You are on page 1of 2

A NOITE VAI COMA UN RÍO

A partir de 1936 a ditadura franquista impuxo unha época de silencio na nosa terra, e o teatro sufriu aínda máis as
consecuencias que os outros xéneros literarios, pois era imposíbel un espectáculo público teatral en galego. Este xénero só
sobreviviu grazas a que fóra de Galicia o teatro era unha actividade moi potenciada polos exiliados (Castelao, Varela Buxán,
Blanco Amor).
Coa recuperación cultural que se produce a partir de 1950, aparece en Galicia un teatro máis orientado cara á lectura que á
representación, porque as posibilidades de representar as obras eran escasas. Os autores deste periodo teñen en común o
desexo de transcender a realidade na que viven para representar conflitos, situacións e personaxes cunha proxección universal.
Ofrecen unha visión escura e conflitiva do mundo e da existencia. Este teatro diríxese a unha minoría intelectual de opción
galeguista e coñecedora do teatro europeo.
A parte de Cunqueiro, outros autores que destacan nesta corrente son: Xenaro Mariñas del Valle, Manuel María, Anxel Fole e
Daniel Cortezón.
A biografía está xa explicada na presentación, aquí explicarei as obras:
 Novelas:
 Merlín e familia (1955) Un Merlín xa vello e refuxiado nas terras de Miranda relatado a través da testemuña de Felipe
de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como o seu criado.
 As crónicas de Sochantre (1956) Historia contada a través dun fidalgo Bretón que ten lugar durante a Revolución
francesa, o sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de
historias.

 Se o vello Sinbad volvese ás illas (1972) Son as memorias do mítico mariño contadas por Al-Faris Ibn Iaquim Al Galizí.
Mestura pasado e presente, xa que Sinbad fai tertulia contando as súas aventuras do pasado, desexando volver.
 Semblanzas ou retratos:
 Escola de menciñeiros (1960) Retraros de saudadores, de estrafalarios, de aluados, de bichería e de soños.
 Xente de aquí e acolá (1971) Xente verdadeira, personaxes con vida propia coma Leiras de Parada, que adormecía os
capóns léndolles artigos de prensa.

 Os outros feirantes (1979) Retratos que teñen como modelo a xente inventada ou mesmo tirada da realidade do país,
ou ambas as cousas á vez.
 Teatro:
 Función de Romeo e Xulieta (1956) Retoma un dos relatos narrados en As crónicas de Sochantre, e o converte nunha
pequena obra teatral.
 O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959) revisa ó Hamlet de Shakespeare para achegar un punto de
vista singular e actual sobre a traxedia. Converte o mito do príncipe danés próximo ao de Edipo.

 A noite vai coma un río (1965) É unha traxedia breve e intensa, a exposición lírica da arela humana de atopar unha
resposta que dea razón á vida e á morte.

 Palabras de víspera (1974) retoma dúas grandes figuras da Españamedieval, doñaUrraca e o seu imán o rei Alfonso,
en torno ós seus amores imaxinados.
 Poesía:
 Creacionismo: Mar ao norde (1932)
 Surrealismo: Poemas de si e non (1933)

 Neotrobadormismo: Cantiga nova que se chama riveira (1933) e Dona do corpo delgado (1950)

 Modernidade: Herba aquí e acolá (1988)


Considero que hai dúas citas da obra que xustifican o seu título: "o camiñante de noite nunca ten de seu as brillantes estrelas",
pois igual que o río reflexa esas estrelas que non ten, por moito amor que Inés ve reflexado no actuar dos distintos homes, ese
amor nunca é para ela.
"Van más de presa o río e a noite que nós", ambos parecen correr, igual que o río flúe a noite parece tamén facelo para os
namorados.
A obra trata sobre Dona Inés, que pechada na Torre do Paso de Valverde, consómese na espera dun home, ideal encarnación do
sentimento amoroso, ancorada nun platonismo estéril e unha paixón frustrada. No fondo de todo isto está o eterno combate
entre alma e corpo, entre soño e realidade que Cunqueiro se esforza por facer compatibles ó longo de toda a súa profucción
literaria.
O tema é o amor, pero un amor atormentado, na procura de sí mesmo e dou seu obxecto.
A obra está formada por un prólogo e dúas xornadas, divididas cada unha en cinco cadros, e un epílogo. A función do prólogo é
presentar á namorada. As dúas xornadas constitúen o núcleo da acción, é dicir, a solicitación amorosa e non correspondida de

1
Dona Inés, que vai cambiando de obxecto ao longo da peza: do músico ao capitán, despois ó morto e finalmente ao mendiño. No
epílogo, que funciona como anticlímax, atopamos de novo a Dona Inés na situación do principio.
As xornadas da obra non teñen un tempo exacto para desenvolverse, pero si é certo que tenden a ser curtas, a maioría dos que
pasan por alí fuxen dunha guerra, polo que a casa de Inés é un punto de parada, pero non un destino, así como a propia Inés
para os seus amantes.

Os personaxes importantes da novela son:


Dona Inés: a protagnista, fica condenada á soidade e a unha constante arela amorosa, porque non ama o home senón o amor, e
máis en concreto os acenos e palabras de amor consagrados pola tradición literaria occidental na lírica amorosa.
Ama Modesta: a voz da razón, a realidade intentando coidar e atesorar o sono que representa Inés, aínda que non o logra.
Son despois os personaxes máis secundarios os encargados de traer o humor propio de Cunqueiro á obra mentres alimentan uns
instantes o soño de dona Inés, para provocaren, de inmediato, a súa decepción
correo: quen trae as novedades, este personaxe aparece convenientemente ao principio porque a súa conversa con Ama
Modesta, sirve para presentar a Dona Inés e os seus problemas amorosos.
rei: cego, non quere morrer sen coñecer o amor.
músico: o lado máis poético e estético do amor, pero son só palabras.
capitán: casado, Dona Inés cree que a está cortexando e resulta que só practica para dicirllo á súa muller.
morto: dedicáballe cartas en segredo e chamaba a unha das amantes polo seu nome.
Liria: a muller á que teoricamente amaba realmente o morto.
Alcántara: muller á que o morto chamaba polo nome de dona inés.
Viuda: a viuda “lexítima”.
Mendiño: Inés acúsao de matar aos seus amantes e por iso non volven por ela, pero ainda así ao asumir que está namorado dela,
pídelle que lle declare o seu amor.
Caractéristicas da obra de Cunqueiro:
➔ Visión da muller: “Cómo pode unha muller deixarse usar por un home?” “non cheguei a adeprender nunca que é o que os
homes queren dunha muller, e como se lle dá sin que, ao romperse o corpo, o espelliño da alma se quebre tamén” fráxiles,
necesitantes de amor, isto é algo que non só vemos en Inés, senon tamén nas tres amantes do morto que necesitaban reafirmar
cal era a más amada por el.
➔ Visión do home:  “¡Ten que ser un home! se mataches, foi porque me amabas” “¡que fuxa un home da guerra é propio, pro
mulleres!” “¡Un home é un vento tolo ou non é nada!” paixón personificada, guiados sempre polo seu libido, vemos unha gran
variedade de homes pasar, a maoiría fuxindo da guerra, algúns idealistas como Dona Inés, outros máis realistas, en busca do
amor, ou xa o encontraron ou non o querían; o único que todos teñen en común é o seu paso efímero na vida de Dona Inés.
➔ A guerra: “ti dille que non hai cartas, que coas guerras nas terras e nos mares veciños non pasan valixas, e que por medo aos
espías non deixan voar a pombas mensaxeiras” “¿ai, demo da guerra! O home non sabe da muller, o pai do fillo, non hai
romerías e a xente durme no chan, co medo por almofada.” estas dúas citas parécenme suficiente para ver reflexada a opinión
do autor sobre esa guerra imaxinaria que estaba tendo lugar nese lugar imaxinario, e que aínda así parece tan similar á que
abordou ao noso país por aquela época.
➔ O amor e a soidade: “a música e o amor fanse con solpresas mui semellantes” “eu non quero morrerme sen saber que é o
amor” un amor idealizado durante toda a obra, irreal, imposíbel de adquirir, o que deriva na soidade que só permite á
protagonista máis tempo para idealizar aun máis ese amor.
➔ Intertextualidade: a obra que contén referencias a outras obras.
A historia de dona Inés, que é o motivo central d’A noite vai coma un río, aparece nas páxinas do romance: Un hombre que se
parecía a Orestes. Alí achamos a peza case completa (falta unha breve escena da segunda xornada mais, sobre todo, non está
incluído o monólogo de dona Inés nin o epílogo) na cuarta parte da novela. Algunhas das escenas aparecen inseridas en forma de
peza teatral, traducidas case de modo literal, mentres que outras se presentan reconvertidas en relato integrado na diexese
narrativa, basicamente, como transcrición en prosa da obra escrita por Filón, o mozo, personaxe que no romance é o
dramaturgo da cidade de Argos.
Tamén encontramos mención a personaxes de outras novelas, como o cabaleiro verde, un personaxe dun libro de cabalería.
➔ Lingua e estilo: Vemos un realismo na obra con respecto á temática sobre todo da guerra, vemos como todos fuxen da
mesma, facendo referencia varias veces na obra ao "¡Demo da guerra!" cando buscan maldicir algo. Tamén atopamos
simbolismo, sendo o más obvio nun diálogo de Ama Modesta "Os homes sempre falan deles, a miña pomba soio entende de
amor", facendo referencia á mesma Dona Inés.
A parte que más me gustou da obra foi na segunda xornada, cando Alcántara di que o morto lle cambiaba o nome a "Dona Inés"
e a protagonista no final decide ser ela quen lle dé un luto axeitado, gustoume porque reflexa perfectamente esa desesperación
de Inés polo amor, prefirindo enterrar a quen tal vez a amou aínda se non o pudo disfrutar, a sentir que ninguén podería amala.
Creo que a intención de Cunqueiro ao escribir a obra foi deixar de lado por un momento as innovacións estéticas da vangarda e
centrarse na profundidade psicolóxica, sobre todo da nosa protagonista, intenta reflexar da forma más bonita e sinxela posible
esa desesperación por no sentir só o que era amar, senón tamén como era ser amada.

You might also like