You are on page 1of 1

Práctica nº 1: PREPARACIÓN DE DISOLUCIÓNS SÓLIDO-LÍQUIDO

 Obxectivo: Preparar 250 cm3 de disolución 0'1 M de NaOH.


 Data:
Fundamento teórico:
Para preparar unha disolución cunha concentración determinada, é necesario
seleccionar o disolvente adecuado (auga no noso caso) e calcular teoricamente a
cantidade de soluto necesario para que a concentración sexa a que desexamos.
A concentración pode darse en calquera das formas específicas: % en peso,
molaridade, molalidade, normalidade...
No noso caso:
número de moles de soluto
Molaridade 
litros de disolución
 Materiais e reactivos:
* Balanza * Vaso de precipitados
* Vidro de reloxo * Matraz aforado de 250 cm3
* Hidróxido sódico (NaOH) * Pipeta
* Auga destilada

Método operativo:

1. Primeiro hai que calcular la cantidade de NaOH necesaria para preparar la


disolución, pesándoa o más exactamente posible na balanza sobre un vidro de reloxo,
que haberemos pesado antes para descontar o seu peso total.
2. Nun vaso de precipitados disolverase o NaOH pesado, nuns 150 cm 3 de auga
destilada.
3. Como a disolución quentase, deixase enfrear, e despois vertese nun matraz
aforado de 250 cm3. Engádese auga destilada ata que estar próximos o enrase e
despois enrasase coa pipeta.

 Cuestións:
1.- Qué cantidade de NaOH necesitase para preparar 250 cm3 de disolución 0'1 M de
NaOH?
2. Qué cantidade necesitaríamos si fora 0'1 N de NaOH?, e si fora 0'1 N de Ca(OH)2?

I.E.S. da Terra Cha, “José Trapero Pardo”. Prácticas de Química

You might also like