You are on page 1of 7

A XEOSFERA.

MINERAIS E ROCHAS

1. OS COMPOÑENTES DA XEOSFERA

A xeosfera é a parte rochosa e mineral da Terra e actúa como soporte do resto


dos seus componentes.
A Xeosfera ten unha estructura en capas, ordenadas segundo a densidade:
CODIA, MANTO E NÚCLEO.

Para saber o que hai no interior da Terra, utilízanse diferentes estudios que se
agrupan en dous métodos:

• Métodos directos. Consisten no estudo dos materiais da xeosfera, como


as rochas da superficie, os materiais expulsados polos volcáns e os extraídos
nas minas ou nas sondaxes. As sondaxes son perforacións de varios
quilómetros de profundidade que buscan a obtención de mostras de rochas
para estudalas.

• Métodos indirectos. Deseñáronse para estudar a parte da Terra que non


podemos coñecer directamente coas técnicas actuais. O principal método é o
estudo dos terremotos e das ondas sísmicas que provocan.

A CODIA

A codia é a capa máis externa e fina do planeta, e chega ata os 70 km de profundidade.


Pode alcanzar unha temperatura de ata 400 ºC.
Divídese en codia oceánica, e codia continental.

CODIA OCEÁNICA: É a parte que forma os fondos dos océanos. É mais delgada que a
continental, pode chegar ata os 10 km. de profundidade, e mais densa. Está composta
case exclusivamente por basalto, unha rocha magmática de cor negra.

CODIA CONTINENTAL: Correspóndese coa parte da codia que forma os continentes.


É unha capa mais grosa, pode chegar ata os 70 km. Inclúe a plataforma continental

A codia terrestre está composta por diferentes elementos químicos. Os máis abundantes
nas rochas e minerais reciben o nome de elementos xeoquímicos. Entre estes, os que se
atopan en maior cantidade son o osíxeno, o silicio, o ferro, o aluminio, o calcio, o sodio,
o potasio e o magnesio.
Estes elementos combínanse entre si para formar os minerais, os cales, á súa vez,
forman parte das rochas.
Algúns dos compostos químicos máis frecuentes nos minerais son os silicatos e os
óxidos:
Os silicatos están compostos por osíxeno e silicio e, ás veces, aluminio, magnesio e
ferro (silicatos de aluminio, silicatos ferromagnesianos). Son moi comúns na codia e
constitúen ata un 95 % desta capa da Terra.
Os óxidos son compostos de osíxeno e elementos como o ferro, potasio, calcio, etc.

O MANTO
O manto: é a capa que se atopa por baixo da codia. Chega ata os 2.900 km de
profundidade e é a máis grosa.
Divídese en Manto superior e Manto inferior

O NÚCLEO
É a capa máis profunda da Terra e alcanza os 6.371 km de profundidade. Está formado
por ferro e níquel. Divídese en núcleo externo e núcleo interno:

Núcleo externo: Os materiais atópanse fundidos


Núcleo interno: As grandes presións ás que está sometido o núcleo interno fan que os
materiais que o forman estean en estado sólido, a pesar dos seus máis de 6.000 ºC.

2. OS MINERAIS

Os minerais son materiais substancias naturais, sólidas e de orixe inorgánica (non


proceden dos seres vivos), cunha composición química definida.

Estes poden constituír unha estrutura interna con forma de rede denominada estrutura
cristalina. Nalgúns minerais, esta estrutura maniféstase externamente
formando cristais, como sucede, por exemplo, no cuarzo.
A composición de cada mineral proporciónalles unhas propiedades características que
son a dureza, a exfoliación, a cor, a raia, o brillo e a diafanidade.
2.1. PROPIEDADES DOS MINERAIS

Para identificar un mineral, podemos observar algunas das súas propiedades


características:
- Cor
- Brillo: Forma en que reflicte a luz. Pode ser vítreo, metálico, terroso, mate,
etc.
- Dureza: É a resistencia a ser riscado ou raiado. Por exemplo o cuarzo risca o
aceiro dunha navalla, mentres a calcita é riscada con esa navalla
- Exfoliación: É a facilidade para separarse en láminas ou para romper
orixinando formas xeométricas.
- Raia: A raia dun mineral é a cor que presenta o mineral en po. A raia, a
diferenza da cor, é unha propiedade constante nun mineral a pesar de que
este teña impurezas.

Para medir a dureza dun mineral, os científicos idearon a escala de Mohs. A escala de
Mohs é unha escala ascendente en que cada mineral pode ser raiado polo seguinte da
lista. O talco, de dureza 1, é o mineral máis brando desta escala, que, progresivamente,
aumenta en dureza ata o mineral máis duro, o diamante, de dureza 10.
Así, por exemplo, diremos que un mineral ten unha dureza de 5,5 se é capaz de raiar o
apatito e, á súa vez, é raiado pola ortosa.
Ademais dos minerais da Escala de Mohs hai minerales importantes que
debemos coñecer:
- Mica Blanca(Moscovita) e negra (Biotita)
- Pirita
- Halita: sal común

2.2. UTILIDADES DOS MINERAIS

Os minerais están en moitas das cousas que utilizamos diariamente, por exemplo:
• o cuarzo utilízase para elaborar vidro
• o xeso parra obter escaiola,
• a calcita para a produción de cal,
• o grafito utilízase, por exemplo, para elaborar as minas dos lapis.
• As xemas como o diamante, turquesa, rubí, etc. Para xoiaría

Os diamantes son un dos minerais máis caros do mundo. Algunhas explotacións de


diamantes atópanse en zonas de guerra onde grupos armados utilizan as persoas como
escravos para a obtención de tan prezado mineral.

3. AS ROCHAS
As rochas son materiais naturais formados por un ou mais minerais.

Os agregados ou grans que constitúen as rochas pódense ver a primeira ollada, como no
caso do granito, ou ben, ser visibles só co microscopio, como nas arxilas.

Segundo o seu proceso de formación, podemos clasificar as rochas en sedimentarias,


magmáticas e metamórficas.

3.1. ROCHAS SEDIMENTARIAS


As rochas sedimentarias fórmanse pola acumulación de sedimentos, fragmentos
procedentes doutras rochas ou de restos de seres vivos. Estas rochas adoitan
aparecer formando capas ou estratos. Á súa vez, segundo a orixe destes
fragmentos, as rochas sedimentarias clasifícanse nos seguintes tipos:

A. Rochas sedimentarias de orixe detrítica


B. Rochas sedimentarias de orixe química
C. Rochas sedimentarias de orixe orgánica
A. Rochas sedimentarias de orixe detrítica
Orixínanse a partir de fragmentos ou detritos doutras rochas preexistentes, que se
depositan en capas, se comprimen e se compactan polo peso das capas superiores

B. Rochas sedimentarias de orixe química


Fórmanse a partir da precipitación de substancias disoltas na auga cando ten lugar un
cambio das condicións de presión ou temperatura da auga.

C. Rochas sedimentarias de orixe orgánica


Orixínanse a partir da transformación de restos de seres vivos, cando quedan enterrados
durante miles de anos baixo outras capas de sedimentos. Neste tempo, estes restos
transfórmanse pola acción de microorganismos e dan lugar a este tipo de rochas.
As mais importantes son o carbón e o petróleo.

3.2. ROCHAS MAGMÁTICAS


As rochas magmáticas son as máis abundantes da codia terrestre. Estas rochas fórmanse
a partir da solidificación do magma do interior da Terra. Segundo o tipo de
solidificación, orixínanse diferentes tipos de rochas magmáticas.

- Rochas plutónicas: Orixínanse cando o magma se arrefría antes de salir ao


exterior, lentamente ex. granito
- Rochas volcánicas: Orixínanse cando o magma arrefría ao salir á superficie
bruscamente, están asociadas a erupcións volcánicas. ex basalto.
-

3.3. ROCHAS METAMÓRFICAS


As rochas metamórficas fórmanse cando unha rocha, de calquera tipo, se atopa en
determinadas zonas do interior da codia terrestre e é sometida a altas temperaturas e
presións, de modo que se alteran a composición e a estrutura orixinais, sen chegar á súa
fusión.
Entre outras encontraos o mármore ou a lousa.
3.4. O CICLO DAS ROCHAS

• Co paso do tempo, as rochas vanse transformando seguindo o ciclo das


rochas.
• Calquera rocha que se atope na superficie da Terra experimentará erosión.
Os materiais resultantes da erosión depositaranse nalgún lugar estable e
compactaranse onde formarán rochas sedimentarias. Estas poden ser de novo
erosionadas ou ben poden ser sometidas a forzas que provoquen o seu
afundimento cara ao interior da Terra. Alí a presión e a temperatura poden
transformalas en rochas metamórficas.
• Finalmente, se se chegan a fundir os materiais, fórmase magma que, se
ascende cara á superficie e se arrefría, pode xerar rochas magmáticas. Ao
mesmo tempo, as rochas magmáticas e as metamórficas poden ser
erosionadas.

3.5. UTILIDADES DAS ROCHAS


- Construción. A calcaria serve para facer cemento, o granito ou mármore están en
moi diferentes edificios e obxetos que nos rodean, as areas e gravas aparecen en
todo tipo de construcións.
- Enerxía. Petróleo e carbón
- Elaboración de obxetos como a arxila coa que se fan ladrillos, tellas, elementos
decorativos,etc.

4. EXPLOTACIÓN DE MINERAIS E ROCHAS

As explotacións mineiras sitúanse nos xacementos minerais que son depósitos de


mineral ou rocha útil para o ser humano, suficientemente concentrado e de extracción
rendible.
As rochas calcáreas úsanse para fabricar cemento

En moitos casos, a industria que explota e extrae os minerais e rochas ocasiona, coa súa
actividade, un impacto sobre o medio natural. Por este motivo, é importante aplicar
medidas encamiñadas a reducir este impacto, que consisten na restauración dos terreos e
da súa cuberta vexetal unha vez rematada a explotación.
Doutra banda, na actividade mineira prodúcese unha extracción a grande escala de
minerais e rochas. Estes recursos xeolóxicos son limitados e necesitan do paso de miles
de anos para se volver formar. O elevado ritmo de extracción dos minerais e rochas,
unido ao seu lento proceso de formación, pode chegar a esgotar estes recursos se non
moderamos o seu uso.
Unha forma de reducir a extracción de recursos xeolóxicos é incrementar a reciclaxe e a
reutilización dos produtos derivados dos minerais e das rochas.

You might also like