You are on page 1of 14

AS FUNCIÓNS

SOCIAIS DA LINGUA
Que é para vós unha lingua?
UNHA POSIBLE DEFINICIÓN DE LINGUA
É….

“Un código oral que


lles permite aos
humanos comunicarse
entre si e vivir en
sociedade”.
Que é unha función social?
O papel que desempeña algo nunha sociedade.

Que son as funcións sociais da lingua?


Son funcións xerais de relación social realizadas mediante a lingua.
FUNCIÓNS SOCIAIS DA LINGUA
FUNCIÓN DE IDENTIDADE

A lingua é o vehículo do pensamento propio.


FUNCIÓN FAMILIAR

A lingua actúa como canle de comunicación familiar. A primeira


lingua apréndese na casa. O entorno familiar é moi
importante para o desenvolvemento lingüístico e
comunicativo dunha persoa.

O GALEGO SOBREVIVIU COMO LINGUA FAMILIAR DURANTE SÉCULOS


FUNCIÓN LOCAL
A lingua facilita a comunicación entre os membros dun mesmo
lugar. A función local é a que cumpre a lingua que se emprega
no entorno de veciñanza que rodea o ámbito familiar.

EN GALICIA, O CAMBIO DO ÁMBITO RURAL AO URBANO SUPUXO


EN MOITOS CASOS UN CAMBIO DE LINGUA
FUNCIÓN LABORAL

A lingua é o vehículo de comunicación no traballo.

PODEN DARSE CAMBIOS DENDE A LINGUA FAMILIAR Á LINGUA


LABORAL DAS PERSOAS
FUNCIÓN INSTITUCIONAL

Un idioma cumpre a función institucional cando é empregado polos cidadáns


para comunicarse coas institucións públicas, políticas e administrativas.

A PRESENZA DO GALEGO SEGUE SENDO BAIXA NALGÚNS ÁMBITOS.

Cales che parece que son?


FUNCIÓN CULTURAL

A lingua cumpre esta función cando é empregada non só polas


persoas que a aprenderon como lingua inicial, senón tamén
por cidadáns doutros países que a aprenderon
voluntariamente como segunda lingua.
Funcións sociais do galego na I. Media
PLURILINGÜISMO vs. MULTILINGÜISMO

• O termo PLURILINGÜISMO fai referencia á presenza simultánea de dúas


ou máis linguas na competencia comunicativa dun individuo.

• O MULTILINGUISMO, en cambio, é o coñecemento de varias linguas ou a


coexistencia de varias linguas nun territorio e nunha sociedade
determinada.
PLURILINGÜÍSMO MULTILINGÜÍSMO

INDIVIDUOS COMUNIDADES

You might also like