You are on page 1of 3

Encontrámonos en tempos estraños e caóticos.

A saber da primeira reunión que a comisión do Entroido, da vila de Xinzo de Limia, que se
celebrou o dia 7 de outubro, comezouse a sentir nalgúns círculos certas incógnitas que non
pararon de resoar aínda agora, un mes despois.

Quizás, a dúbida principal agora mesmo en Xinzo sexa: Este ano que pasará co Entroido? e, si o
hai? Como será?

Aínda que non valga como resposta sabemos unha cousa de certo. Esta edición, canto
menos, será única na historia do Entroido limiao.

O ambiente, en contra de mellorar, estase convertendo de novo nunha chea de impedimentos


para controlar a expansión do COVID-19. Esta mesma semana vimos como a Xunta de Galicia
tomou a fatídica noticia de fechar a hostalería, suprimiu a mobilidade no noso concello e rematou
por ferir de morte a economía xa de por sí complexa e afogada.

Pero a dúbida segue sendo a mesma. Se haberá Entroido ou non.

Certamente, o noso Entroido conta cunha peculiaridade común a outros Entroidos, que
non a todos. A nosa festa e a súa idiosincrasia fala da espontaneidade, do libre albedrío, da
improvisación que non atende a ningunha organización, comisión, concello ou cal sexa a formula
máis conveniente. Polo tanto e case sen apenas equivocarnos, podemos afirmar que, a falta dun
confinamento como o que vivimos nos meses de primavera, a xente irremediablemente sairá a
rúa nos meses de xaneiro e febreiro ataviados coas súas mellores galas entroideiras, con ou sen
bares, aínda que máis con bares.

Deste xeito a pregunta que se debe facer debería ser: como se organiza a espontaneidade do
Entroido?

Xa se tomou a decisión, bastante acertada, de que non se contemplará a posibilidade de


organizar ningunha acción que de pé a masificación no tempo de Entroido. É dicir, este ano nin
charangas, nin concertos, nin orquestras, nin desfiles encherán as rúas da vila.

Polo tanto atopámonos dúas casuísticas. A primeira e quizás a menos probable, eso pensaba fai
unha semana: a supresión da liberdade de mobilidade total e o confinamento que directamente
impide calquera celebración e, polo tanto, fai innecesaria a existencia dun grupo de traballo,
como a comisión, que organice o Entroido. Sen dúbida, o peor dos casos tanto a nivel
económico, cultural, como social. Acórdense que o Entroido, ante todo, ten un fin social e
liberador para o ser humano.

A segunda: a semiliberdade. regrada por unha serie de normas e leis restritivas, e para o meu
gusto con pouco tino, pero que non impide que a xente exerza o seu dereito a saír as rúas e
celebrar a festa.

Neste último suposto e atendendo certamente á falta de posibilidades de organizar actividades


masivas o Entroido reduciríase a, simplemente, unha serie de actuacións case anecdóticas e sen
necesidade, outra vez, da creación dun grupo de traballo pero: a caso realmente o Concello non
terá que tomar, aínda así, medidas acorde ó momento que se ve inminente?

Ahí está o dilema e volve a pregunta, pero mellor formulada: como ten que facer o Concello para
que aquela xente que saia a rúa estea nun ambiente controlado e libre de COVID-19?
Esquecéuseme aclarar que, vendo estes últimos meses, nin o Concello nin os corpos de
seguridade do estado teñen moitos medios para impedir que esa xente faga o Entroido.

Moi ben, xa suprimimos as charangas, e demais cousas. Primeira medida, medio traballo
feito! Pero, agora pensade, mil veciños, ou 2000, ou quizás máis, ate as 23 h., polo menos,
enchendo as rúas dos viños e Prazas Maior, Xoán XIII e de Oriente, e por riba chove e fai algo de
rasca, e o Concello non tomou medidas preventivas e só fixo, por exemplo, unha campaña de
concienciación. Que pasaría?

De socate vemos como uns 11 ou 12 establecementos fan fronte, sen as medidas necesarias, a
esa xente, sen atreverse a botalos porque xa perderon a primavera, medio verán, os magostos e
case que o Nadal, e sen axuda dos corpos de seguridade do estado. O titular o día seguinte no
Dende a Limia?

"Os veciños e veciñas de Xinzo ateigan os bares e rúas da vila e non atenden a normativa
COVID-19 vixente" ou peor "Gromo de infectados en tal establecemento por mor do Entroido".

Logo diso. Peche dos establecementos quince ou trinta días por terceira vez e "adiós" a
hostalería limiá que xa non lle queda máis que mirar cara o aire.

E así, nun parágrafo temos a economía, pola morte definitiva do sector hostaleiro; a cultura, pola
perda de todo o seu tecido, dende as Letras Galegas, as festas, o Esquecemento, os Magostos e
o Nadal e agora o Entroido; e a sociedade, con máis casos ca nunca, confinados e queimados
por unha falta de previsión; afundidos. Simple.

Entón, que cabe esperar?

Coido que, se o confinamento non esta enriba de nós por aquela data, o Concello deberá artellar
unha amalgama de medidas mínimas para atender isto, sen lugar a dúbidas.

Hai varios exemplos básicos e que, cun pouco de vontade, se poderían levar a cabo, como xa se
levaron noutros concellos.

Unha delas: permitirlles ós establecementos hostaleiros que instalen, temporalmente, en solo


público barras e paraventos.

Imaxinádevos que esas 50 persoas que se meten nun local poden estar na rúa, exercendo o seu
dereito a celebrar o Entroido pero con distanciamento social e ó aire libre? Resulta case lóxico
que sexa así, non?

Acompañamos esta medida cunhas carpas para resgardar a xente do clima adverso que se poida
dar no tempo de inverno e xa case temos unha solución sinxela e económica, ademais de moito
máis segura para ter un control sanitario que non facer nada.

Logo, por en marcha axudas, coma Verín por exemplo, subministrar dunha cantidade, aínda que
sexa simbólica, de hidroxel a cada establecemento, ou químicos de desinfección, subministralos
tamén de vasos desboltables biodegradables para non xerar vidro, instalar unha maior cantidade
de sanitarios as rúas da vila co fin de poder "pechar" os aseos dos locais e así, baixar o risco de
infección.

Por non falar de tomar medidas máis contundentes e conflitivas como a implementación de
barreiras, con aforo e medidas exhaustivas de control de temperatura, toma de datos, etc. en
certa medida "sinxelo" dada a composición estrutural do noso pobo, con tan só dez rúas que dan
paso a rúa dos viños e prazas.

Polo visto, ou eso creo, hai maneiras e o que é máis importante: Hai cartos!

Falamos que máis do 60% do orzamento do Entroido quedará sen gastar, e sen poder movelo
para outros conceptos diferentes que non sexa celebración do Entroido en si. Eses cartos
quedarán libres de uso por non poder contratar nada relacionado coa música pero que si valerían
para facer do Entroido limiao un espazo "libre de COVID-19".

Repito, entón? Que falta?

Polo de agora moita vontade por parte do Concello e desgraciadamente da hostalería, aínda que
desta última esperase un espertar que moito pode axudar a cambiar as cousas na nosa vila si a
Asociación de Hostaleiros da Limia vai adiante, que seguro que desta vez si. Pero hai que ser
sinceros, ate o de agora, un non soubo e o outro non quixo.

É, e será, sempre necesario establecer dialogos entre as parte correspondentes. Entre Concello e
hostalería, entre Concello e comisión, entre Concello e A. C. A" Pantalla" e, sobre todo, entre
Concello e Sanidade, técnicos de autoprotección e os corpos de seguridade do estado se
queremos artellar, hoxe máis ca nunca, un Entroido en condicións e extremadamente necesario
para o noso pobo, sexa grande ou pequeno, para nós ou para o resto do mundo.

Pero o que non pode ter lugar é unha pasividade asoballante, unha negativa constante e unha
postura de cans contra gatos que xa cansa de tanto repetirse, tanto entre os partidos políticos
como entre os veciños

Como xa dixen, encontrámonos en tempos estraños e caóticos onde a cada paso


atopámonos con máis fronteiras que en vez de nos unir, nos separan máis.

O que sí é seguro é que a "grandes males, grandes remedios".

Sen dúbida, a postura de "non imos facer nada por non facer un chamamento á participación da
cidadanía no Entroido" fala claramente da falta de ganas de innovar, pensar e buscar solucións e,
sobre todo, da falta de coñecemento de como é o noso Entroido e os seus participantes.

Como recomendación, Aínda é outubro. Temos tempo dabondo de por en marcha plans,
modificar normativas municipais, argallar alternativas culturais e por riba de todo, unirnos como
pobo para conseguir que o pouco que nos queda poida ser.

Iván Prado Rodríguez

You might also like