You are on page 1of 11

!

O BADMINTON

1.- Historia.

O badminton é un deporte que se practica cunha raqueta e unha pluma ou


volante.
A orixe do badminton non está completamente clara, existe nenbargantes unha
teoría bastante acertada de cómo surdiu o bádminton actual.
Podemos dicir que os xogos con raquetas e pelotas (ou algo similar) son
bastante antigos, os primeiros indicios datan do séculos 5 antes de Cristo na China
xogábase a un xogo chamado Ti Jian Zi. Tamén os gregos xogaban a un xogo
parecido que logo se extendeu pola India e Malasia.
Pero a versión moderna do badminton parece ser que provén dun xogo da
India chamado "POONA" (provén da cidade de Pune),practicado tamén polos oficiales
ingleses destinados alí. Estes o levaron a Inglaterra.
No ano 1877 no condado de Gloucestershire en Inglaterra na residencia do
Duque de Beaufort un grupo de oficiais ingleses ante a imposibilidade de xogar ao
croquet debido ao día chuvioso que facía, decidiron xogar con raquetas de tenis
dentro dunha sala, e como pelota usaron tapóns de corcho de botellas de champán,
aos que cravaron unhas plumas para facer que o voo fose máis lento. Aquela mansión
era a "Badminton House", e a partires daquel día ese xogo chamariase o "Xogo de
Badminton".Nese mesmo ano foron publicadas as primeiras regras, que logo serían un
pouco cambiadas para parecerse prácticamente ás actuais no ano 1893, ano no que
se fundou a Asociación Inglesa de Badminton e o primeiro clube de badminton, o Bath
Badminton Club.
Aquí en España o badminton entra pola nosa comunidade nos anos 60, e
empézase a practicar na Coruña e Vigo. No ano 1977 créase a "Asociación Gallega de
Badminton" aínda que o CSD non a recoñece por considerar que era un deporte
pouco practicado en España. Gracias aos esforzos de profesionais da E.F. como Jose
Luis Hernández profesor do INEF de Madrid, dase a coñecer por todo o territorio
nacional.
A nivel internacional foi deporte de exihibición nas Olimpiadas de Munich no 72 e
posteriormente no 88 en Seúl. En Barcelona 92 pasou a ser deporte olímpico en
tódalas súas especialidades excepto no dobles mixto que sería olímpico 4 anos máis
tarde, en Atlanta 96.Materiais de xogo.

2.- Materiais de xogo.

Os materiais necesarios para poder xogar a báminton son a raqueta, a pluma ou


volante, e a pista de xogo.

2.1.- Raqueta.

É a máis lixeira das raquetas dentro dos deportes que as usan. Soe pesar
entre 90 e 140 gramos dependendo das características e da calidade da mesma.
Antigamente as raquetas estaban fabricadas de madeira, pero hoxe en día
empréganse materiais moito mási lixeiros e flexibles, como aluminio, carbono ou
grafito.
A raqueta de badminton consta de 3 partes ben diferenciadas: cabeza (zona
coa que se golpea e na que vai a cordaxe), varilla (unión da cabeza co mango), e
mango ou empuñadura (zona pola que agarramos a raqueta). A fabricación de
raquetas é complicada e existen multitude de variantes, raquetas de 3 pezas de 2
pezas, e dunha peza. A flexibilidade da raqueta aumenta cando disminúe o número de
pezas do que está feita.

!1
!
2.2.- Volante ou pluma.

É o móvil co que se xoga, existen dous tipos de volantes, os sintéticos e os de


pluma. Os primeiros son os máis usados para adestramento e sobre todo nas clases
de Educación Física, e en iniciación, xa que a súa duración e moito maior e as
caracterísiticas de voo son parecidas aos volantes de competición. Estes son de
plumas, co cal a súa duración e moito menor, úsanse para competición, e de feito
ainos que cambiar varias veces durante un partido de bádminton, xa que perden as
súas caracteríticas de voo moi axiña.
O volante de plumas está formado por un corcho cuberto por unha capa moi
fina de coiro e sobre o corcho están cravadas 16 prumas (do ala esquerda do ganso
hembra). O peso total do volante debe estar entre 4,74 e 5,50 gramos. Nos volantes
sintéticos as prumas de ganso sustitúense por un entramado sintético (nylon).

2.3.- A pista de xogo.

A pista de xogo de badminton ten unhas dimensións de 13,44 metros de longo


por 6,10 metros de ancho, cunha rede no medio a 1,55 metros de altura nos seus
extremos. En función de si o partido é de dobres ou individuais, o campo será máis
ancho ou máis estreito, como podedes ver no seguinte debuxo. Así mesmo como
tamén podedes ver no debuxo, as zonas de saque varían con respecto a si estamos a
xogar un partido de dobres ou de individuais.

!2
!
Normalmente cando atopamos unha pista de badminton pintada no chan
veremos que está coma no debuxo anterior, xa que nela pódese xogar a tódalas
especialidades, pero en competicións en lugares nos claes non se xoga dunha forma
habitual ao bádminton, poderemos atopar pistas pintadas para á ocasión, que só
sexan para xogar á especialidade de individuais co cal a pista anterior quedaría sen as
liñas máis externas de lateral e sen a liña do fondo marcada como "liña saque de
dobres".

3.- Especialidades.

Existen 5 especialidades no badminton:

1) Individuais femininos.
2) Individuais masculinos.
3) Dobres femininos.
4) Dobres masculinos.
5) Dobres mixtos.

4.- Duración.

A duración dun partido de badminton non está estipulada en canto a tempo,


senón que se xoga a alcanzar unha determinada puntuación. En tódalas
especialidades gáñase un partido cando un xogador ou unha parella gañan 2 sets ou
xogos a 21 puntos. Polo tanto como máximo pódense xogar 3 sets. É dicir xógase ao
mellor de 3 sets a 21 puntos. Cada set consta de 21 puntos, pero débese gañar por
unha diferencia de 2 e ata un máximo de 30 puntos.
Ao final de cada set os xogadores deben intercambiar o seu campo, se fose necesario
xogar o set de desempate (3º set) no medio deste (cando un xogador alcance os 11
puntos) deben intercambiar os seus campos de novo.
Ao principio do partido faise un sorteo para comprobar quen comeza sacando. O
xogador que gane un set comezará sacando no seguinte set.

5.- Obxectivo de xogo.

O obxectivo do xogo é alcanzar a puntuación antes mencionada. Para


conseguir un punto debemos golpear a pluma unha sóa vez cara ó campo do contario
ata que ocorra algunhas das seguintes cousas:
- o volante ou pluma caia dentro dos límites do campo do contrario,
- o volante lle dea ao contrario no corpo,
- o contrario a bote fóra da pista ou ben que
- o contrario cometa unha infracción das que veremos máis adiante.
Cando un xogador u parella consegue un punto debe realizar o saque ou servicio do
punto seguinte.

6.- Regras básicas.

- O saque. Para realizar un servicio ou saque debemos cumprir os seguintes


preceptos.
1- Debe facerse cruzado ou en diagonal, é dicir se estou no lado dereito debo sacar
hacia o contrario que está no seu lado dereito.
2- Algunha parte da superficie de ambos pes do sacador debe estar en contacto co
chan.
3- Durante o saque o golpeo da pluma debe realizarse sempre por debaixo da cintura.
4- No momento do golpeo a cabeza da raqueta debe estar máis baixa que o mango ou
empuñadura.
O resume desas regras podédelo apreciar nas dúas imaxes seguintes.

!3
!

Zonas de saque: As zonas de saque varían en función de si estamos a xogar


un partido de individuais ou un de dobres. Os lugar no cal debe entra unha pluma
durante o saque nun partido de individuais vai dende a liña de saque curto ata o fondo
da pista, e dende a liña central ata a delimitación lateral da pista en individuais.
En dobres iría dende a liña de saque curto ata a liña de saque de dobres, e
dende o liña central ata a delimitación lateral da pista de dobres. No seguinte debuxo
aclárase este aspecto.

!4
!
En individuais o sacador sacará dende o recadro de saque dereito cando a
súa puntuación sexa 0 ou un número par.
Sacará dende o lado esquerdo cando a puntuación sexa impar.
Sen embargo as cousas en dobres son un pouco máis complicadas:
O xogador/a que comeza sacando será o "servidor/a inical" e o seu
compañeiro/a o "compañerio de servidor", no campo contario atopamos ao "receptor
incial" e ao "compañerio do receptor". Deben seguir as seguintes indicacións:
- No momento do saque cada xogador debe estar no seu recadro correspondente, é
dicir o sacador e o receptor enfrentados diagonalmente e os compañeiros nos
recadros libres (tamén quedan enfrentados diagonalmente).
- Só o receptor pode golpear a pluma no momento da recepción do saque.
- Despois do saque calquera xogador pode golpear a pluma e moverse libremente
pola pista.
- Cando se inicia un novo saque cada xogador debe ocupar a posición
correspondente. O lado servidor a mesma que tiñan independentemente de quen
gañara o punto. O lado sacador cambiarán de lado de consegueron o punto xa que
segue sacando o mesmo xogador que o estaba facendo pero dende o outro lado, e
non cambiarán se perderon o punto porque sacará a parella contraria.
- Nunca se saca dúas veces consecutivas dende o mesmo recadro de saque.
- Resumindo, no momento do saque unha parella non intercambia os seus recadros
ata que gañan un punto sempre que foran os poseedores do saque, se resulta que os
receptores gañan o punto non intercambiarán as posicións ata que gañen outro de
maneira consecutiva.
- Sacará sempre o xogador ao que lle corresponda o turno e sempre coincidirá o 0 es
pares dende a dereita e os impares dende a esquerda.
- Ao principio do partido faise un sorteo para comprobar que equipo sacará, nos
seguintes sets calquera xogador membro da parella que gañou o set anterior pode
sacar e calquera xogador do outro bando pode recibir o saque, manttendo esas
posicións seguindo a regra anterior.

- A pluma non pode tocar o corpo do contrario. Se así fose sería punto para o
xogador contrario.
- Os xogadores non poden tocar a rede nin os postes que a suxeitan.
- Non se pode "invadir" o campo do contario por debaixo da rede.
- Non se pode golpear a pluma cando esta está ainda no campo do contario.
- Non se pode facer obstrucción, e dicir colocar a raqueta xunto á rede para que cando
o contario golpea a pluma pete nela. débese esperar a que a pluma estea no noso
campo para poder golpeala.
- Non se pode golpear a pluma máis dunha vez, nin siquiera nas especialidades de
dobres.
- A pluma non pode tocar o teito ou as paredes laterais.

7.- Técnica básica

Agarre ou presa da raqueta.

Para poder xogar ben a badminton é fundamental saber agarrar ben a raqueta. A
pluma é moi lixeira igual que a raqueta, é por iso que toda a forza e velocidade que lle
vamos a imprimir ao volante faina o movemento da boneca (pulso). Non é un deporte
coma o tenis en onde o ombro fai o traballo principal. Polo tanto para poder ter a maior
movilidade (neste caso flexión) do pulso é moi importante agarrar a raqueta da
maneira que describe a continuación.
Existen dous tipos de “presas”:

- A presa universal. É a utilizada na maioría dos golpeos. Para aprender a a facela


debemos seguir os pasos seguintes:

!5
!
1- colocar a raqueta coa parte final do mango ou empuñadura apoiada contra a nova
barriga mantendo a raqueta coa cordaxe perpendicular ao chan e sosténdeoa con 2
dedos da man coa cal NON faremos o agarre ou presa, tal e como vedes na
fotografía.

A raqueta debemos collela con firmeza pero coa mínima tensión ata o
momento do golpeo, que a colleremos máis firme para volver a relaxar ata o seguinte
impacto.

- A presa de revés. Debe usarse só en ocasiones nas que non é posible chegar á
pluma agarrando a raqueta coa presa universal. En iniciación ao badminton e
recomendable non a mosar esta presa e "obligar" aos principiantes que agarren a
raqueta sempre coa presa universal e comentar que dende que se teña a raqueta
agarrada non se debe mover dentro da man.
Para facela debemos xirar a raqueta un cuarto de xiro (nunca máis) e colocar o dedo
pulgar sobre a parte máis ancha da empuñadura. Úsase tamén para facer o saque de
revés (en dobres).

!6
!
A posición básica.

O badminton é un deporte moi rápido, co cal unha posición básica é


fundamental para poder reducir o tempo de reacción e chegar canto antes ao sitio
onde vai a pluma.
Como en tódolos deportes esta debe se unha posición de pes á mesma altura
separados un pouco máis da anchura dos hombros, xeonllos lixeiramente flexionados,
tronco inclinado adiante e raqueta á altura dos hombros e por suposto esta posición
debe facerse no centro da pista para poder chegar a calqueira punto.

Debemos facer unha modificación desta posición básica cando estamos


colocados para recibir o saque do contrario, esta posición é a que chamamos
posición de recepción. A modificación consiste en que debemos retrasar o pe da
man da raqueta, e dicir se agarramos a raqueta coa dereita retrasaremos o pe dereito
mantendo a maior parte do peso do noso corpo sobre o pe adiantado e ademáis
deberemos subir a raqueta un pouco máis que na posición básica. Esto farémolo
indistintamente no recadro de saque dereito ou o esquerdo. Se fósemos zurdos sería
ao revés.

Golpes básicos.

Imos falar dos seguintes golpes:

- Saque
- Clear
- Deixada
- Drop
- Lob
- Drive
- Smash

a) Saque ou servicio

É o golpe que serve para poñer en movemento a pluma.


Distinguiremos dous tipos de saque o saque curto e saque longo.
Nas especialidades de individuais o máis usado é o longo que se pode
intercalar con saques curtos para enganar ao contrario.
Sen embargo nas especialidades de dobres o máis usado é o saque curto xa
que tácticamente o longo ten pouco sentido principalmente porque a pista no saque é
máis curta e ademáis para a devolución nos atoparemos con dúas persoas cubrindo
moito máis campo.

!7
!

Clear

É un golpe que se fai dende o fondo da pista e búscase que chegue ao fondo
da pista do contrario. Poderiamos clasificalo como golpe defensivo se o que buscamos
é que nos de tempo a colocarnos dentro da pista tratando de mandalo moi alto e moi
atrás para que o contrario non nos poida atacar, ou golpe ofensivo se o que buscamos
é mandar ao contario ao fondo para forzalo a cometer un erro e poder atacalo.

É un dos golpes máis usados no badminton, para facelo técnicamente correcto


debemos seguir as seguintes indicacións:

- Dende a posición básica retrasar a perna da raqueta ao mesmo tempo que se eleva
o brazo contrario ao da raqueta, apuntando coa man á pluma.
- Cando a pluma está descendendo este brazo empeza a descender e o brazo da
raqueta empeza a elevarse.
- Debemos golpear co codo extendido, no punto máis alto que poidamos e facendo un
cambio de peso sobre o pe adiantado no momento do impacto.

!8
!
Deixada

Este golpe chamado en inglés "net drop" é un golpe que se fai dende cerca da
rede ata cerca da rede do campo do contrario, a pluma debe pasar case rozando a
rede para evitar que o contrario nos poida atacar.

Drop

É un golpe que iría dende o fondo da pista ata cerca da rede. Consiste en
facerlle creer ao contrario que imos realizar un clear e no último momento frenamos o
golpe e deixamos que a pluma caia cerca da rede do contrario.

Lob

É o golpe contario ao anterior, é dicir faise cerca da rede tratando de que a


pluma chegue ata o fondo da pista do contrario. Como tódolos golpes anteriores e en
fuunción da situación do contario poderíase clasificar como defensivo (se busco o
fondo da pista para poder colocarme no centro da pista) ou de ataque se mando a
pluma ao fondo porque o meu contrincante quedouse preto da rede.
En inglés tamén se chama net lift.

!9
!

Drive

O drive é un golpe recto que se fai dende o medio da pista ata o medio da pista
contraria, podemos dicir que é un golpe que serve para quitarnos a pluma de diante e
ten como obxectivo golpear o corpo do contario, é o golpe máis usado nos partidos de
dobres. Digamos que non ten un obxectivo moi craro.
.

Smash ou remate

É o golpe atacante por excelencia. Tódalas xogadas deberían rematar con un


smash ganador. É o golpe máis espectacular. Faise dende o punto máis alto que
poidamos e directamente ata o chan do adversario. Moitas veces tamén se busca o
corpo de contrario. Moitos xogadores de élite incluso saltan para facer un remate e
coller a pluma aínda nun punto máis alto.

! !

!10
!
8.- Táctica.

Coma tódolos deportes o bádminton goza de gran número de situacións


tácticas, estas situacións son diferentes no xogo de individuais e no xogo de dobres.
No xogo de individuais básanse sobre todo en situacións que teñen que ver co
adversario, por exemplo xogarlle ao lado esquerdo se é zurdo ou viceversa, ou
intercambiar golpes curtos e longos para buscar unha situación favorable para atacar.
En dobres, aparte do comentado en individuais podemos falar de dous
sistemas de xogo empregados:
Diante- detrás e en paralelo.
Diante - detrás. Un xogador está cerca da rede e outro no fondo da pista. É a táctica
máis empregada cando ese equipo ten a iniciativa do xogo, é dicir é un sistema de
ataque.
En paralelo. Os dous xogadores están un ao lado do outro e cada un deles cubre
unha metade ao ancho da pista. Úsase sobre todo cando é o equipo contrario o que
ten a inicativa do ataque e o equipo que está en paralelo trata de defender.

!11

You might also like