You are on page 1of 2

ACTIVIDADE

Nome do alumno/a:

ASIR – Administración de Sistemas Operativos

Utilizando o programa PSeInt crea o pseudocódigo para os seguinte programas

Garda no PSeInt o pseudocódigo xerado. Para gardar utiliza o mesmo nomee que o enunciado deste
documento.

Pega unha captura do código e do resultado na solución do documento. Se o desexas podes arrastrar o
ficheiro gardado ao documento e quedará gardado coas capturas.

1. Constrúe un programa que mostre por pantalla o texto “Ola Mundo”

2. Constrúe un programa que pida por teclado o teu nome e a continuación mostre por pantalla coa
mensaxe. O meu nome é: Armando Bulla

3. Constrúe un programa que sume os números 3 e 4. O programa deberá mostrar o resultado por
pantalla.

4. Constrúe un programa que some os números pedidos por teclado. O programa deberá mostrar o
resultado por pantalla.

5. Constrúe un programa que pida dous números por teclado e díganos cal deses dous números é o
maior.

6. A partir do exercicio anterior crea un novo, agora no canto de pedir dous números que pida 4
números e no diga cal é o menor dos catro.

7. Constrúe un programa que pida 10 números por teclado e díganos cal é a suma de todos eses
números.

8. A partir do exercicio anterior crea un novo, agora no canto de pedir 10 números iranos pedindo
números ata que tecleemos o número cero. Ao teclear un cero o programa terminará de contar e
diranos canto suman.

9. Constrúe un programa que mostre por pantalla os números pares que hai en entre o 0 e 100

ADSO
UNIDADE 07
ACTIVIDADE 03

1
10. A partir do exercicio anterior crea un novo, agora no canto de mostrar os pares que hai entre o 0 e
100 mostraranos os números pares que hai entre dous números que previamente se nos solicitarán por
teclado.

ADSO
UNIDADE 07
ACTIVIDADE 03

You might also like