You are on page 1of 29

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA


DEPARTAMENTO DE HISTORIA CONTEMPORÁNEA E AMÉRICA

O ESTATUTO DE AUTONOMÍA
Evolución e fases do proxecto

BLANCO RAMOS, MARTA


DUBRA FERNÁNDEZ, ROCÍO
RIVAS PATIÑO, MARÍA
RODRÍGUEZ SEOANE, BRENDA

1
ÍNDICE:

1. Introdución……………………………………………………………………………………………3
2. Precedentes históricos………………………………………………………………………………..4
2.1. Nova planta territorial- Javier de Burgos 1833 e o provincialismo……………………………4
2.2. I República: Centro de iniciativa para a organización de Galicia (1873)……….……………..5
2.3. Movemento rexionalista………………….…………………………………………………….6
2.4. O federalismo…………………………………………………………………………………..7
2.5. As Irmandades da Fala (1916/1918): “autonomía integral” de Galicia…………….………….8
3. Do rexionalismo á autonomía integral: 1916- 1918………………………………8
4. Principais tendencias nacionalistas nas Irmandades (1916-1936)………………………9
5. As Irmandades da Fala 1918-1924……………………………………..……….11
5.1. Primo de Rivera…………………………………………………………………………….…13
6. O proceso dos estatutos autonómicos durante a II República…………..……………………………14
6.1. Unha República federal ou “integral”?......................................................................................14
6.2. Comparación cos procesos catalán e vasco…………………..………………………………..15
6.3. Autonomismo e Partidos Políticos……………………………………………………..16
6.4. Principais borradores do Estatuto: 1931-1936…………………………………………………17
6.5. A interrupción golpista nun momento clave: 1936……………...……………………………..20
7. O proceso estatutario tras a morte de Franco……………………………….…………………………20
7.1. O movemento nacionalista galego nos anos 60……………………...….………………21
7.2. O proxecto autonómico nos albores da democracia…………………………………………….22
7.3. As opcións políticas no marco do proceso autonomista………………….……………..23
7.4. A redacción do texto estatutario…………………………………………………………24
7.5. O estatuto de 1980………………………………………………...……………………..25
8. Conclusións……………………………………………………………………………………………26
9. Bibliografía

2
1. Introdución:

O proceso de creación dunha Comunidade Autónoma Galega culminado no ano 1981 tivo
por detrás un longo proceso evolutivo que desenvolveremos a continuación comezando pola
creación dunha mentalidade colectiva de nación, o que acontece co nacemento dos ideais
nacionais durante o tránsito do Antigo Réxime ós sistemas liberais. Logo procederemos a
analizar as fases máis relevantes ata a aprobación definitiva, tanto a nivel intelectual como a nivel
político, relacionándoas co contexto xeral país.

A concepción de Galicia como esta comunidade histórica a que nos refeririamos ven
reflectida na personalidade propia que ten Galicia dentro do conxunto do Estado Español. É unha
identidade baseada nunha cultura propia que pouco ten que ver co resto das peninsulares, cunha
etnografía particular pois contábase cun idioma, dereito e tradicións e costumes populares
diferenciados do resto do estado. Tamén o sistema político e social era ben diferente, a
aristocracia primeiro e a fidalguía despois terán un gran peso no control da vida local1. O sistema
económico galego tamén era particular, estando baseado na agricultura e empregando a cesión a
través de foros, un tipo de contrato de moi longa duración que é raro atopar noutras zonas da
península.

Vemos como é evidente a capacidade que Galicia podería ter para sentirse unha entidade
diferenciada en moitos ámbitos, pero nunca existiu por parte das elites unha conciencia política
diferenciada. Tamén influiron as políticas centralizadoras que se deron a partir do reinado dos
Reis Católicos, que fixeron que estas particularidades, especialmente a lingüística, comezasen a
quedar reducidas ós núcleos cotiáns e as relacións extraoficiais intercomunitarias, gracias ó cal o
idioma subsistirá pese a que nos círculos oficiais como a igrexa, a Administración Pública e a
nobreza fosen bilingües ou castelánfalantes.

Será a partir do século XIX coa transición cara o sistema liberal e a aparición do concepto
de nación que nace tras a Revolución Francesa e que amosase no Estado Español tras a invasión
Napoleónica neste momento só se referían a nación española. A partir de aquí e da aplicación de
novas políticas centralistas xeraranse dúas tendencias, unha castelanizadora e outra na que

1
CARDERO, J.L., Antropología y literatura, identidad socio-cultural en la literatura gallega, Tesis doctoral.
Universidad Complutense de Madrid, Servicio de Publicaciones, 1994, p.33.

3
provocará unha reacción adversa e comezará a crearse unha identidade, o concepto de pobo
galego e que comezará a reivindicar esta cultura propia que fora relegada séculos atrás 2.

2. Precedentes históricos:

1. Nova planta territorial de Javier de Burgos e o nacemento do


provincialismo.

O nacionalismo galego tarda en conformarse e para isto pasa por una serie de fases que
non podemos nomear nacionalistas, pois o único referente de nación que atopamos nestes anos e
o da nación española, ninguén se cuestionaba o carácter unitario . Pero nos anos 40 do século
XIX comeza a aparecer un movemento que si que amosa unhas primeiras características que
poderiamos identificar cunha reivindicación nacional. Este e o movemento coñecido como
provincialismo, que non é un proceso único de Galicia, pois aparece tamén noutros lugares de
España nas que se contaba cunha personalidade cultural e institucional distinguida. O seu nome
e debido a que se reivindica unha unidade territorial preexistente, a provincia ou o antigo Reino
de Galicia, unitario. Un dos antecedentes principais será a reforma de Javier de Burgos.

Este era o ministro de fomento durante a Rexencia de María Cristina, e encargouse de


levar a cabo unha das cousas que levaba anos a ser obxecto de debate: unha nova estruturación
territorial. O reino atopábase enormemente fragmentado en rexións que foran xurdindo a causa
do devir histórico e que eran xa pouco prácticas debido a evolución do territorio. Javier de
Burgos, formulou unha estruturación provincial seguindo un criterio xeográfico e ordeacionista,
medindo a distancia e densidade de poboación dos núcleos, buscando un modelo centralizado
cunha administración máis eficaz en todas as partes do reino. Para isto dentro de cada provincia
fixa outros núcleos de menos entidade territorial con xulgados de primeira instancia3. Estas
provincias agrupábanse en rexións, pero tiñan un carácter meramente clasificatorio, pois non
recaia sobre elas ningunha competencia política nin administrativa común a estas provincias.

O problema foi que o antigo Reino de Galicia quedou dividido en catro provincias, as
catro provincias actuais, o que supuña unha ruptura co seu pasado. Isto dáse nun contexto en

2
CARDERO, J.L. Antropología y literatura…, pp. 34-36
3
BURGUEÑO, J. Geografía Política de la España constitucional. La división provincial, Madrid: Centro de Estudios
Constitucionales, 1996. pp. 158-160.

4
que o romanticismo expándese por Europa, unha corrente caracterizada por exaltar a
singularidade presente e pasada dos pobos, baseándose na súa historia. Tamén influirá no
desenvolvemento da corrente provincialista a propia situación interna do Estado Español, onde
se confrontaban dúas correntes, unha máis democrática e con tendencias descentralizadoras, que
se materializa no xuntismo progresista, e outra máis tendente cara o liberalismo moderado
caracterizada por un forte centralismo do estado. Isto repercute en Galicia no sentido de que
unha parte da esquerda comezara a identificarse coa primeira tendencia e que a vincula co
legado histórico rexional.

Isto foi posible gracias a Lei de Concellos do ano 1840 promulgada polo goberno de
Espartero e que fixo que se crearan concellos e xuntas locais. Prodúcense pronunciamentos
militares e proliferan estas xuntas por todo o territorio. Estas non tiñan outra función que
encargarse do goberno do Reino de Galicia no que non se establecía un poder central, polo que
vemos que realmente non se cuestiona esta unidade nacional, como diciamos antes. Este
fenómeno repítese no 1843, pero fracasa e perde intensidade e efectivos.

Pese a que este movemento non se poida considerar enteiramente galeguista e que a súa
repercusión real fora o final bastante limitada, si que podemos ver como será esencial no tocante
a que iniciará a seguinte serie de tendencias que poderán ser considerados como galeguistas,
polo que vemos que este e o mais claro antecesor, así como un forte impulso para todo o que
veremos a continuación.

2. I República: Centro de iniciativa para a organización de Galicia (1873).

Coa proclamación da I República no ano 1873 darase paso a un novo período no que
rexeranse baixo o federalismo, polo que espertarán estas tendencias e influirán en correntes
posteriores, mesmo despois da prematura caída do sistema. O federalismo republicano en
Galicia ten como único referente nacional a España, algo que o distingue do Rexionalismo,
pero que espera acadar unha autonomía que lles outorgase unha liberdade política, pero sen
romper a unidade da nación Española. Vemos pois como durante este período, a reivindicación
identitaria de Galicia queda relegada a un segundo plano4.

4
BERAMENDI, J., La competencia entre los procesos nacionalizadores en Galicia, 1808 – 1936. Una primera
aproximación, Madrid: 2007. Pp. 21-22

5
A Constitución non nata de 1873, fixará esta serie de beneficios e liberdades dos que os
Estados podían disfrutar, entre os artigos 92 e 105. Entre estes destaca a completa autonomía
económico- administrativa e política, sempre de forma compatible coa existencia da Nación
(art. 92), nomear gobernos e asembleas lexislativas e no que nunca poderá intervir o poder
federal (art. 94 e 95) e o autorregulamento da súa organización territorial (art. 100). Mentres
tanto o Estado Federal aparece como un regulador da vida que non intervén directamente na
vida política, que preserva a paz entre tódolos estados e que protexe os dereitos fundamentais
dos cidadáns dos posibles abusos.

Este novo regulamento traerá novos aires o movemento provincialista, acadando


plantexamentos territoriais que non existían ata o momento. Será un momento de suma
importancia para a evolución do movemento galeguista, pois a partir disto se reavivará por
completo o provincialismo e conseguirá que se desenvolva a tendencia rexionalista, que é o
mais claro antecedente do nacionalismo galego.

3. O movemento rexionalista.

Sobre as bases postas durante o período do provincialismo nacerá un novo movemento no


marco da Restauración Borbónica. Tras o fracaso da I República de carácter federado, pasarase
a un período centralista que terá en Galicia unha serie de repercusións, sendo a principal a
reavivación dos ideais do provincialismo, reanudándose a labor teórica neste ámbito. Outro feito
a ter en conta será a derrota definitiva do Carlismo, que fará que algúns sectores se reorienten
cara unha liña tradicionalista do galeguismo. Tamén veremos a reorientación de sectores
republicanos federais, que darán paso a corrente federalista dentro do rexionalismo que
desenvolveremos no seguinte apartado.

Vemos pois como a corrente, a causa do centralismo exacerbado da Restauración, comeza


a gañar numerosos apoios, que darán o movemento unha pluralidade ideolóxica.Todos estes
sectores teñen en común unha serie de puntos como a noción de Galicia como unha rexión con
dereito á rexeneración dos seus riscos culturais e lingüísticos propios, reivindicando a súa
historia. Tamén unha autonomía política que busca solucionar os problemas derivados da
restauración, entre os que destacan o caciquismo, o cuneirismo e o centralismo5.

5
J. G. BERAMENDI, X. M. NÚÑEZ SEIXAS, O nacionalismo galego, Vigo: A Nosa Terra, 1995, p. 44

6
Como organismo a través do cal traballarán as diversas tendencias ideolóxicas que
atopamos dentro do rexionalismo, atopámonos coa Asociación Regionalista Gallega entre os
anos 1890 e 1893, con sede en Santiago de Compostela. A súa labor será esencialmente
propagandística e de difusión do seu ideario, aínda que tamén presentan nesta cidade cunha
candidatura propia nas eleccións municipais do ano 1891.

2.4.O federalismo.

Tratase dunha corrente dentro do rexionalismo6 que se caracteriza por ser un movemento
democrático e absolutamente anticentralista focalizado no galeguismo, que atopa a súa base
social no campesiñado, e en menor medida na burguesía máis radical e clases urbanas
populares7. É dentro do rexionalismo a corrente máis extrema, marcada por un forte
anticlericalismo e polo antitradicionalismo.
Este contempla a nación galega coma un estado orgánico que se atopa baixo outra nación
superior, que sería un Estado Español federado. A súa actividade desenvólvena
fundamentalmente militantes do partido Republicano Federal, como Aureliano J. Pereira, un
dos máximos representantes desta corrente.

Non tiveron demasiada actividade, pero si deliberaron e aprobaron un proxecto de


estatuto, que nunca chegou a facerse efectivo, o Proxecto de Constitución para o Futuro Estado
Galego, que foi aprobado na Asemblea Xeral da Rexión Galega, que se celebrou en Lugo do 2
o 6 de xullo de 1887. Tratase dun estatuto moi na liña do federalismo republicano de Pi i
Margall , que recoñece a existencia da rexión galega, dividida en catro provincias 8, que é
autónoma e soberana rexida baixo unha forma de república federal (art. 1 e 2). Recolle os
dereitos fundamentais dos cidadáns, como o habeas corpus (art. 7) ou a igualdade ante a lei e a
abolición dos títulos nobiliarios (art. 5) desaparecendo tamén os contratos forais, algo do que
os federalistas levaban anos buscando a súa abolición. Establece tamén unha división de
poderes, onde o poder lexislativo queda unicamente en mans da Asamblea Regional (art. 31)
con membros elixidos por sufraxio masculino, renovada completamente cada 3 anos. Destaca
que deixa unha serie de puntos abertos, que quedarían baixo a lexislación da Constitución
6
Nunca chega a existir unha corrente propiamente federalista dentro do galleguismo, esta enmarcase dentro do
rexionalismo.
7
J. G. BERAMENDI, X. M. NÚÑEZ SEIXAS, op. cit., 1995 pp. 43 - 46
8
“Proyecto de Constitución para el futuro Estado gallego” en PI Y MARGALL, F., Las Nacionalidades: Escritos y
discursos sobre federalismo, Madrid: Akal, 2009. Pp. 680 - 685

7
Federal9, non existente, que serían revisados coa chegada desa nova constitución e rexeríanse
baixo a mesma.

4. As Irmandades da Fala (1916/1918): “autonomía integral” de Galicia.

1. Do rexionalismo á autonomía integral: 1916-1918:

Se o rexionalismo estivo presente nos primeiros anos do século XX tamén, a partir de


1916 esa concepción vai trocando en nacionalismo.

O primeiro paso é a redacción, por parte de Antón Villar Ponte, dun folleto chamado
Nacionalismo gallego (Apuntes para un libro) Nuestra afirmación regional, xa que despois
da etapa de crise, intenta encauzar de novo o galeguismo por medio da difusión da lingua
para así conseguir unha nacionalidade galega dentro dunha federación ibérica, loita pola cal
non ten que haber unha ideoloxía clara, só intelectuais que loiten polo galego 10. Ademais,
convoca unha reunión na Real Academia Galega en Coruña (maio de 1916) á que van todo
tipo de personaxes importantes no panorama galego11 e crean a Primeira Irmandade da Fala,
aprobando os Estatutos que a contemplan e a directiva (Villar Ponte e Antonio Valcárcel).
Esta reunión foi secundada nese mesmo mes en Santiago con Lois Porteiro cunha gran
heteroxeneidade de ideoloxías, algo que será característico das Irmandades. Pouco a pouco
van aparecendo máis en Monforte, Pontevedra, Ourense, etc.

O fin destas primeiras Irmandades era conseguir difundir o galego mediante a prensa e
os boletíns, ademais da cultura galega popular. Para isto, a organización foi asociacións
culturais –que non partido político- cun Consello Directivo que se reúne cada ano e con
actuacións culturais (conferencias, coros e espectáculos). Conseguen o visto bo da prensa e
dalgúns partidos porque teñen un obxectivo cultural xa que nin a propia organización se opón

9
A Lei de Augas, a Lei Hipotecaria ou o Código Penal (art. 98) op. Cit. P. 700
10
“Galiza é unha Patria natural con lingua de seu...non habendo gramáticas nin diccionarios que axudaran a fixalos
e a pesares de cinco séculos de centralismo...Hai, pois, unha política para nós: a gran política da lingua. Si
conseguimos intresar nista política os novos inteleituales e as xeneracións que veñen, voltaremos a sere
fortes” en FERNÁNDEZ PRIETO, L., BARREIRO, M., Prosa política no tempo das Irmandades da Fala, Vigo: A
Nosa Terra, 1996, p.133.
11
Como di Beramendi, acoden desde rexionalistas como Lugrís Freire, profesores e liberais, xornalistas coruñeses e
novas caras como Ánxel Casal. En BERAMENDI, J.G., De Provincia a Nación, historia do galeguismo político,
Vigo: Xerais, 2007. p. 431-433.

8
a pertencer a España12. Polo tanto, tampouco pódese falar de nacionalismo, xa que seguimos
nun rexionalismo claro.

A finais de ano cambia a concepción das agrupacións debido a que aparece o xornal A
Nosa Terra, creado pola Irmandade de Coruña como medio para conseguir propaganda e,
cada vez máis, para facer un movemento político que ía mudando do rexionalismo: vai
cambiando a promoción da lingua e cultura nas feiras e festas a un ton político con
conferencias, prensa e mitins. Ademais, vai ser capital para o nacionalismo a incorporación
de Antón Losada Diéguez. Sobre todo foi importante a relación que se fragua entre os
cataláns de Cambó e as Irmandades entre 1917 e 1918, que fai que se vaia conformando unha
reivindicación propia, aínda que non ten un bo desenlace debido ás eleccións de febreiro de
1918, o control que quere levar a cabo Cambó e os fraudes electorais.

Despois do desastre electoral decidiron levar a cabo unha reorganización e xa aparecía


a reivindicación de autonomía para Galicia, ademais de acabar cos problemas económicos e
dar unha solución aos campesiños. Ademais, aparece o esquema de organización das
Irmandades, federativo e cun Directorio común a todas onde estarían todos os presidentes das
diferentes Irmandades, celebrando unha Asemblea anual, así que xa se proxecta a idea de
partido político.

2. Principais tendencias do nacionalismo das Irmandades (1916-1936)


1. A neotradicionalista

As súas características principais son que herda o rexionalismo galego anterior e o seu
fundamento principal é o catolicismo. Os representantes máis destacados desta corrente son
Antón Losada Diéguez, Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo, entre outros13. Caracterízase
por: - Concepción católica de Galicia, xa que a historia da nación galega baséase na
concepción de Risco da raza e terra, polo tanto, Otero Pedrayo fala da cultura galega e do
catolicismo como Volksgeist14 como motor do progreso da nación, sendo contrarios a
calquera tipo de avance científico e moderno que remate nunhas ideas laicas. Por tanto, o
tratamento da Historia e da nación con base en Risco: teoría de que o proceso histórico

12
O Reglamento da Hirmandade da Fala de Santiago (1-06-1916): “a)Contraer a obriga antre os irmáns de falare a
lingua galega...b)creando unha bibrioteca de autores galegos...maormente os qe teñan caráuter e tendencias
rexionalistas...d)grupo de asociados que se comprometan a esquirbire periódicamente traballos na nosa
fala...nos boletís da localidade...e)fomentar o conocemento da música galega e o amore ós bailes e costumes
enxebres
13
Castelao adhírese en 1917 ata 1924, cando marcha cara a corrente liberal-democrática.
14
BERAMENDI, J.G., NÚÑEZ SEIXAS, X. M., “O nacionalismo galego” en Historia de Galicia, n.18, 1995. p.101-103.

9
evoluciona mediante o continuo conflito entre o espiritual e o material, entre un colectivo –
espírito galego- que se enfronta a unha subordinación constante dun imperio que o somete15,
e que só pode gañar se a súa base non é racional e loita polos dereitos que ten a nación galega
desde o comezo.

Co cal, o seu prototipo de nación galega está no mundo rural e no campesiñado, porque
son considerados os elementos que conforman Galicia e as identidades principais, por iso hai
un rexeitamento do mundo urbano16. Está clara a relación que establecen co rural, xa que
sérvelles para cimentar o católico e conservador, debido a que no mundo rural non se produce
o progreso que si se dá nas cidades. Por iso é esencial o desexo pola volta do sistema
precapitalista17, algo que expresou a Dereita Galeguista en 1935 co seu Manifesto: redención
foral e liberalización de terras para a compra por parte dos campesiños para que non haxa
unha concentración en poucas mans, pequenos e medianos propietarios, artesáns e pequena
burguesía. Polo tanto, non queren nin marxismo nin anarquismo. Por último, no tocante á
política, rexeitan o pacto con outras correntes políticas e baséase nunha “democracia
orgánica” (corporacións e unidades básicas da familia, ferigresía, cidade, nación) e unha
declaración de dereitos con base na francesa: profesionais, corporativos, culturais,etc.18,
ademais de sufraxio universal para maiores de 25, pero non apoiaban o voto por toda a
corrupción da Restauración, así que preferían conseguir adeptos desde o populismo para ter
unha base social.

2. Liberal-demócrata:

Herdeira do rexionalismo liberal de Pi-Margall e o rexeneracionismo. Os representantes


son Manuel Lugrís, os irmáns Villar Ponte, Lois Peña Novo ou Xaime Quintanilla. Despois
chegarán Castelao, Paz Andrade ou Ricardo Carballo Calero entre outros, xa que esta
tendencia non ten unha base teórica homoxénea. Características:

15
Volve a aparecer Murguía e o espírito celta fronte ao romano, mesturado con Spengler e o rexeitamento do
racional e das ideas universais e xerais de progreso baseado na ciencia: “no pobo galego hai un predominio
marcado do elemento loiro centroeuropeo...ten entre nós dúas orixes: os celtas e mais os xermanos...a raza
galega sigue sendo a vella raza céltica, mesturaa con íberos, romanos e xermanos, mais impoñéndose os
carauteres dos celtas por riba de todos os demais” en FERNÁNDEZ PRIETO, L., BARREIRO, M., Prosa política no
tempo das Irmandades da Fala, Vigo: A Nosa Terra, 1996, pp.114-115.
16
Risco di: “A sociedade galega presenta un eixempro escrito de sedentarización rural” “A nosa couleutividá
natural é a parroquia, núcleo pequen, sempre de menos de oitocentos veciños” “En Galiza, o capitalismo e
mais o comercio son importados, non autóctonos” en PRIETO FERNÁNDEZ, L., BARREIRO, M., Prosa política...,
pp.115-116.
17
Mito do labrego como identidade e a nobreza de sangue e fidalguía.
18
BERAMENDI, J.G., NÚÑEZ SEIXAS, X. M., “O nacionalismo..., p.109.

10
A nación, é o motor do progreso e se fundamenta na etnicidade, o Volksgeist, a lingua e o
folclore19. Isto difire do neotradicional porque non se basea na raza, nin na terra nin na
relixión20. Ademais, a historia como resultado da loita de liberdade que nestes momentos se
exemplifica na nacionalidade. O obxectivo é o liberalismo e a democracia, non é válido o
centralismo nin o autoritarismo de entreguerras. Conflúe coa outra tendencia en que rexeita o
marxismo e o anarquismo tamén. Hai unha defensa dos dereitos da muller e no ámbito
económico parte dunha base moi vaga, que deixa clara a atención ao sector agrícola, con
reformas da terra en canto á propiedade21, o sistema fiscal e banca pública. Hai que dicir que
non se centran nas cidades porque cren que os problemas fundamentais de Galicia están no
rural, pero se fomenta a idea de modernidade de infraestruturas e transportes e reformas
arancelarias. Co cal, tamén busca a evolución da pequena burguesía e a pequena empresa nas
cidades para un reparto equilibrado.

Por último, no ámbito político defenden as eleccións para que o movemento nacionalista se
desenvolva e para iso facía falta unha alianza con outros partidos que fosen democráticos,
como os republicanos.

3. As outras dúas tendencias son a independentista e a socializante:

A primeira foi marxinal entre 1918 e 1936 e só profesaba que Galicia tiña que
conseguir a independencia absoluta, salientando o Comité Revoluzionario Arredista Galego
(Habana, 1921-23), Sociedade Nazonalista Pondal (Bos Aires, 1930-38), Vangarda
Nazonalista Galega (Galicia, 1933). A segunda entronca co marxismo. Nos anos vinte con
Xaime Quintanilla cando se afilia ao PSOE, importante con Xoán Xesús González e a Unión
Socialista Galega (USG) co programa do PSOE pero máis importancia do nacionalismo que
do marxismo universal.

1. As Irmandades da Fala 1918-1924:

19
Aparece na Doctrina Nazonalista de Ramón Villar Ponte, con influencia de Vicente Risco.
20
Di Luis Peña Novo “A disparidade fundamental entre o criterio de Risco e mailo meu está en que para él o
nacionalismo non é máis que problema de cultura, e para min, sendo un problema de cultura é denantes de
todo un problema de libertade...eu procramo a máis ausoluta incompatibilidade do Estado español co ideal
nacionalista. Por iso Risco non lle otorga ningunha importancia á actuación política” en PRIETO FERNÁNDEZ, L.,
BARREIRO, M., op.cit., p. 75.
21
Intervención pública para modernizar a terra rexeitando a concentración da propiedade en poucas mans.

11
Os puntos claros do nacionalismo galego polo que loitaban todas as Irmandades eran: a
nación galega era o obxectivo a conseguir porque foi unha nación dada pola historia22, a
etnicidade de Risco: a nación como motor da Historia nun sistema orgánico en base á
Natureza23 e o concepto de Volksgeist –ou espírito do pobo- enraizado na terra –Galicia- e na
raza –celta- a cal comeza na Prehistoria e sofre unha continua loita entre Castela e Galicia
desde a Idade Media e unha busca de unidade con Portugal, coa que se senten identificados,
como pasa con Irlanda e Cataluña. Tamén todos están de acordo no atraso de Galicia con
respecto a outras zonas da Península, a dependencia económica e o atraso do que era vítima –
sobre todo no tema das infraestruturas e no mundo rural- a subordinación da lingua galega e
os males políticos como eran o caciquismo, o cunerismo e a fraude electoral.

O nacionalismo galego comeza coa Asemblea de Lugo o 17 e 18 de novembro de 1918, presidido


por Losada Diéguez e no que están Risco, Castelao, Cabanillas, Peña Novo e Otero entre
outros24. Nesta Asemblea, apróbase un manifesto e á vez o programa de acción, comezando
aquí o nacionalismo aínda que non se puidese falar de partido político –debido ás alianzas
con outros partidos e a autonomía de cada unha25:

1. Consecución dunha autonomía íntegra, federalismo con Parlamento e Goberno


propios escollidos por sufraxio universal e autonomía salvo en competencias como a moeda e
o exército. Concertación entre nacións no tema financieiro.
2. Galeguización pública con cooficialidade dos idiomas, fomento da cultura
galega e sobre todo aparición na ensinanza.
3. Reforma política para rematar co caciquismo, o cunerismo e o fraude, ademais
de acabar coas Deputacións provinciais.
4. Reformas na economía: librecambismo, mellora de transportes e
infraestruturas, banca pública para nacionalizar a economía galega, preeminencia do rural
ademais de impostos progresivos.

22
BERAMENDI, J.G., NÚÑEZ SEIXAS, X. M., op.cit., p.122
23
Influencia de Spengler e Murguía.
24
“Art. 1: Tendo a Galiza todas as características esenciaes de nazonalidade, nós nomeámonos, de hoxe para
sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todas as aspiracións nin encerra toda a
intensidade dos nosos problemas” en FERNÁNDEZ PRIETO, L., BARREIRO, M., op.cit., p. 223.
25
Deu lugar a unha estrutura, sempre federativa, cun directorio con presidente, normas e programa concreto. O
periódico propio será A Nosa Terra.

12
Ao final do manifesto, se lle comunica ao Rei a “autonomía integral da Nazón
Galega”26. Para conseguir os apoios que necesitan para levar a cabo estas reformas levan a
cabo conferencias, propaganda do programa con A Nosa Terra pero illamento estatal; e
mitins, sobre todo cos agraristas. A verdade é que isto non chega á sociedade galega, xa que
as bases serán os profesionais liberais medios e os profesores27.

A tendencia neotradicionalista e a liberal-democrática protagonizaron enfrontamentos


na II Asemblea de Santiago (1919) e na III Asemblea de Vigo (1921) aínda que se impoñen
os neotradicionalistas. Hai unha escisión na IV Asemblea, así que desde aquela houbo dous
camiños: por unha banda a Irmandade da Coruña e pola outra unha fusión dos demais grupos
na Irmandade Nazonalista Galega (ING) con Risco como cabeza principal. O ING ten a
estrutura dun partido e segue cos postulados das antigas Irmandades: ten un carácter radical
con autonomía federal para Galicia cun partido forte, por iso non queren o voto porque ten
que ser un partido propiamente nacionalista sen alianzas, ademais unha unión co agrarismo
con Basilio Álvarez e La Zarpa. En troques, a Irmandade da Coruña desde 1922 leva a cabo
unha labor cultural importante e consegue a unión coa de Vilalba e a de Monforte, ademais
de relacións co resto dos nacionalismos –Tripla Alianza en Barcelona, 1923)- cunha base
liberal e republicano-federal.

Algo moi importante no galeguismo foi tamén a actividade cultural levada a cabo sobre
todo durante a Ditadura. Foron importantes os escritos narrativos, a poesía e o teatro ademais
do ensaio, con persoeiros como Cabanillas, Noriega Varela, Risco, Otero ou Castelao entre
outros. Ademais, houbo varios intentos de creación de editoriais sendo importante Lar en
Coruña con Leandro Carré e Ánxel Casal; ou o xornal Nós (desde fins 1919-1936). Por
último, salienta a actividade científica promovida polo Seminario de Estudos Galegos desde
1923.

1. Primo de Rivera

Pero todo o labor levado a cabo polo nacionalismo galego vese truncado en 1923 co
golpe de Estado de Primo de Rivera. Hai que dicir que nun primeiro momento e grazas ao
apoio que lle deran os catalanistas, o nacionalismo galego tiña algunha esperanza de que
servise para acadar os seus fins, xa que Primo quería rematar coas prácticas tan denunciadas

26
FERNÁNDEZ PRIETO, L., op. cit., pp. 224-227..
27
Importante é o paso de 700 afiliados en 1918 a 500/600 entre 1919 a 1923; e entre 175 e 100 na Ditadura. En
BERAMENDI, J.G., El nacionalismo gallego, Cuadernos de Historia, n.40, Madrid: Arco Libros, 1997. p. 40.

13
nos anos anteriores (caciquismo, cunerismo, descentralización) pero tamén había moitas
reticencias debido ao carácter militarista do ditador. Nun primeiro momento hai un impulso
por parte do Directorio do desenvolvemento dunha Mancomunidade en Galicia28 e da
aparición de varios galeguistas en corporacións municipais e Deputacións –exemplo de
Losada Diéguez como Presidente da Deputación de Pontevedra en xaneiro de 1924- pero
cada vez foron máis patentes as ideas centralistas e autoritarias do ditador29, cunha forte
represión dos nacionalismo periféricos.

Como demostra o estudo de X. Beramendi30 a represión provocou que a organización


nacionalista revivise: do paso da única pervivencia da Irmandade da Coruña con Ánxel Casal,
pásase a unha serie de reorganizacións importantes en 1925 que serán imprescindibles para
entender a II República en Galicia: Por unha parte, A Irmandade da Coruña cada vez estreita
dunha maneira máis clara os seus lazos cos republicanos de Casares Quiroga para a
consecución da autonomía e da democracia31, formando a ORGA (Organización Republicana
Galega Autónoma) en 1929; comezan a ser importantes os intelectuais que saen do Seminario
de Estudos Galegos, de Nós e do Instituto de Pontevedra e que conformarán a nova política
nacionalista (Antón Fraguas, Álvaro das Casas, Luís Tobío); e, sobre todo, é importante que
volver ter presenza a tendencia tradicionalista porque agora hai moitos cregos que se unen á
causa do galeguismo. Isto, xunto co intento de continuidade do galeguismo na
clandestinidade, fará que nos primeiros anos da década de 1930 haxa unha conformación
galeguista xa bastante importante. Aínda que son claras as continuas diferenzas ideolóxicas e
políticas dos núcleos: a ORGA tiña un plantexamento máis enfocado ao republicanismo que
ao nacionalismo –xa que o seu discurso falaba de nación española- mentres que todas as
demais Irmandades fundíronse para levar a cabo un discurso totalmente nacionalista
rexeitando o republicanismo –debido a que nesa amalgama hai moitos nacionalistas
conservadores. Pero houbo un intento de achega ás raíces das primeiras Irmandades na VI
Asemblea das Irmandades en Coruña (1930), aínda que esta non foi posible debido ao Pacto

28
Promovida en 1923 polo Director Xeral da Administración Local, Calvo Sotelo, que chega a un acordo coa ING se
acatan o réxime.
29
De feito, cada vez era máis constantes as presións de formar parte da Unión Patriótica, chegano á dimisión de
Risco e Losada.
30
BERAMENDI, X., De provincia a Nación, Historia do galeguismo político, Vigo: Xerais, 2007.
31
Con figuras importantes como Antón Villar Ponte ou Lugrís Freire.

14
de Lestrove entre a ORGA e Alianza Republicana, fusión da que saíu a Federación
Republicana Gallega (FRG)32.

Así, coa caída de Primo de Rivera en xaneiro de 1930 e a chegada de Dámado


Berenguer, hai unha maior liberdade política, co cal volve haber un intento de achegamento 33
e este é evidente cando os partidos de España contrarios á monarquía firman o Pacto de San
Sebastián en 1930: todos os nacionalistas galegos, republicanos e agraristas deciden
achegarse á República como medio para rematar con todo o que non puido ser erradicado
anteriormente34 no Compromiso de Barrantes (1930)35.

5. O proceso do estatuario durante a II República

1. A constitución dunha República Integral

Coa creba da monarquía de Afonso XIII tras a celebración das eleccións municipais
do 12 de Abril de 1931, tivo lugar o triunfo nas grandes cidades, da coalición de republicanos
e socialistas, iniciábase deste xeito a II República. Aínda que para algúns este era o momento
de establecer unha República federal, case dende os inicios se rompeu con esta idea,
creándose un estado que non sería nin unitario, nin federal, sería o que se veu a chamar un
estado integral36, quedando plasmado na constitución de 1931, establecéndose que varias
provincias poderían organizarse en rexión autónoma, pero prohibíndose expresamente a
federación de dúas ou máis rexións. Deste xeito abríase a posibilidade de que se crearan
réximes de autonomía, pero debemos ter en conta que se impuxeron unhas condicións
bastante ríxidas para a súa consecución e que a maioría dos partidos republicanos non eran
partidarios das autonomías rexionais.

32
Non buscaba ese nacionalismo senón que falaba de España como unha república e pedía só autonomía para
Galicia, co cal non eran nacionalistas.
33
Volven aparecer os grupos locais galeguistas e algúns novos.
34
Rematar co caciquismo, obter a soberanía popular, liberalización da terra e plena autonomía de Galicia, entre
outros.
35
Valentín Paz Andrade escribe en Nós o 15 de agosto de 1930 o coñecido como A Nosa Definición Autonomista:
“Primeiro Día de Galiza que celebramos tras a Dictadura!...¿non foi ese réxime acollido con aprauso e saudado
con xúbilo pola nación española?...España reloucou de contenta, por se ver libre...desas mesmas oligarquías
que hoxe agardan...a ocasión de volver ó asalto dos feudos, de onde foron decepadas pola folla vingadora
dunha espada arrogante...destrabada da opresión caciquil, da praga de políticos caducos...eses mesmos que
agora andan xa facéndolle o amor ós distritos...galegos: pola dinidade de Galiza e de España...este
xuramente...contra os vellos políticos que trouxeron a Dictadura e contra a Dictadura que non fixo imposible o
retorno dos vellos políticos”. en FERNÁNDEZ PRIETO, L., BARREIRO, M., op.cit., pp.44-45.
36
BERAMENDI, X., De provincia a..., pp.774-783.

15
En primeiro lugar era necesaria a elaboración e aprobación dun texto estatuario polos
parlamentarios da rexión, de seguido este texto estatuario debería ser aprobado pola maioría
cualifica dos concellos. Logo disto debíase someterse a plebiscito e contar co apoio de dous
terzos de todo o censo electoral, non unicamente dos votantes. O ultimo dos pasos era a
aprobación polas cortes xerais. Galicia cumpriu satisfactoriamente as primeiras fases do
proceso logrando, como veremos, a aprobación do texto estatuario polos concellos, e polo
censo electoral. Sen embargo sería o terceiro paso, a aprobación polas cortes xerais, o que
non chegaría a ver a luz neste momento, a causa da irrupción da guerra civil española en
xullo de 1936.

2. Os procesos estatuarios en Cataluña e no Pais Vasco

Os casos de Cataluña e do Pais Vasco foron diferentes ao de Galicia pois lograron


facerse coa autonomía moito antes ca ela. A autonomía de Cataluña foi a primeira en superar
todos os tramites sinalados anteriormente, logrado a aprobación en 1932. Partiu a iniciativa
da esquerda republicana, que dende as eleccións de xuño de 1931 desprazara o catalanismo
moderado da Lliga Rexionalista. Elaborouse no verán de 1931 o chamado Estatuto de Nuria,
que se aprobou por plebiscito polo 99% dos votantes catalás37. O debate nas Cortes foi
alongado ate Setembro de 1932, pola problemática que provocou o contido federalista da
proposta catalá. Nesta oposición recibiu o goberno o apoio da dereita, do Partido radical e de
algúns socialistas. O que fixo que finalmente se chegase a aprobación da autonomía catalá
foi a intervención do propio Azaña en defensa da autonomía catalá e a reacción de
solidariedade que se deu entre os republicanos co fracaso do golpe de estado de Sanjurjo en
1932.O proxecto de estatuto sufriu importantes recortes ao seu paso polar cortes. Obtiveron
as institucións autonómicas – Generalitat, Parlamento e Tribunal de Casación- importantes
competencias en dereito civil, réxime administrativo, na rede secundaria de transportes,
sanidade e servizos sociais. Sen embargo a educación, a orde publica, e a facenda eran
competencias compartidas entre o goberno central e a Generalitat. Podemos sinalar como
unha das súas limitacións a reducida capacidade de autofinanciación.

A autonomía vasca obtívose mais tarde que no caso catalá, comezando a funcionar en
Outubro de 1936, e dicir, xa nos tempos da guerra civil. O proceso resultou mais complexo
que no caso anterior, posto que as diferenzas que existiron entre a esquerda- republicana , a
dereita, o PNV e os carlistas fixeron naufragar moitos proxectos do estatuto. O proxecto

37
BERAMENDI, X op, cit., p.781.

16
definitivo do estatuto vasco incluíu as tres provincias vascas e Navarra, pero fracasou ao non
acadar a metade do censo en Álava, e especialmente porque Navarra o rexeitou. Por se fora
pouco, tamén afectou a súa paralización a vitoria dos radicais e da CEDA nas eleccións xerais
de Novembro de 1933. Sería como xa dixemos en plena guerra civil cando se aproba o
estatuto vasco38.

Galicia non logrou o recoñecemento da súa autonomía no período republicano, pero a


súa busca constituíu unha das grandes batallas do momento.

3. Autonomismo e Partidos Políticos

Os partidos que levaron a cabo dita loita foron pola autonomía de Galicia foron
esencialmente dous- por un lado temos a ORGA coruñesa, que se transforma –como xa
vimos- en 1931 na FRG e que acabará incorporado Casares Quiroga e a Izquierda
Republicana de Manuel Azaña, en 1934. A ORGA que nacera como unha organización
activamente autonomista, acabara por ser un atranco para a tramitación do estatuto
autonómico, esa contradición entre política española e autonomía galega, provocara un
deterioro do partido a favor do Partido Galeguista39. Sen embargo non debemos de deixar de
recoñecerlle a este partido a súa gran importancia no proceso estuario, permitindo que se
lograsen os dous primeiros aspectos do proceso, especialmente o segundo destes, a
aprobación polos concellos, posto que este partido tiña influencia nalgunhas deputacións
provinciais e en alcadías de cidades de relevancia.

O segundo partido que tivo gran protagonismo na elaboración do estatuto de Galicia,


foi o Partido Galeguista (PG), que se fundou en Pontevedra no Nadal de 1931 nunha
asemblea que buscaba ser unha continuidade das reunións iniciadas en Lugo de 1918. Nel
confluíron organizacións de carácter galeguista e nacionalista. Os seus obxectivos eran
homoxeneizar o nacionalismo e dotalo dunha maior eficacia organizativa.A asemblea foi
promovida polo partido galeguista de Pontevedra que dirixía Castelao e Alexandre Boveda,
e na xuntanza participaron case dúas ducias de organizacións vencelladas polo seu sentir
galeguista. Como resultado desa xuntanza formouse o partido que aínda que se chamaba
galeguista recollía toda a tradición doutrinal e nacionalista das Irmandades da Fala e do
Grupo Nos. Desde os seus comezos tivo dous obxectivos, por un lado a ampliación do partido

38
VILLARES, R., “Contexto histórico e político dos estatutos de autonomía de Galicia. Da Utopía de 1936 á realidade
de 1981” en Galicia: Estatutos de Autonomía, Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia, 2011. pag. 8.
39
VILLARES, R., Historia de Galicia, Vigo: Galaxia, 2004, p. 393.

17
a diversos sectores, e a loita pola autonomía de Galicia ( sempre tendo en conta os limites
constitucionais) . Este partido levou a cabo a creación dun comité executivo e buscou
aproximarse a toda a sociedade, mesmo chegando a crear unha organización xuvenil a
chamada Mocidades Galegas. Tamén levou a cabo a construción dunha cultura nacional,
buscando unha socialización do seu ideario, mediante conferencias,excursionismo e mitins.
Foi fundamental Anxel Casal, o cal dirixiu a imprenta da que saíron os principais textos da
cultura de Galicia na República. Debemos ademais ter en conta que o perfil dos militantes
deste partido que deixaron de ser profesionais liberais de base urbán e artesáns ( propios das
irmandades da fala), para ser mariñeiros, labregos e asalariados.

Foi o partido galeguista o primeiro intento histórico que o nacionalismo galego fixo
para dispoñer dun partido de masas e interclasista que fose quen de integrar dende posicións
conservadoras ata sectores mais radicais40. Estes dous partidos marcaron o proceso estatuario
que se desenvolveu nesta época, nembargante, non debemos esquecer que a cuestión da
autonomía era rexeitada pola maioría dos partidos da época, a dereita non republicana, os
republicanos radicais, os radicais socialistas, e mesmo os partidos obreiros41.

4. O proceso de elaboración do estatuto de Galicia

Foi en 1931 cando xurdiron os primeiros borradores do estatuto , nese momento o


control tíñao a ORGA, posto que aínda non se fundara o Partido Galeguista, e buscouse
seguir o modelo de Cataluña. O 4 de Xuño de 1931 preséntanse unha serie de borradores
nunha asemblea celebrada na cidade da Coruña e promovida polas federacións Republicanas
Galegas , foron tres os anteproxectos que se expuxeron.

En primeiro lugar temos o proxecto do seminario de Estudos Galegos, elaborado en


maio de 1931 pola sección de ciencias sociais e políticas do seminario , e segundo as noticias
polo profesor Carballo Calero, case exclusivamente42. Estaba formado por 41 artigos, e
definía a Galicia como un estado libre dentro da república federal española . A organización
do poder consistía nunha asemblea ou cortes con poder lexislativo, un consello ou gabinete
ministerial, designado e dependente da asemblea e un poder xudicial. Dise que era un estatuto
moi nacionalista por iso non sería tido en conta na asemblea.

40
VILLARES, R., Historia de Galicia, Galaxia, Vigo, 2004, p.395.
41
VILLARES, R., “Contexto histórico...”, pag. 9.
42
BARREIRO FERNANDEZ., Historia de Galicia, tomo IV, Vigo: Galaxia, 1981, p.297.

18
O segundo dos proxectos foi o do Instituto de Estudos Galegos da Coruña, sede dun
rexionalismo conservador propio do século XIX e que contou coa dirección de Casas
Fernández e Martinez Moras. Estaba formado por 18 artigos, pero del dise que non tiña
estrutura para servir de base a un proxecto estatuario e que non tiña ideoloxicamente
cohesión interna.

O terceiro dos anteproxectos foi o presentado por Secretariado de Galicia en Madrid,


un organismo no que estaban insertos profesionais galegos que traballaban en Madrid,
vinculados pola súa procedencia. O director deste proxecto foi Rodrigo Sanz e estaba
composto por cincuenta artigos, foi considerado moi españolista e antigalesguista sendo
rexeitado.

O anteproxecto que máis se adecuaría a unha república federal –recordemos que nun
primeiro momento moitos apostaban por un estado federal- sería o do Seminario de Estudos
Galegos, pero finalmente non chegou a bo porto. A ORGA comprometeuse a realizar un
novo anteproxecto, ante ese fracaso dos primeiros modelos de estatuto. Temos así unha nova
tentativa de proxecto estatuario que partiu do Frente Republicano Galego, a herdeira da
ORGA. Definíase agora a Galicia coma un estado autónomo dentro da república federal
española con soberanía propia que residiría no pobo galego. Era aceptada a cooficialidade
idiomática, recoñecíase personalidade xurídica a parroquia e afirmábase a autonomía da
universidade Galega. Ademais recoñecíaselle a Galicia o poder de desgravar os aranceis nas
materias necesarias para a economía. Este anteproxecto fracasou, porque como vimos
recoñeceuse na constitución española un estado que non era federal, porque os socialistas e os
radicais o rexeitaron, e mesmo porque a dereita o acaba rexeitando tamén.

Con posterioridade, xa no verán de 1931 unha serie de deputados galegos reúnense en


Madrid, para crear un novo anteproxecto de estatuto, con unha idea, e é que se adecúe a
maioría dos partidos políticos. Estaba formado por 17 artigos, e definíase a Galicia como
rexión autónoma da república española. Proporcionaráselle aos presidentes das deputacións
para que executen a propaganda, pero non tivo éxito, ninguén o aceptou.

Será en 1932 cando asumiran os concellos galegos a responsabilidade de levar a


cabo un proxecto estatuario novo. O concello de Santiago de Compostela é o encargado facer
unha convocatoria para o 3 de xullo de 1932. Nesa asemblea convocouse unha comisión que
levaría a cabo a elaboración do novo proxecto de estatuto. O 17-18-19 do Nadal de 1932
celebrase unha asemblea de concellos, que dará lugar a aprobación dun texto que será o

19
definitivo. Crease ademais unha Comisión Central de Organización e Propaganda do
Estatuto, que tería a súa sede en Santiago de Compostela e proponse abril do 1933 como o
data para someter a plebiscito o texto estuario.

Sen embargo, este desexo de someter a plebiscito o proxecto de estatuto, foi freado
polas circunstancias. O concello da Coruña, deixa de apoiar o estatuto o adquirir a
capitalidade, o concello de Vigo deixa tamén de mostrar o seu apoio o estar dominado por
radicais e socialistas que eran antiautonomistas, e así vai ocorrendo con outros concellos que
lle van retirando o apoio. Ademais disto, o goberno de Manuel Azaña non vive un dos seus
mellores momento, o suceso de Casas Vellas fixo que tivera moita impopularidade –Casares
Quiroga, xefe da ORGA, formaba parte deste goberno e como ministro de Interior estaba
totalmente implicado no suceso de Casa Vellas-, e non quería afrontar nese momento este
asunto que podía créalle novos inimigos. Pese a isto acaba por xurdir un decreto de
plebiscitación por parte do goberno, o 31 de maio de 1933. O comité central de Organización
do estatuto non se atreve a plebiscitalo nunha situación ta tensa. Un asemblea celebrada en
Santiago en novembro e Nadal de 1933 establece que se agardara un momento mais propicio.
A chegada da dereita ao poder en Novembro de 1933 fai que se paralice totalmente o proceso
de plebiscitación.

Haberá que esperar a Xaneiro de 1936 para que o proceso estatuario tome forma de
novo. Nese momento prodúcese un pacto electoral co Frente Popular43, e entre os partidos
que forman dito pacto esta o Partido Galeguista, que sufrira unha escisión interna. Estes
partidos comprometíanse a levar a cabo unha proceso autonomista, que no caso de Galicia,
consistía en sacar a diante o estatuto que xa se viña xestando. Coa vitoria da Fronte popular
nas eleccións formase o Comité Central de Autonomía que contou coa dirección de Osorio
Taffal. É agora neste momento cando debemos falar da plebiscitación, agora e cando se leva
a cabo este asunto, a data fixada para que se acometa é o 28 de xuño. A campaña que
espertou este acontecemento foi unha das mais espectaculares das acontecidas en Galicia, e
os resultados da votación foron abraiantes, superando en moito os dous terzos electorais que
se establecía na constitución.

Provin Voto Negati En

43
BERAMENDI, X op, cit., p.1039-1045.

20
cias afirmativo vo branco
Coruña 369.12 1.665 225
3
Lugo 200.53 1.876 575
6
Ouren 179.36 1.661 342
se 3
Pontev 242.45 959 311
edra 4
Resultados das votacións. Fonte : BARREIRO FERNANDEZ., Historia de Galicia en Edade
Contemporánea tomo IV, Galaxia, Vigo, 1981, p.300.

Votant 1.000. 74,52


es 963 % dos
votantes
Votos 991.47 99,05
afirmativos 6 dos votantes
Votos 6.161 0,6%
negativos dos votantes
En 1.453 0,1 dos
branco votantes
Censo electoral de Galicia: 1.343.135. Fonte: : BARREIRO FERNANDEZ., Historia de Galicia en
Edade Contemporánea tomo IV, Galaxia, Vigo, 1981, p.300.

5. A irrupción golpista nun momento clave

Tras a realización desta afortunada votación, o 15 de Xullo, unha Comisión do Comité


Central da Autonomía de Galicia entregou o proxecto ao presidente das cortes. Pero aos tres
días producíase o pronunciamento militar, que paralizou completamente a estatuto galego.
Pese a isto, a presión de Castelao e de González López ante as cortes permitiu que o estatuto
tomara estado parlamentario en febreiro de 1938, nas cortes ambulantes de Monserrat, pero

21
non se logrou a construción da Comisión Parlamentaria, en gran mediada pola oposición do
PSOE44.

6. O proceso estatutario despois da morte de Franco

O feito de que en Galicia se tivera aprobado un Estatuto de Autonomía antes de 1936


fixo que, a pesares da feble puxanza nacionalista efectiva en Madrid, fose incluída na
categoría de “nacionalidade histórica” , conseguindo así un camiño máis sinxelo cara unha
certa autonomía política e un maior nivel de competencias45.

Vimos ata o de agora que foi necesario un arduo traballo político de fondo, que si ben
sufriu un parón importante durante os anos da Guerra Civil e a posguerra, durante a década
dos anos 50 e sobretodo dos 60 un novo nacionalismo voltaría a reclamar a autonomía de
Galicia.

4.1 O movemento nacionalista galego nos anos 60

Na década de 1960 no seo dos movementos de resistencia franquista ten lugar un


achegamento entre nacionalismo e socialismo. Esta muda política prodúcese pola irrupción
dunha nova xeración de opositores ó réxime ,nados entre 1935 e 1945,que non libraran a
guerra nin sufriran o exilio e que estaban a ser testemuñas de importantes acontecementos
dentro de un panorama político internacional que anunciaba cambios políticos e sociais : a
Revolución en Cuba, o Vietnam de Ho Chi Min e os desastres da guerra, xunto con
movementos de liberación colonial, etc. Estamos a falar de persoeiros como B. Álvarez ou
X.L Méndez Ferrín que sendo estudantes en Madrid crearan o grupo Brais Pinto, un grupo
que nace ca vontade de crear un partido nacionalista de esquerda46. Unha mostra desta síntese
política e que na Galicia tardofranquista toda a oposición ó réxime asumía como propias as
reivindicacións tradicionais do nacionalismo ( cooficialidade de idioma e autogoberno).
Froito desta unión mellor ou peor avenida de nacionalismo e socialismo nacen Unión do
Pobo Galego ( UPG) e Partido Socialista de Galicia ( PSG)47.

44
BARREIRO FERNANDEZ., op.cit., p.300.
45
BERAMENDI, J.G, NÚÑEZ SEIXAS, X.M., op.cit., p.261.
46
BERAMENDI J., 2007, op.cit., pp. 1081 – 1082.
47
PRADA RODRÍGUEZ, J. Orígenes..., p. 238.

22
Esta simbiose política precisaba dunha base ideolóxica que xustificase as reclamacións
nacionalistas desde a visión marxista – leninista e esta foi a consideración de Galicia como
unha colonia do imperialismo español. Entendían así a España como unha estrutura dominada
pola clase burguesa que dispoñía un colonialismo do centro a periferia e que era a súa vez
dependente do imperialismo económico internacional. Baixo este razoamento a loita
nacionalista e a loita de clase serían parte do mesmo proceso. A única forma de acabar co
capitalismo e o imperialismo sería polo tanto a unión da liberación nacional e a revolución
económica48.

Mentres tiñan lugar estes procesos outro dos actores principais no panorama político
galego estaba definíndose o Partido Comunista de Galicia. O PC continuara ca loita
antifranquista de forma clandestina e nos anos 60 en Galicia experimenta un proceso de
rexionalización encabezado polo valdeorrés Santiago Álvarez que culmina ca creación en
1968 do PCG. Aínda que contou cunha capacidade de mobilización popular bastante
considerable o PCG non chegou a calar fondo na política galega, condicionado en parte por
discrepancias internas á hora de asumir os presupostos nacionalistas dentro do seu programa
político49.

Adentrámonos así nos anos 70 onde a cabalo entre convivencia e enfrontamento


nacionalismo e comunismo emprenden con renovadas forzas unha nova etapa na política
galega.

1. O proxecto autonómico nos albores da Democracia

A morte de Carrero Blanco en Decembro de 1973 e o inminente final do réxime no


verán de 1974 fixeron que a oposición franquista a nivel español e tamén a nivel galego
comezará a construír seriamente un proxecto para a nova etapa na que se adentraba o país.

En París, en Xullo de 1974 constitúese a Junta Democrática de España, por iniciativa do PCE,
un organismo que contaría ca súa réplica a nivel galego en Viana do Castelo. Ante estes movemento
o nacionalismo galego pon en marcha a Unión Social – Demócrata Galega, que pronto foi
rebautizada como Partido Galego Socialdemócrata , e outro proxectos como a Unión Democrática

48
BERAMENDI J. 2007.Op. cit., pp. 1087 – 1088.
49
PRADA RODRÍGUEZ, J., op.cit., 2004. p. 239.

23
de Galicia de Xaime Illa ou a Esquerda Democrática de Galicia de García Agudín. Non obstante a
iniciativa de maior relevancia do momento foi a Asamblea Nacional Popular Galega, unha proposta
da UPG a que se uniu o PSG. A AN PG estaba chamada a ser a argamasa de todo o nacionalismo
galego, para o que tamén fundaría o Sindicato Obreiro Galego 50. Pola súa banda a oposición non
nacionalista de esquerdas forma a denominada Táboa Democrática, a facción galega da
Coordinación Democrática (“Platajunta”), na que se integran PSOE e PCE51.

Fronte a reorganización da esquerda que desde o nacionalismo se consideraba “ españolista”


a UPG, co apoio do PSG, da un novo paso adiante e constitúe en Xaneiro de 1976 o Consello de
Forzas Políticas de Galicia ( CFPG), o que se unirían meses máis tarde o Movemento Comunista de
Galicia e o Partido Carlista de Galicia ( que contaba cun forte peso sindical). A creación do CFPG
conlevaba serias reivindicacións autonomistas encadradas no marco dun Pacto Federal que levaba
implícitas medidas de autogoberno, situando como suxeito da soberanía ó pobo galego52.

Un proxecto de autonomía diametralmente oposto era o da Táboa Democrática que defendía


unha reforma democrática que retomase os presupostos do Estatuto de 1936.

Vemos entón como nos albores da democracia en España na esquerda galega entran en
conflito dúas visións opostas sobre o proceso de autonomía galego, unha que avoga por unha ruptura
ca tradición e outra que aposta por un proceso reformista.

4.3 As opcións políticas no marco do proceso autonomista

A finais de 1976 o nacionalismo galego , encarnado no CFPG ( UPG, PSG e MCG) afrontou
unha profunda crise que non logrou superar, quedando así o nacionalismo sen a única representación
relativamente forte nos procesos que estaban tendo lugar.

Mentres no mes de Novembro de 1976 o entonces presidente Suárez lograba sacar adiante a
Lei de Reforma Política, que tras ser aprobada por referendo dotouse dunha lexitimidade que
sinalaba a falta de apoio popular ás políticas rupturistas53.

50
BERAMENDI J., 2007 op.cit., p.1090.
51
VILLARES R, “Contexto...”, p.13.
52
BERAMENDI J., 2007, op.cit., pp. 1092 – 1093.
53 BERAMENDI J., 2007, op.cit., 2007 pp. 1094 – 1095.

24
Neste contexto de construción política a nivel nacional aparecen organizacións novas de
dereita e de centro que deron lugar a dous partidos claves para o desenvolvemento da política
galega, fundados ambos en 1977: Alianza Popular ( AP ) e Unión de Centro Democrático ( UCD) 54

Alianza Popular nace como un proxecto de reorganización da dereita da man de Fraga Iribarne. O poder
político do seu fundador facía supoñer que sería a opción preferente da dereita que viña do
franquismo, nembargantes os antigos dirixentes do réxime consideraron que unha proposta máis
centrista e cun carácter máis democrático sería máis viable.

Foi así como as opcións de centro gañan terreo á dereita tradicional, xurdindo con forza
UCD. A agrupación de Suárez conseguiu adherir ás súas filas a cadros políticos da tradición
dereitista galega que despois xogarían un papel principal no proceso autonómico como Pío
Cabanillas ou Antonio Rosón55. Neste punto faise necesario sinalar que a situación do PSOE era
canto menos precaria, cunha presenza política moi limitada e carente de cadros políticos, feitos que
limitaban a acción da facción galega ligándoa de forma indisoluble á dirección estatal do partido 56.

O fito clave que puxo sobre a mesa a realidade política galega foron as elección lexislativas de
Marz de 1977. Esta cita plebiscitaria constatou a enorme forza dos partidos estatais e da ideoloxía
máis conservadora en Galicia. O nacionalismo foi o grande derrotado nestes comicios, levando
incluso a escisións dentro da UPG e a formación da man de C.Nogueira Román dunha alternativa de
esquerdas, o Partido Obreiro Galego ( POG). Entroncando con esta crise tamén o PGSD sufriu unha
refundación ca estratexia de galeguizar a política estatal, recuperando as siglas do histórico Partido
Galeguista (PG).

4.4 A redacción do texto estatutario

A súa hexemonía nas urnas permitiu a UCD dirixir o proceso autonómico. En Galicia isto
significou a creación en Xullo de 1977 da Asamblea de Parlamentarios de Galicia, presidida por A.
Rosón, organismo que estivo encargado da redacción dun proxecto preautonómico, que foi aprobado
por todos os grupos parlamentarios.

Estes avances foron considerados insuficientes pola opinión pública e o 4 de Decembro medio
millón de galegos saíron a rúa reclamado o Estatuto e forzando o goberno de Madrid a
comprometerse ca Asamblea en atender ó proceso autonómico.

54 VILLARES R, 2011, op.cit., p.15


55 BERAMENDI J., 2007 op.cit., pp. 1094 – 1095.
56 PRADA RODRÍGUEZ, J., 2004, op.cit., p. 246.

25
Ata o 16 de Marzo de 1978 e por Decreto – lei Galicia non entraría na práctica no réxime de
preautonomía , que daría lugar un mes máis tarde á constitución da Xunta de Galicia, presidida por
Antonio Rosón. Rosón comezaría unha ardua tarefa consistente en dotar de contido a este novo
órgano lexislativo, dirixindo tamén o proceso de redacción do texto do Estatuto de Autonomía. O
poder político de Rosón e a súa actuación relativamente á marxe dos ditames do partido, xunto con
escándalos que o relacionaban ca represión franquista favoreceron a súa substitución por un
individuo máis flexible ás demandas da UCD , J. Quiroga Suárez, cuxa forma de goberno máis feble
ca do seu predecesor permitiu que os baróns provinciais reforzaran o seu poder en Galicia e que o
goberno madrileño controlase o proceso autonómico.

A Constitución do 78 recoñecía a excepcional situación de Galicia polo feito de ter


plebiscitado un estatuto en 1936, feito que lle outorgaba o dereito de á autonomía. Así a Asamblea
de Parlamentarios reuniuse en Decembro 1978 para formar unha comisión na que tomaran parte
todas as forzas políticas ( das extraparlamentarias so formarían parte o POG e PTG). Esta chamada
Comisións dos 16 estaba controlada polas forzas políticas estatais pero aínda así reinou o espírito de
consenso.

En Abril do ano seguinte os Dezaseis presentaron un proxecto que non obtivo a aprobación da
Asamblea, que temía que o poder de A. Rosón saíse reforzado. Así creouse unha nova comisión, a
dos Nove, que introduciu pequenas modificación e conseguiu que a Asamblea aprobase o texto en
Xuño de 1979 e o presentase ás cortes Españolas en Outubro dese mesmo ano57.

2. O estatuto de 1980

A problemática arredor do texto estatutario fixo que se levara a referendo popular un ano
despois. Nas Cortes unha Comisión Constitucional era a encargada de avaliar o texto e presentar un
informe sobre o mesmo . As discrepancias entre os deputados galegos de UCD e o seus colegas de
Madrid leva a aprobación dun texto máis restritivo que o orixinal , con cabos soltos que provocarán
disputas, sobre todo en materia de competencias autonómicas pois o Estatuto Galego veríase privado
de competencias que si estaban recollidas nos textos catalán e vasco. Este feito provocou o
rexeitamento do texto modificado, un rexeitamento expresado con importantes mobilizacións sociais

57
PRADA RODRÍGUEZ, J., 2004, op.cit., pp. 250 - 251

26
e políticas nas que tivo un papel preponderante a unión da esquerda galega ( socialistas, comunistas
e galeguistas). O texto foi rebautizado como “ Estatuto da aldraxe” e na súa contra tiveron lugar
encerros e manifestación, apoiadas desde a intelectualidade polo grupo Realidade Galega,
conseguindo conxelar os trámites durante nove meses58.

Finalmente no chamado Pacto de Hostal en Setembro de 1980, no que compareceron UCD, CD, PG,
PSOE e PCG chegouse a un novo consenso.

O 21 de Decembro de 1980 o Estatuto de Autonomía de Galicia someteuse a referendo. Esta


cita cas urnas estivo condicionada por unha campaña electoral na que so os sectores máis a esquerda
do nacionalismo galego chamaban a rexeitar o Estatuto. A pesares da chamada ás urnas impulsada
pola Xunta e incluso polos bispos galegos a abstención foi de un 72 % e o 73% dos que acudiron a
votar fixérono para amosar a súa conformidade. Finalmente o Estatuto de Autonomía de Galicia foi
aprobado e promulgado en Abril de 198159, sen un claro apoio popular e con carencias que
marcarían fondamente o devir da política galega e das súas relacións co goberno de Madrid60.

O Estatuto de Autonomía de Galicia dotaba á nosa Comunidade de institucións propias de


autogoberno, cun poder executivo e un Parlamento. Galicia definíase como unha Nacionalidade
Histórica, constituída como Comunidade Autónoma. Establecíase ademais a división das catro
provincias e concedíase a condición de galego a todos os cidadáns españois residentes en Galicia e
os emigrados que conservaran a súa nacionalidade española. O artigo 5 recolle ademais que o galego
é a lingua propia de Galicia e como tal debe defendida e promovida polos poderes públicos, sendo
cooficial co castelán.

7. CONCLUSIÓNS

A concepción de Galicia como unha comunidade diferenciada histórica e culturalmente das súas
veciñas españolas foi unha idea reiterada no tempo e no imaxinario galego ó longo da nosa historia
contemporánea. A materialización desta idea en forma de estruturas políticas que fosen recoñecidas polo
Estado Español e polo pobo precisou dun longo percorrido.

Unha vez coñecido o proceso que foi necesario para acadar o Estatuto de Autonomía que actualmente
se atopa en vigor desvélanse algún feitos clave. Observamos que non se tratou dun proceso homoxéneo nin
continuado no tempo. Atopamos momentos de auxe nacionalista como foi a redación do Estatuto de 1936 e
tamén de fonda crise como a Guerra Civil e a posguerra. Do mesmo xeito podemos afirmar que non se

58 VILLARES R, 2011, op.cit., p.16


59 A dimisión de A. Suárez e o intento de golpe de estado contribuíron á demora da promulgación do Estatuto.
60 BERAMENDI, J.G NÚÑEZ SEIXAS, X.M., op.cit., p.263.

27
tratou dunha reivindicación alentada por unha única ideoloxía, nin un único partido, ó longo do proceso
vimos como cada grupo fixo súas as reclamacións nacionalistas, adaptándoas ó seu ideario e utilizándoas
nos seus programas políticos.

Entroncando con esta cuestión é necesario salientar que o Estatuto que se promulgou en 1981 non foi a
consecución do ideario decimonónico, nin a herdanza política da II República. Como vimos tratouse dunha
evolución moito máis complexa, na que entraron en xogo os intereses políticos de multitude de forzas. Boa
proba destas afirmacións é o feito de que os abandeirados do texto final do Estatuto foron partidos estatais
que levaron a cabo un proxeto político rexeitado por parte do nacionalismo que fora chamado
históricamente a defender a autonomía de Galicia.

O culme destas contradicións foi a falta de interés popular, que deu lugar a un Estatuto que nacía como
alicerce dun sistema democrático e que sin embargo non contaba ca expresión da vontade popular.

En síntese podemos afirmar que o Estatuto de Autonomía de Galicia foi un paso moi importante para
autodeterminación do pobo galego, pero que non o definitivo. A historia da dicotomía entre o poder central
do gobernó español e a autonomía das nacionalidades periféricas do noso país estase escribindo todavía.

6. BIBLIOGRAFÍA:

28
1. BARREIRO FERNANDEZ., Historia de Galicia en Edade Contemporánea tomo IV, Vigo:
Galaxia, 1981
2. BERAMENDI, X., NÚÑEZ SEIXAS, X. M., “O nacionalismo galego” en Historia de
Galicia, n.18, 1995.
3. BERAMENDI, X., El nacionalismo gallego, Cuadernos de Historia, 40, Madrid: Arco
Libros, 1997.
4. BERAMENDI, X., De provincia a nación. Historia do galeguismo político, Vigo: Xerais,
2007.
5. BERAMENDI, J., La competencia entre los procesos nacionalizadores en Galicia, 1808 –
1936. Una primera aproximación, Madrid, 2007.
6. BURGUEÑO, J. Geografía Política de la España constitucional. La división provincial,
Madrid: Centro de Estudios Constitucionales, 1996
7. CARDERO, J.L., Antropología y literatura, identidad socio-cultural en la literatura gallega,
Tesis doctoral. Universidad Complutense de Madrid: Servicio de Publicaciones
8. FERNÁNDEZ DEL RIEGO, F., Pensamiento galeguista do século XX, Vigo: Galaxia, 1983.
9. FERNÁNDEZ PRIETO, L., M. BARREIRO, M., Prosa política no tempo das Irmandades
da Fala, Vigo: A Nosa Terra, 1996.
10. MÁIZ, R., A idea de nación en Castelao, Vigo: Xerais Peto, 2000.
11. NÚÑEZ SEIXAS, X.M., O galeguismo en América 1879-1936, Sada: Edicios do Castro
historia, 1992.
12. PRADA RODRÍGUEZ, J. Orígenes y gestión del proceso autonómico gallego, Anales de
Historia Contemporánea, Uvigo, 2004
13. VILLARES, R., Historia de Galicia, Vigo: Galaxia, 2004
14. VILLARES, R., “Contexto histórico e político dos estatutos de autonomía de Galicia. Da
Utopía de 1936 á realidade de 1981” en Galicia: Estatutos de Autonomía, Santiago de
Compostela: Parlamento de Galicia, 2011.

29

You might also like