You are on page 1of 3

BIOXOXÍA: A HERDANZA

1. OS CARÁCTERES E OS XENES.
Denomínase carácter cada característica presente nun organismo que é herdable polos seus descendentes.

Un xene é un fragmento de ADN que contén información sobre un determinado carácter e que, polo tanto,
controla ese caracter. Denomínase alelo cada unha das distintgas alternativas que pode presentar un xene
que controla un caracter determinado

❖ OS XENES ALELOS.
As células contan con dous cromosomas de cada tipo (cromosomas homólogos) polo que terán dous alelos
de cada xene.

HOMOCIGÓTICOS E HETEROCIGÓTICOS.
● Se os dous alelos dun determinado xene son idénticos (AA ou aa) dise que o individuo é
homocigótico ou puro para ese carácter.
● Se os dous alelos dun determinado xene son diferentes (Aa) dise que o individuo é heterocigótico
ou híbrido para ese caracter.

❖ ALELOS DOMINANTES E RECESIVOS


Se nos individuos heterocigóticos respecto un caracter Aa dise que A é alelo dominante e a é o recesivo.

Os alelos recesivos só se manifestan se o individuo é homocigótico recesivo (aa).

❖ O XENOTIPO E O FENOTIPO
O xenotipo é o conxunto de xenes que ten un organismo (son visibles).

O fenotipo é o modo no que se expresa un xenotipo nunhas condicións ambientais concretas; é dicir, o
conxunto de carácteres que se manifestan no individuo como resultado da interacción do ambiente e do
xenotipo (visibles).

2. OS TRABALLO DE MENDEL.
Gregor Mendel foi un monxe austríaco que dedicou gran parte da súa vida a realizar experimentos para
observar como se trasmitían algúns caracteres na planta do chícharo.

Na época na que viviu Mendel descoñecíase o ADN; non obstante, el foi capaz de intuir a existencia dos
xenes (aos que chamaba “factores”),e, mediante a análise matemática dos resultados dos seus experimentos,
formulou unhas pautas para a transmisión dos caracteres que actualmente se coñecen como leis de
Mendel.
❖ OS EXPERIMENTOS DE MENDEL.
Seleccionou individuos de razas puras que diferían nun ou en dous de entre varios caracteres. Estes
individuos constituían a xeración parental ou P. Para eso, elixiu aquelas variedades de plantas de chícharo
que, ao reproducirse por autofecundación,mantiñan constante unha determinada característica durante
xeracións.

Cruzou individuos da xeración P de diferente raza para obter a xeración F1 (primeira xeración filial) a que
tamén denominou híbridos (ou heterocigóticos), por seren descendentes de dous proxenitores distintos.

Cruzou individuos da primeira xeración filial (por autofecundación da F1) para estudar os caracteres que
exhiben os descendentes da segunda xeración filial (F2).

DESCRIPCIÓN DO PRIMEIRO EXPERIMENTO


Nel, Mendel cruzou dúas plantas homocigóticas de fenotipos diferentes, e obtido unha descendencia onde
todos os descendentes son heterocigóticos co fenotipo dominante.

Do primeiro experimento dedúcese a primeira ley de Mendel ou uniformidade da primeira xeración filial:
Cando se cruzan dúas razas puras que difiren no fenotipo dun carácter, todos os híbridos formados na
primeira xeración (F1) son iguais entre si e iguais ao proxenitor dominante.

DESCRIPCIÓN DO SEGUNDO EXPERIMENTO.


No segundo experimento, Mendel cruzou entre si os heterocigóticos (“híbridos”) descendentes do primer
experimento; como resultado na seguinte xeración F2 obtivo un 75% de descendentes co fenotipo dominante
e un 25% de descendentes con fenotipo recesivo.

Do segundo experimento dedúdece a segunda ley de Mendel ou da separación dos caracteres na


segunda xeración filial. Os caracteres que se encontran xuntos nos individuos heterocigóticos sepáranse
sen se mesturaren cando se forman os gametos,
DESCRIPCIÓN DO TERCEIRO EXPERIMENTO.

No terceiro experimento, Mendel repetiu o 1ro e 2do experimentos seguidos, pero, neste caso, estudando a
herdanza de dous caracteres simultaneamente para comprobar que a súa herdanza era independente.

Do terceiro experimento dedúcese a terceira ley de Mendel ou da independenza da transmisión de


caracteres. Os distintos caracteres transmítense independentemente uns dos outros, de modo que poden
aparecer todas as combinacións posibles na descendencia.

You might also like