You are on page 1of 13

CASTIGO POSITIVO

Emprégase para reducir ou eliminar condutas. Realízase cando administramos consecuencias


negativas, con posterioridade á emisión da conduta, e provocamos unha redución da
probabilidade de que volva a producirse a mesma.

“Como non fixeches os deberes que mandei, póñoche 3 multiplicacións máis”


“Como insultaches a un compañeiro, póñoche un parte”

✓ O máis próximos posible á mala conduta e antes de que esteamos enfadados, para que non
sexan desproporcionados.
✓ Ter relación coa infracción
✓ Combinarse con refozos positivos
✓ Respectar sempre a dignidade e o afecto cara á persoa.
✓ Aplicalos con tranquilidade, coherencia e de forma sistemática.
✓ Non se deben modificar ou “levantar” unha vez anunciados.
✘ Un castigo desmesurado produce odio cara ao que o aplica
✘ Abusar dos castigos fai que perdan efecto e que o rapaz ou rapaza se habitúe a eles.
✘ Utilizar exclusivamente o castigo sen combinalo con reforzos positivos fai que perda eficacia.
✘ Sufrir unha experiencia continuada de castigo fai que esa persoa aprenda ese patrón de
conduta e que o aplique cando teña oportunidade.
CASTIGO NEGATIVO

Retirar un reforzador positivo como continxencia (posibilidade de que suceda ou non) a unha
conduta non desexada.

“Como estiveches berrando na clase sen respetar ós demais, quedas sen recreo”

“Fuches ó baño sen permiso, así que non podes xogar nos recunchos”

✓ Coñecer o potencial dos reforzadores a fin de retirar algo que realmente resulta apreciado
polo suxeito.

✓ A retirada do reforzador será tan inmediata como sexa posible.

*O “custe de resposta” ou o “tempo fóra” son fórmulas de castigo negativo.


REFORZO POSITIVO

Consiste en reforzar a conducta que se desexa conseguir de tal maneira que a aparición da
resposta teña lugar de forma continxente unha consecuencia agradable para o suxeito.

“Traballaches tan ben que hoxe podes xogar ó teu xogo favorito”
“Fixeches as tarefas en silencio, hoxe podes baixar a pelota ó patio”
“Pediches permiso para ir ó baño nun bo momento, estalo facendo xenial!!!”

✓Ser desexados polo suxeito


✓ Aplicalos o máis próximos á conduta ben feita.
✓Dar prioridade aos premios internos e sociais, como prestar atención, sobre os externos e
materiais.
REFORZO NEGATIVO

Trátase de retirar un reforzador negativo ou estímulo aversivo continxentemente a determinada


conducta có fin de aumentar a súa emisión.

“Como fixeches esta división en silencio e concentrado, vouche quitar a ficha de repaso que
levabas para a fin de semana”
CONTRATO CONDUTUAL
CONTRATO DE CONTINXENCIAS
É un documento escrito que explica as accións que o alumno/a está de acordo en realizar e
establece as consecuencias do cumprimento e do non cumprimento de tal acordo. Este contrato
implica o intercambio recíproco de recompensas continxentes en relación coa conduta
específica dos firmantes no mesmo.

“Se levantas a man antes de falar durante a clase, ó final deixoche contar unha anécdota. Se
interrompes sen pedir a palabra, poñereiche tarefa escrita. Que che parece? Facemos así?”
(En realidade non habería un exemplo oral, sería o propio documento contractual.

✓ Ser realistas nas conductas a conseguir.


✓Conductas obxectivas e medibles

Debe conter:
✓A conducta ou conductas que se espera que emita cada unha das partes implicadas
✓As consecuencias que obterán en caso de realizar as conductas
✓As consecuencias que obterán en caso de non realizar as conductas.
TEMPO FÓRA
É un procedemento tendente a diminuír ou eliminar unha conducta, pola cal privamos o neno/a
de todo tipo de reforzador que poida recibir no seu contexto, asilándoo durante un período breve
de tempo (de 1 a 5 minutos) cando realice a conducta que desexamos eliminar.

- Tempo fóra da actividade que está a realizar no momento que se produce a conducta.

- Tempo fóra da aula na que se estaba a realizar a conducta.

“Estás tratando molestando ós compañeiros, berrando e empurrando, así que deixa de facer
este xogo e senta na cadeira.

“Non se pode empurrar ós compañeiros, sal da aula un momento e avísote para volver a entrar
e seguir xogando”
MODELADO
APRENDIZAXE VICARIO

É o aprendizaxe que ten lugar a partir da observación da conduta dun modelo e das
consecuencias que ten dito comportamento.

“Mira, se o fas así, igual che sae mellor”

Os nenos/as son como esponxas, a nosa forma de facer, de falar, de sentir será re-interpretada
por eles/as. Téndeo sempre presente na vosa forma de facer fronte ás diferentes situacións.
PREMARK / LEI DA AVOA

Establecemento de pactos; esixir que fagan algo que non lles gusta como condición para
conseguir o desexado.

“Se rematas estas sumas, despois elixes o xogo que ti quieras.”

Este principio indica que cando 2 estímulos se vinculan, o que ten maior probabilidade de
ocorrer reforza positivamente a outro con menos probablilidade; é dicir, se despois de realizar
unha tarefa non moi reforzante se proporciona unha actividade especialmente gratificante para
o alumnado é probable que a 1ª tarefa se asuma con máis disposición. Polo tanto, un
comportamento agradable e frecuente aumenta a execución doutro menos preferible ou
probable, a condición de que o 1º se faga tanxencial ao 2º.
RETIRADA DE ATENCIÓN
Consiste en que ante as condutas que queremos eliminar ou reducir deixemos de prestarlle
atención o neno/a. Esta técnica considera que o neno/a mostra esas condutas disruptivas para
chamar a atención do adulto.

“Estás berrando e molestando ós demais, así que non vou facer caso do que dis”

Hai que contemplar as condutas que o suxeito realiza a pesar de non prestarlles atención
directa. As súas reaccións poden darnos pistas sobre se se trata dunha chamada de atención ó
adulto ou non. No caso de que non sexa así, deberíamos cambiar de técnica.
SAÍDA DA SITUACIÓN

Consiste en sacar o neno/a da situación na que se está a producir dita conducta.

“Ven conmigo, agora non estás en condicións para seguir traballando en grupo.”
ECONOMÍA DE FICHAS
É unha técnica de modificación da conduta empregada para aumentar o comportamento
desexable. Para iso elabórase unha táboa de rexistro na que figuran as conductas a conseguir e
establécense un premios se se realizan.

“Vou ir marcando cunha pegatina verde cada vez que levantes a man para falar, e con unha
vermella se o fas sen pedir permiso. Ó final do día se tes máis verdes que vermellas, déixoche
coller o teu libro favorito”

- En primeiro lugar se debe determinar que comportamentos ou actividades se desexan modificar co neno/a e/ou co grupo
de alumnado.
- Eses comportamentos se traducirán en “normas” que deberán ser concretas, determinables por observación, obxectivas
(intentaranse evitar normas abstractas e subxectivas como “Pórtome ben”, por exemplo) e deberán redactarse en positivo
(“Recollo os xoguetes ao rematar de xogar” en lugar de “Non deixo todo tirado polo chan”).
- Colocarase a táboa nun lugar visible e o suficientemente abaixo para que o alumnado poida ver sen dificultade as
normas acordadas e manipular a táboa de maneira autónoma.
- Débese decidir un premio diario que se poida conceder no contexto escolar. Isto é a clave. É moi importante que o
premio sexa algo que saibamos con certeza que é altamente atractivo para o neno/a en primeiro lugar posto que as súas
condutas son as que máis interesan reconducir, aínda que non se debe esquecer os intereses de todo o grupo de
alumnos
e alumnas (se facemos a economía de fichas para toda a aula).
- Tentaranse evitar premios materiais (agasallos). O premio poderá ser pois, unha actividade grupal determinada, algún
xogo co mestre/a,.... que se deberá reservar unicamente para gozar no momento do premio e non en ningunha outra
ocasión ao longo da semana.
- Que se deberá explicar ao grupo de nenos e nenas o traballo que se vai a poñer en práctica.
- Razoaremos os porqués das “normas” establecidas e “venderémosllo” como un xogo e un privilexio.
- Do mesmo xeito, todo isto acordarase entre a orientadora do centro, a titora e todo o equipo docente ao completo,
buscando a colaboración de todos os profesionais implicados.
INTERVENCIÓN EN MUTISMO SELECTIVO

Trátase de ter unha actitude favorable a que se poidan realizar emisións orais, sen xulgar, sen
presionar,...

”-Tócache Mateo, a ti tamén che gustou o conto que limos? (xesto)


-Moi ben a Mateo tamén lle gustou!”

-Dar a impresión de que o problema non lle chama a atención ao adulto, falarlle normalmente ao rapaz ou
rapaza e sen darlles importancia aos seus silencios.
-Evitaranse as situacións que esixan unha resposta verbal. Cando lle toque falar ao alumno ou alumna, se non
responde, pasarase a quenda a outra persoa como se non pasase nada, sen manifestar
preocupación que reforce os beneficios do mutismo.
-Se fose preciso, habería que adaptar a avaliación dos obxectivos docentes ao hándicap do que se trate. Non
interesa que isto angustie o profesorado ou a familia e sexa observado polo alumno ou alumna. O profesorado
poderá comprobar que o neno ou nena le correctamente se se lle trae unha cinta gravada coa lectura. Os
comentarios sobre a súa evolución non se farán diante del/a.
-Na casa os pais non lle farán preguntas sobre o colexio relacionadas co seu mutismo.
-Se favorecemos a súa comunicación non verbal e integración, evitando que os iguais falen por el, non
tardaremos en oílo falar, primeiro baixiño e logo cun ton de voz normalizado. Cando isto empece a acontecer,
reaccionaremos con normalidade, tanto o profesorado
como os compañeiros e compañeiras, evitando darlle excesiva importancia. É contraproducente forzar a falar.
REDUCCIÓN DA ANSIEDADE

Trátase dunha serie de técnicas baseadas na relaxación, reestructuración cognitiva e


exposición a situacións difíciles.

“Imos inspirar polo nariz, e expirar pola boca…”

“Agora imos probar a entrar neste cuarto, coller unha pelota e volvemos saír”

Método de relaxación profunda: para neutralizar a somatización da ansiedade (taquicardias,


suoración, tremores, mareos) e mellorar a integración da mente e do corpo.

Reestruturación cognitiva: para transformar os pensamentos distorsionantes de perfeccionismo,


comparación ou culpabilidade, en pensamentos complexos positivos, que liberan a nosa
creatividade.

Exposición progresiva ás situacións que nos xeran ansiedade para superar a evitación.

You might also like