas:
piñeiros, abetos, cipreses, xenebros e teixos.
ANXIOSPERMAS(235000 sp aprox.) Monocotiledóneas Teñen sementes cun so cotiledón (folla
Con flores hermafroditas ou unisexuais embrionaria). Fundamentalmente, son plantas herbáceas
moi especializadas. Producen sementes sen crecemento secundario. As súas follas son estreitas con
encerradas nun froito que as protexe e nervación paralelinervia e os feixes vasculares están
NON VASCULARES OU BRIOFITAS
Sen tecidos condutores e organización corporal tipo talo sen verdadeiras raíces,talos e follas. O
gametofito é a xeración predominante
20.000 ESPECIES: 3 DIVISIÓNS
Pequenas plantas de hábitats húmidos que tapizan o solo troncos da árbores e as rochas. Absorben auga
por difusión a través de todo o seu corpo, carecen de cutícula polo que son moi sensibles á
deshidratación. Ademais son dependentes da auga para a reprodución xa que os gametos masculinos,
móbiles, deben nadar para encontrarse co gameto feminino. Xunto cos liques, son importantes
formadores do solo e reguladores da humidade ambiental xa que reteñen o exceso de auga e a liberan
lentamente, proporcionando un sustrato no que poden xerminar as sementes das plantas vasculares.
Tamén proporcionan un microambiente protector a moitos artrópodos e microorganismos. Musgos
(brións) con gametofitos filiformes con aspecto de arbustillos e hepáticas con gametofito laminar.

distribuídos por todo o talo, Gramíneas(millo, trigo


centeo), orquídeas, palmeiras

axuda a súa dispersión. Dicotiledóneas Sementes con dos cotiledóns. Follas con
nervación reticulare os feixes vasculares do talo están
colocados en forma de anel
Clase de anxiospermas con maior diversidade: árbores,
arbustos, matas e herbas Carballos, maceiras,
abeleiras, rosais, trevos…

REINO ANIMAIS (ANIMALIA OU METAZOOS: 1,2 millóns sp aprox.)


Organismos eucariotas, pluricelulares, heterótrofos, con células sen parede celular que se agrupan formando tecidose
e almacena glicóxeno como polisacárido de reserva. A reprodución é sexual, aínda que nos grupos máis sinxelos
podemos atopar forma de reprodución asexual como a xemación u a fragmentación. Na reprodución sexual o
desenvolvemento postembrionario pode ser directo (o embrión orixina crías semellantes ao adulto) ou indirecto (o
embrión orixina larvas, formas embrionarias de vida libre que acumulan reservas nutritivas para construír o novo
individuo mediante un proceso de metamorfose. A orixe dos animais esta asociada aos protozoos, pero no hai acordo
na determinación dos grupos que acuaron como formas precursoras. Os criterios para clasificar este reino tan diverso
son variados:
1. Un primeiro criterio é ter en conta o nivel de organización diferenciándose dous subreinos: parazoos (filo
poríferos, con especialización celular pero sen verdadeiros tecidos nin órganos) e eumetazoos (resto dos
filos animais, con verdadeiros tecidos e órganos que darán lugar a sistemas e aparatos)
2. O segundo criterio é a simetría, os animais poden ser asimétricos: a maior parte dos poríferos, ou ter
simetría radial: cnidarios e equinodermos (no corpo hai partes iguais delimitadas por varios planos de
simetría que pasan por un eixe central que atravesa a boca) ou bilateral: a maior parte do filos animais (hai
dúas partes aparentemente iguais, dereita e esquerda, dispostas a ambos lados dun plano lonxitudinal)
3. O terceiro criterio é ter en conta o número de follas embrionarias que aparecen ao longo do seu
desenvolvemento, diferenciándose dous grupos: a) Diblásticos: posúen 2 capas embrionarias: ectoderma e
endoderma (Celentéreos ou Cnidarios). b) Triblásticos: posúen 3 capas embrionarias: ectoderma (orixina os
recubrimentos externos, sistema nervioso e o aprato excretor), mesoderma (orixina os revestimentos das
cavidades internas, músculos, ósos sistema circulatorio e gónadas) e endoderma (orixina tubo dixestivo e as
glándulas anexas).
4. Outro criterio é a presenza ou non de cavidades internas delimitadas por un epitelio mesodérmico que nos
permiten distinguir 3 grupos: a) Acelomados, con mesoderma macizo, unicamente posúen a cavidade do
tubo dixestivo (platihelmintos). b) Pseudocelomados desenvolven unha cavidade (pseudoceloma)
entre o endoderma e o mesoderma pero non revestida polo epitelio mesodérmico (Nematodos).
c)Celomados: animais con tubo dixestivo e celoma, cavidade formada no mesoderma que despois dará lugar
a cavidade xeral do corpo onde se situarán a maior parte dos órganos do animal.
PRINCIPAIS FILOS DO REINO ANIMAL
PORÍFEROS
Parazoos de corpo globoso, sen simetría, con paredes cheas de poros que comunican con cámaras internas. Son animais filtradores
que viven fixos nos fondos acuáticos, xeralmente mariños, e a súa reprodución é sexual ou asexual (xemación). Como sistema de
sustentación presentan espículas calcarias ou silíceas que son a base da súa clasificación.
CELENTÉREOS OU CNIDARIOS
Eumetazoos diblásticos de simetría radial, con tentáculos prénsiles en torno á boca para capturar as presas.. A parede corporal, con
dúas capas (epiderme e gastroderme) separadas por unha substancia xelatinosa (mesoglea), limita a cavidade gastrovascular. Son
animais acuáticos con 2 formas corporais básicas: unhas fixas, os pólipos (con forma de saco) e e outras móbiles ,as medusas (con
forma de parasol). Ambas formas poden alternarse no ciclo vital (especies con reprodución alternante: sexual e asexual). Posúen
células urticantes características, denominadas cnidoblastos, que producen un líquido irritante que neutraliza as súas presas.
Poden vivir illados ou formar colonias. Grupos de especies ccoñecidas son as anémonas mariñas, as hidras de auga doce, os corais
e as especies de grande medusas como Cyanea capillata.
PLATIHELMINTOS (Vermes planos)
Eumetazoos triblasticos, acelomados con simetría bilateral. Animais de corpo brando e aplanado, sen cavidades internas salvo o
tubo dixestivo que é incompleto (sen ano) . Mostran un inicio de cefalización: presentan unha cabeza primitiva onde se agrupan os
receptores sensoriais. Presentan órganos ben desenvoltos que forman sistemas excretores reprodutores. Carecen de sistema
circulatorio e respiratorio. Poden ser de vida libre (planarias) ou parasitos (tenias). A maioría son hermafroditas con
desenvolvemento directo ou indirecto.
NEMÁTODOS (Vermes cilíndricos non segmentados)
Eumetazoos triblásticos de simetría bilateral, cun pseudoceloma , cavidade situada entre o endoderma (tubo dixestivo) e o
mesoderma (músculos). O pseudoceloma, cheo de líquido funciona como un esqueleto hidrostático ademais facilita a circulación
de materiais. Son o primeiro grupo de animais con boca e no. Carecen de sistema circulatorio e respiratorio. Son un dos troncos
animais máis numerosos, hai moitas especies de vida libre, principalmente acuáticas e tamén moitas especies parasitas, tanto de
plantas como de animais (Ascaris sp., lombrigas inestinais)
MOLUSCOS
Eumetazoos triblasticos de simetría bilateral e con celoma. Animais de corpo brando insegmentado con tres partes: pé musculoso,
masa visceral (con órganos ben diferenciados) e manto, cuberta carnosa que rodea a masa visceral e que moitas veces produce
unha cuncha calcaria. O manto delimita a cavidade paleal: cavidade respiratoria onde desemboca o ano o poro excretor e tamén o
reprodutor. Poden ser hermafroditas on dioicos.
A presenza e a forma da concha, e desenvolvemento da cabeza, pé e masa visceral son os principais criterios para a clasificación
dos moluscos en 3 clases principais:
-Gasterópodos: Pé ventral e normalmente cunha cuncha dunha soa peza normalmente espiral, cabeza ben diferenciada cun ou
dous pares de tentáculos sensoriais e boca con rádula: lingua con dentes quitinosos coa que raspan as rocas ou conchas das que
desprenden algas e pequenos organismos. ( caracois mariños e terrestres, lapas e babosas)
-Bivalvos, Pelecípodos ou Lamelibranquios, Cuncha con dúas valvas. Pé en forma de machado e branquias laminares sen
cabeza diferenciada (ameixas, mexillóns, ostras, vieiras, zamburiñas, volandeiras)
-Cefalópodos: Pé moi desenvolvido que forma tentáculos fortes e musculosos na zona anterior do corpo (cabeza), con ventosas
adhesivas para atrapar ás presas. Cuncha normalmente interna e reducida a unha pluma, ou inexistente. Existe un cefalópodo
actual do grupo dos amonoideos (desaparecido no Cretácico) con cuncha espiral plana externa, o Nautilus, considerado un fósil
vivinte. (sepias, luras e polbos)
ANÉLIDOS (Vermes con aneis)
Eumetazoos triblásticos de simetría bilateral con celoma.Son os primeiros animais que mostran segmentación ou metamería:
repetición seriada de elementos corporais (metámeros) ao longo do eixe corporal do organismo, que se manifesta externa e
internamente pola repetición dos órganos internos. Poden ser acuáticos, terrestres e incluso parasitos. Hermafroditas, con
fecundación cruzada. Poden presentar apéndices locomotores (parápodos) provistos de fibras quitinosas (quetas) a ambos lados
dos aneis. Hai 3 clases:
-Poliquetos: teñen en cada anel un par de parápodos; son mariños (Nereis)
-Oligoquetos sen parápodos, e con poucas quetas viven enterrados na terra. (miñoca de terra)
-Hirudíneos, sen parápodos nin quetas. Son parasitos de auga doce . Teñen dúas ventosas para fixarse ao hóspede (sambesugas)
ARTRÓPODOS
Eumetazoos triblásticos de simetría bilateral con celoma. Corpo segmentado, na maioría dos grupos os segmentos se agrupan en 3
ou 2 rexións: cabeza, tórax e abdome ou cefalotórax e abdome.Presentan apéndices articulados nos aneis con distintas funcións
(locomoción, recepción sensorial, alimentación, etc) Exoesqueleto duro e ríxido de quitina segregado pola epiderme que mudan
periodicamente. Reprodución sexual. Ovíparos. Desenvolvemento directo ou con fases larvarias e metamorfose. É o grupo máis
numeroso de animais, os hai terrestres, acuáticos e parasitos. Destacan 4 grupos principais:
Arácnidos: Sen antenas e 4 pares de patas, corpo dividido en cefalotórax e abdome: Arañas, escorpións, ácaros…
Insectos: Un par de antenas e 3 pares de patas, corpo dividido en cabeza tórax e abdome: bolboretas, formigas, escaravellos,
abellas…
Miriápodos: Un par de antenas e un ou dous pares patas por segmento: milpés, escolopendras…
Crustáceos:Dous pares de antenas, corpo con cefalotórax e abdome. De gran importancia nos sistemas mariños: nécora, centolas,
gambas, percebes, cochinillas da humidade

EQUINODERMOS
.Eumetazoos triblásticos celomados con simetría radial no estado adulto, larva bilateral. Baixo a epiderme existe un endoesqueleto
de placas calcarias, fixas ou móbiles, ás veces con espiñas ou pugas. O seu corpo non esta segmentado e carecen dunha cabeza
diferenciada . É exclusivo deste filo un sistema hidrostático denominado sistema ambulacral., formado por un sistema de tubos
polos que circula a auga do mar a presión e cuxa función e a locomoción e a alimentación. O filo comprende animais mariños que
viven fixos, como os lirios de mar ou que se moven lentamente: estrelamares, ourizos de mar ou os cogombros de mar.
CORDADOS
Todos os cordados posúen as seguintes características distintivas nalgunha etapa do seu ciclo de vida:
-Notocorda eixe, esquelético cartilaxinoso dorsal con función de sustentación
-Cordón nervioso tubular oco situado encima da notocorda. O extremo anterior ensánchanse e nos vertebrado dará
lugar ao encéfalo
-Fendeduras branquiais na parede da farinxe. Nos animais acuáticos persisten durante toda a vida, nos animais
acuáticos persisten durante toda a vida e nelas localízanse as branquias; nos terrestre so aparecen na fase
embrionaria.
O filo comprende tres subfilos:
Subtipo Urocordados: ascidias, animais mariños con forma de saco en estado adulto que en estado larvario parecen
cágados e mostran todas as características dos cordados.

Subtipo Cefalocordados : anfioxus ou lancetas, animais acuáticos que conservan en estado adulto as 3
características dos cordados.

Subtipo Vertebrados.: Corpo dividido en cabeza, tronco e cola. Teñen apéndices locomotores tipo aleta (radios
espinosos) ou tipo quiridio ou pata (ósos).Posúen un endoesqueleto con pezas articuladas, cun eixe a columna
vertebral. A notocorda é reemplazada por vértebras (columna vertebral) que protexen ao cordón nervioso e o cranio
protexe ao encéfalo. Posúen un endoesqueleto con pezas articuladas. Teñen cefalización pronunciada. Poden sr
ectotermos ou endotermos (aves e mamíferos).

Superclase agnatos, Acuáticos sen mandíbulas: Lampreas

Superclase gnatostomados, con mandíbulas. Comprende 6 clases

Clase condrictios (peixes cartilaxinosos).Esqueleto cartilaxinoso pel con dentículos dérmicos e boca ventral. Mariños:
Quenllas, raias

Clase osteíctios (peixes óseos). Esqueleto óseo, pel con escamas dérmicas, as fendas branquiais están cubertas por un
opérculo, a boca é terminal. Todos acuáticos. Troita, salmón, cabalo de mar, besugo…

Clase anfibios. Primeiros vertebrados terrestres, que aínda dependen da auga para a fecundación.. Pel núa con
numerosas glándulas secretoras de mucus que a manteñen húmida.

Clase Réptiles. Pel recuberta de escamas o placas córneas. Cato extremidades tipo pata curtas ou inexistentes polo
que se desprazan reptando sobre o terreo. Comprende os saurios (lagartos), os ofidios (serpes), os
quelonios( tartarugas) e os crocodilianos (caimáns, crocodilos)

Clase aves. Pel recuberto de plumas, extremidades anteriores transformadas en alas, ósos ocos e músculos pectorais
moi desenvolvidos: avestruces, pingüíns, rapaces, paxaros…

Clase mamíferos. As femias teñen glándulas mamarias que segregan leite para alimentar as crías. Teñen a pel cuberta
de pelo, un músculo respiratorio o diafragma que fai máis eficaz a respiración, 4 extrmidades con modificacións para
moverse mellor no se u medio. Hai 3 subclases: Prototerios ou monotremas, ovíparos (ornitorrinco); Metaterios ou
marsupiais, vivíparos, sen placenta (Koala e Canguros); Euterios ou placentarios, vivíparos con placenta. Aquí inclúense
numerosos ordes: primates, cetáceos, roedores, carnívoros, insectívoros…
8.- TEST RAZOA AS RESPOSTAS FALSAS
1 Os animais, a diferenza das plantas, introducen os alimentos no organismo por:
a) Absorción.
b) Dixestión.
c) Inxestión.
2 Os animais triblásticos posúen:
a) Ectodermo e mesodermo.
b) Ectodermo e endodermo.
c) Ectodermo, mesodermo e endodermo.
3 Os animais diblásticos posúen:
a) Ectodermo e mesodermo.
b) Ectodermo e endodermo.
c) Ectodermo, mesodermo e endodermo.
4 Os Cnidarios ou Celentéros son:
a) Os únicos eumetazoos diblásticos.
b) Os únicos eumetazoos triblásticos.
c) Os únicos parazoos triblásticos.
5 Cal é a frase verdadeira?
a) Os Poríferos teñen un aparato dixestivo moi sinxelo.
b) Os Poríferos non teñen tecidos verdadeiros.
c) Os Poríferos non son animais porque non se moven.
6 Os cnidoblastos son:
a) Un tipo de eumetazoos diblásticos con simetría radial.
b) Unhas células urticantes da epiderme dos celentéreos.
c) Unhas células fotorreceptoras das medusas.
7 Os Platihelmintos son...
a) ... vermes planos
b) ... vermes cilíndricos
c) ... vermes cilíndricos segmentados
8 Os Nematodos son...
a) ... vermes planos
b) ... vermes cilídricos
c) ... vermes segmentados
9 Os Anélidos son...
a) ...vermes planos
b) ... vermes cilíndricos
c) ... vermes segmentados
10 Cal é a frase verdadeira?
a) Os Artrópodos teñen endoesqueleto, respiran por traqueas e son segmentados.
b) Os Crustáceos son artrópodos con exoesqueleto calcario, traqueas e seis pares de patas.
c) Os Insectos son artrópodos, con exoesqueleto, seis pares de patas, traqueas e ás veces ás.
11 Cal é a frase verdadeira?
a) Os Condrictios son peixes con esqueleto de cartilaxe.
b) Os Condrictios son peixes con esqueleto óseo.
c) Os Condrictios son agnatos con esqueleto cartilaxinoso.
12 Cal é a frase verdadeira?
a) Os únicos animais homotermos son os Peixes, Anfibios e Réptiles .
b) Os únicos animais homotermos son as Aves e Mamíferos.
c) Todos os Vertebrados son homotermos

You might also like