You are on page 1of 2

Guía simultaneidade, exencións e renuncias.

Simultanear estudos nun ciclo coa FCT noutro ciclo


Para poder realizar de forma simultánea os estudos dun ciclo xunto coa FCT e o proxecto
doutro, a matrícula en ambos ciclos debe realizarse no réxime das persoas adultas,
modular presencial ou a distancia, pero NUNCA no réxime ordinario.

● Primero solicitarase a matrícula no ciclo no que se desexan realizar os estudos.


● No mes de setembro, nos días recollidos no calendario de admisión a ciclos,
presentarase na oficina do centro educativo unha solicitude dirixida á Inspección
Educativa para poder realizar os estudos e as prácticas formativas de forma
simultánea.

OLLO!! Hai que solicitar a simultaneidade á inspección no mes de setembro aínda


que a matrícula na FCT se realice nun período posterior ao longo do curso
académico.

● Unha vez aprobada a solicitude por Inspección Educativa, realizarase a matrícula da


FCT e do proxecto. Xunto con esta matrícula presentarase unha instancia dirixida á
dirección do IES San Clemente solicitando a realización das prácticas en dobre
período (cinco xornadas semanais de catro horas cada unha).

Exención da FCT
● Recoméndase solicitar a exención no momento da matrícula no módulo da FCT.
● ​A solicitude de exención formalizarase polo menos 20 días hábiles antes do inicio
das actividades programadas para o módulo de FCT.
● No momento de presentar a solicitude é necesario acreditar unha experiencia
laboral correspondente ao traballo a tempo completo dun ano, relacionada cos
estudos do ciclo.
● Xunto coa matrícula da FCT debe presentarse o impreso de solicitude de
exención cuberto. O formulario de solicitude atópase no sobre de matrícula ou
pódese descargar na seguinte ligazón.

A documentación a presentar é:

● Certificación de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e/ou da


mutualidade laboral.
● No caso de persoas traballadoras por conta allea, certificado da empresa coas
actividades desenvolvidas. Pode empregarse como modelo o Anexo III da
seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8212
● No caso de persoas traballadoras autónomas, certificado de situación no censo
de actividades económicas expedido pola Axencia Tributaria e declaración
explicando as actividades desenvolvidas.

Renuncia á FCT
É mellor non matricularse. Así non será necesario renunciar.

A renuncia á FCT implica a renuncia ao proxecto e viceversa. Non se pode solicitar a


renuncia ao proxecto se nesa convocatoria se acaba de convalidar a FCT.

​As solicitudes deberán presentarse perante o director ou a directora do centro nun prazo de,
cando menos, dous meses antes da avaliación final do módulo da FCT.

É necesario realizar a solicitude e presentar unha das xustificacións contempladas na orde.

You might also like